Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

RECOMENDACIÓN LECTORAS NADAL 2024 2025

lemosle24

Created on December 15, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Modern Presentation

Terrazzo Presentation

Colorful Presentation

Modular Structure Presentation

Chromatic Presentation

City Presentation

News Presentation

Transcript

Prelectores e primeiros lectores

Lectores autónomos

Lectores expertos

Mozos, adultos e familias

Lecturas noutras linguas

FAMILIAS, PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES

LECTORES AUTÓNOMOS (9 a 11 anos)

LECTORES EXPERTOS (12 a 14 anos)

MOZOS, ADULTOS E FAMILIA

LECTURAS NOUTRAS LINGUAS

O Nadal coa avoa Fina tráenos un Apalpador cun saco de castañas e de tradición, unha avoa que nos fai rir a cachón. Un Nadal para compartir, sentir, vivir, reciclar, plantar un pino e cantar a ritmo de rock&roll. Ti decides neste Nadal… ser don Adal ou ser Rap Metal.

Trabajando en equipo se pueden conseguir más cosas que solo. Los grandes líderes son empáticos. Como comunidad, ¡podemos ser invencibles! Estos y muchos otros son valores fundamentales que queremos inculcar a nuestros hijos. Son valores que no sólo fomentan una actitud positiva en ellos, sino que también aportan un sentido de conexión, entretenimiento y expansión a las experiencias de los niños. ¿Qué mejor manera de absorber estos mensajes que ver cómo se ponen en práctica en el reino animal? ¡Este libro ilustra la cooperación colectiva entre más de veinte animales de forma creativa, atractiva y relevante! ¡Un libro con preguntas y respuestas para ayudar a tu hijo a comprender que la verdadera fuerza es el trabajo en equipo!

En “Os nosos bosques” as fermosas ilustracións amósannos a riqueza de vida que agochan os diversos bosques galegos, invitándonos a esculcalas e coñecermos as fragas atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo territorio… para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país.

“Coñecer para amar” é unha colección que desexa contribuír cunha pequena mostra do gran coñecemento que temos na Galiza para nomear os seres vivos que nos acompañan, esperando sementar amor nos corazóns para coidar e defender a biodiversidade na nosa terra.

Ledicia Costas e David Sierra sorpréndennos cun delicioso álbum sobre o nacemento do arco iris.

Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.

Selected from across Truman Capote's writing life, these Christmas stories range from nostalgic, semi-autobiographical portraits of childhood to more unsettling tales of darkness beneath the festive glitter. In the Deep South of Capote's youth, a young boy, Buddy, and his beloved maiden 'aunt' Sook forage for pecans and whiskey to bake into fruitcakes, make kites - too broke to buy gifts - and rise before dawn to prepare feasts for a ragged assembly of guests; while in other stories, a lonely woman has a troubling encounter in wintry New York and an unlikely festive miracle, of sorts, occurs at a local drugstore.

Unha forma diferente de coñecer Pontevedra, a súa historia, as súas lendas e o seu patrimonio, a través do misterio e da aventura. Froiaz detesta Pontevedra, onde acaba de mudarse coa súa familia. Na noite de San Xoán escoita unha voz que canta cerca da súa xanela: era Mariña, unha nena moi especial con quen percorre a cidade baixo a lúa chea. Ela é capaz de facelo invisible ou transportalo a través do espazo e do tempo para coñecer a historia da cidade e a moitos dos personaxes que a poboaron: Méndez Núñez, Benito Soto,...

Ata onde chegan os segredos familiares?Canto tempo poden permanecer agochados?Rosa Quintás cóntalle ao seu sobriño a vida da súa nai, Estrela.Unha historia de paixóns, emocións e saudade que seguramente, coma aos protagonistas deste relato, nos fará máis fortes cás bolboretas.

