Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

VdMs polo mundo

nachorodino

Created on January 22, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

VdMs polo mundo

Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/

INICIO

QUEN SOMOS

Únete!

VDMS

CONTACTO

Un instituto para ti

VdMs polo mundo

Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/

INICIO

VdMs polo mundo

QUEN SOMOS

VDMS

CONTACTO

VdMs polo mundo é unha iniciativa do IES Virxe do Mar que pretende recoñecer a todo o seu alumnado que consegue ....

+ Info

Un instituto para ti

VdMs polo mundo

Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/

INICIO

QUEN SOMOS

VDMS

CONTACTO

óscar lópez

tania gerpe

Daniel González

AIMARA Ventoso

Cursos 2010-2016

Cursos 2014-2020

Cursos 2014-2020

Cursos 2015-2019

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

Un instituto para ti

VdMs polo mundo

Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/

INICIO

QUEN SOMOS

VDMS

CONTACTO

nelson hermo

iván iglesias

Alejandro

Cursos

Cursos 2016-2022

Cursos

Cursos 2011-2017

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

Un instituto para ti

VdMs polo mundo

Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/

INICIO

IES Virxe do Mar de NoiaR/ Rosalía de Castro, nº 1 15200 Noia (A Coruña)

QUEN SOMOS

VDMS

881 866831

CONTACTO

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/

ies.virxedomar.noia@edu.xunta.gal

Un instituto para ti

Ola!! Son Daniel González Filgueira, e fun alumno VDM de 2014-2020. En Bacharelato, decanteime por materias relacionadas coas TIC, escollendo tamén materias como física e química, pois me parecían entretidas e que ademais me permitiron adquirir coñecementos extrapolables a un gran número de carreiras ou outras formacións relacionadas coas ciencias en xeral. Unha vez abandonado o VdM, decanteime por estudar Enxeñaría Informática na Escola Técnica Superior de Enxeáría, en Santiago de Compostela. Alí, fóronme de axuda os coñecementos que adquirín no VdM, especialmente en Informática e Matemáticas, pero algúns compañeiros que comenzaron o grao sen esta formación puideron de igual forma seguir o ritmo das clases. En cuarto curso, especialiceime na rama de Intelixencia Artificial e a Enxeñaría de Datos, o que me deu pé a empezar as miñas prácticas como Data Engineer nunha consultora TIC, Altia Consultores. Agora, atópome traballando no mesmo sector, creando solucións de Intelixencia de Negocio, coñecida comunmente como BI, para diferentes institucións como poden ser a Axencia Tributaria de Galicia ou Inditex.

En definitiva, a formación que recibín no VdM deume unha pequena base para realizar os meus estudos de grao, pero en caso de non contar con esta formación previa nas TIC, o grao está deseñado para preparar a todo o alumnado desde cero. Non temas por cursar unha carreira da cal non tes unha base previa ou pensas que che resultará difícil!! Con esforzo, todo se saca!!

Boas! O meu nome é Óscar López Torea, e fun estudante do VdM durante os anos 2010-2016. Sempre fun un rapaz enfocado ás ciencias, polo que no bacharelato escollín as materias de ciencias o máis enfocado á bioloxía posible, xa que era a carreira que quería cursar. No ano 2016, unha vez finalizada a selectividade, logrei entrar na carreira de Bioloxía en A Coruña, aínda que no segundo ano de carreira decidín mudar á facultade de Bioloxía da USC. Agás o primeiro ano, cursei toda a carreira na USC e tardei 5 anos e medio en rematala. Durante a carreira, sempre busquei enfocar a miña formación á bioloxía de campo, máis concretamente o máis relacionada posible á Ecoloxía e ao mundo do medio ambiente. Ademais disto, tamén me formei realizando cursos impartidos pola USC en diversas materias, como a problemática do cambio climático. A miña carreira estudiantil e profesional sempre estivo moi enfocada á investigación. Cando aínda estaba na carreira, realicei as prácticas obrigatorias no CSIC de Pontevedra, na Misión Biolóxica, colaborando nun experimento acerca do desenvolvemento de millo en conxunto con fabas. Dentro da propia universidade, estiven moi ligado ao departamento de Ecoloxía, no que estiven arredor dun ano facendo o meu TFG experimental e unhas prácticas que me permitiron extender o meu período no departamento. Tras rematar a carreira, volvín á Coruña para poder cursar o máster da UDC de Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental. Alí puiden adquirir unha maior especialización, vendo tamén as distintas achegas que daban outras ciencias a un tema tan complexo e multidisciplinar como é o medio ambiente. Tras finalizar o máster, realicei as prácticas nunha empresa de análise de augas, porén a miña carreira profesional comezaría nunha empresa distinta pero que pertencía ao mesmo grupo, Cetaqua. A miña estancia en Cetaqua foi de un ano e serviume para adentrarme no mundo do I+D+i relacionado co mundo da depuración de augas, aproveitamento de recursos e xestión de residuos, exercendo un labor máis cercano á enxeñaría química, aínda que tendo bastante que ver coa bioloxía ambiental.

Este ano decidín cambiar o rumbo da miña vida laboral cambiando de emprego. Na actualidade, traballo na organización Unións Agrarias (UPA) como técnico de medio ambiente en calidade de biólogo, logrando traballar no que eu sempre quixen. Pese a isto, a día de hoxe sigo formándome e aprendendo do tema que sempre me apaixonou, o medio ambiente.

