Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Over 30 million people create interactive content in Genially.

Check out what others have designed:

Transcript

Charles Barry (1889): Castillo de Highclere. Hampshire

HISTORICISMO - NEOGÓTICO

  • O historicismo e unha estética arquitectónica vinculada ó romanticismo pictórico.
  • Pretende recuperar as tradicións do pasado, especialmente medieval. Por isto, a súa máxima expresión será o neogótico.
  • Nisto inflúe tamén o auxe da ideoloxía nacionalista, que vía nesta época do goticismo a etapa formativa dos diferentes estados europeos.
  • En xeral, o vocabulario arquitectónico é o mesmo que no estilo gótico, se ben levado ó seu extremo. Podemos distinguir unha obra historicista dun gótico orixinal pola súa perfección e por amoldarse a un modelo ideal, o que rara vez se cumpría en época medieval.

CRONOLOXÍA: primeira metade do século XIX

CARACTERÍSTICAS XERAIS

Viollet-le-Duc (1864). Catedral de Notre Dame. París.

Viollet-le-Duc (1814-1879). Carcassone. Francia.

A. Pugin e Charles Berry (1845). Palacio de Westminster. Londres.

Catedral de Colonia (1880). Alemaña.

Imre Steindl (1904). Parlamento de Budapest.

James Renwick Jr. (1858). Catedral de San Patricio. Nova Iork.

Charles Garnier (1874): Ópera de París.

ECLECTICISMO

  • Na segunda metade do XIX, o estilo historicista deriva deica o eclecticismo, definido habitualmente como un “carnaval de estilos” no que se mesturan diversas tradicións arquitectónicas do pasado.
  • Normalmente, poderemos identificar unha tendencia arquitectónica que predomine sobre o resto (clasicista, goticista, bizantina, barroca...), normalmente vinculada ós valores asociados a ela, dos que se quería impregnar a nova construción.
  • Moitos críticos teñen clasificado a esta tendencia arquitectónica coma un “estilo sen estilo”.

    CRONOLOXÍA: segunda metade do século XIX

    CARACTERÍSTICAS XERAIS

    Charles Garnier (1858). Casino de Montecarlo.

    Paul Walor (1894). Reichstag. Berlín.

    Riedel e Gorg Dollman (1886). Castelo de Neuschwanstein. Baviera

    G. Sacconi (1885). Monumento a Vítor Manuel II. Roma.

    Eduardo Adaro e Sainz de la Lastra (1891). Banco de España. Madrid.

    Gustave Eiffel (1889): Torre Eiffel. París.

    ARQUITECTURA DO FERRO

    • Ten o seu auxe en relación ós adiantos levados a cabo durante o proceso da Revolución Industrial (1760-1914).
    • Caracterízase por introducir novos materiais, especialmente o ferro, cuxa produción viuse abaratada grazas a invención dos altos fornos. As armazóns metálicas exhibiranse como símbolo de progreso e modernidade.
    • Á par dos arquitectos de formación tradicional aparece agora a figura do enxeñeiro,
    • Tamén cobran forza novas tipoloxías arquitectónicas en resposta ás necesidades da nova sociedade industrial: estacións de ferrocarril, pontes, viadutos, mercados...
    • Na difusión desta estética tiveron moita importancia as Exposicións Universais, exhibicións de inventos e avances técnicos que requirían de amplos pavillóns nos que albergalos. As máis importantes foron a de Londres (1851) e París (1889).

    CRONOLOXÍA: segunda metade do século XIX

    CARACTERÍSTICAS XERAIS

    Hottorff (1861): Gare du Nord. París.

    Hottorff (1877): Estación do oeste. Budapest.

    Ponte de Luís I (1880). O Porto.

    John A. Roebling (1883). Ponte de Brooklyn. Nova Iork.

    Henry Labrouste (1850). Biblioteca de Santa Xenoveva. París.

    Henry Labrouste (1868). Biblioteca Nacional. París.

    J. Paxton (1851). Pazo de Cristal. Londres (1). Dutert e Contamin (1889). Sala de Máquinas. París (2 e 3)

    Ricardo Velázquez Bosco (1887). Pazo de Cristal. Madrid.