Un cuento basado en la rivalidad y la competitividad y la gestión del conflicto por parte de los adultos desde la mirada respetuosa y de crianza consciente. Lucas quiere ser el primero en todo: en llamar al ascensor, en escoger el juego, en hablar en la asamblea,… Y claro, eso le trae muchos problemas y conflictos. El hada de los volcanes visitará a Lucas para ayudarlo a sentirse mejor y descubrir qué pasa cuando no se compite por todo.

Sauvage, révolté, Jun promène ses quinze ans dans les rues de Tokyo, loin d'une famille dont il refuse de parler. La rencontre surprenante d'un maître du sumo, qui décèle un "gros" en lui malgré son physique efflanqué, va l'entraîner dans la pratique du plus mystérieux des arts martiaux. Avec lui, Jun découvre le monde insoupçonné de la force, de l'intelligence et de l'acceptation de soi. Mais comment atteindre le zen lorsque l'on est dans la douleur et la violence ? Comment devenir sumo quand on ne peut pas grossir ?

Emilio non é tímido. É calado. Emilio pode semellar apoucado e tímido por fóra, pero no seu interior a imaxinación reborda. Mentres que as persoas maiores, e mesmo as outras nenas e nenos, ven a Emilio como alguén tímido que non ergue a man na clase, nós sabemos que Emilio é, en realidade, un aventureiro en alta mar, un explorador intrépido e un amigo dos animais salvaxes. Este relato defende e celebra a beleza de saber quen somos verdadeiramente.

Londra, 1924. La ventenne Beatrice Bernabò, detta Miss Bee, si è trasferita nella capitale inglese al seguito del padre Leonida, docente di Italianistica all'Università. Il mandato del padre gode della protezione dell'ambasciatore italiano nel Regno Unito. Invitata a cena dalla nobile dirimpettaia, Mrs. Ashbury – vedova e madre di un unico e affascinante figlio, il conturbante Christopher detto Kit – Beatrice si trova suo malgrado in mezzo a un giallo che è al contempo un triangolo amoroso: se non è colpevole l'uno, lo è l'altro. Ma lei di chi è innamorata, dell'uno o dell'altro? Ambientata nel mondo patinato e decadente dell'aristocrazia britannica al risveglio dall'incubo della Prima guerra mondiale, tra seducenti visconti e detective che sognano di tagliar loro la testa come nella rivoluzione francese, questa avventura di Miss Bee è una frizzante e incantevole combinazione di suggestioni – da Agatha Christie a Downton Abbey, dai romanzi di Frances Hodgson Burnett fino a Bridgerton – cui si aggiunge l'inconfondibile unicità del tocco di Alessia Gazzola.

"Ata o vindeiro Nadal / Hasta la próxima Navidad" é unha obra moi especial, non só polo seu contido, senón tamén polo seu formato. Trátase dun libro reversible, no que un lado está en galego e o outro en castelán. Deste xeito, permite que os lectores poidan gozar da historia nas dúas linguas, promovendo o bilingüismo e a diversidade cultural, tan importantes para nós. A través deste libro, Inés Silva convida aos nenos a vivir a maxia do Nadal durante todo o ano, estimulando a súa imaxinación e o amor pola lectura. Escrito por Inés Silva Traducido por Adrián Levices.

Unha historia simpática sobre a amizade, Papá Noel e o que é realmente importante no Nadal. Os catro amigos agardan a chegada do Nadal e quedan sen bombóns. Filippa sae a buscar máis, pero acaba atopando a Papá Noel. O mesmo lles ocorre ao gato Durmiñón, a Coello e ao asno Antero. Todo isto é moi estraño... Enredo no Nadal é a continuación dos populares libros Piano á fuga e Sen rastro do gato. O texto de Juha Virta e as ilustracións de Marika Maijala crean un mundo imaxinario cheo de simpáticas sorpresas.

(PREMIO EDEBE DE LITERATURA XUVENIL) (2ª ED. ) Todo comezou cun enigma: o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: as Lágrimas de Shiva.

