A avaliación formativa nas situacións de aprendizaxe
Para que avaliamos?
Reflexión inicial
A avaliación é o aspecto que máis nos custa abordar aos docentes e que máis desagradable nos resulta.
Índice
para que?
Como é?
propósito
cualificacións vs feedback
Cambios no centro
deseño
extratexias
avaliación sumativa
01
Para que avaliamos?
Para que avaliamos
a) Avaliación Formativa:
Obxectivos:
• Mellorar a aprendizaxe dos estudantes: A avaliación formativa céntrase en identificar as necesidades dos estudantes durante o proceso de aprendizaxe, permitindo aos docentes axustar as súas estratexias de ensino.
• Proporcionar retroalimentación útil: Ofrecer información clara e construtiva sobre o progreso, destacando fortalezas e áreas de mellora.
• Fomentar a autonomía e a autorregulación: A través da autoavaliación e a reflexión, os estudantes aprenden a ser conscientes do seu propio proceso de aprendizaxe.
• Identificar erros como oportunidades de aprendizaxe: Utiliza os erros como punto de partida para comprender que aspectos necesitan máis atención e práctica.
• Axustar a práctica docente: Adaptar os métodos de ensino ás necesidades específicas dos estudantes.
• Promover unha cultura de mellora continua: Crear un ambiente onde tanto docentes como estudantes están comprometidos coa aprendizaxe e a superación constante.
Para que avaliamos
b) Avaliación Sumativa:
Obxectivos:
• Cualificar ou Certificar: Medir o rendemento dos estudantes ao final dun período para asignar cualificacións ou certificar logros.
• Rendición de Contas: Proporcionar unha medida obxectiva do rendemento dos estudantes, docentes ou institucións educativas, útil para políticas públicas e decisións administrativas.
02
Como é a avaliación formativa?
Como é?
• Pretende lograr maiores e mellores aprendizaxes, non certificar coñecementos.
• Promove unha maior eficacia nos procesos de aprendizaxe mediante a regulación.
• Para implantala, debemos ter en conta tres pasos:
a) A recollida de evidencias.
b) A análise.
c) A toma de decisións. • A fiabilidade depende de se o axuste ao obxectivo é preciso.
• Non é algo trimestral, mensual ou semanal.
• Debe suceder á vez que á aprendizaxe.
Como é?
• Implica cambios a nivel metodolóxico: a) Introducir rúbricas. b) Refacer boletíns e notas. c) Refacer a información cualitativa. d) Reler o currículum para ceñirse aos criterios de avaliación. e) Acordar melloras na avalición formativa: ▪ Probas iniciais. ▪ Retroalimentación para refacer. ▪ Menos notas e máis feedback. ▪ Pautas comúns para a elaboración dun portfolio. ▪ Check dixital. ▪ Non corrixir textos escritos (ofrecer lista de criterios, coavaliación) e permitir segunda entrega.
03
Propósito
Propósito
a) O primeiro é o propósito, despois ven o instrumento.
- Non debemos cometer o erro de elaborar instrumentos de avaliación antes de ter claro o propósito da tarefa.
- Rúbricas si, pero..
b) As claves para unha avaliación formativa son:
• Potencial para facer crecer á persoa.
◦ Podes mellorar se centras os teus esforzos en elo.
• Que aspectos da miña linguaxe favorecen a reflexión e a aprendizaxe?
• Que organización social favorece a mellora dos meus alumnos?
• Que instrumentos de cualificación favorecen máis a implicación?
• Que estratexias da formativa logran que o alumnado recoñeza en si mesmo e no entorno aspectos que descoñecía e lle fan crecer?
• Carácter interpersonal.
04
Cualificacións e retroalimentación
Cualificacións e retroalimentación
Erro común: as notas devoran todo. Definicións de feedback:
• Definición de Feedback (Hattie & Timperley, 2007)
"O feedback é a información que se lle proporciona a unha persoa sobre o seu desempeño, co obxectivo de reducir a diferenza entre onde está e onde necesita estar."
• Definición de Feedback (Sadler, 1989)
"O feedback é un proceso mediante o cal se lle ofrece ao estudante información sobre o seu progreso, permitíndolle comprender como mellorar o seu desempeño."
