Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

Letras Galegas 2025

Anaegf

Created on March 19, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

as cantareiras e a poesía popular

Letras Galegas 2025
Ana Elisa González

Este ano, o día das Letras Galegas adícase ás cantareiras e ás cantigas tradicionais galegas. Estas cantareiras preservaron a lingua galega por medio das súas cantigas, e crearon unha poesía popular transmitida de nais a fillas, de avoas a netas, e entre a veciñanza toda. Xurdiron nas rogas (grupo de persoas que se xuntaban para facer un traballo axudándose reciprocamente os traballos agrícolas de axuda mutua); rogas que remataban con música e baile e nos que as cantareiras eran as protagonistas. Para as representaren foron escollidas Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeiras (Muxía), e Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, tres das integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).

ROSA E ADOLFINA CASÁS RAMA
Adolfina e Rosa eran tía e sobriña, pero criáronse practicamente como irmás. As dúas eran fillas de solteira e dende ben cativas tiveron que gañar o pan en condicións moi duras. Coñecidas na contorna pola súa arte como cantareiras e tocadoras, eran convidadas aos traballos comunais e a súa presenza constituía unha atracción destacada nas foliadas da zona de Cerceda.
EVA CASTIÑEIRA
Eva Castiñeira (1926-2010), veciña do lugar de Agranzón, en Muxía, aos oito anos de idade xa cantaba nos bailes e romarías con outras dúas pandeireteiras veciñas e coa súa irmá Engracia. Coma moitas mulleres do seu tempo, emigrou á Coruña para traballar no servizo doméstico. A principios da década dos 80 traballaba como asistenta na casa dun dos socios da discográfica Ruada, que se decatou do seu talento musical. Pouco despois, en 1981 era convidada polo grupo musical "Milladoiro" e convertíase, na primeira pandeireteira en subir a un escenario cun grupo folk, nun concerto celebrado no pavillón de deportes da Coruña.
AS PANDERETEIRAS DE MENS
As Pandeireteiras de Mens foron cinco labregas da parroquia malpicá que lles deu nome: Prudencia Garrido e a súa irmá Asunción, Manuela Lema, Adela Rey e Teresa Lema do lugar de Mens. Adela e Teresa faleceron hai menos de dez anos, o que impide que poidan ser formalmente homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025.
Cando algunha xa superaba os 80 anos, as Pandeireteiras de Mens viaxaron por Europa e América coa Agrupación Folclórica Aturuxo. Contan que as cinco veciñas de Malpica, tamén chamadas “Vellas de Mens”, fixeron patente que, ademais dos gaiteiros, cumpría ter en conta as mulleres e o patrimonio oral que representaban.
Feliz Día das Letras Galegas!