BIBLIOSANPAIO
cine xornal
8 M
COMEZAR
Número 18
ANORA Dirección: Sean Baker. Estados Unidos. 2024, 138 min.
Anora, unha rapaza nova, prostituta en Brooklyn, ten a oportunidade de vivir unha historia ao Cincenta cando coñece e impulsivamente casa co fillo dun oligarca ruso. Cando a noticia chega a Rusia, o seu conto de fadas vese ameazado, xa que os pais parten cara a Nova York para tentar conseguir a anulación do matrimonio.
EL CLUB DE LOS MILAGROS Dirección: Thaddeus O’ Sullivan. Irlanda. 2023, 91 min.
Un grupo de amas de casa ao bordo dun ataque de nervios gañan unha viaxe a Lourdes con todos os gastos pagos. Sen pensarllo dúas veces, aceptan o premio e marchan en busca dunha experiencia mística que lles cambie a vida. Mentres, os seus maridos deberán quedar a cargo do fogar.
LA MARAVILLOSA SEÑORA MAISEL Creadora: Amy Sherman-Palladino. Serie. EEUU. 2017-2023. 43 episodios. Amazon Prime
Manhattan, Nova York. Ano 1958. Miriam Midge Maisel é unha muller da alta sociedade xudía neoiorquina cuxa vida como esposa e nai dá un xiro inesperado cando, tras ser abandonada polo seu marido Joel, descobre un talento descoñecido para a comedia. Midge cambiará entón a súa cómoda existencia no Upper West Side para facer monólogos en clubs de stand-up.
FLYING HANDS Dirección: Marta Gómez, Paula Iglesias. Documental. España. 2024, 78 min.
En plena cordilleira do Karakórum, en Paquistán, Aniqa Bano dá a luz a unha nena xorda, Narjis. Ata entón descoñecía non só o rexeitamento e estigma cara a estas nenas, senón a súa propia existencia, xa que permanecían ocultas pola vergoña das súas familias. Dezaseis anos despois, Narjis le os diarios da súa nai onde narra os obstáculos, tanto persoais como sociais, que debeu superar por querer defender a dignidade e dereitos dun colectivo que levaba séculos condenado a non poder ter unha vida plena. Hoxe en día Aniqa construíu unha escola e fogar para persoas xordas. Alí non só reciben educación e respecto, senón que descobren un mundo de posibilidades e dereitos aos que tamén poden aspirar.
LA INFILTRADA Dirección: Arantxa Echevarria. España. 2024, 118 min.
Tras pasar varios anos infiltrada nos ambientes da esquerda abertzale como unha moza simpatizante máis da banda terrorista ETA, unha axente de policía consegue o que buscaba: ETA contacta con ela. Necesitan que aloxe no seu piso a dous etarras que teñen o obxectivo de preparar varios atentados. A partir deste intre empeza a misión máis difícil da súa vida: ir informando os seus superiores mentres convive con dous terroristas que, se nalgún momento sospeitan dela, non dubidarán en asasinala. Baseada na historia real de Aranzazu Berradre Marín cando contaba con tan so 20 anos.
EMILIA PÉREZ Dirección: Jacques Audiard. Francia. 2024, 132 min.
Sobrecualificada e infravalorada, Rita é unha avogada dun gran bufete que un día recibe unha oferta inesperada: axudar ao temido xefe dun cartel para retirarse do seu negocio e desaparecer para sempre converténdose na muller que el sempre soñou ser.
SITARA (ANIMACIÓN) Dirección: Sharmeen Obaid- Chinoy. Paquistán. 2019, 15 min.
Paquistán, anos 70. Unha adolescente soña con ser piloto sen saber que o pai a casará cun home maior.
PREFIRO CONDENARME (DOCUMENTAL) Dirección: Margarita Ledo Andión. España. 2024, 88 min
A historia das mil caras de Sagrario, mariscadora da ría de Ferrol, enfróntanos a unha nai díscola, unha órbita familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adulterio aos 33 anos, en 1972, por mor da filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Como unha nova Antígona, Sagrario sitúase fóra da regra e coa súa desobediencia reclama a lei aínda non escrita á vez que o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.