¡DESCUBRE LA ASOMBROSA AVENTURA DE NUESTROS ORÍGENES… EN CÓMIC! La especie humana actual desciende de los homínidos que se parecen a los grandes simios. Ellos se encuentran en el origen de diversas especies de australopithecus y de hombres arcaicos, hoy desaparecidos. ¿Quiénes son nuestros antepasados más lejanos? ¿Qué sabemos de su modo de vida? ¿Cómo emergió el Homo sapiens de estos linajes? ¿Qué compartimos con nuestros primos neandertales? ¿El ser humano sigue evolucionando hoy? Con este cómic, iluminado por los últimos descubrimientos sobre nuestros orígenes, déjate guiar a través de miles de años de historia fascinante.

O queixo procede dun líquido, o cacao dunha semente, o algodón obtense dunha planta e a la dun animal. Tanto o queixo, como o chocolate ou a la, poden viaxar nun avión, pero tamén fan viaxes polo mundo a auga e a electricidade. E a túa mente... ata onde é capaz de viaxar? Din que o mellor das viaxes non é o destino, senón o propio camiño. Velaquí un libro no que descubrirás a andaina que el mesmo fixo para chegar ata ti, pero non só iso, senón que tamén te guiará na viaxe de obxectos, materias ou enerxías que habitan ao teu redor. Quizais non sexas consciente de cantas travesías marabillosas acompañas. Queres descubrilas? Non necesitas cinto de seguridade para esta viaxe, nada máis que unha mente inqueda que che permita descubrir a orixe das cousas. Un libro divulgativo en galego para entender e facer un percorrido por moitos procesos ordinarios que nos rodean tales como: de onde chega a auga que sae polas nosas billas, por que ao apertar un botón acéndese unha luz... ou mesmo como se sostén un avión no aire. A autora, María Canosa, é unha experta divulgadora científica con moitos anos de profesión na materia e cun aval de libros e premios de recoñecido prestixio. Un libro para aprender e xogar sobre o funcionamento de cousas que nos rodean.

En todas las relaciones se muestran aspectos positivos y negativos que debemos lidiar cada día para que las relaciones de pareja funcionen. En definitiva, somos nosotros los que definiremos el resultado en nuestra relación, sabiendo que hay líneas rojas que nunca debemos sobrepasar. Pero no siempre es así, todo cambia cuando encuentras a un depredador que está dispuesto a sobrepasar todas las líneas con tal de dominar. Este libro de poemas muestra lo que vivió y sufrió en el amor y la pasión, hasta la tristeza, el dolor y la desesperanza una mujer, dando un claro ejemplo de una relación que se inició como un cuento de hadas y terminó siendo… un trágico final.

Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan unha situación de risco e os cazadores acoden na súa axuda. Despois, o que comeza sendo unha conversa informativa e amábel irá derivando nunha tensa discusión, sobre a caza e outros asuntos da vida, até chegar a un punto de violencia verbal. As mulleres, nai e filla, abraiadas pola situación, deciden fuxir. Dombodán, o máis novo da cuadrilla e o único que é natural de Tras do Ceo, o territorio onde transcorre a historia, vai narrando os feitos que se suceden nunha xornada trepidante. E faino cunha ollada propia, que perturba e engaiola a un tempo, levándonos da comedia ao inferno. A nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical, salvaxe, sen edulcorantes, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural.

Ola. Se escolliches este libro é porque pensaches algunha vez en escribir. Escribir un conto, un poema, se cadra unha novela. Este non é un libro de receitas nin un manual. É unha invitación a deixarse levar polas palabras e as historias.

Alle Jahre wieder! Auch wenn früher mehr Lametta war, ist Weihnachten mit Loriot immer noch am schönsten. Neben dem legendären Adventsgedicht versammelt dieser Band mehr als 130 Zeichnungen über emsige Festvorbereitungen, Geschenke, die garantiert Freude machen, und besinnliche Stunden an Heiligabend. ›Es blaut die Nacht, die Sternlein blinken, Schneeflöcklein leis herniedersinken...