• Definición de Feedback (Black & Wiliam, 1998)
"O feedback é unha información que se lle ofrece ao estudante sobre o seu traballo, coa intención de guialo cara á mellora do seu desempeño e comprensión."
• Definición de Feedback (Nicol & Macfarlane-Dick, 2006)
"O feedback é un diálogo entre docentes e estudantes que permite a estes últimos comprender como mellorar o seu aprendizaxe e alcanzar os obxectivos propostos."
• Definición de Feedback (Mariana Morales e Juan Fernández)
"O feedback é unha ferramenta esencial na avaliación formativa que proporciona información clara e construtiva ao estudante, permitíndolle reflexionar sobre o seu progreso e tomar decisións para mellorar o seu aprendizaxe.
Cualificacións e retroalimentación
Como facer ben unha retroalimentación:
• Elixir o momento oportuno
A pesar de ser un proceso relativamente continuo, hai momentos máis efectivos. Resulta máis útil cando aínda hai algún motivo para seguir traballando e mellorar o que están a facer.
Isto implica, en certo modo, facer menos actividades e aumentar o percorrido das que levemos a cabo. Será necesario romper o estigma de que realizar por segunda vez unha tarefa é porque está realmente mal.
• Cantidade
Ao principio será necesaria unha frecuencia alta, pero un obxectivo será ir reducindo as intervencións para deixar ao alumnado tempo para pensar e analizar. Deben ir resolvendo problemas por si mesmos (resultará máis sinxelo se teñen unha guía ou unha rúbrica clara para facer fronte á tarefa) ao mesmo tempo que podemos formular preguntas que os fagan reflexionar.
Cualificacións e retroalimentación
Retroalimentación entre iguais.
Excelente idea, pero que xera reticencias na súa aplicación polas dificultades que nos podemos atopar para a súa aplicación.
Esas reticencias poden ser:
• Medo a que as valoracións sexan máis de índole persoal ou por afinidade (ou ausencia dela)
• A calidade pode depender da motivación.
• Existencia de prexuízos (sobre listas/os e menos competentes)
Ferramentas e estratexias que lle faciliten ao alumnado este labor de corrección:
• Criterios de logro claros en guías de corrección ou rúbricas ben detalladas.
• Modelos de feedback
• A retroalimentación debe referirse unicamente aos criterios e debe ser cualitativo.
• Debe existir a posibilidade de refacer e segunda entrega.
05
Cambios a nivel centro
Cambios a nivel centro
Os cambios na avaliación deben xerar unha reflexión a nivel de centro, levar a cabo iniciativas individuais é moi loable, pero terán un percorrido limitado. Xerar unha cultura de centro non é sinxelo, pero facilitará que o alumnado e familias se habitúen a este enfoque. Será necesario:
• Pensar nos valores da avaliación a nivel centro.
• Implantar cambios a medio / longo prazo
• Implicación de todos os departamentos
• Práctica reflexiva e compartida
• Reflectir os cambios en documentos e sistematizalos
Para modificar unha rutina, Harry Fletcher Wood (2018), propón:
• Identificar unha necesidade.
• Elixir un cambio.
• Elixir unha medida.
• Manter o cambio.
• Cambiar, refinar, avaliar.
• Convertelo en rutina.
• Compartir.
• Repetir.
06
Deseño da avaliación
Deseño da avaliación
- Ter moi claros os obxectivos da aprendizaxe e das tarefas concretas que formulamos.
- Empregar modelos e exemplos:
- Criterios a través de rúbricas:
- Coñecementos previos: evocar
- O cartel para lembrar
- “Download” ou “descarga” (empregando pistas ou imaxes)
- Polis e cacos
- Avaliación diagnóstica
- O ideal é facela ao inicio do proceso para obter información e tomar decisións.
- O proceso non é soamente inicio de curso, senón cada secuencia didáctica ou nova aprendizaxe.
- Algunhas técnicas poden ser:
- Verdadeiro ou falso
- Q-sort
- Elixir ao intruso
07
Estratexias para avaliar
Deseño da avaliación
- Preguntas bisagra:
- Son preguntas de diferente formato que nos indican o nivel de comprensión de cada alumna/o da clase, xa que todas/os responderán (Wyle e William, 2006)
- Opción múltiple
- Verdadeiro ou falso
- Como elaborar preguntas bisagra
- Buscar a comprensión: evitar a memorización de datos e fechas, elixir preguntas relacionadas coa comprensión.
