Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
2024-CONCURSO DE NADAL
Manuel Padín Truitei
Created on December 11, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
CONCURSO:
UNHA HEROÍNA NO NADAL
CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO
OPCIÓNS
O alumnado poderá optar por presentar o seu reto en calquera das seguintes opcións narrativas:
- Opción 1: Poema.
- Opción 2: Banda deseñada ou cómic.
Poderá presentarse un único reto ou participar con ambas opcións.
CATEGORÍAS
INFANTIL
PRIMARIA
4º, 5º e 6º de infantil
Opción 1: Poema
O alumnado de Infantil deberá crear un poema de Nadal sobre unha heroína real ou inventada, ilustrado cun debuxo e composto por, como mínimo, 1 pareado. Deberá incluír obrigatoriamente un título (en galego).
O poema presentarase en tamaño A4 e en formato vertical.
4º, 5º e 6º de infantil
Opción 2: Banda deseñada ou cómic
O alumnado de Infantil deberá crear unha pequena historia de Nadal protagonizada por unha muller e contada a través de, como mínimo, 3 viñetas. Poderán levar texto (opcional) e deberán incluír obrigatoriamente un título (en galego).
A historia presentarase en tamaño A4 e en formato vertical.
1º a 6º de Primaria
Opción 1: Poema.
O alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria deberá crear unha composición poética sobre unha heroína real ou inventada anvientada no Nadal. Poderá empregarse calquera tipo de composición e estrutura poética:
• Poesía escrita en verso • Caligrama (poema en forma de debuxo) • Acróstico ( cando coas letras iniciais de cada verso se forma unha mensaxe) . . ..
A obra virá acompañada dunha ilustración alusiva ao tema tratado. O poema estará escrito en lingua galega e deberá incluír obrigatoriamente un título.
O traballo presentarase en tamaño A4 e en formato vertical.
1º a 6º de Primaria
Opción 2: Banda deseñada ou cómic.
O alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria deberá crear unha historia de Nadal protagonizada por unha muller e contada a través dunha banda deseñada que abarcará un mínimo de 6 viñetas e un máximo de 3 páxinas. O cómic estará escrito en lingua galega e deberá incluír obrigatoriamente un título. O traballo presentarase en tamaño A4 e en formato vertical.
Presentación
Os retos deberán vir escritos en galego e presentaranse en formato pdf (unha vez creado, deberá escanearse e gardarse en pdf).
Ademais da orixinalidade da obra, para outorgar o premio terase moi en conta a boa presentación: marxes, limpeza, ortografía, caligrafía, coloreado...
Modo de entrega
Os traballos deberán escanearse para poder envialos en formato pdf ao correo da biblioteca:
biblioteca.manuelpadintruiteiro@gmail.com
Tamén poderán entregarse directamente á titora ou titor correspondente á volta das vacacións.
Data de entrega
A data límite de entrega será o venres, 10 de xaneiro de 2025.
Xurado e premios
Todos os traballos presentados serán publicados no blog da Biblioteca. O Equipo de Biblioteca será o encargado de valoralos.
Reunirase o martes, 21 de xaneiro, e escollerá en cada nivel un traballo gañador que recibirá como agasallo un libro.
Comunicación dos traballos premiados
O venres, 31 de xaneiro de 2025, comunicarase o resultado do xurado, os nomes do alumnado gañador e farase a entrega dos premios.
BOAS FESTAS !!!
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !