VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
QUEN SOMOS
Únete!
VDMS
CONTACTO
Un instituto para ti
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
VdMs polo mundo
QUEN SOMOS
VDMS
CONTACTO
VdMs polo mundo é unha iniciativa do IES Virxe do Mar que pretende recoñecer a todo o seu alumnado que consegue ....
+ Info
Un instituto para ti
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
QUEN SOMOS
VDMS
CONTACTO
óscar lópez
tania gerpe
Daniel González
AIMARA Ventoso
Cursos 2010-2016
Cursos 2014-2020
Cursos 2014-2020
Cursos 2015-2019
+ Info
+ Info
+ Info
+ Info
Un instituto para ti
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
QUEN SOMOS
VDMS
CONTACTO
PAULA OTERO
nelson hermo
iván iglesias
Alejandro
Cursos 2008-2014
Cursos 2016-2022
Cursos
Cursos 2011-2017
+ Info
+ Info
+ Info
+ Info
Un instituto para ti
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
QUEN SOMOS
VDMS
CONTACTO
ANTÍA PIÑEIRO
ALEJANDRO SÁNCHEZ
Uxía costa
PALOMA MARTÍNEZ
Cursos 2016-2022
Cursos 2012-2018
Cursos 2009-2015
Cursos 2012-2018
+ Info
+ Info
+ Info
+ Info
Un instituto para ti
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
IES Virxe do Mar de NoiaR/ Rosalía de Castro, nº 1 15200 Noia (A Coruña)
QUEN SOMOS
VDMS
881 866831
CONTACTO
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.gal
Un instituto para ti
Chámome Alejandro Sánchez Pouso e fun alumno do IES Virxe do Mar dende o 2012 ata o 2018.
Neste centro, onde hoxe estás a ler isto, crecín non só como alumno, senón tamén como persoa. Aquí coñecín a xente que ao principio me parecía descoñecida pero que, co tempo, se converteron en familia para min.
Cando rematei o bacharelato, non tiña claro que camiño tomar. A miña puntuación no exame de acceso á universidade non era a que esperaba, así que decidín afondar no mundo da Enxeñaría Náutica e o Transporte Marítimo. Foi unha fase breve pero necesaria.
Como ocorre con moitas decisións na vida, cometin un erro. Abandonei o programa no meu primeiro ano e díxenlle ao meu pai que non quería perder máis tempo. Confesei que quería seguir os seus pasos e converterme en oficial da Garda Civil, e que quería facelo da maneira máis directa posible.
Converterme en oficial da Garda Civil sempre estivo na miña mente, aínda que sentía que era unha decisión que podía esperar. Mentres tanto, cursei un ciclo formativo de grao superior en Documentación e Administración Sanitaria, coa idea de ter un plan de apoio por se non conseguía o meu obxectivo. Por sorte, non foi necesario.
Cando empecei a prepararme para a oposición, sabía exactamente o que tiña que facer: tiña que dalo todo. Era o meu soño, o meu obxectivo, e ía perseguilo sen descanso.
Hoxe teño o privilexio de exercer a profesión que sempre vin na casa. Para min, ser oficial da Garda Civil non é só un traballo; é un xeito de vida. É un compromiso con valores que representan a defensa do que sentimos que é noso e, sobre todo, a protección dos máis vulnerables.
Ás veces, cometer erros é necesario para atopar o que realmente nos move por dentro. Unha mañá, despois dunha conversa coa miña nai, souben que o impulso que sentía proviña de algo moi profundo: o desexo de vestir de verde.
Actualmente, estou destinado a unha Unidade de Seguridade Cidadá, dedicada á prevención da delincuencia e á garantía do libre exercicio dos dereitos e liberdades de todos os cidadáns.
No futuro, encantaríame formar parte da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, que se encarga de investigar os delitos de alta sona a nivel nacional, como homicidios, agresións sexuais, violencia de xénero e branqueo de capitais, entre outros.
Fagas o que fagas para vivir, ponlle sempre o corazón e a alma. Iso, para min, é a clave de calquera camiño que elixas.
Ola, son Uxía Costa Barral e estudei no IES Virxe do Mar dende o 2009 ao 2015. En Bacharelato decanteime pola modalidade de humanidades e ciencias sociais, cursando materias como economía e matemáticas aplicadas, arte ou literatura universal. Sempre me gustaron os idiomas, polo que tamén optei por francés. No último curso de bacharelato comezou o meu interese polo mundo xurídico, polo que ao rematar os meus estudos no VdM decidín estudar o dobre grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos na Universidade de Santiago de Compostela, que ten unha duración de 6 anos. Xa dende o primeiro curso empecei a decantarme pola rama dos dereitos dos traballadores, motivo polo cal dediquei os meus TFGs á análise do acoso laboral, tanto desde unha perspectiva xurídica como dende a psicoloxía dun traballador. Antes de rematar o dobre grao, e dadas as múltiples saídas que supón, estiven de prácticas nunha asesoría laboral en Santiago de Compostela, experiencia que me fixo dar conta que non quería enfocar a miña traxectoria profesional por esa vía.
Así, cando rematei os estudos comecei a opositar ao Corpo Superior de Inspectores de Traballo e da Seguridade Social e hoxe, tras 3 anos e medio de intensas xornadas de estudo, podo dicir que conseguín o meu obxectivo de converterme en Inspectora de Traballo e da Seguridade Social. Sempre estarei agradecida ao IES Virxe do Mar, pois o seu compromiso cos alumnos, a súa motivación e a sua formación axudoume a chegar ata aquí.
