REVISTA HORTOCOLIÑA
Marzo 2025
Marzo, marzán, a mañá cara de rosa, a tarde cara de can
Chegou a primavera e os nenos e nenas de 4 anos B saimos ao patio a debuxar o campo de flores coas árbores. Tamén sacamos fotos das flores que atopamos polo patio.
4 anos B
EXPERIMENTANDO COAS FABAS
Os nenos e nenas de 2º están experimentando unha nova forma de sementar fabas. Poñen algodón nunha funda de plástico, poñen as fabas e botan auga, colocan na ventá e a esperar.
2º B
3º B
Nesta imaxe podedes ver os chicharos, coles e patacas que plantamos na nosa leira da horta. Seguiremos informando!
CINES NUMAX
O pasado día 13 de marzo o alumnado de 6º de primaria foi de excursión ao cine Numax de Santiago a ver unha película en inglés chamada The Little Prince. Este xeneroso cine deixounos levar flocos de millo para a película e ao acabar fomos a un parque a merendar e a xogar. A película tratabase dunha nena que se mudou a outra cidade para ir a unha nova escola. Ao lado da súa nova casa vivía un aviador do que se fixo amiga e que lle contou a historia do principiño e lle regalou un boneco con forma de raposo e cunha avioneta chegou a outro planeta onde traballaba o príncipe e acabouno salvando e levandoo ao seu planeta.
VISITA DA FUNDACIÓN ASANOG Á NOSA ESCOLA
Os días 6 e 7 de marzo viñeron Merche e Laura de ASANOG, a explicar o que era o cancro infantil e como se trataba. Que había tres formas de tratar o cancro que son radioloxía, quimioterapia e ciruxía, aínda que tamén nos dixeron que había algúns pacientes que non lles daban ningún tratamento solo había que vixiar o cancro para ver que non se estendese. As formas de quimioterapia son ou tomando medicinas ou recibindo quimio en vía subcutánea e por vea. Tamén nos contaron como temos que actuar se temos un compañeir@ con cancro.
Vídeo Conferencia eTwinning
O día 14 de Marzo o alumnado de 6 de primaria do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro conectouse a unha vídeo conferencia con outros países de Europa, como por exemplo con Turquía e Grecia.Pasámolo ben falando cos nenos e nenas de Turquía. Este proxecto fíxose para que a cultura doutros países e practiquemos inglés a vez que nos divertimos.
DÍA DA PRENSA
Este mércores 12 de marzo o alumnado de 6º recibiu a visita do periodista, da Voz de Galicia, Jorge Noya. Explícoulles todo sobre o xornal, seccións, titulares, como facer unha noticia. Tamén lles ensinou as oficinas que teñen por diferentes lugares de Galicia. Ao acabar a charla deulles un papel a cada un dos grupos, que tiña escrito un titular para facer unha noticia, e algunhas eran impresionantes.
CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS
O venres 28 de marzo o alumnado do CEIPP de Sigüeiro foi ao Campionato Provincial de Cross , en Porto do Son, dentro do programa Xogade. Do noso cole participaron 31 nenos e nenas. Os resultados foron moi bos, terceiros clasificados por equipos en benxamín masculino e segundos en alevín feminino . Estamos moi contentos cos resultados. Esforzamonos moito! Parabéns a todos os participantes e aos mestres que os acompañaron.
A NOSA HORTA EN MARZO
Este mes foi moi produtivo para nós na horta, plantamos xirasois, cebolo, cabazas, espinacas e leitugas. E recollemos acelgas e leitugas.
VISITA AO REFUXIO DE BANDO
O mércores 26 fomos ao Refuxio de Bando, primeiro faláronnos sobre a Fundación e a labor que levan a cabo, sobre a problemática do abandono e a responsabilidade que conleva ter un animal. Ao rematar puidemos ver, pasear e xogar cos animais. Nós sumámonos á mensaxe "A túa vida é mellor cando tes un animal ao teu redor"
REVISTA MARZO 25
Hortocoliña
Created on March 16, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Audio tutorial
View
Pechakucha Presentation
View
Desktop Workspace
View
Decades Presentation
View
Psychology Presentation
View
Medical Dna Presentation
View
Geometric Project Presentation
Explore all templates
Transcript