Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

Historias que ninguén cre

Daniel Andrés Rincón Montilla

Created on March 13, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Visual Presentation

Relaxing Presentation

Transcript

Historias que ninguén cre

Ánxel Fole

¡Vamos!

  • Daniel Andrés Rincón Montilla
  • Martín Pereiro Núñez
  • Carla Pereira Lavandera
  • Fátima Koualla Redondo

Que é?

Historias que ninguén cre é unha obra narrativa,concretamente o último libro publicado en vida por Ánxel Fole. Foi publicado no 1981 por parte de Edicións Xerais de Galicia, e posteriormente reeditado en 2009 pola Editorial Galaxia.

Contexto histórico

Ánxel Fole pertence a o movemento literario da posguerra, concretamente é parte da narrativa dos anos 50, e nesta época: • Prohibíronse os partidos políticos e sindicatos. • Pecháronse xornais e revistas. • Implantouse a censura. • Ausencia de liberdade e de liberdade de expresión. • Prohibición do emprego de calquera das outras linguas do territorio español (galego, catalán e éuscaro), a excepción da lingua castelá, única lingua permitida. • Foron detidas, encarceradas e fusiladas moitas persoas relacionadas co mundo da cultura galega desde mestres ata profesionais de todo tipo relacionados coa cultura galega, outros víronse na obriga de marchar para o exilio e outros foron apartados do seu traballo.

O seu autor

Ánxel Fole naceu en Lugo no 1903, e morreu tamén en Lugo no 1986, con 83 anos. Estudou dereito en Santiago, e na súa mocidade foi o secretario provincial do Partido Galeguista, ademais de escribir artigos periodísticos e fundar a revista Yunque. Cando comezou a guerra, Fole fuxiu exiliado a Quiroga, pero no ano 1957 regresa a Lugo traballando como xornalista, e comeza a publicar as súas obras, anos máis tarde, no 1963 ingresa na RAG.

Estructura

Esta obra divídese en 20 relatos curtos ou contos dunhas 7 páxinas cada un, escritos dende o ano 1965 ata 1981 e públicados en xornais e revistas, recolléronse e publicáronse neste mesmo ano, pero foi reeditada en varias ocasións. Ten arredor de 130 páxinas, dependendo da edición, e cada relato narra unha historia real ou ficticia baseada en distintas épocas.

Características xerais dos contos

Segundo o Diccionario da literatura galega o autor reune relatos espallados por revistas, ou redactados para a ocasión e que presentan unha cohesión formal menos artellada que os libros anteriores.
Non leva introdución de ningunha clase. O volume comeza cun relato, sen máis. Neste libro cómpre salientar unha maior presenza da xeografía urbana ca nos primeiros de Fole.
Abundan os temas fantásticos, os parapsicolóxicos e os elementos autobiográficos.Trata con total naturalidade aqueles fenómenos que hoxe consideramos "paranormais".

A narración

O espazo

O tempo

Todos os relatos están narrados en primeira persoa por narradores diferentes. Seguen a técnica da literatura oral, do conto contado. Cítanse moitos topónimos e nomes de persoa e dubídase sobre algúns datos, sobre todo referencias temporais. Diríxese en numerosas ocasións ao lector, como se fose un oínte presente.
A maioría dos espazos son urbanos, destacando Lugo e as vilas luguesas coma Chantada, Monforte. Tamén hai contos ambientados na montaña luguesa e algún en Santiago.
Canto ao tempo, moitas veces propositadamente inconcreto, poden encadrarse na primeira metade do século XX, ata os anos sesenta.

Importancia

Aínda que para algúns autores Á lus do candil e Terras bravas son máis coñecidos e están mellor conseguidos, en Historias que ninguén cre a verdade é que Fole presenta unha variedade temática que fai que se situe a par das obras máis coñecidas, destaca que os elementos fantásticos comparten obra cós espacios reais e coa vida do máis alá.

A vengación ¡Lobos te coman! A pinga de sangue A macabra chanza do Grilo Os cas da Torre de Lopo ¿E decímolo ou non o decimos? Unha morte sin rastro Pepe troitiño As bebedeiras de Moncho do Grilo !Xantamos a carón dun esquelete! Un caso prá Parapsicoloxía Tractrá, tracatrá, tracatrá O medo “Esporretar” De como o Xocas deu o timo do sobre a 2 atracadores Un queixo de San Simón O galo de Monforte Medo e mais medo O miragre de Ribadeo A máscara antigás

Títulos

Grazas por escoitarnos!