Barbara Thorson é un becho raro; non lle interesan as mesmas cousas que ao resto de rapaces da súa idade, é distante e solitaria, pasa os seus días enfrascada en xogos de rol, libros e, especialmente, matando xigantes co seu martelo de guerra máxico, Coveleski. A protagonista aprenderá a afrontar os problemas da vida, sen evadirse da realidade.

VOLVEN ESQUÍO E PAXARO! Onde está a herba? Desapareceu? Que é esa cousa branca e fría que cobre todo? Primeiro roubaron as follas, logo todo quedou cheo de flores e, agora, isto. Menos mal que Paxaro está disposto a explicarlle a Esquío en que consiste o inverno. Pero, de súpeto, Esquío atopa un esquío de neve e cre que lle roubou as abelás! Poderá Paxaro darlle unha resposta a Esquío ou será o tempo quen o faga?

Publícanse as fotografías realizadas por Constantino Vila Díaz (1936-2019) na cidade de Monforte de Lemos durante medio século (1950-2003). Nado na Pobra do Brollón, pero afincado coa súa familia en Monforte, foi o seu pai, Salustio Vila o iniciador da saga adicándose á fotografía. Tras unha primeira experiencia en Barcelona, regresa ás terras de Lemos e, da man do seu pai, continua como fotógrafo profesional xunto co seu irmán Arcadio.

A tita vive con Noa e a súa familia. Axuda na casa e apréndelle á nena cousas moi valiosas para a vida. Mais un día, o cuarto da tita aparece baleiro. Onde marchou? Por que ninguén lle conta nada a Noa? Unha das obras máis famosas de Concha Blanco nunha nova edición ilustrada por Miguel Robledo.

Perú, 1986. Cando Laila ingresa na clínica neurolóxica de Lima non pasa desapercibida: a filla dun diplomático finlandés e o seu cabelo moi louro intrigan os xoves pacientes do Departamento de Pediatría. Especialmente a El Rato, o rapaz coa lingua máis longa que Laila coñeceu. Os dous atopan accidentalmente un estraño diario, escrito en 1941 por un tal doutor Clarke, e quedan fascinados polo debuxo dunha flor rara utilizada polos xamáns da tribo de K., que segundo as notas de Clarke ten un gran poder curativo. Xusto nese momento chega o diagnóstico para Laila: os médicos por fin conseguiron darlle un nome á súa enfermidade, un nome que non deixa esperanzas. Ou talvez si. Aínda hai unha cousa que os dous amigos poden facer xuntos: encontrar a Flor Perdida que quizais poida curar a Laila. E cambiar o destino de ambos. Comeza así unha longa e inesperada viaxe que os levará dende os Andes ata a selva amazónica, desafiando terroristas, narcotraficantes e unha natureza maxestosa e terrible.

Unha apaixonante e divertida viaxe ao Paleolítico galego, ao berro de «Mamut, cómeme o cu!»

Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito. Mais, coma sempre, a súa intuición erra de cheo. Sonche ben expertos en meterse en sarillos! A visita ao xacemento arqueolóxico de Cova Eirós serviralles de porta de entrada ao Plistoceno. Desta volta, a súa principal ameaza será unha nena neandertal, rebuldeira e divertida, coa que deberán facer boas migas se queren sobrevivir nun mundo tan hostil como fermoso. O Paleolítico galego amosaralles os seus segredos mellor gardados, onde non todo é o que parece, amigos! Logo de viaxar ao Cretáceo en «Catro plumas de dinousauro», Xoel e os seus amigos viven outra apaixonante aventura, desta volta no Paleolítico, ao berro de «Mamut, cómeme o cu!».