Ola!! Son Daniel González Filgueira, e fun alumno VDM de 2014-2020. En Bacharelato, decanteime por materias relacionadas coas TIC, escollendo tamén materias como física e química, pois me parecían entretidas e que ademais me permitiron adquirir coñecementos extrapolables a un gran número de carreiras ou outras formacións relacionadas coas ciencias en xeral.
Unha vez abandonado o VdM, decanteime por estudar Enxeñaría Informática na Escola Técnica Superior de Enxeáría, en Santiago de Compostela. Alí, fóronme de axuda os coñecementos que adquirín no VdM, especialmente en Informática e Matemáticas, pero algúns compañeiros que comenzaron o grao sen esta formación puideron de igual forma seguir o ritmo das clases.
En cuarto curso, especialiceime na rama de Intelixencia Artificial e a Enxeñaría de Datos, o que me deu pé a empezar as miñas prácticas como Data Engineer nunha consultora TIC, Altia Consultores.
Agora, atópome traballando no mesmo sector, creando solucións de Intelixencia de Negocio, coñecida comunmente como BI, para diferentes institucións como poden ser a Axencia Tributaria de Galicia ou Inditex.
En definitiva, a formación que recibín no VdM deume unha pequena base para realizar os meus estudos de grao, pero en caso de non contar con esta formación previa nas TIC, o grao está deseñado para preparar a todo o alumnado desde cero. Non temas por cursar unha carreira da cal non tes unha base previa ou pensas que che resultará difícil!! Con esforzo, todo se saca!!
Boas! O meu nome é Óscar López Torea, e fun estudante do VdM durante os anos 2010-2016. Sempre fun un rapaz enfocado ás ciencias, polo que no bacharelato escollín as materias de ciencias o máis enfocado á bioloxía posible, xa que era a carreira que quería cursar.
No ano 2016, unha vez finalizada a selectividade, logrei entrar na carreira de Bioloxía en A Coruña, aínda que no segundo ano de carreira decidín mudar á facultade de Bioloxía da USC. Agás o primeiro ano, cursei toda a carreira na USC e tardei 5 anos e medio en rematala. Durante a carreira, sempre busquei enfocar a miña formación á bioloxía de campo, máis concretamente o máis relacionada posible á Ecoloxía e ao mundo do medio ambiente. Ademais disto, tamén me formei realizando cursos impartidos pola USC en diversas materias, como a problemática do cambio climático. A miña carreira estudiantil e profesional sempre estivo moi enfocada á investigación. Cando aínda estaba na carreira, realicei as prácticas obrigatorias no CSIC de Pontevedra, na Misión Biolóxica, colaborando nun experimento acerca do desenvolvemento de millo en conxunto con fabas. Dentro da propia universidade, estiven moi ligado ao departamento de Ecoloxía, no que estiven arredor dun ano facendo o meu TFG experimental e unhas prácticas que me permitiron extender o meu período no departamento.
Tras rematar a carreira, volvín á Coruña para poder cursar o máster da UDC de Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental. Alí puiden adquirir unha maior especialización, vendo tamén as distintas achegas que daban outras ciencias a un tema tan complexo e multidisciplinar como é o medio ambiente.
Tras finalizar o máster, realicei as prácticas nunha empresa de análise de augas, porén a miña carreira profesional comezaría nunha empresa distinta pero que pertencía ao mesmo grupo, Cetaqua. A miña estancia en Cetaqua foi de un ano e serviume para adentrarme no mundo do I+D+i relacionado co mundo da depuración de augas, aproveitamento de recursos e xestión de residuos, exercendo un labor máis cercano á enxeñaría química, aínda que tendo bastante que ver coa bioloxía ambiental.
Este ano decidín cambiar o rumbo da miña vida laboral cambiando de emprego. Na actualidade, traballo na organización Unións Agrarias (UPA) como técnico de medio ambiente en calidade de biólogo, logrando traballar no que eu sempre quixen. Pese a isto, a día de hoxe sigo formándome e aprendendo do tema que sempre me apaixonou, o medio ambiente.
Ola! Son Paula Otero Troitiño, odontóloga xeral e antiga alumna do IES VdM entre os anos 2008-2014. Durante a miña etapa académica no IES, optei por unha formación orientada ó campo das ciencias e a Saúde, elixindo materias como Bioloxía, Química ou Ciencias da Terra. Dende moi cedo tiven claro que quería adicar a miña vida a axudar as persoas, o que me levou a interesarme especialmente por profesións do sector sanitario. Nese momento, dubidei entre estudar fisioterapia ou odontoloxía, pero finalmente acadei a nota suficiente para entrar nesa última. Tras rematar a carreira, cursei un máster de Rehabilitación Oral, Odontoloxía estética avanzada e Novas tecnoloxías na Universidade Católica de Murcia. A día de hoxe, traballo como odontóloga xeral na miña propia clínica, (Oralson, Porto do Son), e como Odontóloga estética noutra clínica dental en Cambados.
Son Paloma Martínez González. Fun alumna do VdM e sempre vou gardar un recordo moi especial desa etapa. Para min foi un tempo de descubrir quen era, de facer amizades que a día de hoxe aínda forman parte da miña vida, e de vivir momentos que levo gravados con moito cariño.No instituto foi cando empecei a darme conta do que me gustaba de verdade. Sempre me tiraron máis as letras, encantábame filosofía e as materias de sociais, e foi aí cando xa comecei a ter claro que quería ser mestra. A partir dese momento fun marcando o meu camiño: estudei Educación Infantil, logo Primaria, e acabei especializándome en Audición e Linguaxe. Non foi doado, tiven que estudar moito, sobre todo para as oposicións, pero con esforzo e ilusión conseguín a tan esperada praza.
