Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
LOIADAS (DEEPFAKES) e Desinformación - Como Identificar e Cuestionar a Autenticidade do Contido Dixital
asuntesouro
Created on March 23, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Fill in the Blanks
View
Museum Flipcards
View
Image Comparison Slider
View
Microcourse: Key Skills for the Professional Environment
View
The Meeting Microlearning
View
The Meeting Microlearning Mobile
View
Corporate Who's Who
Transcript
LOIADAS (DEEPFAKES) e Desinformación - Como Identificar e Cuestionar a Autenticidade do Contido Dixital
temporalización
contexto da actividade
OBXECTIVO DA ACTIVIDADE
Temporalización e desenvolvemento da sesión.
Descrición do tema e contexto da actividade.
Desenvolver o pensamento crítico e a alfabetización dixital.
+ info
+ info
+ info
ACTIVIDADE PRÁCTICA
MARCO TEÓRICO
entrega e avaliación
Desenvolvemento da actividade.
Breve explicación sobre as loiadas ou deepfakes.
Obxectivo e medición dos resultados.
+ info
+ info
+ info
definición:
Os deepfakes son contidos audiovisuais (vídeos, imaxes ou audios) creados mediante intelixencia artificial que imitan persoas reais, pero que son completamente fabricados ou alterados.
funcionamento:
Esta tecnoloxía utiliza algoritmos de aprendizaxe automática para analizar e replicar patróns de voz, movementos faciais e expresións dunha persoa, permitindo crear contidos falsos que parecen auténticos.
exemplos reais:
• Política: Un deepfake en vídeo de Kim Jong Un creado en 2020 por un grupo de defensa non partidista Represent Us. https://es.wikipedia.org/wiki/Deepfake • Celebridades: Creáronse vídeos falsos de famosos dicindo ou facendo cousas que nunca ocorreron, co obxectivo de difamación ou humor. • Pornografía non consentida: Un estudo revelou que o 98% dos vídeos deepfake son pornográficos e o 99% das vítimas son mulleres, incluíndo políticas, activistas e xornalistas.
importancia verificación de fontes:
Importancia da Verificación de Fontes: Na era dixital, a proliferación de contidos falsos destaca a necesidade de verificar a autenticidade da información antes de compartila ou tomala como verdadeira. A desinformación pode ter consecuencias graves, como manipulación de opinións, difamación e impacto en procesos electorais. Ferramentas de verificación e unha actitude crítica son esenciais para combater a propagación de noticias falsas.
ACTIVIDADE PRÁCTICA
Imaxes reais ou creadas pola IA?.
+ info
Vídeo explicativo sobre as loiadas ou deepfakes
+ info
Experimenta detectando loiadas ou deepfakes
+ info
Preguntas para a reflexión final
+ info
obxectivo da actividade
O obxectivo desta actividade é desenvolver o pensamento crítico e a alfabetización dixital do alumnado en relación coas loiadas (deepfakes) e a desinformación. Preténdese que os estudantes aprendan a identificar contido manipulado, analicen a súa repercusión na sociedade e reflexionen sobre as implicacións éticas do uso da intelixencia artificial neste eido.
TEMPOralización e desenvolvemento da sesión
1. Introdución teórica (15 minutos) -Explicación das loiadas ou deepfakes, como se crean e cales son as súa aplicacións positivas e negativas. -Presentación de exemplos reais de loiadas ou deepfakes en noticias, redes sociais e medios audiovisuais. Práctica inicial con Spot the Deepfake -Explicación da importancia da verificación de fontes e do pensamento crítico na era dixital. 2. Actividade Práctica (30 minutos) -En pequenos grupos repartiranse unha serie de imaxes e vídeos que poden ser deepfakes ou contido real. -Empregarán ferramentas de detección de deepfakes, como InVID ou Deepware Scanner, para analizar a autenticidade do material. -Cada grupo preparará unha breve xustificación das súa conclusións sobre cada caso analizado. 3. Reflexión Grupal (15 minutos) -Cada grupo compartirá as súa experiencias e resultados coa clase. -A docente guiará unha conversa sobre as repercusións éticas dos deepfakes e da desinformación. ________________________________________
descrición e contexto da actividade
https://s1.elespanol.com/2023/03/30/elandroidelibre/752435732_232078278_1706x960.jpg
As loiadas ou deepfakes son contidos audiovisuais manipulados mediante intelixencia artificial para parecer reais, o que pode xerar desinformación, difamación e manipulación de opinión. A capacidade da IA para crear imaxes, vídeos ou audios hiperrealistas desafía a nosa percepción da realidade, polo que é esencial desenvolver habilidades para avaliar a veracidade do contido dixital. A actividade enmárcase dentro do módulo de alfabetización dixital e ten como obxectivo ofrecer unha aproximación práctica e reflexiva sobre este tema.
entrega e avaliación
O alumnado entregará un breve informe cos seus achados e unha reflexión escrita sobre a actividade. Avaliarase a capacidade de análise crítica, a participación na reflexión grupal e o emprego adecuado das ferramentas de detección de deepfakes.
Podes averiguar cal é a imaxe creada con ia?
preguntas para a reflexión final
1. Como podemos distinguir entre unha loiada ou deepfake e un contido real? 2. Que consecuencias poden ter as deepfakes na sociedade, na política e na nosa vida diaria? 3. Cres que debería haber unha regulación máis estrita sobre a creación e difusión das deepfakes? Por que? 4. Que medidas podemos tomar para protexernos da desinformación e dos contidos manipulados? 5. Como pode a educación axudar a combater os efectos negativos das deepfakes?