Ola!! Son Tania Gerpe Nuñez, e fun alumna VdM de 2014-2020. En Bacharelrato, decanteime por materias de ciencias sociais como economía, mates aplicadas ou francés. Sempre me gustaron os idiomas e nesa rama de bacharelato podía acceder, aínda que no meu caso tiña bastante claro que quería tirar por unha formación xurídica. Unha vez abandonado o VdM, decanteime por estudar a carreira de Criminoloxía, en Santiago de Compostela. Alí, fóronme de axuda os coñecementos que adquirín no VdM, especialmente en historia, filosofía e matemáticas, xa que hai varias materias de estatística e historia da criminoloxía, pero algúns compañeiros que comenzaron o grao sen esta formación puideron de igual forma seguir o ritmo das clases. É unha carreira á que podes acceder independentemente de que veñas de ciencias sociais, ciencias puras ou letras. Después de cursar moitas materias de dereito e psicoloxía, sendo as que máis me chamaban a atención, centreime para o meu Traballo de Fin de Grao na tipoloxía delitiva e o tratamento nos centros penitenciarios, o que me permitiu facer as miñas prácticas no Centro Penitenciario de Teixeiro, acompañando no seu labor a xuristas, psicólogos, traballadores sociais e demais funcionarios. Agora, unha vez graduada en Criminoloxía, sigo formándome realizando uns cursos de Mediación escolar e Mediación familiar, civil e mercantil, complementando os meus coñecementos como criminóloga para poder exercer en despachos de avogados, xulgados, centros de menores ou colexios privados. O meu labor como mediadora sería axudar a solucionar conflitos antes de chegar a xuízo, encontrando solucións de conformidade con ambas partes.

En definitiva, a formación que recibín no VdM deume unha base que me permitiu superar os meus estudos de grao con maior facilidade en determinados temas. Escoller outras materias que non fosen tan acordes co grao poderían facelo máis complejo, pero con ganas e dedicación todo se saca adiante!

Here you can put a great title, something that captivates your audience

With Genially templates, you can include visual resources to leave your audience open-mouthed. Also highlight a specific phrase or piece of information that stays engraved in the memory of your audience, and even embed external content that surprises: videos, photos, audios... Whatever you want!

link

Boas! Son Iván Iglesias Ventoso, teño 23 anos e cursei toda a ESO e Bacharelato no VdM. Durante esa época optei por materias de diferentes campos tanto de Ciencias como matematicas, física e química pero tamén cheguei a cursar psicoloxía ou francés. Cando terminei esta etapa aínda non tiña moi claro con que quería continuar a miña carreira ou a que me quería dedicar, así que o tomei con calma e botei un ano pensando e enfocándome noutros aspectos da miña vida, pois aínda era novo e un ano non é nada. Finalmente optei polo ciclo superior de dietética, ciclo bastante fácil en comparación ao que é bacharelato, con mates moi básicas e unha densidade teórica bastante menor. Despois do primeiro ano, incluso antes, deime conta de que non me equivocara coan miña elección do bonito que me estaba pareciedo o ciclo e reafirmando o ben que fixen ao tomar un ano de "reflexión".

Para terminar o ciclo estiven de prácticas nun gabinete de nutrición no Hospital Clínico de Santiago onde puiden aprender e aplicar de maneira moi clara moitos dos coñecementos adquiridos durante eses dous anos. Unha vez graduado tocaba buscar traballo e durante ese transcurso decidín ampliar os meus coñecementos en nutrición infantil e deportiva a través de cursos na Rede.

Ola, son Nelson Hermo Carnota e estudei no Virxe do Mar entre 2016 e 2022. Escollín Bacharelato de ciencias e unha vez terminado esteey feita a selectividade, entrei na Universidade de Vigo, no campus de Ourense na carreira de Enxeñaría Informática. Actualmente estou cursando o terceiro ano do grao e podo asegurarvos que agradezo bastante ter estudado no VdM, pois o primeiro ano moitos conceptos xa me resultaban familiares e xa sabía facer algunhas cosas.

Chámome Alejandro e fun alumno do Virxe do Mar dende 2011 ao 2017. Cando acabei Bacharelato non sabía moi ben que facer e sentíame un pouco perdido, como lle pode pasar a moita xente nesa etapa. Escollín algunhas carreiras que me chamasen a atención e preguntei a xente que traballase niso ou coñecese a alguén. Decidín estudar o Grao de Náutica e Transporte Marítimo. Cando comecei os estudos de Grao descubrín que me encantaba e mentres tanto ía coñecendo xente que me ensinaba as saídas laborais deste oficio. Unha vez que rematei estiven navegando por América e a costa de España. Actualmente estou traballando de controlador marítimo en Valencia.

Ola! Son Aimara e fun estudante do VdM entre 2015 e 2019. Ao acabar a ESO, marchei ao Rosalía en Santiago para cursar o Bacherelato Internacional e, no 2021, decidín marchar a Barcelona a estudar. Comencei Filoloxía Inglesa e Española, pero ao ano decidín mudar de grao. Actualmente estou na UAB facendo Enxeñaría de Sistemas de Telecomunicacións e, de cando en vez, viaxo por España para dar algunha charla divulgando os meus estudos ou asistindo a conferencias.