Agora teño a sorte de traballar nun colexio e tamén nun instituto, e cada vez que vexo o alumnado non podo evitar lembrarme de min mesma naqueles anos. Dá moita tenrura pensar que eu tamén pasei por aí, e que esa etapa tan bonita foi o punto de partida de todo o que estou vivindo agora.
Ola!! Son Tania Gerpe Nuñez, e fun alumna VdM de 2014-2020. En Bacharelrato, decanteime por materias de ciencias sociais como economía, mates aplicadas ou francés. Sempre me gustaron os idiomas e nesa rama de bacharelato podía acceder, aínda que no meu caso tiña bastante claro que quería tirar por unha formación xurídica.
Unha vez abandonado o VdM, decanteime por estudar a carreira de Criminoloxía, en Santiago de Compostela. Alí, fóronme de axuda os coñecementos que adquirín no VdM, especialmente en historia, filosofía e matemáticas, xa que hai varias materias de estatística e historia da criminoloxía, pero algúns compañeiros que comenzaron o grao sen esta formación puideron de igual forma seguir o ritmo das clases. É unha carreira á que podes acceder independentemente de que veñas de ciencias sociais, ciencias puras ou letras. Después de cursar moitas materias de dereito e psicoloxía, sendo as que máis me chamaban a atención, centreime para o meu Traballo de Fin de Grao na tipoloxía delitiva e o tratamento nos centros penitenciarios, o que me permitiu facer as miñas prácticas no Centro Penitenciario de Teixeiro, acompañando no seu labor a xuristas, psicólogos, traballadores sociais e demais funcionarios.
Agora, unha vez graduada en Criminoloxía, sigo formándome realizando uns cursos de Mediación escolar e Mediación familiar, civil e mercantil, complementando os meus coñecementos como criminóloga para poder exercer en despachos de avogados, xulgados, centros de menores ou colexios privados. O meu labor como mediadora sería axudar a solucionar conflitos antes de chegar a xuízo, encontrando solucións de conformidade con ambas partes.
En definitiva, a formación que recibín no VdM deume unha base que me permitiu superar os meus estudos de grao con maior facilidade en determinados temas. Escoller outras materias que non fosen tan acordes co grao poderían facelo máis complejo, pero con ganas e dedicación todo se saca adiante!
Here you can put a great title, something that captivates your audience
With Genially templates, you can include visual resources to leave your audience open-mouthed. Also highlight a specific phrase or piece of information that stays engraved in the memory of your audience, and even embed external content that surprises: videos, photos, audios... Whatever you want!
link
Boas! Son Iván Iglesias Ventoso, teño 23 anos e cursei toda a ESO e Bacharelato no VdM. Durante esa época optei por materias de diferentes campos tanto de Ciencias como matematicas, física e química pero tamén cheguei a cursar psicoloxía ou francés.
Cando terminei esta etapa aínda non tiña moi claro con que quería continuar a miña carreira ou a que me quería dedicar, así que o tomei con calma e botei un ano pensando e enfocándome noutros aspectos da miña vida, pois aínda era novo e un ano non é nada.
Finalmente optei polo ciclo superior de dietética, ciclo bastante fácil en comparación ao que é bacharelato, con mates moi básicas e unha densidade teórica bastante menor. Despois do primeiro ano, incluso antes, deime conta de que non me equivocara coan miña elección do bonito que me estaba pareciedo o ciclo e reafirmando o ben que fixen ao tomar un ano de "reflexión".
Para terminar o ciclo estiven de prácticas nun gabinete de nutrición no Hospital Clínico de Santiago onde puiden aprender e aplicar de maneira moi clara moitos dos coñecementos adquiridos durante eses dous anos.
Unha vez graduado tocaba buscar traballo e durante ese transcurso decidín ampliar os meus coñecementos en nutrición infantil e deportiva a través de cursos na Rede.
Ola, son Nelson Hermo Carnota e estudei no Virxe do Mar entre 2016 e 2022. Escollín Bacharelato de ciencias e unha vez terminado esteey feita a selectividade, entrei na Universidade de Vigo, no campus de Ourense na carreira de Enxeñaría Informática. Actualmente estou cursando o terceiro ano do grao e podo asegurarvos que agradezo bastante ter estudado no VdM, pois o primeiro ano moitos conceptos xa me resultaban familiares e xa sabía facer algunhas cosas.
Chámome Alejandro e fun alumno do Virxe do Mar dende 2011 ao 2017. Cando acabei Bacharelato non sabía moi ben que facer e sentíame un pouco perdido, como lle pode pasar a moita xente nesa etapa. Escollín algunhas carreiras que me chamasen a atención e preguntei a xente que traballase niso ou coñecese a alguén. Decidín estudar o Grao de Náutica e Transporte Marítimo. Cando comecei os estudos de Grao descubrín que me encantaba e mentres tanto ía coñecendo xente que me ensinaba as saídas laborais deste oficio. Unha vez que rematei estiven navegando por América e a costa de España. Actualmente estou traballando de controlador marítimo en Valencia.
Ola! Son Aimara e fun estudante do VdM entre 2015 e 2019. Ao acabar a ESO, marchei ao Rosalía en Santiago para cursar o Bacherelato Internacional e, no 2021, decidín marchar a Barcelona a estudar. Comencei Filoloxía Inglesa e Española, pero ao ano decidín mudar de grao. Actualmente estou na UAB facendo Enxeñaría de Sistemas de Telecomunicacións e, de cando en vez, viaxo por España para dar algunha charla divulgando os meus estudos ou asistindo a conferencias.
min. 19:13 - 20:44
Ola, son Antía Piñeiro, exalumna do IES Virxe do Mar, da promoción 2016-2022.
Ao principio, era unha rapaza á que lle custaba ser constante; tamén lle custaba
poñerse a estudar, e miña nai sempre andaba detrás de min recordándome día
tras día que tiña que poñerme a estudar. En terceiro da Educación Secundaria
Obrigatoria (ESO) dei un cambio de 360º, é dicir, xa estudaba pola miña conta,
sacaba mellores notas e aprobaba todas as materias, incluído o inglés, que
desde que entrei no instituto ata hoxe sempre foi o meu talón de Aquiles.
En cuarto da ESO pilloume a COVID-19, unha pandemia que afectou a todo o
mundo. Nese momento da miña vida quería estudar Criminoloxía e opositar para
Policía Nacional; supoño que eran modas, como agora a febre pola Psicoloxía.
Ao rematar cuarto chega un momento crítico: elixir a modalidade de Bacharelato
que queres facer. Eu, a verdade, por presión dos meus pais non tiven opción a
escoller e fixen ciencias (matemáticas académicas, física e química e bioloxía).
Tamén vos digo, menos mal que se me daban moito mellor ca as letras, porque
se non… Todo isto de non poder escoller foi porque un primo meu, que me leva
tres anos, fixera ciencias e dicía que era o que máis saídas tiña, así que non me
quedou máis remedio. A día de hoxe non me arrepinto, e menos mal.
O primeiro trimestre de primeiro de Bacharelato foi un desastre. Tiña moi mala
base académica, sobre todo en física e química, por vir da pandemia e perder
ritmo de estudo e práctica. Nese primeiro trimestre suspendín tres materias:
galego, por un único exame que fora desastroso; inglés (como sempre) e física
e química. Foi terrible, porque eu estudaba, daba todo de min e só sacaba catros
nos exames… Aínda lembro a mensaxe que lle enviei ao meu primo dicíndolle
que non ía sacar o Bacharelato, que estaba moi arrepentida de ir por ciencias, e
a súa resposta foi: “Se da miña promoción o sacou X, ti podes de sobra!”. E,
ben, no segundo e terceiro trimestre foi incrible, aínda que o inglés seguía cun
4…
Pasamos ao seguinte momento crítico: segundo de Bacharelato. Choraba día
tras día polo agobio de historia e bioloxía, pero ao final aprobei todas e fun á
ABAU na convocatoria ordinaria.No momento de estudar para a selectividade decidín que non quería estudar Criminoloxía, senón Enfermaría. O problema era que non me chegaba a nota, así que non sabía moi ben que facer, pero tiña claro que quería algo do ámbito sanitario. Un día, falando cunha coñecida, comentoume a carreira de Terapia Ocupacional, e eu non tiña nin idea, nunca escoitara falar dela. A ABAU non me saíu nada mal: aprobei todas menos bioloxía, na que saquei un 4,5. As materias ás que me presentei foron matemáticas, historia, bioloxía, física e química, inglés, castelán e galego. A miña nota foi un 9,44 e, obviamente, non me chegaba para entrar en Enfermaría, así que entrei en Terapia Ocupacional. Deille unha oportunidade. En primeiro de carreira, a verdade é que é todo moi xenérico, como pasa nas carreiras sanitarias. Tiñamos Anatomía, Fisioloxía, Estatística, Dereito e Bioética, Fundamentos de Terapia Ocupacional, Bases Históricas, Documentación e Antropoloxía. Ao rematar primeiro, aínda non entendía moi ben o que era a Terapia Ocupacional, porque todo era moi xeral. En segundo xa ves mellor o que é a disciplina ao realizar as primeiras prácticas no ámbito de infancia e adolescencia. En terceiro fas diversas prácticas en distintos ámbitos: discapacidade física, saúde mental e maiores, seguindo o ciclo vital. En cuarto e último ano escolles ti as prácticas; eu escollín o ámbito de maiores e realiceinas nunha residencia. Foron os mellores catro meses destes catro anos; valeu a pena darlle unha oportunidade á carreira. Agora, nestes últimos meses antes de entregar o Traballo de Fin de Grao, estamos facendo unhas prácticas no ámbito comunitario. A verdade é que, ata que che toca facelas, descoñeces este ámbito durante toda a carreira, debido a que a gran maioría do profesorado é médico e non terapeutas ocupacionais que coñezan a disciplina ao 100 %. O meu plan de futuro é quitarme a espiña de Enfermaría: vou probar a ver se teño sorte e consigo entrar; se non, farei un máster para seguir formándome como futura profesional sociosanitaria. Estou moi orgullosa de dicir que en dous meses serei terapeuta ocupacional e, sobre todo, da gran cantidade de prexuízos que me quitou esta carreira sobre a vida. Como consello, sendo exalumna do IES Virxe do Mar, diríavos que non vos pechedes en banda nin digades que non a nada, porque todo aquel que persegue o que quere acaba por conseguilo. Non vos desanimedes: a vida é só unha e o momento de estudar está nos vinte; despois xa é máis complicado ao ter traballo.
