Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

Pórtico da gloria

Laura Blanco Garrido

Created on November 29, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Math Lesson Plan

Primary Unit Plan 2

Animated Chalkboard Learning Unit

Business Learning Unit

Corporate Signature Learning Unit

Code Training Unit

History Unit plan

Transcript

Pórtico da gloria

Laura Blanco 4º

empezar

PÓRTICO

O Pórtico da Gloria, situado na catedral de Santiago de Compostela, é obra do mestre Mateo e do seu taller, construído entre 1168 e 1188, durante o reinado de Fernando II de León, que financiou a obra cunha dotación anual de cen maravedíes. Este pórtico representa un estilo de transición entre o románico e o gótico. Para superar o desnivel do terreo e das naves da catedral, o equipo de Mateo construíu unha cripta. O 1 de abril de 1188 colocáronse os linteis do pórtico, rematando a súa construción en 1211, cando Afonso IX consagrou o templo.

O MESTRE MATEO

O mestre Mateo foi o encargado de rematar o templo románico e a súa adaptación espacial e conceptual. Recibiu unha pensión vitalicia de Fernando II en 1168, o que demostra a relevancia da súa obra. Só hai dúas referencias contemporáneas a el: a inscrición nos linteis do Pórtico de 1188, que indica que dirixiu a obra desde os cimentos, e o documento da súa pensión. (clica abaixo, no +)

Arco central

Este arco destaca por representar a Paixón de Cristo dun xeito simbólico. A ambos lados dos evanxelistas (San Marcos e San Lucas) aparecen anxos portando instrumentos relacionados coa Paixón: a cruz, a coroa de espiñas, a lanza, os cravos, a columna da flaxelación, a xerra de Pilatos, entre outros. Por riba delas están as almas benditas, 40 en total, que simbolizan a multitude celestial.

No tímpano central aparece Xesús coas marcas da crucifixión, nunha representación máis humana e menos apocalíptica que as habituais da época. O tímpano está coroado por unha arquivolta cos 24 anciáns do Apocalipse, que levan instrumentos musicais (organistro, cítaras, salterios, arpas) coma se estivesen a preparar un concerto celeste. Os instrumentos foron recentemente reconstruídos e utilizados en concertos. Dous vellos sosteñen frascos en lugar de instrumentos.

parteluz e zócalo

Baixo a columna, hai unha figura barbuda (posiblemente Noé) e dous leóns. Durante séculos, os peregrinos tocaban o pé esquerdo de Santiago como símbolo do fin da súa viaxe, ademais de pasar as mans polas cavidades da árbore mentres rezaban A figura axeonllada do mestre Mateo, representada ao pé da columna cara o altar maior, É obxecto dunha tradición que consiste en bater a cabeza contra a súa escultura procurando adquirir sabedoría.

No parteluz érguese Santiago Apóstolo, patrón da basílica, co seu bastón de peregrino e un pergamiño que di Misit me Dominus ("O Señor envioume). Enriba dela, na capital, represéntanse as tentacións de Cristo, e na base está a árbore de Xesé, que amosa a xenealoxía de Cristo de Xesé, pai de David. Trátase da primeira representación deste tema na Península Ibérica.

arcos laterais

Arco dereito

arco esquerdo

VS

Representa escenas do Antigo Testamento. Na primeira arquivolta aparece Deus creador bendicindo aos peregrinos e sostendo o libro da Verdade Eterna. Á súa dereita vense figuras como Adán, Abraham e Xacob; e á súa esquerda, Eva, Moisés, Aharón, David e Salomón. Adán e Eva non teñen coroa, simbolizando a súa caída.

Representa o xuízo final. No ceo, os elixidos son guiados por anxos, mentres que no inferno aparecen monstros torturando as almas condenadas. Na arquivolta aparecen figuras que algúns identifican como Cristo e San Miguel, ou Deus Pai e Deus Fillo. Na xamba dereita están representados os apóstolos Bartolomé, Tomé, Marcos, Lucas e Xoán; pola esquerda, Felipe e Andrés.

Bibliografía

Comentarios de historia del arteEl confidencial Catedraldesantiago.es Sonmaravillas Wikipedia

Tamén se representou o mestre Mateo ao pé do Pórtico, nunha estatua coñecida como o Santo dos Croques, onde aparece axeonllado coa inscrición Architectus. Esta representación, insólita para a súa época, xerou unha tradición entre os peregrinos, que golpean suavemente a cabeza contra a figura que buscan obter a súa sabedoría.