Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Curso 24/25-PRESENTACIÓN PORTAS ABERTAS
EQUIPO DIRECTIVO VAL
Created on January 15, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
ASÍ É A NOSA ESCOLA curso 2025/26
Comezar
Índice
Valores
Obxectivos de centro
Principios pedagóxicos
Liña metodolóxica
Proxectos de centro
Programas educativos
Servizos complementarios
01
Valores que sustentan o noso PE
Respecto: concebímolo dende un sentido amplo, respecto pola infancia, entre as persoas adultas e pequenas.
Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:
Convivencia e paz: coa crenza de que as accións de paz fomentan o benestar persoal e contribúen á convivencia pacífica. Situámonos en prol da modelaxe constante de accións que permitan o ensaio activo da mediación, a paz e as praxes restaurativas para aprender a ser, a convivir e a estar.
Inclusión: entendendo a diversidade como unha posibilidade.
Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:
Eixo Paidocéntrico: partindo da concepción e protección da infancia entendendo que o centro do proceso de ensino-aprendizaxe é o noso alumnado e se lle debe proporcionar acompañamento e benestar.
Igualdade: ben sexa entre xéneros, diferenzas persoais…
Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:
Equidade: buscando dende o punto de vista da xustiza social cubrir as necesidades e intereses de "todas" as persoas.
Coeducación: rompendo cos roles ligados ao xénero e contribuindo á formación da identidade persoal.
Comunidade coidadora do medio ambiente: Pretendemos achegar a comunidade educativa ao medio natural aprendendo a valorar a importancia que este ten para a vida das persoas. Partindo do noso propio patio.
Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:
Comunidade educativa aberta: entendemos o traballo como algo conxunto coa familia-escola e coa contorna.
Espazos en continuo cambio: asumindo novos retos, innovación...
Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:
Unha escola con corazón: entendendo que o colexio fano as persoas e non só o espazo; pulamos por as interaccións sociais e o agarimo e benestar das mesmas.
Coidadora do benestar: entendéndoo como a suma da saúde física, mental e social.
Consumerista: Buscarase practicar e desenvolver hábitos consumeristas en detrimento dos hábitos consumistas; para elo fomentarase o emprego de materiais manipulativos, non estruturados, reciclados, de auto-creación…
Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:
Comprometidos cos ODS e a Axenda 2030 das Nacións Unidas.
02
Obxectivos de centro
En relación co noso alumnado:
- Dar unha resposta educativa axeitada e compensar desigualdades sociais.
- Favorecer o pensamento crítico.
- Desenvolver a súa autonomía.
- Fomentar as fortalezas e talentos persoais.
- Incrementar o rendemento escolar.
- Desenvolver valores sociais e relacionais.
- Desenvolver rutinas de coidado da Natureza.
- Atender ás necesidades e demandas
+ info
En relación coas familias:
- Fomentar a participación das familias nas dinámicas escolares, Escolas de familias, etc.
- Atender ás necesidades e demandas.
- Participación en Órganos Colexiados
- Fomentar o bo clima.
- Facilitar a comunicación.
+ info
En relación co noso profesorado:
- Participar nas actividades e dinámicas do centro.
- Contribuír á renovación pedagóxica do profesorado.
- Mellorar a praxe educativa a través da autoavaliación.
- Traballar en equipo.
- Favorecer o bo clima.
+ info
En relación ao ambiente escolar:
- Proporcionar un ambiente relaxado e seguro.
- Fomentar a cultura de paz.
En relación á contorna:
- Establecer colaboracións entre a comunidade educativa e a contorna próxima.
- Favorecer a participación e colaboración da comunidade educativa coa contorna afastada.
+ info
En relación á liña pedagóxica:
- Establecer unha liña pedagóxica que manteña a coherencia vertical e horizontal.
- Deseñar espazos, ambientes, materiais e situacións de aprendizaxe nas que o alumnado sexa o eixo.
- Fomentar o respecto interpersoal.
- Favorecer a participación de toda a comunidade educativa.
+ info
03
Principios pedagóxicos
Atención individualizada
Atender á diversidade considerando as características e diferenzas persoais, así como pular pola atención ás necesidades, proporcionando atención personalizada e favorecendo os principios de igualdade e equidade.
Aprendizaxe socializada
Favorecendo os encontros co grupo e a sociedade nun pulo pola convivencia, a paz e a inclusión.
Actividades contextualizadas
Actividades tanto lóxicas como psicolóxicas, de tipo autoestruturante (construtivistas) favorecendo o “aprender a aprender”. Dando prioridade así á comprensión fronte á aprendizaxe mecánica.
