Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Árbore das lecturas

Covadonga Rodríguez

Created on December 17, 2024

Recomendacións lectoras de Nadal da Biblioteca Brea Segade. CEP X.Mª Brea Segade. Taragoña (Rianxo). Decembro 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Akihabara Connectors Infographic

Essential Infographic

Practical Infographic

Akihabara Infographic

Vision Board

The Power of Roadmap

Artificial Intelligence in Corporate Environments

Transcript

Tempo de acivros, tempo de libros! Recomendacións lectoras da BBS Nadal 2024.

A árbore das

lecturas

Enredo no Nadal

Sete dentes de león

Pedro e o Lobo

O libro secreto de Mortiña

Rolando, un fío resistente

Diarios Zombi

A mansión misteriosa

Milú e o edificio das persoas extraordinarias

Ícaras

A landra viaxeira

Enredo no Nadal

Filippa e Compañía. Enredo no Nadal

Juha Virta. Hércules Ediciones Unha divertida historia sobre a amizade, Papá Noel e o que rewalmente importa no Nadal.

Primeiras lecturas

Diarios Zombi

Diarios Zombi. Vacapocalipse

Guy EdmonsBulubú

Son Jimmy e estou vivindo unha APOCALIPSE ZOMBI totalmente estraña! Todos os adultos da miña cidade convertéronse en zombis, pero en zombis VACAS! Afortunadamente, os meus amigos e mais eu temos un plan para atopar unha cura.

Lecturas autónomas

A mansión misteriosa

Lecturas expertas

A mansión misteriosa As aventuras de M&M

Marcos B Demo Editorial

Se buscas diversión, aventura e misterio e che gusta a banda deseñada, este é o teu libro.

A Landra viaxeira e o amigo lambón

A Landra Viaxeira e o amigo Lambón

Os Jalochos. Suso Bello e Sabela Olivares A Compañía do Ruído
Fabulosa historia chea de aventuras na natureza, personaxes fantásticos, humor e música, moita música, para cantar, bailar, xogar e aprender.
Conto - Música

Ícaras

Lecturas expertas

Ícaras

Carlos Labraña Editorial Galaxia

Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, nin sequera ten ás. Vanse atopar e descubrirán que hai máis cousas que as achegan, que aquelas que as separan.. Serán capaces de voar?

Pedro e o lobo

Pedro e o lobo

Inacio e Iván Suárez Demo Editorial

Fermosa e divertida adaptación do clásico universal de Prokofiev, que inclúe teatro, música e banda deseñada.

Primeiras lecturas

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia CostasXerais

Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. Unha vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.
Primeiras Lecturas

Milú e o edificio das persoas extraordinarias

Lecturas expertas

Milú e o edificio das persoas extraordinarias

Abel Tomé Xerais

Milú vive nun edificio onde todos os nenos posúen un don que os fai extraordinarios. As autoridades mandan que se desaloxen as vivendas, pero Milú e outros nenos teñen un plan para tentar evitar que os expulsen dos seus fogares.

Rolando, un fío resistente

Rolando, un fío resistente

Alba de Evan e Xabier Domínguez Editorial Galaxia

Rolando é un artista que tece obras de arte co seu fío Inesperadamente, vese arrastrado a un espazo hostil do que deberá escapar. Ao longo do traxecto atopará aliados inesperados, que lle axudarán a volver ao seu fogar. Aventuras e amizade danse a man nesta historia.

Lecturas autónomas

O libro secreto de Mortiña

O libro secreto de Mortiña

Bárbara Cantini Hércules Ediciones

Hai amizades que son moi especiais, moito máis se a túa amiga é unha… zombi, como Mortiña…! Neste libro poderedes compartir as vosas paixóns, soños, medos e os vosos segredos. Escribir, xogar e debuxar con Mortiña será divertido.

Lecturas autónomas