Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

biblioxornal

Beatriz I

Created on March 7, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Interactive Onboarding Guide

Basic Shapes Microsite

Basic Interactive Microsite

Beauty catalog mobile

Higher Education Microsite

Microsite Vibrant Travel Guide

Tourism Guide Microsite

Transcript

BIBLIOSANPAIO

biblioxornal

8 M

COMEZAR

Número 74

Seguinte índice

biblioxornal

8 M

1. Los aires difíciles

2. Os anos tranquilos

3. O club das Barbies

4. Órbitas

5. As malas mulleres

1. GRANDES, Almudena: Los aires difíciles. Tusquets Editores S.A. (2002)

Juan Olmedo e Sara Gómez son dous estraños que se instalan a principios de agosto nunha urbanización da costa gaditana dispostos a reiniciar as súas vidas. Ambos arrastran un pasado ben diferente en Madrid. Sara, filla de pais menesterosos, que viviu unha «singular infancia de vida prestada» coa súa madriña no barrio de Salamanca, sofre o estigma de quen o tivo todo e logo perdeuno. Juan Olmedo, pola súa banda, foxe dunha traxedia familiar e un amor secreto e torturante, que estiveron a piques de arruinar a súa vida. Sen buscalo, «abocados a convivir como os únicos sobreviventes dun naufraxio», intercambiarán confidencias, compartirán asistenta, Maribel, e o coidado dos nenos, e buscarán refuxio nesta nova familia, elixida non imposta.

Extraordinaria novela, magnificamente construída, cuns personaxes inesquecibles, chea de emoción, de desexo, de perda e de esperanza

2. PEROZO, Llerena: Os anos tranquilos. Xerais (2024)

A historia vertixinosa dunha muller extraordinaria que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.

A ollada feminista é sutil e profunda a un tempo en Os anos tranquilos, onde o fondo da cuestión pesa máis ca o discurso teórico. A evolución e inquedanzas da protagonista, María García, son as das mulleres: a asimetría social, a construción do desexo, o amor fronte á liberdade, as estruturas do poder, a violencia, o corpo, o mandato da maternidade, destacan entre outras. (Praza Pública)

3. YÁÑEZ, Antía: O club das Barbies. Xerais (2024)

Un tempo futuro onde a baixa natalidade é unha preocupación global. Dúas mulleres e un home na sala de espera da Clínica Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe.

Antía Yáñez proponnos, a través da historia deste clan, un antídoto cheo de furia e sororidade co que facer fronte á precariedade e á discriminación. A violencia nunca é a solución. Ata que o é.

4. GARCÍA, Sara: Órbitas. Sinequanon (2025)

Nesta obra a primeira muller española en formar parte da reserva de astronautas da Axencia Espacial Europea (ESA), convídanos a unha viaxe profundamente humana. Mesturando autobiografía, ensaio e ficción, ofrécenos un relato único sobre como abordar os retos e conquistar os soños, mentres reflexiona sobre os impulsos que nos guían na vida. O libro está dividido en seis órbitas ou capítulos que representan diferentes etapas da viaxe persoal e profesional da autora. Cada unha destas órbitas aborda temas como a procura da identidade, a liberdade para tomar decisións propias, a valentía de desafiar o establecido, a expansión dos límites físicos e mentais ou o peso das tradicións. E todo iso cunha escritura que mestura ironía e crítica.

Órbitas non só é un testemuño dos logros da súa autora, senón tamén unha guía para quen está en busca do seu propósito. Sara García lémbranos que os desafíos non son barreiras, senón oportunidades para crecer.

5. ALEIXANDRE, Marilar: As malas mulleres. Galaxia (2021)

Apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.

A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.

biblioxornal

8 M

6. A expedición do Pacífico

7. O anxo de Eva

8. Son noxento

9. Confusión e morte de María Balteira

10. O club da calceta

6. ALEIXANDRE, Marilar: A expedición do Pacífico. Xerais (1994)

Novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século.

As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.

7. MAYORAL, Marina: O anxo de Eva. Xerais (2013)

Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán no que a nena comeza a ser muller...

O amor, a morte, o Alén, os grandes temas de sempre; personaxes cheos de humanidade e un sentido do humor

8. QUEIZÁN, María Xosé: Son noxento. Xerais (2015)

Historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín.

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais».

9. CAMPO, Marica: Confusión e morte de María Balteira. Bahía (1999)

Unha incursión narrativa no mundo das nosas lendas, máxico e poliédrico; unha revelación do universo feminino: a presenza dignificada de tantas mulleres que se revelan e se rebelan.

Do caos e da fragmentación aparente viaxamos, da man de Marica Campo, ao cosmos peculiar e único dun universo inequivocamente galego

10. REIMÓNDEZ, María: O club da calceta. Xerais (2006)

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.

A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora.