Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Presentación Proxecto Arte_Probleu

Ambassador

Created on December 1, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

instalación artística

IES Félix Muriel_ProBleu

Que imos facer?

No presente proxecto imos crear unha instalación artística a partir dos contidos da materia e como parte das actividades de desenvolvemento do proxecto ProBleu. Baseados na idea realizada no IES de Sar de Compostela imos facer a nosa propia instalación a partir de 3 elementos base:

  1. Emprego de materiais de refugallo e recursos da aula Polos Creativos
  2. Liberdade creativa, inspirada nos estilos de arte e literarios: Rococó, Neoclasicismo, Romanticismo e Realismo.
  3. Fauna e algas dos nosos mares, da nosa Ría de Arousa

índice

Escoller fauna mariña

Descrición

Escoller algas

Nivel

Materias implicadas

Estilos artísticos

Temáticas

Buscamos inspiración

Equipos

Materiais

Rol

Estilos literarios

Sesións

Escoller textos

Compartimos

Descrición

Empregamos libros reciclados como marco Nunha páxina creamos un exemplo de fauna mariña en 3D acompañado dun debuxo de algas como elemento complementario Na outra páxina mesturamos o texto (frase, versos ou microrrelato) mantendo carcaterísticas dos estilos literarios traballados. Como complemento decoramos a páxina respectando características dalgún dos estilos artísticos traballados neste proxecto.

Creamos unha instalación artística conxuntando aspectos de: Historia da arte Ed. plásica e visual Lingua e literatura Inspirámonos nos seguintes estilos:

  • Rococó
  • Neoclasicismo
  • Romanticismo
  • Realismo
Recoñecemos os elementos, fauna, algas, paisaxe etc propios do noso entorno e aqueles que son alleos a el, é dicir son invasivos e poden poñer en risco o noso ecosistema. Reciclamos materiais e facemos uso dos recursos de Polos Creativos.

''É momento de comezar, organizar, planificar, deseñar e crear"

3º ESO - IES Félix Muriel

Materias

Materias implicadas no desenvolvemento da tarefa

Xª e Hºª

Educación Plástica e Visual

Lingua e Literatura galegas

Temas

Ecoloxía

Igualdade e diversidade

#Fervedoiro

“Estudo do impacto e consecuencias do aumento da temperatura das augas marítimas e continentais na ría de Arousa”. ProBleu 1714413822

Equipos

Compoñentes

Equipo 4

Compoñentes

Equipo 1

Compoñentes

Equipo 5

Compoñentes

Equipo 2

Compoñentes

Equipo 6

Compoñentes

Equipo 3

Rol/Funcións

Organizade e distribuíde as tarefas do equipo segundo as vosas destrezas e habilidades

Lista / proceso

Preparar marcos
Creación de textos
Deseño fauna mariña e algas
Organización de equipos
Escolla

Fauna mariña

Guía visual dos animais mariños

Pesca de rías. Ilustracións

Guía IEO Centro Oceanográfico A Coruña

Especies invasoras

Algas

Estilos artísticos

Neoclasicismo

Rococó

Sobriedade e solemnidade. Aposta na pintura pola recuperación do debuxo. Prefire as cores claras e pouco contrastadas, Composicións equilibradas e estáticas

Ostentación da riqueza da nobreza. É un estilo artístico optimista, case frívolo en ocasións. Caracterízase por unha decoración recargada, Espazos bucólicos ou en interiores luxosos. Teatralidade. Cores pastel. Figuras idealizadas

Realismo

Romanticismo

Reprodución minuciosa da realidade e os tipos populares, evitando o idealismo romántico.

Cores vivas e brillantes e polas luces contrastadas. A composición estaba ocupada por masas desordenadas e axitadas, pois a arte debía centrarse na expresión dos sentimentos que se contaxias aos espazos naturais que os rodean

Ideas

Materiais

Que materiais precisamos?

