Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

mulleres de cinema

Estemar Mou Vila

Created on February 26, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Quiz

Essential Quiz

Practical Quiz

Akihabara Quiz

Christmas Spirit Test

Piñata Challenge

Math Calculations

Transcript

8m

mulleres de cinema

CEIP VILAVERDE MOURENTE
empezar

MULLERES DE CINEMA

mulleres pioneira na historia do cinema

TOP dAS PRIMEiRAS MUllERES nA HISTORIA Do CINEma

mulleres cineastas esquecidas

MULLERES DE CINEMA

CHELO LOUREIRO

Chelo Loureiro Vilarelle, nada en Ferrol o 16 de abril de 1958, é unha produtora cinematográfica galega especializada en cine de animación. Fundadora da produtora Abano Producións en 2007, gañou polos seus traballos catro Premios Goya. É activista polo recoñecemento das mulleres dentro do campo audiovisual. Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes no ano 202

MULLERES DE CINEMA

NEREA BARROS

Nerea Barros é unha actriz galega nacida en 1981 en Santiago de Compostela. Debutou no cine con dezaseis anos, en 1997, na película Nena do director Xavier Bermúdez, co cal volveu a colaborar en 2008 na película Rafael. Durante un tempo compaxinou os seus estudos de Enfermería co teatro e en 2009 obtivo o seu primeiro papel relevante na pequena pantalla coa serie Matalobos da Televisión de Galicia. Non foi sen embargo ata 2013 cando gañou certa popularidade debido a súa participación en “El tiempo entre costuras”, unha adaptación da novela de María Dueñas. En 2014, estreou “La isla mínima” na que interpretou ao personaxe de Rocío. O seu papel foi galardoado co Premio Goya a mellor actriz revelación.

MULLERES DE CINEMA

SONIA MÉNDEZ

Sonia Méndez Alonso, nada en Vigo o 14 de agosto de 1980, é unha directora de cine, guionista e actriz galega.

Estudou no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, realizou diversos cursos de formación en cine, televisión e teatro. Entre outras a Escola de Imaxe e Son da Coruña, en Espazo Aberto (Santiago de Compostela), no Centre de Estudis Cinematográfics de Barcelona, na Escola Internacional de Cinema e TV de Cuba, e un Posgrao en Interpretación e Arte Dramática na Universidade de Santiago de Compostela.

MULLERES DE CINEMA

JOSEFINA MOLINA

Josefina Molina Reig, nada en Córdoba, o 14 de novembro de 1936, é unha directora de cinema, guionista, realizadora de televisión, novelista e directora de escena española. Foi pioneira do cinema rodado por españolas e dirixiu longametraxes como Función de noche (1981) e Esquilache (1988), ou a serie de televisión Teresa de Jesús (1984). En 2006 cofundou a Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais (CIMA), da que é presidenta de honra. En 2019 foi galardoada co Premio Nacional de Cinematografía

MULLERES DE CINEMA

CARLA SIMÓN

Carla Simón Pipó, nada en Barcelona en 1986, é unha directora de cine e guionista española. En 2017 a Academia Española das Artes e das Ciencias Cinematográficas elixiu a súa primeira longametraxe, Estiu 1993 (2017), filmada en catalán, para representar España nos Óscar.Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona en 2009; estudou o máster en Calidade e Innovación TV organizado por Televisió de Catalunya en 2010 e o máster en Artes na London Film School (bolsa de posgrao da Obra Social "la Caixa"). En Londres dirixiu o documental Born Positive e a curtametraxe de ficción Lipstick

MULLERES DE CINEMA

LETICIA DOLERA

Leticia Dolera, nada en Barcelona o 23 de outubro de 1981, é unha actriz, guionista, directora de cine e escritora española. Foi a gañadora do Festival de Series de Cannes en 2019 por Vida perfecta, da que foi actriz protagonista, creadora, directora e coguionista xunto a Manuel Burque, sendo a primeira española en obter este galardón por un audiovisual español. É directora da longametraxe Requisitos para ser una persona normal —gañador de tres premios do Festival de Málaga en 2015 e tres nomeamentos nos Premios Goya en 2016—, das curtas "Lo siento, te quiero" —gañador no Fantastic Fest de 2010—, A ou B, Habitantes e Vuelta al mundo e das series de televisión Bloguera en construcción e Vida perfecta, gañadora do Festival de series de Cannes 2019 á mellor serie e á mellor interpretación feminina.

MULLERES DE CINEMA

ICÍAR BOLLAÍN

Icíar Bollaín Pérez-Mínguez, nada en Madrid o 12 de xuño de 1967, é unha directora e actriz española. Filla dun enxeñeiro aeronáutico e unha profesora de música, debutou como actriz ós 15 anos. Foi elixida Mellor Actriz Española de 1992 pola revista Cartelera Turia e recibiu o Premio Ollo Crítico II Milenio de Radio Nacional de España en 1993. É membro da Academia Española de Cinematografía.

POSIBLES TAREFAS A REALIZAR

TRADUCIR ALGÚN DOS PARÁGRAFOS AO CASTELÁN / DO CASTELÁN AO GALEGO. IDENTIFICAR E ANALIZAR DIFERENTES CLASES DE PALABRAS DALGÚN PARÁGRAFO. BUSCAR INFORMACIÓN DE ACTRICES GALEGAS: María Castro, Isabel Blanco, Cristina Castaño, Nerea Barros, Mabel Rivera, Ana Santos, Camila Bossa, Isabel Naveira ,María Bouzas , María Vázquez.... ORDEAR SEGUNDO A DATA DE NACEMENTO , AS ACTRICES DE MÁIS NOVA Á MÁIS VELLA OU VICEVERSA. FACER UNHA LISTAXE DE PROFESIÓNS , EN FEMININO,RELACIONADAS CO MUNDO DO CINEMA.

MEJOR BANDA SONORA ORIGINAL

POSIBLES TAREFAS A REALIZAR

diferentes profesións relacionadas co cinema para repasar e colorear

biografías de mulleres relacionadas co cinema para ler e reflexionar

THE END