Fomento da manipulación
Considerando o traballo manipulativo determinante para o correcto paso entre os conceptos concretos e os abstractos e fundamental para vencellar as aprendizaxes curriculares coa realidade. Favorecerase, en todo caso, que o material cumpra o requisito de ser accesible.
Emprego do xogo
Por ser a actividade natural e básica do alumnado na EI e en EP.
Traballo da autonomía e autoxestión
No proceso de aprendizaxe por parte do alumnado, sendo este o protagonista das súas propias aprendizaxes e considerando como importante o proceso e non só o resultado.
Fomento da intuición, a experimentación e a observación
Desenvolvendo actividades investigadoras que permitan elaborar hipóteses, sacar conclusións e reforzar as aprendizaxes máis instrumentais, favorecendo o pensamento crítico e o pensamento científico.
Liberdade e creatividade
Que favorecen os coñecementos potencialmente significativos e funcionais, potencian a autonomía e a produción persoal.
Coeducación
Considerando as actividades de todo xénero en detrimento de actividades asignadas ao xénero e en prol da ruptura de estereotipos.
Fomento do respecto
Que supón o coidado de todas as persoas que integran a comunidade educativa. Partimos de que ofrecendo respecto, obtemos respecto.
Eixo paidocéntrico
Entendendo ao noso alumnado como o centro do proceso de ensino-aprendizaxe.
04
Liña metodolóxica
A nosa acción pedagóxica parte dunha serie de principios metodolóxicos
Partir do nivel de desenvolvemento
Función compensatoria
Minimizando os efectos que as desigualdades de orixe cultural, social e económico teñen na aprendizaxe.
Dos seus coñecementos previos para conseguir aprendizaxes significativas, que favorezan e melloren o devandito nivel de desenvolvemento.
O paradigma educacional referente debe ser o de «aprender a aprender» e de «aprender facendo». Cómpre unha aprendizaxe significativa que se transfira a situacións da vida real e que supoña a resolución de problemas na práctica.
Experiencias emocionalmente positivas
Deseño universal da aprendizaxe (DUA)
Potenciarase un clima cálido, aberto e de confianza, que facilite experiencias emocionalmente positivas e potencie o apego positivo.
Caracterízase pola súa flexibilidade e polo papel tan relevante na aula da tecnoloxía.
Organización de espazos
A organización e configuración dos espazos está directamente relacionada coa concepción que temos de como debe desenvolverse o proceso de Ensino-Aprendizaxe. Así, o espazo é concibido como algo “vivo”, en continuo movemento e coa capacidade de ser transformado, reformulado e reorganizado. O espazo muda segundo as necesidades e intereses do noso alumnado, configurando os novos ambientes, polo que cómpre que sexa fundamentalmente versátil.
Aulas e libre circulación
A distribución das aulas- grupo farase combinando unha planta con aulas-grupo e outra con aulas de uso específico (especialidades), fomentando deste xeito a diminución da contaminación acústica e facilitando a mobilidade do alumnado de xeito relaxado polo centro.Nas plantas onde non hai docencia directa combinaranse espazos comúns como: a aula sensorial, aula creadora, aula de construción, as aulas do profesorado especialista… Dependendo do número de alumnado e das necesidades educativas, as crianzas poderán circular de xeito libre entre os ambientes da súa aula ou entre as aulas dun mesmo rechán (ciclo).
+ info
Configuración das aulas: Os ambientes
Dentro das aulas-clase o espazo está organizado en distintos ambientes preparados con materiais específicos de cada área de xeito que se contribúe ao desenvolvemento competencial.É de especial relevancia a presentación do espazo dun xeito estético e minimalista, destacando pola simpleza que garanta a harmonía.
+ info
Método de traballo
Organización temporal
Fóra da aula
Dentro da aula
Papel do profesorado:
Concibimos que a nosa función como profesorado é fundamentalmente unha labor de mediadores/as nas aprendizaxes, e polo tanto a nosa función será seleccionar aqueles estímulos necesarios para que o neno/a constrúa a súa propia aprendizaxe e adquira destrezas e habilidades que lle permitan aprender a aprender e enfrontarse a novas aprendizaxes de xeito progresivo e cada vez máis autónomo.
Papel do alumnado:
- Partimos dun eixo Paidocéntrico, centrado no/a neno/a onde o alumnado é o principal axente da súa propia aprendizaxe, sendo un elemento activo na mesma.