A serie PERFECTA para primeiros lectores! Comeza lendo a palabra que aparece ao final de cada liña e continúa para ler a historia completa! A algúns monstros gústalles xogar . . . E a outros gústalles asustar!

1941. No caos da Marsella en guerra, o enxeñeiro e ocultista estadounidense Jack Parsons atopa un grupo clandestino antinazi, do que fai parte o teórico surrealista André Breton. Nos retorcidos xogos de diplomáticos disidentes, revolucionarios exiliados e artistas de vangarda, Parsons acha unha esperanza. Mais o que involuntariamente libera é o poder dos soños e os pesadelos, mudando a guerra e o mundo para sempre. 1950. Thibaut, un solitario loitador surrealista, camiña por unha nova e alucinóxena Paris, onde os nazis e a Resistencia están atrapados nun conflito sen fin e nas rúas asexan imaxes e textos que cobraron vida -e tamén forzas do Inferno. Para fuxir da cidade, Thibaut debe unirse a Sam, unha fotógrafa estadounidense, e faceren causa común cunha poderosa e enigmática figura: o cadáver exquisito. China Miéville (Londres, 1972) é un dos autores máis afamados da fantasía actual debido á súa capacidade para redefinir os límites do xénero e afondar no new weird, que borra a difusa liña entre a fantasía e a ciencia ficción, entre a cultura pop e a arte culta. A súa traxectoria foi recoñecida con prestixiosos premios como o Hugo e o World Fantasy Award ou o Arthur C. Clark que recibiu até en tres ocasións.

Los mejores y más terroríficos cuentos navideños de los grandes autores de la literatura universal La creencia en fantasmas es, probablemente, tan vieja como la propia humanidad y el gusto por la narración oral. Resulta natural entonces que ambas se combinaran a la perfección durante el crudo y amenazador invierno, cuando la muerte estaba más presente que nunca, propiciando de este modo que los cuentos de espectros y aparecidos se consolidaran en tales fechas como una popular tradición. Diseñados para enmascarar las cosas que más nos asustan y aligerar la carga de nuestros pensamientos, el atractivo secreto de estos relatos —de las horribles criaturas que creamos, de los fantasmas que nos acechan y los demonios que operan en nuestras mentes— es que, si bien las historias en sí son ficciones, los peligros subyacentes que evocan y la emoción que sentimos al enfrentarlos son absolutamente reales. Así pues, acurrucados junto a la chimenea y en un ambiente netamente festivo, esta terrorífica antología nos invita a redescubrir esa milenaria experiencia, magnética y sugestiva mezcla de divertimento y escalofrío. Charles Dickens, Nathaniel Hawthorne, J. H. Riddell, Sheridan Le Fanu, Guy de Maupassant, Antón Chéjov, Benito Pérez Galdós, Arthur Conan Doyle, J. M. Barrie, J. K. Bangs, B. M. Croker, Thomas Hardy, Edith Nesbit, G. K. Chesterton, Algernon Blackwood, Emilia Pardo Bazán, M. R. James y Arthur Machen.

Nun mundo onde semella que os cartos poden comprar todo, tres persoas atópanse na clínica de fertilidade Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. A Alma gustaríalle ser invisible, pero as cargas familiares, as do presente e as do pasado, impídenllo. Carla fixo o imposible por salvar un pai que só sabía querer unha muller morta. An loitou desde ben pequeno por cumprir coas expectativas da nai, mesmo se tiña que esquecerse da súa propia identidade. Nesa sala de espera comezan a entender que o pecado orixinal que arrastran non é culpa súa, e que todo sacrificio ten un límite. Estas tres vidas entretécense ata que as costuras non dan máis de si, rebentando de forma violenta e dando paso ao que realmente agochaban debaixo: vinganza. Antía Yáñez proponnos, a través da historia deste clan de subalternas, un antídoto cheo de furia e sororidade co que facer fronte á precariedade, á discriminación e á explotación. Porque a violencia nunca é a solución. Ata que o é.