Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Calendario de Nadal

Vanessa Arca

Created on November 30, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Customer Profile

Movie Infographic

Interactive QR Code Generator

Advent Calendar

Tree of Wishes

Witchcraft vertical Infographic

Halloween Horizontal Infographic

Transcript

Calendariode

Nadal

2024

10

11

12

13

15

14

18

16

19

17

20

22

24

21

23

25

28

25

27

29

26

31

CEIP Nosa Señora das Dores

APRENDER XUNTOS

Ser un colexio rural é unha oportunidade única para transformar as diferenzas de idade en experiencias enriquecedoras. Nos momentos de lecer, o alumnado de distintos cursos comparte espazos nos que interactúa, colabora e constrúe vínculos de amizade que van máis alá das aulas.Estas vivencias fortalecen valores como a empatía, a cooperación e o respecto mutuo, creando un ambiente no que todas e todos aprenden xuntos e medran como comunidade. As fotografías capturan a esencia desta convivencia tan especial.

O MAGOSTO NO COLEXIO

Magosto é unha das festas máis queridas do cole, onde a castaña asada, ben quente, é o manxar estrela. Pequenos e maiores desfrutamos dunha xornada chea de tradicións e xogos populares, fomentando a participación de todos. É unha oportunidade para conectar coa nosa cultura, transmitir valores como a convivencia e fortalecer os lazos entre alumnado e profesorado. Ademais do pracer gastronómico, o Magosto énchese de alegría, costumes e momentos compartidos. Esta celebración combina diversión e tradición, alimentando tanto o corpo como o corazón e mantendo vivo o respecto polas nosas raíces culturais.

Chega a regularización

O edificio estaba baleiro e sen recursos, pero os veciños axudaron co traslado do mobiliario vello da Escola Graduada usando os seus camións. Incluso un cine que renovara os seus asentos doou os antigos bancos

para o comedor. Toda a comunidade colaborou co que tiña. Co alumnado xa nas aulas, o Nosa Señora das Dores continuou funcionando fóra da legalidade, xa que non estaba recoñecido por ningunha institución oficial. Finalmente, en 1977 o centro regularizouse e naceu o Colexio Nacional de Forcarei, nomeándose a D. Manuel Brea Porto como director oficial.

O TEATRO NO COLE

Hoxe lembramos o teatro, unha parte esencial da historia do noso cole. O escenario converteuse nun lugar máxico onde alumnado e profesorado colaboraron para dar vida a representacións inesquecibles. Destacaron pola súa variedade, o esmero na caracterización e o traballo en equipo, desde clásicos literarios ata creacións propias. Alumnado e docentes, coa axuda das familias, puxeron talento e esforzo, participando na confección de vestiarios, decorados e actuacións. Máis que obras teatrais, foron experiencias que fortaleceron a comunidade educativa, fomentaron a creatividade e transmitiron valores. O teatro segue a ser un símbolo da nosa identidade, demostrando que, xuntos, creamos momentos únicos e memorables.

Proxecto Piloto

Foi ideado polo Ministerio coa intención de unificar a Escola Graduada en Galicia. Así se iniciou un proceso de captación de estudantes chegando a reunir no concello 600 alumos e alumnas procedentes de Acibeiro, Castrelo, Dúas Igrexas, Forcarei, Magdalena, Meavía, Millerada, Pardesoa, Pereira, Quintillán, San Miguel, Santa Mariña e Ventoxo. Como o colexio aínda non estaba rematado, decidiron impartir as clases en locais cedidos polos veciños, como a Casa dos Curinos, o Cuartel da Garda Civil, a Casa de Pichel e a Escola Graduada existente na vila.

As mestras e mestres

Foron moitos os alumnos e alumnas que pasaron polas aulas do colexio, así como numerosos mestres e mestras que deixaron a súa pegada na historia do colexio. Grazas a D. Manuel Brea, conservamos unha das primeiras fotografías dos mestres e mestras de Forcarei, onde aparecen xunto co inspector da zona, D. Plácido de Castro Pena, inmortalizando os primeiros pasos desta gran comunidade educativa.

A ocupación

O centro funcionou durante varios anos como unha idea máis que como unha realidade asentada nun lugar físico. Porén, en 1974 as instalacións estaban rematadas, pero quedaba un obstáculo: poder utilizalas. D. Manuel Brea alcalde de Forcarei e director accidental da Escola Graduada, ao suceder a D. Francisco Filgueiras, falou co contratista, quen se negaba a entregar a obra por diferencias co Ministerio, e pediulle que os deixase usar o centro de forma extra oficial. O empresario aceptou e entregoulle as chaves, sen ceder oficialmente o uso á Administración.

A FORZA DOS XOGOS POPULARES

Os xogos populares teñen un papel fundamental nas actividades do centro, especialmente en celebracións tradicionais como o Magosto e as Letras Galegas. Estas dinámicas recuperan costumes que forman parte da nosa identidade cultural, como as carreiras de sacos, o xogo do pau ou a corda, fomentando a diversión e o espírito de equipo entre o alumnado. Ademais de entreter, ensinan valores como a cooperación, o respecto polas tradicións e o gusto pola convivencia. Incorporar estes xogos permite conectar co noso pasado e transmitir ás novas xeracións un legado cultural que fortalece os lazos comunitarios e enriquece as nosas festas escolares.