- Identificar erros comúns: as opcións incorrectas representarán os erros máis frecuentes entre o alumnado.
- Simplificar: cada pregunta debe abordar unha idea. Non deben solaparse ideas, eliminando elementos que provoquen distraccións.
Deseño da avaliación
- Pase de saída
- Parada de tres minutos
- Feedback colectivo
- Escaleira do feedback:
- Preguntas aclaratorias: docente pregunta o que precisa para comprender o que fixo o alumnado e o porqué.
- Aspectos positivos: o mestre destaca algúns aspectos positivos do realizado, relacionado cos criterios compartidos.
- Inquedanzas. Preguntas. Perspectivas diferentes: o docente expresa as inquedanzas e intenta aportar novas perspectivas.
- Suxerencias: para rematar, propóñense melloras concretas e asumibles.
Deseño da avaliación
• Motivación e metacognición
A metacognición, ou a capacidade de reflexionar sobre os propios procesos de pensamento, desempeña un papel crucial na avaliación formativa ao fomentar a autorreflexión e a autorregulación nos estudantes. Cando os estudantes son conscientes das súas propias fortalezas e áreas de mellora, poden establecer metas de aprendizaxe máis realistas e tomar decisións informadas sobre como abordar tarefas e desafíos. Este proceso de reflexión non só aumenta a motivación intrínseca, ao proporcionar un sentido de control sobre o seu propio aprendizaxe, senón que tamén mellora o rendemento académico ao permitir axustes oportunos e precisos nas estratexias de estudo. Así, a metacognición potencia a eficacia da avaliación formativa ao situar aos estudantes no centro do seu propio desenvolvemento educativo.
Deseño da avaliación
• Autovaliación
Implica ao alumnado na autoobservación e formulación de xuízos sobre o seu traballo. Favorece a identificación das discrepancias entre o rendemento actual e o desexado (Mcmillan e Hearn, 2008)
Supón a comparación cuns criterios e a toma de decisións sobre os pasos seguintes.
• Coavaliación
◦ Pregunta a outros tres antes que a min
◦ Eu – ti- nós
◦ Clasificación de erros
08
Avaliación sumativa
Avaliación sumativa
a) Consellos sobre Instrumentos de Avaliación Sumativa
1. Uso de Rúbricas Detalladas:
◦ As rúbricas axudan a clarificar os criterios de avaliación e a asegurar unha avaliación coherente e xusta. Detallan os niveis de desempeño para cada criterio, proporcionando unha guía clara tanto para os estudantes como para os docentes.
2. Probas e Exames:
◦ As probas e exames deben incluír unha combinación de preguntas de opción múltiple, preguntas abertas e problemas prácticos. Isto permite avaliar unha ampla gama de habilidades e coñecementos, desde a memoria ata a aplicación práctica.
3. Proxectos Finais:
◦ Os proxectos finais son unha boa forma de avaliar a comprensión global dos estudantes sobre un tema. Poden incluír investigacións, maquetas, presentacións, entre outros, e deben ser avaliados mediante rúbricas claras.
Avaliación sumativa
4. Portafolios de Estudantes:
◦ Os portafolios permiten recoller e avaliar o traballo dos estudantes ao longo do tempo. Inclúen unha variedade de traballos seleccionados tanto polos estudantes como polos docentes, acompañados de reflexións sobre o proceso de aprendizaxe.
5. Presentacións Orais:
◦ As presentacións orais son útiles para avaliar a capacidade dos estudantes para comunicar as súas ideas de forma efectiva. Deben ser avaliadas con criterios claros que inclúan aspectos como a claridade, a organización e a calidade do contido.
6. Autoavaliación e Coavaliación:
◦ Incluír compoñentes de autoavaliación e coavaliación na avaliación sumativa. Estes procesos fomentan a autorreflexión e proporcionan feedback adicional para os estudantes.
7. Exames Prácticos ou de Rendemento:
◦ Estes exames avalían habilidades prácticas e a capacidade de aplicar o coñecemento en situacións reais. Son especialmente útiles en áreas como a ciencia, a tecnoloxía e as artes.
Avaliación sumativa
b) Estratexias para Mellorar a Avaliación Sumativa
1. Claridade nos Criterios de Avaliación:
◦ Asegurarse de que os estudantes comprendan os criterios de avaliación e como serán avaliados desde o principio.
2. Diversificación de Instrumentos de Avaliación:
◦ Utilizar unha variedade de instrumentos de avaliación para obter unha visión completa do aprendizaxe dos estudantes.
3. Retroalimentación Construtiva:
◦ Proporcionar retroalimentación específica e construtiva incluso na avaliación sumativa para axudar aos estudantes a comprender as súas áreas de mellora.
4. Integración coa Avaliación Formativa:
◦ Aliñar a avaliación sumativa coas prácticas de avaliación formativa para que ambas se complementen e reforcen o aprendizaxe.
Fin
Avaliavión formativa
CEIP San Tomé
Created on February 19, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Animated Sketch Presentation
View
Pechakucha Presentation
View
Decades Presentation
View
Color and Shapes Presentation
Explore all templates
Transcript
A avaliación formativa nas situacións de aprendizaxe
Para que avaliamos?
Reflexión inicial
A avaliación é o aspecto que máis nos custa abordar aos docentes e que máis desagradable nos resulta.
Índice
para que?
Como é?
propósito
cualificacións vs feedback
Cambios no centro
deseño
extratexias
avaliación sumativa
01
Para que avaliamos?
Para que avaliamos
a) Avaliación Formativa: Obxectivos: • Mellorar a aprendizaxe dos estudantes: A avaliación formativa céntrase en identificar as necesidades dos estudantes durante o proceso de aprendizaxe, permitindo aos docentes axustar as súas estratexias de ensino. • Proporcionar retroalimentación útil: Ofrecer información clara e construtiva sobre o progreso, destacando fortalezas e áreas de mellora. • Fomentar a autonomía e a autorregulación: A través da autoavaliación e a reflexión, os estudantes aprenden a ser conscientes do seu propio proceso de aprendizaxe. • Identificar erros como oportunidades de aprendizaxe: Utiliza os erros como punto de partida para comprender que aspectos necesitan máis atención e práctica. • Axustar a práctica docente: Adaptar os métodos de ensino ás necesidades específicas dos estudantes. • Promover unha cultura de mellora continua: Crear un ambiente onde tanto docentes como estudantes están comprometidos coa aprendizaxe e a superación constante.
Para que avaliamos
b) Avaliación Sumativa: Obxectivos: • Cualificar ou Certificar: Medir o rendemento dos estudantes ao final dun período para asignar cualificacións ou certificar logros. • Rendición de Contas: Proporcionar unha medida obxectiva do rendemento dos estudantes, docentes ou institucións educativas, útil para políticas públicas e decisións administrativas.
02
Como é a avaliación formativa?
Como é?
• Pretende lograr maiores e mellores aprendizaxes, non certificar coñecementos. • Promove unha maior eficacia nos procesos de aprendizaxe mediante a regulación. • Para implantala, debemos ter en conta tres pasos: a) A recollida de evidencias. b) A análise. c) A toma de decisións. • A fiabilidade depende de se o axuste ao obxectivo é preciso. • Non é algo trimestral, mensual ou semanal. • Debe suceder á vez que á aprendizaxe.
Como é?
• Implica cambios a nivel metodolóxico: a) Introducir rúbricas. b) Refacer boletíns e notas. c) Refacer a información cualitativa. d) Reler o currículum para ceñirse aos criterios de avaliación. e) Acordar melloras na avalición formativa: ▪ Probas iniciais. ▪ Retroalimentación para refacer. ▪ Menos notas e máis feedback. ▪ Pautas comúns para a elaboración dun portfolio. ▪ Check dixital. ▪ Non corrixir textos escritos (ofrecer lista de criterios, coavaliación) e permitir segunda entrega.
03
Propósito
Propósito
a) O primeiro é o propósito, despois ven o instrumento.
- Non debemos cometer o erro de elaborar instrumentos de avaliación antes de ter claro o propósito da tarefa.
- Rúbricas si, pero..
b) As claves para unha avaliación formativa son: • Potencial para facer crecer á persoa. ◦ Podes mellorar se centras os teus esforzos en elo. • Que aspectos da miña linguaxe favorecen a reflexión e a aprendizaxe? • Que organización social favorece a mellora dos meus alumnos? • Que instrumentos de cualificación favorecen máis a implicación? • Que estratexias da formativa logran que o alumnado recoñeza en si mesmo e no entorno aspectos que descoñecía e lle fan crecer? • Carácter interpersonal.04
Cualificacións e retroalimentación
Cualificacións e retroalimentación
Erro común: as notas devoran todo. Definicións de feedback: • Definición de Feedback (Hattie & Timperley, 2007) "O feedback é a información que se lle proporciona a unha persoa sobre o seu desempeño, co obxectivo de reducir a diferenza entre onde está e onde necesita estar." • Definición de Feedback (Sadler, 1989) "O feedback é un proceso mediante o cal se lle ofrece ao estudante información sobre o seu progreso, permitíndolle comprender como mellorar o seu desempeño." • Definición de Feedback (Black & Wiliam, 1998) "O feedback é unha información que se lle ofrece ao estudante sobre o seu traballo, coa intención de guialo cara á mellora do seu desempeño e comprensión." • Definición de Feedback (Nicol & Macfarlane-Dick, 2006) "O feedback é un diálogo entre docentes e estudantes que permite a estes últimos comprender como mellorar o seu aprendizaxe e alcanzar os obxectivos propostos." • Definición de Feedback (Mariana Morales e Juan Fernández) "O feedback é unha ferramenta esencial na avaliación formativa que proporciona información clara e construtiva ao estudante, permitíndolle reflexionar sobre o seu progreso e tomar decisións para mellorar o seu aprendizaxe.
Cualificacións e retroalimentación
Como facer ben unha retroalimentación: • Elixir o momento oportuno A pesar de ser un proceso relativamente continuo, hai momentos máis efectivos. Resulta máis útil cando aínda hai algún motivo para seguir traballando e mellorar o que están a facer. Isto implica, en certo modo, facer menos actividades e aumentar o percorrido das que levemos a cabo. Será necesario romper o estigma de que realizar por segunda vez unha tarefa é porque está realmente mal. • Cantidade Ao principio será necesaria unha frecuencia alta, pero un obxectivo será ir reducindo as intervencións para deixar ao alumnado tempo para pensar e analizar. Deben ir resolvendo problemas por si mesmos (resultará máis sinxelo se teñen unha guía ou unha rúbrica clara para facer fronte á tarefa) ao mesmo tempo que podemos formular preguntas que os fagan reflexionar.
Cualificacións e retroalimentación
Retroalimentación entre iguais. Excelente idea, pero que xera reticencias na súa aplicación polas dificultades que nos podemos atopar para a súa aplicación. Esas reticencias poden ser: • Medo a que as valoracións sexan máis de índole persoal ou por afinidade (ou ausencia dela) • A calidade pode depender da motivación. • Existencia de prexuízos (sobre listas/os e menos competentes) Ferramentas e estratexias que lle faciliten ao alumnado este labor de corrección: • Criterios de logro claros en guías de corrección ou rúbricas ben detalladas. • Modelos de feedback • A retroalimentación debe referirse unicamente aos criterios e debe ser cualitativo. • Debe existir a posibilidade de refacer e segunda entrega.
05
Cambios a nivel centro
Cambios a nivel centro
Os cambios na avaliación deben xerar unha reflexión a nivel de centro, levar a cabo iniciativas individuais é moi loable, pero terán un percorrido limitado. Xerar unha cultura de centro non é sinxelo, pero facilitará que o alumnado e familias se habitúen a este enfoque. Será necesario: • Pensar nos valores da avaliación a nivel centro. • Implantar cambios a medio / longo prazo • Implicación de todos os departamentos • Práctica reflexiva e compartida • Reflectir os cambios en documentos e sistematizalos Para modificar unha rutina, Harry Fletcher Wood (2018), propón: • Identificar unha necesidade. • Elixir un cambio. • Elixir unha medida. • Manter o cambio. • Cambiar, refinar, avaliar. • Convertelo en rutina. • Compartir. • Repetir.