- Respectaranse os ritmos e estilos de aprendizaxe individuais.
+ info
05
Proxectos de centro
CLUB DE CONVIVENCIA
O Club de Convivencia está formado por dous nenos e nenas representantes de cada clase, implicados/as activamente en mellorar a convivencia do centro. Reúnense todos os venres e falan sobre os conflitos que poden xurdir, buscan solucións, elaboran as normas de convivencia, participan nas asembleas plenarias, organizan as conmemoracións relacionadas coa convivencia escolar... Cada ano elixen que aspecto queren traballar para ser un axente proactivo e transformador do mundo en que vivimos. Así naceron os retos anuais de convivencia, cada curso traballan sobre algo que queren mellorar, tanto do noso colexio e da contorna próxima, como tamén a nivel internacional buscando un impacto segundo a temática sobre a que se traballe.
+ info
Retos anuais
2024
2022
2020
Anne Frank
David Attenborough
Sadako sasaki
2023
2021
Judith Scott
Wangari Maathai
Retos anuais: que nos deparará o futuro?
2029
2027
2025
Terceira idade
2028
2026
POLOS CREATIVOS E CLUBS
O centro desenvolve o Proxecto Polo Creativo +, concedido no curso 2022-23. No noso centro o baseamos na figura dos CLUBS, obradoiros internivel no que o alumnado de todos os cursos de Primaria reúnense todas as semanas segundo os seus intereses. Alí poden desenvolver aquelas inquedanzas que comparten.En Primaria hai Clubs elixidos por eles mesmos. Este curso desenvolvemos os de: lego, cine, radio, banda de música, manualidades, experimentos e xoiaría. En Infantil tamén teñen grupos mixtos onde desenvolven obradoiros de arte, ioga e expresión corporal, e cociña e experimentos. A finais de curso amosan as súas aprendizaxe nunha FEIRA DE CLUBS. Este traballo dos Clubs foi galardoado no 2024 coa Medalla ao Centro Educativo dos premios de ASAC (Asociación de Altas Capacidades de Galicia). Tendes máis información no Blog.
+ info
06
Programas Educativos
PROGRAMAS EDUCATIVOS
Desenvolvemos diferentes programas de éxito escolar e innovación educativa co fin de: - Dinamizar o centro con materiais e actividades innovadoras. - Acadar a real inclusión do alumnado. - Instaurar hábitos saudables de alimentación, deporte, coidado do medio ambiente... - Apoiar o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado con NEAE.
+ info
Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de:
Os PIE son un instrumento de apoio aos centros educativos para que desenvolvan proxectos educativos que os convertan en centros de referencia no ámbito da igualdade, convivencia, inclusión e benestar emocional. O fin último é garantir unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á transformación e consolidación definitiva do sistema educativo de Galicia. Os centros educativos poderán optar como máximo a dúas modalidades de proxecto: Reforzo da inclusión educativa, Impulso da igualdade, Mellora da convivencia e Promoción do benestar emocional.
Proxectos de Inclusión Educativa (PIE)
+ info
PLAN PROXECTA+
Iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
+ info
ALMORZOS SAUDABLES
HORA DE DEPORTE
PLAN RECUPERA: PROA +
O programa pretende: -Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado mellorando as expectativas sobre as súas propias capacidades. -Axudarlle na formación do seu autoconcepto e na súa integración social. -Facilitar a continuidade na progresión da acción educativa. -Incrementar a relación e a comunicación coas familias, favorecendo así a súa implicación no desenvolvemento dos seus fillos e das súas fillas, etc.
+ info
+ info
A MAIORES NO NOSO CENTRO DESENVOLVEMOS
POLOS CREATIVOS +
PLAMBE
EDIXGAL
SECCIÓNS BILINGÜES
FARO DA ESCOLA
PLAN DE FOMENTO DA LINGUA GALEGA
VOZ NATURA
07
Servizos complementarios
Xestionados pola ANPA
Xestionados polo centro
- TRANSPORTE ESCOLAR
- AULA MATINAL- COMEDOR ESCOLAR - ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
LIÑA DO TRANSPORTE ESCOLAR
JENARO DE LA FUENTE, 22
pIZARRO, 6
COLE
SAÍDA - 8:25H
CHEGADA - 8:45H
CHEGADA- 14:20H
SAÍDA - 14:00H
AVDA. MARTÍNEZ GARRIDO, 28
TRAVESÍA DE VIGO, 6
SERVIZOS XESTIONADOS POLA ANPA
+ info
Vémonos no Valle!