VdMs polo mundo
nachorodino
Created on January 22, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Corporate CV
View
Interactive Onboarding Guide
View
Higher Education Teaching Microsite
View
Modern microsite mobile
View
Basic Shapes Microsite
View
Basic Interactive Microsite
View
Beauty catalog mobile
Explore all templates
Transcript
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
QUEN SOMOS
Únete!
VDMS
CONTACTO
Un instituto para ti
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
VdMs polo mundo
QUEN SOMOS
VDMS
CONTACTO
VdMs polo mundo é unha iniciativa do IES Virxe do Mar que pretende recoñecer a todo o seu alumnado que consegue ....
+ Info
Un instituto para ti
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
QUEN SOMOS
VDMS
CONTACTO
óscar lópez
tania gerpe
Daniel González
AIMARA Ventoso
Cursos 2010-2016
Cursos 2014-2020
Cursos 2014-2020
Cursos 2015-2019
+ Info
+ Info
+ Info
+ Info
Un instituto para ti
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
QUEN SOMOS
VDMS
CONTACTO
PAULA OTERO
nelson hermo
iván iglesias
Alejandro
Cursos 2008-2014
Cursos 2016-2022
Cursos
Cursos 2011-2017
+ Info
+ Info
+ Info
+ Info
Un instituto para ti
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
QUEN SOMOS
VDMS
CONTACTO
ANTÍA PIÑEIRO
ALEJANDRO SÁNCHEZ
Uxía costa
PALOMA MARTÍNEZ
Cursos 2016-2022
Cursos 2012-2018
Cursos 2009-2015
Cursos 2012-2018
+ Info
+ Info
+ Info
+ Info
Un instituto para ti
VdMs polo mundo
Alumnado do IES Virxe do Mar polo mundo
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
INICIO
IES Virxe do Mar de NoiaR/ Rosalía de Castro, nº 1 15200 Noia (A Coruña)
QUEN SOMOS
VDMS
881 866831
CONTACTO
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.gal
Un instituto para ti
Chámome Alejandro Sánchez Pouso e fun alumno do IES Virxe do Mar dende o 2012 ata o 2018. Neste centro, onde hoxe estás a ler isto, crecín non só como alumno, senón tamén como persoa. Aquí coñecín a xente que ao principio me parecía descoñecida pero que, co tempo, se converteron en familia para min. Cando rematei o bacharelato, non tiña claro que camiño tomar. A miña puntuación no exame de acceso á universidade non era a que esperaba, así que decidín afondar no mundo da Enxeñaría Náutica e o Transporte Marítimo. Foi unha fase breve pero necesaria. Como ocorre con moitas decisións na vida, cometin un erro. Abandonei o programa no meu primeiro ano e díxenlle ao meu pai que non quería perder máis tempo. Confesei que quería seguir os seus pasos e converterme en oficial da Garda Civil, e que quería facelo da maneira máis directa posible. Converterme en oficial da Garda Civil sempre estivo na miña mente, aínda que sentía que era unha decisión que podía esperar. Mentres tanto, cursei un ciclo formativo de grao superior en Documentación e Administración Sanitaria, coa idea de ter un plan de apoio por se non conseguía o meu obxectivo. Por sorte, non foi necesario. Cando empecei a prepararme para a oposición, sabía exactamente o que tiña que facer: tiña que dalo todo. Era o meu soño, o meu obxectivo, e ía perseguilo sen descanso. Hoxe teño o privilexio de exercer a profesión que sempre vin na casa. Para min, ser oficial da Garda Civil non é só un traballo; é un xeito de vida. É un compromiso con valores que representan a defensa do que sentimos que é noso e, sobre todo, a protección dos máis vulnerables. Ás veces, cometer erros é necesario para atopar o que realmente nos move por dentro. Unha mañá, despois dunha conversa coa miña nai, souben que o impulso que sentía proviña de algo moi profundo: o desexo de vestir de verde. Actualmente, estou destinado a unha Unidade de Seguridade Cidadá, dedicada á prevención da delincuencia e á garantía do libre exercicio dos dereitos e liberdades de todos os cidadáns. No futuro, encantaríame formar parte da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, que se encarga de investigar os delitos de alta sona a nivel nacional, como homicidios, agresións sexuais, violencia de xénero e branqueo de capitais, entre outros. Fagas o que fagas para vivir, ponlle sempre o corazón e a alma. Iso, para min, é a clave de calquera camiño que elixas.
Ola, son Uxía Costa Barral e estudei no IES Virxe do Mar dende o 2009 ao 2015. En Bacharelato decanteime pola modalidade de humanidades e ciencias sociais, cursando materias como economía e matemáticas aplicadas, arte ou literatura universal. Sempre me gustaron os idiomas, polo que tamén optei por francés. No último curso de bacharelato comezou o meu interese polo mundo xurídico, polo que ao rematar os meus estudos no VdM decidín estudar o dobre grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos na Universidade de Santiago de Compostela, que ten unha duración de 6 anos. Xa dende o primeiro curso empecei a decantarme pola rama dos dereitos dos traballadores, motivo polo cal dediquei os meus TFGs á análise do acoso laboral, tanto desde unha perspectiva xurídica como dende a psicoloxía dun traballador. Antes de rematar o dobre grao, e dadas as múltiples saídas que supón, estiven de prácticas nunha asesoría laboral en Santiago de Compostela, experiencia que me fixo dar conta que non quería enfocar a miña traxectoria profesional por esa vía.
