Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Presentación PAU 2025

irenelabrador

Created on January 12, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Pechakucha Presentation

Decades Presentation

Transcript

PROBAS ACCESO Á UNIVERSIDADE

PAU

Convocatoria 2026

Comezar

1. Estrutura da Proba

Índice

2. Parte Obrigatoria

3. Parte Voluntaria

4. Estrutura e modelos de exame

5. Correccións

6. Datas de Interese

7. Superación da proba

8. Alumnado de Música/Danza

9. Revisión das Cualificacións

10. Presentarse de novo

11. Que precisas o día das probas

12. Lembra

estrutura da proba

ata 4 puntos

ata 10 puntos

Parte Voluntaria

Parte obrigatoria

Materias Cursadas

Materias Cursadas ou non.

parte obrigatoria

  • Lingua Castelá e Literatura II
  • Lingua Galega e Literatura II
  • Primeira Lingua Estranxeira II
  • Historia de España / Historia da Filosofía*
  • Materia Obrigatoria 2º da Modalidade cursada*:
    • ARTES: escoller entre Artes Escénicas II ou Análise Musical II
    • CIENCIAS e TECNOLOXÍA: Matemáticas II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
    • HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: Latin II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II

Info

parte VOLUNTARIA

Poderán realizarse un máximo de 3 PROBAS + 1 de LINGUA ESTRANXEIRA, cursadas ou non, entre 27 ofertadas. Terase en conta tamén a cualificación da materia de modalidade examinada na parte obrigatoria (non hai que matricularse dela na voluntaria).

tomaranse so as dúas notas que máis beneficien ao alumno

necesario acadar un 5.0 en cada materia

MODELOS DE EXAME

A normativa marca que todos os exames contan cun 25% de cuestións de carácter competencial. Constan de 4 preguntas en total, unha delas será competencial. Podedes consultar modelos de todos eles na web da CIUG

corrección gramatical, léxica e presentación

10%

en todas as materias

corrección ortográfica

15%

20%

10%

nas Linguas Estranxeiras

nas demais materias

nas Linguas oficiais

datas relevantes

semana 12-16 maio

Cualificacións Bacharelato no IES

20- 21 maio

Matrícula nas probas (NERTA)

2-3-4 xuño

PAU convocatoria Ordinaria

11 xuño

Publicación das cualificacións

30 xuño 1-2 xullo

PAU convocatoria ExtraOrdinaria

9 XULLO

Publicación das cualificacións

superación da proba

Cando o resultado da media ponderada do 60 % da nota media de bacharelato (NMB) e do 40 % da media das cinco materias da fase obrigatoria (NFO) sexa igual ou superior a 5 e a nota da fase obrigatoria (NFO) sexa igual ou superior a 4

NOTA DE ADMISIÓN

Unha vez superada a parte obrigatoria (0,6*NMB + 0,4*NFO ≥ 5), a nota de admisión dun mesmo/a estudante pode variar para cada titulación: Nota de admisión = 0,6*NMB + 0,4*NFO + a1*M1 + a2*M2 sendo a1 e a2 as porcentaxes de ponderación das materias M1 e M2 para esa titulación, e M1 e M2 as cualificacións das dúas materias cursadas polo/a estudante, tal que a1*M1 + a2*M2 é a nota máis favorable para esa titulación.

alumnado de música/danza

O Alumnado que estuda no Conservatorio pode solicitar equivalencias de materias do Grao Profesional ao Bacharelato. Estas equivalencias repercuten na nota media de Bacharelato (NMB) e, polo tanto, na nota da parte obrigatoria da ABAU. Cando se suben os datos de Bacharelato a Nerta xa inclúen estas equivalencias.

