REVISTA HORTOCOLIÑA
Febreiro - Xaneiro 2025
SAÍDA DE 5º AO TEATRO
O martes 4 de de febreiro, os nenos e nenas de 5º foron ao Teatro Principal a ver "Carabela", un espectáculo de Galeatro con texto de Paula Carballeira. Ao acabar merendaron na praza da Quintana.
DÍA DA PAZ
O 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio, fixemos o reto das 1.000 grúas que provén de Xapón, dunha nena que se chamaba Sadako Sasaki. Ela propúxose a completar o reto para pedir o desexo de curarse da Leucemia. Dobrou e dobrou pero non puído completar o reto. No colexio das amigas de Sadako Sasaki propuxeron o reto, completárono e dedicáronllo a ela. No C.E.I.P.P de Sigüeiro chegamos as 5.066 grúas. E o noso desexo é que haxa PAZ.
O TEMPO DE XANEIRO
Este foi un mes chuvioso, contando o rexistro do calendario comprobamos que era o bote con máis pompóns. E nesta última semana houbo moitas borrascas, con chuvia, vento e tronos. Algúns asustamonos un pouco na casa. E o río Tambre foise por fóra.
Nenos e nenas de 4 anos
ENTROIDO
Chegou o Entroido e con el os mandados do Meco que cumplimos sen rechistar. O luns cabeza tapada, martes calcetín de cada cor, mércores chaqueta do revés, xoves disfrace libre e o venres todos de romaría. Case nos esquecemos da visita da Pantalla de Xinzo. O venres houbo desfile polo pobo, bailes, cantos e merendiña de filloas e orellas.
VISITA DO IES DE OROSO
O alumnado de 1° da ESO do IES de Oroso acompañados dos seus profesores visitaron as nosas dúas exposicións: A Nosa Herdanza e a Exposición Didáctica do Traxe tradicional.
MES DE ROSALÍA
Ao longo do mes de febreiro foron moitas as actividades que se levaron a cabo para homenaxear a nosa prezada escritora Rosalía de Castro. Algunha delas foron:- Lectura dramatizada de Adiós riós, adiós fontes que lle fixeron as nosas Rosalías e emigrantes aos compañeiros de infantil e 1º ciclo.
- Recitado do poema Caldo de Gloria.
- Conto rimado da súa biografía.
- Recitado de poemas no Concello xunto co IES de Oroso o día 24 de febreiro.
- O venres 21 todos os niveis do centro fixemos un recital conxunto no pavillón polideportivo. Non podemos olvidarnos dos recitados de poemas en Instagram.
VISITA AO CASTRO DE VILARES
O mércores 19 de febreiro o alumnado de 6º visitou o Castro de Vilares, asentamento da Idade de Ferro, de forma circular. Puidemos percorrelo para ver o foso e parte dos muros. O foso rodea a "croa" ou corona, que é unha finca cultivada. De camiño fixemos unha recollida de lixo.
A HORTA DE XANEIRO E FEBREIRO
Cando o tempo non axuda para facer traballos na horta aproveitamos para facer semilleiros de cabazas, tomates... E cando vemos un raiolo de sol alá imos a recoller leitugas, acelgas, montar bancais ou plantar cebolo.
REVISTA XANEIRO - FEBREIRO 25
Hortocoliña
Created on February 27, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Higher Education Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Harmony Higher Education Thesis
View
Vaporwave presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Vintage Mosaic Presentation
View
Modern Zen Presentation
Explore all templates
Transcript
REVISTA HORTOCOLIÑA
Febreiro - Xaneiro 2025
SAÍDA DE 5º AO TEATRO
O martes 4 de de febreiro, os nenos e nenas de 5º foron ao Teatro Principal a ver "Carabela", un espectáculo de Galeatro con texto de Paula Carballeira. Ao acabar merendaron na praza da Quintana.
DÍA DA PAZ
O 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio, fixemos o reto das 1.000 grúas que provén de Xapón, dunha nena que se chamaba Sadako Sasaki. Ela propúxose a completar o reto para pedir o desexo de curarse da Leucemia. Dobrou e dobrou pero non puído completar o reto. No colexio das amigas de Sadako Sasaki propuxeron o reto, completárono e dedicáronllo a ela. No C.E.I.P.P de Sigüeiro chegamos as 5.066 grúas. E o noso desexo é que haxa PAZ.
O TEMPO DE XANEIRO
Este foi un mes chuvioso, contando o rexistro do calendario comprobamos que era o bote con máis pompóns. E nesta última semana houbo moitas borrascas, con chuvia, vento e tronos. Algúns asustamonos un pouco na casa. E o río Tambre foise por fóra.
Nenos e nenas de 4 anos
ENTROIDO
Chegou o Entroido e con el os mandados do Meco que cumplimos sen rechistar. O luns cabeza tapada, martes calcetín de cada cor, mércores chaqueta do revés, xoves disfrace libre e o venres todos de romaría. Case nos esquecemos da visita da Pantalla de Xinzo. O venres houbo desfile polo pobo, bailes, cantos e merendiña de filloas e orellas.
VISITA DO IES DE OROSO
O alumnado de 1° da ESO do IES de Oroso acompañados dos seus profesores visitaron as nosas dúas exposicións: A Nosa Herdanza e a Exposición Didáctica do Traxe tradicional.
MES DE ROSALÍA
Ao longo do mes de febreiro foron moitas as actividades que se levaron a cabo para homenaxear a nosa prezada escritora Rosalía de Castro. Algunha delas foron:- Lectura dramatizada de Adiós riós, adiós fontes que lle fixeron as nosas Rosalías e emigrantes aos compañeiros de infantil e 1º ciclo. - Recitado do poema Caldo de Gloria. - Conto rimado da súa biografía. - Recitado de poemas no Concello xunto co IES de Oroso o día 24 de febreiro. - O venres 21 todos os niveis do centro fixemos un recital conxunto no pavillón polideportivo. Non podemos olvidarnos dos recitados de poemas en Instagram.