Así, cando rematei os estudos comecei a opositar ao Corpo Superior de Inspectores de Traballo e da Seguridade Social e hoxe, tras 3 anos e medio de intensas xornadas de estudo, podo dicir que conseguín o meu obxectivo de converterme en Inspectora de Traballo e da Seguridade Social. Sempre estarei agradecida ao IES Virxe do Mar, pois o seu compromiso cos alumnos, a súa motivación e a sua formación axudoume a chegar ata aquí.
Ola!! Son Daniel González Filgueira, e fun alumno VDM de 2014-2020. En Bacharelato, decanteime por materias relacionadas coas TIC, escollendo tamén materias como física e química, pois me parecían entretidas e que ademais me permitiron adquirir coñecementos extrapolables a un gran número de carreiras ou outras formacións relacionadas coas ciencias en xeral. Unha vez abandonado o VdM, decanteime por estudar Enxeñaría Informática na Escola Técnica Superior de Enxeáría, en Santiago de Compostela. Alí, fóronme de axuda os coñecementos que adquirín no VdM, especialmente en Informática e Matemáticas, pero algúns compañeiros que comenzaron o grao sen esta formación puideron de igual forma seguir o ritmo das clases. En cuarto curso, especialiceime na rama de Intelixencia Artificial e a Enxeñaría de Datos, o que me deu pé a empezar as miñas prácticas como Data Engineer nunha consultora TIC, Altia Consultores. Agora, atópome traballando no mesmo sector, creando solucións de Intelixencia de Negocio, coñecida comunmente como BI, para diferentes institucións como poden ser a Axencia Tributaria de Galicia ou Inditex.
En definitiva, a formación que recibín no VdM deume unha pequena base para realizar os meus estudos de grao, pero en caso de non contar con esta formación previa nas TIC, o grao está deseñado para preparar a todo o alumnado desde cero. Non temas por cursar unha carreira da cal non tes unha base previa ou pensas que che resultará difícil!! Con esforzo, todo se saca!!
Boas! O meu nome é Óscar López Torea, e fun estudante do VdM durante os anos 2010-2016. Sempre fun un rapaz enfocado ás ciencias, polo que no bacharelato escollín as materias de ciencias o máis enfocado á bioloxía posible, xa que era a carreira que quería cursar. No ano 2016, unha vez finalizada a selectividade, logrei entrar na carreira de Bioloxía en A Coruña, aínda que no segundo ano de carreira decidín mudar á facultade de Bioloxía da USC. Agás o primeiro ano, cursei toda a carreira na USC e tardei 5 anos e medio en rematala. Durante a carreira, sempre busquei enfocar a miña formación á bioloxía de campo, máis concretamente o máis relacionada posible á Ecoloxía e ao mundo do medio ambiente. Ademais disto, tamén me formei realizando cursos impartidos pola USC en diversas materias, como a problemática do cambio climático. A miña carreira estudiantil e profesional sempre estivo moi enfocada á investigación. Cando aínda estaba na carreira, realicei as prácticas obrigatorias no CSIC de Pontevedra, na Misión Biolóxica, colaborando nun experimento acerca do desenvolvemento de millo en conxunto con fabas. Dentro da propia universidade, estiven moi ligado ao departamento de Ecoloxía, no que estiven arredor dun ano facendo o meu TFG experimental e unhas prácticas que me permitiron extender o meu período no departamento. Tras rematar a carreira, volvín á Coruña para poder cursar o máster da UDC de Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental. Alí puiden adquirir unha maior especialización, vendo tamén as distintas achegas que daban outras ciencias a un tema tan complexo e multidisciplinar como é o medio ambiente. Tras finalizar o máster, realicei as prácticas nunha empresa de análise de augas, porén a miña carreira profesional comezaría nunha empresa distinta pero que pertencía ao mesmo grupo, Cetaqua. A miña estancia en Cetaqua foi de un ano e serviume para adentrarme no mundo do I+D+i relacionado co mundo da depuración de augas, aproveitamento de recursos e xestión de residuos, exercendo un labor máis cercano á enxeñaría química, aínda que tendo bastante que ver coa bioloxía ambiental.
Este ano decidín cambiar o rumbo da miña vida laboral cambiando de emprego. Na actualidade, traballo na organización Unións Agrarias (UPA) como técnico de medio ambiente en calidade de biólogo, logrando traballar no que eu sempre quixen. Pese a isto, a día de hoxe sigo formándome e aprendendo do tema que sempre me apaixonou, o medio ambiente.
Ola! Son Paula Otero Troitiño, odontóloga xeral e antiga alumna do IES VdM entre os anos 2008-2014. Durante a miña etapa académica no IES, optei por unha formación orientada ó campo das ciencias e a Saúde, elixindo materias como Bioloxía, Química ou Ciencias da Terra. Dende moi cedo tiven claro que quería adicar a miña vida a axudar as persoas, o que me levou a interesarme especialmente por profesións do sector sanitario. Nese momento, dubidei entre estudar fisioterapia ou odontoloxía, pero finalmente acadei a nota suficiente para entrar nesa última. Tras rematar a carreira, cursei un máster de Rehabilitación Oral, Odontoloxía estética avanzada e Novas tecnoloxías na Universidade Católica de Murcia. A día de hoxe, traballo como odontóloga xeral na miña propia clínica, (Oralson, Porto do Son), e como Odontóloga estética noutra clínica dental en Cambados.