06
Deseño da avaliación
Deseño da avaliación
07
Estratexias para avaliar
Deseño da avaliación
Deseño da avaliación
Deseño da avaliación
• Motivación e metacognición A metacognición, ou a capacidade de reflexionar sobre os propios procesos de pensamento, desempeña un papel crucial na avaliación formativa ao fomentar a autorreflexión e a autorregulación nos estudantes. Cando os estudantes son conscientes das súas propias fortalezas e áreas de mellora, poden establecer metas de aprendizaxe máis realistas e tomar decisións informadas sobre como abordar tarefas e desafíos. Este proceso de reflexión non só aumenta a motivación intrínseca, ao proporcionar un sentido de control sobre o seu propio aprendizaxe, senón que tamén mellora o rendemento académico ao permitir axustes oportunos e precisos nas estratexias de estudo. Así, a metacognición potencia a eficacia da avaliación formativa ao situar aos estudantes no centro do seu propio desenvolvemento educativo.
Deseño da avaliación
• Autovaliación Implica ao alumnado na autoobservación e formulación de xuízos sobre o seu traballo. Favorece a identificación das discrepancias entre o rendemento actual e o desexado (Mcmillan e Hearn, 2008) Supón a comparación cuns criterios e a toma de decisións sobre os pasos seguintes. • Coavaliación ◦ Pregunta a outros tres antes que a min ◦ Eu – ti- nós ◦ Clasificación de erros
08
Avaliación sumativa
Avaliación sumativa
a) Consellos sobre Instrumentos de Avaliación Sumativa 1. Uso de Rúbricas Detalladas: ◦ As rúbricas axudan a clarificar os criterios de avaliación e a asegurar unha avaliación coherente e xusta. Detallan os niveis de desempeño para cada criterio, proporcionando unha guía clara tanto para os estudantes como para os docentes. 2. Probas e Exames: ◦ As probas e exames deben incluír unha combinación de preguntas de opción múltiple, preguntas abertas e problemas prácticos. Isto permite avaliar unha ampla gama de habilidades e coñecementos, desde a memoria ata a aplicación práctica. 3. Proxectos Finais: ◦ Os proxectos finais son unha boa forma de avaliar a comprensión global dos estudantes sobre un tema. Poden incluír investigacións, maquetas, presentacións, entre outros, e deben ser avaliados mediante rúbricas claras.
Avaliación sumativa
4. Portafolios de Estudantes: ◦ Os portafolios permiten recoller e avaliar o traballo dos estudantes ao longo do tempo. Inclúen unha variedade de traballos seleccionados tanto polos estudantes como polos docentes, acompañados de reflexións sobre o proceso de aprendizaxe. 5. Presentacións Orais: ◦ As presentacións orais son útiles para avaliar a capacidade dos estudantes para comunicar as súas ideas de forma efectiva. Deben ser avaliadas con criterios claros que inclúan aspectos como a claridade, a organización e a calidade do contido. 6. Autoavaliación e Coavaliación: ◦ Incluír compoñentes de autoavaliación e coavaliación na avaliación sumativa. Estes procesos fomentan a autorreflexión e proporcionan feedback adicional para os estudantes. 7. Exames Prácticos ou de Rendemento: ◦ Estes exames avalían habilidades prácticas e a capacidade de aplicar o coñecemento en situacións reais. Son especialmente útiles en áreas como a ciencia, a tecnoloxía e as artes.
Avaliación sumativa
b) Estratexias para Mellorar a Avaliación Sumativa 1. Claridade nos Criterios de Avaliación: ◦ Asegurarse de que os estudantes comprendan os criterios de avaliación e como serán avaliados desde o principio. 2. Diversificación de Instrumentos de Avaliación: ◦ Utilizar unha variedade de instrumentos de avaliación para obter unha visión completa do aprendizaxe dos estudantes. 3. Retroalimentación Construtiva: ◦ Proporcionar retroalimentación específica e construtiva incluso na avaliación sumativa para axudar aos estudantes a comprender as súas áreas de mellora. 4. Integración coa Avaliación Formativa: ◦ Aliñar a avaliación sumativa coas prácticas de avaliación formativa para que ambas se complementen e reforcen o aprendizaxe.
Fin