PROCEDEMENTO DE REVISIÓN

Pode ser tanto a alza como a baixa.1º Analizarase se houbo algún erro material na corrección (preguntas sen corrixir ou erros nas sumas). No caso de existir algún erro material modificarase a cualificación (identificada como P) soamente se resulta unha cualificación superior. 2º Realízase unha segunda corrección por un novo corrector/a especialista, distinto ao que efectuou a primeira corrección. (identificada como S), ten unha diferenza menor de dous puntos con P a cualificación definitiva será a media aritmética: (S+P)/2. 3º Se a diferenza entre S e P é de dous ou máis puntos, dúas persoas distintas das anteriores efectuarán unha terceira corrección. Neste caso a cualificación definitiva será a consensuada por estas dúas persoas. Podes ver aqueles exames dos que pediches revisión da súa cualificación. Debes solicitar que exames desexas ver despois do proceso de revisión presentando a solicitude no Lerd nas datas indicadas na convocatoria correspondente.

CANTO TEMPO manteño AS miñas cualificacións?

As notas da parte obrigatoria gárdanse para sempre si está superada. Mantéñense as cualificacións da parte voluntaria (sempre e cando se superase a parte obrigatoria) durante 3 convocatorias. Polo tanto, a nota deste mes de xuño serve para 2026, 2027 e 2028. Isto benefícianos se imos cursar un ciclo formativo, xa que ao rematalo podemos acceder a universidade si queremos con esta nota.

que é preciso levar ás probas

Á proba PAU tes que levar o documento nacional de identidade (DNI) ou documento identificativo (pasaporte, permiso de residencia etc.), o resgardo de matricula e xustificantes de pagamento para as probas e un bolígrafo ou pluma de tinta azul ou negra indeleble (imborrable). Se é o caso, tamén material axeitado para realizar o exercicio correspondente ás materias de deseño, debuxo técnico ou artístico e técnicas de expresión gráfico-plásticas, o dicionario de latín‐español ou grego‐español, e unha calculadora non programable e que non teña capacidade gráfica para os exercicios de Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, Ciencias Xerais, Física, Química, Empresa e deseño de modelos de negocio e Tecnoloxía e Enxeñaría II. No exame de Latín II poderás utilizar o dicionario de latín-español/galego. Permitirase o uso do seu apéndice gramatical, sempre que forme parte orixinal e inseparable do mesmo. Non se permitirán as páxinas (interiores ou apéndices) con contidos literarios e de evolución do latín ao castelán ou ao galego. Neste caso deberalo comunicar aos membros da Comisión Delegada, que gramparán ou separarán as páxinas mencionadas antes do comezo do exame. No exame de Grego II poderás utilizar calquera dicionario de grego-español/galego incluíndo o apéndice gramatical que poida levar anexo ese dicionario como parte orixinal e inseparable. Non estará permitido ningún caderno solto nin ningún engadido ao dicionario que non sexa orixinal. No exame de Tecnoloxía e Enxeñaría II poderás utilizar a regra, escuadra e cartabón.

lembra!!!

3 anos

3 materias

Parte voluntaria ata 3 probas. 4 si unha delas é unha lingua estranxeira (diferente á da parte obrigatoria)

Duración das notas da parte voluntaria

Confía no teu esforzo, estás máis cerca do que pensas

Se tes calquera dúbida, podes escribir ao Departamento de Orientación

Ponderacións

Podedes consultalas aquí

https://ciug.gal/PDF/ACCESO2025/ponderacions_25.pdf

  • Historia de España
  • Historia da Filosofía
  • Debuxo Artístico II
  • Análise Musical II
  • Artes Escénicas II
  • Matemáticas II
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
  • Latín II
  • Ciencias Xerais
  • Debuxo Técnico Aplicado ás Artes Plásticas e ao Deseño II
  • Movementos Culturais e Artísticos
  • Empresa e Deseño de Modelos de Negocio
  • Xeografía
  • Grego II
  • Historia da Arte.
  • Tamén poderá examinarse de unha Segunda Lingua estranxeira (distinta da que cursou como materia obrigatoria, a elixir entre Inglés, Francés, Alemán, Italiano e Portugués).
  • Deseño
  • Fundamentos ArtísticosTécnicas de Expresión Gráfico-plástica
  • Coro e Técnica Vocal II
  • Historia da Música e da Danza
  • Literatura Dramática
  • Bioloxía
  • Debuxo Técnico II
  • Física
  • Xeoloxía e Ciencias Ambientais
  • Química
  • Tecnoloxía e Enxeñaría II

Deberase indicar na matrícula a materia escollida