Son Paloma Martínez González. Fun alumna do VdM e sempre vou gardar un recordo moi especial desa etapa. Para min foi un tempo de descubrir quen era, de facer amizades que a día de hoxe aínda forman parte da miña vida, e de vivir momentos que levo gravados con moito cariño.No instituto foi cando empecei a darme conta do que me gustaba de verdade. Sempre me tiraron máis as letras, encantábame filosofía e as materias de sociais, e foi aí cando xa comecei a ter claro que quería ser mestra. A partir dese momento fun marcando o meu camiño: estudei Educación Infantil, logo Primaria, e acabei especializándome en Audición e Linguaxe. Non foi doado, tiven que estudar moito, sobre todo para as oposicións, pero con esforzo e ilusión conseguín a tan esperada praza.
Agora teño a sorte de traballar nun colexio e tamén nun instituto, e cada vez que vexo o alumnado non podo evitar lembrarme de min mesma naqueles anos. Dá moita tenrura pensar que eu tamén pasei por aí, e que esa etapa tan bonita foi o punto de partida de todo o que estou vivindo agora.
Ola!! Son Tania Gerpe Nuñez, e fun alumna VdM de 2014-2020. En Bacharelrato, decanteime por materias de ciencias sociais como economía, mates aplicadas ou francés. Sempre me gustaron os idiomas e nesa rama de bacharelato podía acceder, aínda que no meu caso tiña bastante claro que quería tirar por unha formación xurídica. Unha vez abandonado o VdM, decanteime por estudar a carreira de Criminoloxía, en Santiago de Compostela. Alí, fóronme de axuda os coñecementos que adquirín no VdM, especialmente en historia, filosofía e matemáticas, xa que hai varias materias de estatística e historia da criminoloxía, pero algúns compañeiros que comenzaron o grao sen esta formación puideron de igual forma seguir o ritmo das clases. É unha carreira á que podes acceder independentemente de que veñas de ciencias sociais, ciencias puras ou letras. Después de cursar moitas materias de dereito e psicoloxía, sendo as que máis me chamaban a atención, centreime para o meu Traballo de Fin de Grao na tipoloxía delitiva e o tratamento nos centros penitenciarios, o que me permitiu facer as miñas prácticas no Centro Penitenciario de Teixeiro, acompañando no seu labor a xuristas, psicólogos, traballadores sociais e demais funcionarios. Agora, unha vez graduada en Criminoloxía, sigo formándome realizando uns cursos de Mediación escolar e Mediación familiar, civil e mercantil, complementando os meus coñecementos como criminóloga para poder exercer en despachos de avogados, xulgados, centros de menores ou colexios privados. O meu labor como mediadora sería axudar a solucionar conflitos antes de chegar a xuízo, encontrando solucións de conformidade con ambas partes.
En definitiva, a formación que recibín no VdM deume unha base que me permitiu superar os meus estudos de grao con maior facilidade en determinados temas. Escoller outras materias que non fosen tan acordes co grao poderían facelo máis complejo, pero con ganas e dedicación todo se saca adiante!
Here you can put a great title, something that captivates your audience
With Genially templates, you can include visual resources to leave your audience open-mouthed. Also highlight a specific phrase or piece of information that stays engraved in the memory of your audience, and even embed external content that surprises: videos, photos, audios... Whatever you want!
link
Boas! Son Iván Iglesias Ventoso, teño 23 anos e cursei toda a ESO e Bacharelato no VdM. Durante esa época optei por materias de diferentes campos tanto de Ciencias como matematicas, física e química pero tamén cheguei a cursar psicoloxía ou francés. Cando terminei esta etapa aínda non tiña moi claro con que quería continuar a miña carreira ou a que me quería dedicar, así que o tomei con calma e botei un ano pensando e enfocándome noutros aspectos da miña vida, pois aínda era novo e un ano non é nada. Finalmente optei polo ciclo superior de dietética, ciclo bastante fácil en comparación ao que é bacharelato, con mates moi básicas e unha densidade teórica bastante menor. Despois do primeiro ano, incluso antes, deime conta de que non me equivocara coan miña elección do bonito que me estaba pareciedo o ciclo e reafirmando o ben que fixen ao tomar un ano de "reflexión".
Para terminar o ciclo estiven de prácticas nun gabinete de nutrición no Hospital Clínico de Santiago onde puiden aprender e aplicar de maneira moi clara moitos dos coñecementos adquiridos durante eses dous anos. Unha vez graduado tocaba buscar traballo e durante ese transcurso decidín ampliar os meus coñecementos en nutrición infantil e deportiva a través de cursos na Rede.
Ola, son Nelson Hermo Carnota e estudei no Virxe do Mar entre 2016 e 2022. Escollín Bacharelato de ciencias e unha vez terminado esteey feita a selectividade, entrei na Universidade de Vigo, no campus de Ourense na carreira de Enxeñaría Informática. Actualmente estou cursando o terceiro ano do grao e podo asegurarvos que agradezo bastante ter estudado no VdM, pois o primeiro ano moitos conceptos xa me resultaban familiares e xa sabía facer algunhas cosas.
Chámome Alejandro e fun alumno do Virxe do Mar dende 2011 ao 2017. Cando acabei Bacharelato non sabía moi ben que facer e sentíame un pouco perdido, como lle pode pasar a moita xente nesa etapa. Escollín algunhas carreiras que me chamasen a atención e preguntei a xente que traballase niso ou coñecese a alguén. Decidín estudar o Grao de Náutica e Transporte Marítimo. Cando comecei os estudos de Grao descubrín que me encantaba e mentres tanto ía coñecendo xente que me ensinaba as saídas laborais deste oficio. Unha vez que rematei estiven navegando por América e a costa de España. Actualmente estou traballando de controlador marítimo en Valencia.