O TREN DOS NENOS Dirección: Cristina Comencini. Italia. 2024, 106 min
Italia, 1946. Un neno de oito anos chamado Amerigo deixa á súa empobrecida familia de Nápoles ao ser enviado nun tren para ir vivir cunha familia máis rica do norte, como parte dunha iniciativa de posguerra para rescatar aos nenos da pobreza.
LA SEMILLA DE LA HIGUERA SAGRADA. Dirección: Mohammad Rasoulof. Alemania. 2024, 168 min.
Irán, outono 2022. A vida universitaria en Teherán vese sacudida polas revoltas nas rúas e as escolas ao berro de «Muller, vida e liberdade». A medida que os disturbios políticos aumentan, a responsabilidade profesional na vida dun xuíz de instrución empeza a afectar á súa plácida vida familiar xunto á súa muller e ás súas dúas fillas adolescentes. Cando a pistola que o goberno lle había entregado para manter a súa seguridade desaparece, só queda sospeitar das mulleres que o rodean. Mentres as normas sociais empezan a desmoronarse á súa ao redor, faio tamén a súa familia.
LA HABITACIÓN DE AL LADO Dirección: Pedro Almodóvar. España. 2024, 106 min.
Ingrid e Martha foron moi amigas na súa mocidade. Ambas traballaban na mesma revista, pero Ingrid acabou convertida en novelista de autoficción e Martha en reporteira de guerra. As circunstancias da vida separáronas e, despois de moitos anos sen ter contacto, volven atoparse nunha situación extrema, pero extrañamente doce. Baseada no libro Cual es tu tormento de Sigrid Nunez. Ed. Anagrama, 2021
MARIPOSAS NEGRAS. Dirección: David Baute. España. 2024, 78 min.
Inspirada por mulleres reais, propón unha viaxe desde África, o Caribe e Asia cara a un incerto futuro para a humanidade. O cambio climático impacta nas vidas de Tanit, Valeria e Shaila, tres mulleres de puntos moi distintos do planeta pero con algo en común: as tres pérdeno todo polo efecto do quecemento global e vense forzadas a migrar.
(Gañadora GOYA MELLOR PELICULA ANIMACION 2025)
SEIS TRIPLE OCHO Dirección: Tyler Perry. EEUU. 2024, 127 min.
Baseada en feitos reais. Na II Guerra Mundial, o único batallón de mulleres negras do Exército de EE.UU. no estranxeiro, afronta unha misión imposible. 855 mulleres uníronse á guerra para solucionar o atraso de tres anos de correo non entregado. Enfrontadas á discriminación e a un país devastado pola guerra, conseguiron clasificar antes de tempo máis de 17 millóns de pezas de correo.
LAS MARGARITAS Dirección: Vera Chytilová. Checoslovaquia. 1966, 76 min. Reestreno en España: 29 de novembro de 2024
58 anos despois, reestréase a máis aplaudida e experimental das películas de Věra Chytilová, compañeira de Milos Forman e Jirí Menzel, que desafiou todas as normas da época. Unha película adiantada ao seu tempo, considerada unha das grandes obras do cinema feminista do último século por primeira vez en cinemas restaurada en 4K. Unha obra subversiva, anarquista, psicodélica e feminista.
SIEMPRE NOS QUEDARÁ MAÑANA. Dirección: Paola Cortellesi. Italia. 2023, 113 min.
Roma, 1946. Delia é a esposa de Ivano e nai de tres fillos. Ser esposa e nai son os papeis que a definen e cos que se sente realizada. Na primavera, toda a familia está alborotada polo inminente compromiso da filla maior, Marcella, quen, pola súa banda, só espera casar rapidamente cun simpático mozo de clase media, Giulio, e librarse por fin desa incómoda familia.
CONTINUARÁ...
cine xornal
Biblio San Paio
Created on February 25, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Hanukkah Presentation
View
Vintage Photo Album
View
Nature Presentation
View
Halloween Presentation
View
Tarot Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Women's Presentation
Explore all templates
Transcript