SORTEANDO DIFICULTADES

Esta foto lévanos a unha época na que acudir á escola era un auténtico acto de esforzo e sacrificio para moitos alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora das Dores. Debido ao mal estado das estradas, o autobús escolar non podía acceder a lugares como Loureiro, Dúas Igrexias, Chamosa ou Valiñas. Por esta razón, o alumnado destas zonas tiña que facer o traxecto a pé, tanto para ir como para volver, despois de xantar no centro escolar.Nunha etapa posterior, os alumnos e alumnas de Loureiro tiveron a posibilidade de desprazarse ata Dúas Igrexias grazas a un Land-Rover posto ao seu dispor. Esta imaxe recorda o valor do esforzo e a importancia que as familias e os nenos e nenas lle daban á educación, mesmo en tempos de adversidade.

Autoría:Facebook Ollar GaliciaForcarei anos 30 Aciveiro.

ESPÍRITU DEPORTIVO

As fotografías reflicten a tradición e a importancia das actividades deportivas, especialmente no marco das competicións escolares que compartimos cos centros da comarca. Estes momentos son unha oportunidade para fomentar valores como o compañeirismo, a superación e o respecto, alén de crear lembranzas inesquecibles. A xornada final, coa entrega de medallas, é un momento cheo de emocións para o alumnado, onde a ilusión e o orgullo polo esforzo realizado cobran

protagonismo fortalecendo o espírito de equipo e amizade.

Recoñecendo talentos

Nos primeiros anos do colexio, unha das tradicións máis significativas do festival de fin de curso era a entrega de premios ao mellor alumno/a de cada clase. Este servía para destacar o esforzo, a dedicación e os valores do alumnado, poñendo de manifesto a súa calidade educativa. Porén, co tempo, o equipo docente decidiu suspender esta práctica. A elección dun único/a gañador/a facíase cada vez máis complexa, xa que en cada aula abundaban os alumnos as alumnas merecentes de tal distinción. Para evitar diferenzas e poñer de relevo o traballo conxunto, optouse por eliminar esta distinción, reforzando así unha filosofía de igualdade e colaboración que reflicte os valores fundamentais do noso centro.

FAMILIAS QUE CONSTRÚEN ESCOLA

Dende os inicios do noso cole en 1974, o apoio incondicional das familias foi un alicerce fundamental. Máis aló de ser un espazo de aprendizaxe, o centro converteuse nun punto de encontro onde alumnado, profesorado e familias colaboran para crear unha verdadeira comunidade educativa. As familias participaron e participan nas actividades organizadas ao longo dos anos e tamén achegan ideas, esforzo e compromiso na planificación e execución de numerosos eventos. O apoio das familias é, sen dúbida, unha parte esencial do que somos e do que queremos seguir sendo: unha comunidade onde cada un contribúe a construír un espazo enriquecedor e acolledor para todos.

As orixes

O noso colexio, o CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, abriu as súas portas en 1974, nun momento de transformación para a educación en Galicia e en España. Na etapa final da ditadura franquista, o sistema educativo estaba en pleno proceso de renovación, e Galicia reforzaba a súa rede de escolas públicas para atender as necesidades da poboación. A creación do centro en Forcarei respondeu a este impulso de mellora e ampliación do acceso á educación pública, marcando un punto de inflexión no desenvolvemento educativo da comarca.

Primeiras promocións

As primeiras xeracións do colexio de Forcarei representan un reflexo vivo da relevancia da educación e do esforzo colectivo. Nesta imaxe, a mestra Carmen Cubela, docente de Infantil, aparece rodeada do seu grupo de alumnos, simbolizando unha etapa na que a escola era moito máis que un lugar de aprendizaxe: era un refuxio de esperanza para as familias da nosa terra. Mestra, nai, loitadora e xenerosa. Estas palabras non só describen a figura de Carmen Cubela, senón que tamén renden homenaxe a todas as docentes que deixaron unha

pegada inesquecible no CEIP Nosa Señora das Dores, comprometéndose co futuro das novas xeracións e co progreso da nosa comunidade.

OS SABORES DO OUTONO

No outono, o noso centro celebraba a tradicional exposición de froitos de temporada, unha actividade que sempre contou cunha gran acollida entre o alumnado. Este evento permite aprender e recoñecer os froitos típicos do outono, como castañas, noces, améndoas ou mazás, promovendo o coñecemento da natureza e a cultura local. A exposición destaca tamén pola colaboración activa das familias, que participan achegando produtos e enriquecendo a experiencia educativa.

A MÚSICA, ALMA DO NOSO COLE

A música é unha das bases fundamentais do noso centro, presente en actuacións que marcaron momentos especiais como os Festivais de Nadal e de final de curso, enchendo o cole de alegría e emoción. Vai máis aló das celebracións, xa que dende hai anos marca as entradas, saídas e cambios de clase cun ritmo único, integrándose no día a día. O traballo dos mestres e mestras e o entusiasmo do alumnado fixeron da música unha parte esencial da nosa identidade en varias exposición co gallo do festexo da patrona dos músicos no mes de novembro. Está claro que no noso cole, a música non só se escoita: séntese.

UN MESTRE E ARTISTA PARA A HISTORIA

Hoxe, o noso calendario de advento abre a porta para lembrar a un mestre comprometido e defensor incansable da lingua e da cultura galegas, que iniciou a súa traxectoria como docente no noso colexio: Xosé Luis Rivas "O Mini".A súa contribución vai máis alá do ámbito educativo, sendo tamén unha figura destacada na música tradicional galega como membro das emblemáticas bandas "Fuxan os Ventos" e "A Quenlla". Ademais, é o compositor da música de Mamasunción, a célebre curtametraxe do querido Chano Piñeiro, parte esencial do noso patrimonio audiovisual.