Ola! Son Aimara e fun estudante do VdM entre 2015 e 2019. Ao acabar a ESO, marchei ao Rosalía en Santiago para cursar o Bacherelato Internacional e, no 2021, decidín marchar a Barcelona a estudar. Comencei Filoloxía Inglesa e Española, pero ao ano decidín mudar de grao. Actualmente estou na UAB facendo Enxeñaría de Sistemas de Telecomunicacións e, de cando en vez, viaxo por España para dar algunha charla divulgando os meus estudos ou asistindo a conferencias.
min. 19:13 - 20:44
Ola, son Antía Piñeiro, exalumna do IES Virxe do Mar, da promoción 2016-2022. Ao principio, era unha rapaza á que lle custaba ser constante; tamén lle custaba poñerse a estudar, e miña nai sempre andaba detrás de min recordándome día tras día que tiña que poñerme a estudar. En terceiro da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dei un cambio de 360º, é dicir, xa estudaba pola miña conta, sacaba mellores notas e aprobaba todas as materias, incluído o inglés, que desde que entrei no instituto ata hoxe sempre foi o meu talón de Aquiles. En cuarto da ESO pilloume a COVID-19, unha pandemia que afectou a todo o mundo. Nese momento da miña vida quería estudar Criminoloxía e opositar para Policía Nacional; supoño que eran modas, como agora a febre pola Psicoloxía. Ao rematar cuarto chega un momento crítico: elixir a modalidade de Bacharelato que queres facer. Eu, a verdade, por presión dos meus pais non tiven opción a escoller e fixen ciencias (matemáticas académicas, física e química e bioloxía). Tamén vos digo, menos mal que se me daban moito mellor ca as letras, porque se non… Todo isto de non poder escoller foi porque un primo meu, que me leva tres anos, fixera ciencias e dicía que era o que máis saídas tiña, así que non me quedou máis remedio. A día de hoxe non me arrepinto, e menos mal. O primeiro trimestre de primeiro de Bacharelato foi un desastre. Tiña moi mala base académica, sobre todo en física e química, por vir da pandemia e perder ritmo de estudo e práctica. Nese primeiro trimestre suspendín tres materias: galego, por un único exame que fora desastroso; inglés (como sempre) e física e química. Foi terrible, porque eu estudaba, daba todo de min e só sacaba catros nos exames… Aínda lembro a mensaxe que lle enviei ao meu primo dicíndolle que non ía sacar o Bacharelato, que estaba moi arrepentida de ir por ciencias, e a súa resposta foi: “Se da miña promoción o sacou X, ti podes de sobra!”. E, ben, no segundo e terceiro trimestre foi incrible, aínda que o inglés seguía cun 4… Pasamos ao seguinte momento crítico: segundo de Bacharelato. Choraba día tras día polo agobio de historia e bioloxía, pero ao final aprobei todas e fun á ABAU na convocatoria ordinaria.No momento de estudar para a selectividade decidín que non quería estudar Criminoloxía, senón Enfermaría. O problema era que non me chegaba a nota, así que non sabía moi ben que facer, pero tiña claro que quería algo do ámbito sanitario. Un día, falando cunha coñecida, comentoume a carreira de Terapia Ocupacional, e eu non tiña nin idea, nunca escoitara falar dela. A ABAU non me saíu nada mal: aprobei todas menos bioloxía, na que saquei un 4,5. As materias ás que me presentei foron matemáticas, historia, bioloxía, física e química, inglés, castelán e galego. A miña nota foi un 9,44 e, obviamente, non me chegaba para entrar en Enfermaría, así que entrei en Terapia Ocupacional. Deille unha oportunidade. En primeiro de carreira, a verdade é que é todo moi xenérico, como pasa nas carreiras sanitarias. Tiñamos Anatomía, Fisioloxía, Estatística, Dereito e Bioética, Fundamentos de Terapia Ocupacional, Bases Históricas, Documentación e Antropoloxía. Ao rematar primeiro, aínda non entendía moi ben o que era a Terapia Ocupacional, porque todo era moi xeral. En segundo xa ves mellor o que é a disciplina ao realizar as primeiras prácticas no ámbito de infancia e adolescencia. En terceiro fas diversas prácticas en distintos ámbitos: discapacidade física, saúde mental e maiores, seguindo o ciclo vital. En cuarto e último ano escolles ti as prácticas; eu escollín o ámbito de maiores e realiceinas nunha residencia. Foron os mellores catro meses destes catro anos; valeu a pena darlle unha oportunidade á carreira. Agora, nestes últimos meses antes de entregar o Traballo de Fin de Grao, estamos facendo unhas prácticas no ámbito comunitario. A verdade é que, ata que che toca facelas, descoñeces este ámbito durante toda a carreira, debido a que a gran maioría do profesorado é médico e non terapeutas ocupacionais que coñezan a disciplina ao 100 %. O meu plan de futuro é quitarme a espiña de Enfermaría: vou probar a ver se teño sorte e consigo entrar; se non, farei un máster para seguir formándome como futura profesional sociosanitaria. Estou moi orgullosa de dicir que en dous meses serei terapeuta ocupacional e, sobre todo, da gran cantidade de prexuízos que me quitou esta carreira sobre a vida. Como consello, sendo exalumna do IES Virxe do Mar, diríavos que non vos pechedes en banda nin digades que non a nada, porque todo aquel que persegue o que quere acaba por conseguilo. Non vos desanimedes: a vida é só unha e o momento de estudar está nos vinte; despois xa é máis complicado ao ter traballo.