Tipos de textos

"Frase inspiradora ou ameazante"

Poesía/Versos

Microrrelato

Estilos literarios

Rococó

Neoclasicismo

Romanticismo

Realismo

Creamos equipos

Configuramos equipos de traballo Compartimos no foro da tarefa (plataforma dixital EVA) o nome das e dos integrantes de cada equipo

Ligazóns

Exemplos:

Creacións oceánicas para cortadora láser

Bandada de peixes

Deseño de peixes

Fauna mariña para cortadora láser

Deseños 3D papel

Tiburón Vectores

Deseñamos

Fauna mariñas e algas
  1. Escollemos fauna mariña para o noso diseño
  2. Escollemos alga para o noso diseño
  3. Planificamos a nosa creación (facemos un boceto previo).
    1. Páxina fauna e animal
    2. Páxina con texto e decoración
  4. Creamos o noso animal mariño 3D (na páxina da presentación ideas podemos ver exemplos)

Ligazóns

Exemplos:

Creacións oceánicas para cortadora láser

Bandada de peixes

Deseño de peixes

Fauna mariña para cortadora láser

Deseños 3D papel

Tiburón Vectores

3D con papel (papercraft) WOW!!

Escolla

Seleccionamos deseños
  • Nesta parte cada equipo escollerá as mellores partes ou ideas dos deseños dos e das integrantes de ditos equipos.
  • Deseño do boceto da proposta creativa final
  • Iniciamos o proceso creativo final
  • Expoñemos os nosos traballos individuais e a proposta final de cada equipo

Os marcos

Preparamos os marcos
  • Reciclamos libros que convertiremos no marco da nosa creación.
  • Branqueamos o libro
  • Deseñamos a decoración da páxina de texto
  • Debuxamos a alga na páxina de fauna e algas

Textos

Preparamos textos

1. Escollemos tipo de texto:

    • microrrelato
    • frase/mensaxe
    • versos/poesía
2. Revisamos características dos estilos literarios (vai ao índice Estilos literarios):
    • Rococó
    • Neoclasicismo
    • Romanticismo
    • Realismo
3. Redactamos anosa proposta (lembra pode ser mensaxe positiva ou negativa, oportunidade ou risco/alarma)

Ligazóns

Exemplos:

Creacións oceánicas para cortadora láser

Bandada de peixes

Deseño de peixes

Fauna mariña para cortadora láser

Deseños 3D papel

Tiburón Vectores

Ligazóns

Que é a ilustración ou debuxo científico?

Evolución da ilustración científica

Tipos de ilustración científica

Para saber máis....

Ligazóns

Exemplos:

Creacións oceánicas para cortadora láser

Bandada de peixes

Deseño de peixes

Fauna mariña para cortadora láser

Deseños 3D papel

Tiburón Vectores

Ligazóns

Exemplos:

10 Consellos para facer microrrelatos

Exemplos de microrrelatos

Cales son as principais características do rococó na literatura? Para entender mellor o rococó como movemento literario, cómpre ter en conta as súas principais características:

  • Ornamentación e refinamento: o rococó caracterizouse por unha estética decorativa e refinada que se reflectiu na literatura mediante o uso da linguaxe florida, as figuras de estilo e un estilo barroco e excesivamente ornamentado.
  • Temas amorosos e sensuais: o rococó literario centrouse na exploración de temas como o amor, a sensualidade e o erotismo, e utilizou unha serie de recursos para expresalos dun xeito sutil e elegante.
  • Natureza e vida cotiá: os escritores rococó atoparon inspiración na natureza e na vida cotiá, e utilizaron estes temas para crear unha atmosfera bucólica e romántica nas súas obras.
  • Ironía e humor: o rococó tamén destacou polo uso da ironía e do humor, moitas veces utilizados para ridiculizar as convencións sociais e os prexuízos da época.
Fonte: https://www.literarysomnia.com/articulos-literatura/el-rococo/#google_vignette

Sensación exacerbada. Fronte á razón da Ilustración, a literatura do Romanticismo amosa personaxes (e autores) temperamentais, namorados, melancólicos, etc. ... Exaltación do eu. ... Mira ao pasado. ... Exotismo. ... Natureza sombría. ... Misterio. ... Xustiza social.. Fonte: https://www.significados.com/literatura-del-romanticismo/

Esta tendencia chega a afastarse da fantasía e da imaxinación imperantes durante a primeira metade do século XIX para explicar a realidade social e analizala. Así mesmo, supón un cambio na lingua e no estilo do período anterior. A novela imponse neste período como a manifestación literaria máis destacada e axeitada para observar, reflexionar e explicar a realidade social. Fonte: https://www.culturagenial.com/es/realismo-literario/