Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Substantivo e adxectivo ESO
iagosantiso
Created on November 27, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Higher Education Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Vintage Mosaic Presentation
View
Modern Zen Presentation
View
Newspaper Presentation
Transcript
O substantivo e o adxectivo
Lingua Galega e Literatura Prof. Iago Santiso Fernández
Índice
O substantivo
O xénero
O número
O adxectivo
O xénero e número
Gradación
o substantivo
Teñen os seguintes substantivos o mesmo xénero?sofá, neno, irmán, actor, guía, formiga, persoa
1.2. O xénero
O xénero clasifica os substantivos en masculinos e femininos, concordando cos determinantes e adxectivos que o acompañan. a) Substantivos sen flexión de xénero: o xénero dos obxectos e outros seres vivos (non persoas nin animais) é un xénero gramatical, sen identificación sexual. Ex. machado, barca, saco... Mais nunha mesma familia de palabras pode haber dous ou máis membros de xénero diferente, cuxa oposición manifesta unha diferenza semántica:- Tamaño: machado ('menor') / machada ('maior') - Forma: barco / barca - Cantidade: leño ('individual') / leña ('colectivo')
1.2. O xénero
b) Substantivos con flexión de xénero: os animais e persoas presentan unha oposición de xénero por identificación sexual. A expresión do xénero ten distintas formas: - Variables = formas diferentes para masc. e fem.1. Morfemas flexivos:+ A > VT (avó / avoa)Cons. diferente de -N (profesor / profesora)-ÍN (bailarín / bailarina)Cambian por -A > - O átono (fillo / filla)- E átono (presidente / presidenta)
1.2. O xénero
-ÓN > -OA (patrón / patroa)-ÁN > -Á (curmán / curmá)-EU > -ÍA (xudeu / xudía)- ÚN > -ÚA (vacún / vacua)2. Sufixos flexivos (can / cadela)3. Heterónimos = palabras diferentes para cada xénero (home /muller)
1.2. O xénero
- Invariables = unha soa forma para masc. e fem.4. Sincretismo formal = distinguimos o xénero polo determinante ou adxectivo que acompaña ao substantivo (o guía / a guía).5. Epicenos = o substantivo só ten un xénero gramatical e realizamos a oposición empregando os substantivos macho e femia (a formiga macho / a formiga femia) ou por contexto (a persoa, a vítima...)
Exer cicios
Páx. 92: ex. 5, 6, 7, 8 e 9
Que característica común teñen os seguintes substantivos?ouro, millo, auga, lentes, pararraios
1.3. O número
O número dos substantivos pode ser singular ('un') ou plural ('máis de un'). a) Substantivos sen flexión de número: - Invariables:1. Singularia tantum = só teñen forma en singular (Ex. auga, ouro, prata, centeo) 2. Pluralia tantum = só teñen forma en plural (Ex. lentes, cóxegas)- Uso indistinto do singular e plural (Ex. tesoira / tesoiras, pantalón / pantalóns) - Diferente significado do singular e plural (Ex. esposa = 'muller' / esposas = 'obxecto para prender unha persoa')
1.3. O número
b) Substantivos con flexión de número: - Palabras simples:1. Invariables = distinguimos o xénero polo determinante ou adxectivo que acompaña ao substantivo. graves -S (martes) esdrúxulas -S (mércores) grupo consonántico -ps, -ns, -x (bíceps, luns, dúplex)2. Variables = morfemas flexivos:+ES > -S agudas (autobús / autobuses)-R (mar / mares)-Z (vez / veces)-L (monosílabos ou graves): sol / soles, túnel / túneles
-L aguda > perde o -L e +IS (caracol / caracois)+S > - vogal (neno / nenos) - N (can / cans) - consoante diferente de -R, -Z, -S, -L ou -N (álbum / álbums)- Palabras compostas:3. Ligados = unha soa palabra ou unidos por guión > plural do 2º elemento (parasol / parasoles, vaiven / vaivens, económico-social / económico-sociais)4. Non ligados: dous lexemas subst. + subst. = plural no 1º (camión cisterna / camións cisterna)subst. + adx. = plural nos dous (garda civil / gardas civís)subst. + prep. + subst. / vbo. > plural no 1º elemento (máquina de escribir / máquinas de escribir)
Páx. 93: ex. 11, 12 e 13
Exer cicios
Exer cicios
Páx. 93: ex. 14
o adxectivo
2. o adxectivo
Os adxectivos son palabras que expresan propiedades e calidades atribuídas á entidade denominada polo substantivo, co que concordan en xénero e número.
Que característica observas nas calidades indicadas polos seguintes adxectivos?A branca neve, suave á vez que fría e húmida.
Clasificación semántica
a) Relacionais: clasifican ao substantivo. Proceden dun substantivo, equivalen a 'de + substantivo simple'. Ex. material escolar ('da escola') b) Xentilicio: indica procedencia xeográfica ou a nacionalidade c) Cualificativos ou atributivos: expresan calidades do substantivo. Clasifícanse en: - Explicativo ou epiteto: calidade propia do substantivo. Ex pedra dura, lume ardente - Especificativo: calidade que non lle é propia ao substantivo e o individualiza.Ex. pedra preciosa, lume azul
A seguinte fórmula permítenos clasificar facilmente os adxectivos cualificativos: TODAS AS (SUBSTANTIVO) SON (ADXECTIVO)? - SI = EPÍTETO - NON = ESPECIFICATIVO Ex. pedras duras > Todas as pedras son duras? > Si > Epíteto pedras preciosas > Todas as pedras son preciosas? > Non > Especificativo.
Páx. 37: ex. 1; páx. 38: ex. 4 e 5
Exer cicios
Posición do adxectivo
A posición do adxectivo respecto ao substantivo ao que modifican é variable. Poden ir colocados antes (anteposición) ou despois (posposición) do substantivo.Os adxectivos relacionais só poden ir situados despois do substantivo:Ex. tribunal constitucional / constitucional tribunalOs adxectivos cualificativos poden ubicarse en ambas posicións, se ben a súa posición pode facer que varíe o seu significado:Ex. casa vella = vella casaamiga vella / vella amiga
Páx. 38: ex. 7
Exer cicios
Que valoración por parte do emisor amosan os seguintes adxectivos?Ademais de ser unha rosmona e unha acusona, a moi mentirana sempre di que non é culpa dela.
2.1. O xénero e número
Ao igual que no substantivo, visto anteriormente, o xénero clasifica os adxectivos en masculinos e femininos, e o número en singular e plural. Igualmente, existen: a) Adxectivos invariables no xénero: home / muller intelixente no número: chaqueta / chaquetas unisex b) Adxectivos variables no xénero e número: seguen as mesmas regras de formación que o substantivo, coa única excepción dos adxectivos rematados en:-ÓN > -OA = valor positivo: campión / campioa-ONA = valor negativo: abusón / abusona -ÁN > -Á = valor positivo: louzán / louzá-ANA = valor negativo: mentirán / mentirana
Páx. 37: ex. 2; 38: ex. 3
Exer cicios
2.2. A gradación do adxectivo
A calidade indicada polo adxectivo pode ser graduada. Existen 3 tipos de grao: 1. Positivo: calidade sen comparación nin intensificación.Ex. O aeroporto é moderno. * Hai adxectivos que por cuestións semánticas só admiten grao positivo: perfecto, precioso, delicioso, horrible... 2. Comparativo: confronta a calidade entre dous TERMOS:1º TERMO: o elemento que se compara 2º TERMO: o elemento co que se compara Ex. Lois (1º TERMO) é máis alto ca ti (2º TERMO). * Pode elidirse calquera dos dous termos se o contexto permite comprender a mensaxe: É máis alto ca ti / Lois é máis alto.
2.2. A gradación do adxectivo
Procedementos de formación do comparativo:a) Analítico: créase a comparación a través das seguintes estruturas:- Igualdade: grao igual da calidade nos dous termos.TAN + adxectivo + COMA (obrigatorio seguido de pronome persoal) + COMO (obrigatorio seguido de verbo conxugado)IGUAL DE + adxectivo + CA (obrigatorio seguido de pronome persoal) + QUE (obrigatorio seguido de verbo conxugado)- Inferioridade: grao inferior da calidade no 1º termo.MENOS + adxectivo + CA (obrigatorio seguido de pronome persoal) + QUE (obrigatorio seguido de adxectivo ou verbo non persoal) + DO QUE (obrigatorio seguido de verbo conxugado)
2.2. A gradación do adxectivo
- Superioridade: grao superior da calidade no 1º termo.MÁIS + adxectivo + CA (obrigatorio seguido de pronome persoal) + QUE (obrigatorio seguido de adxectivo ou verbo non persoal) + DO QUE (obrigatorio seguido de verbo conxugado)
Exer cicios
Páx. 38: ex. 9 e 10
2.2. A gradación do adxectivo
b) Sintético: número reducido de formas que proceden directamente do latín e que expresan a calidade comparativa a través dunha única palabra.
Solución
2.2. A gradación do adxectivo
3. Superlativo: grao máximo da calidade.a) Analítico:- Absoluto: sen comparación con outros elementos. Procedementos de formación:> Sufixo -ÍSIMO / -ÉRRIMO (Ex. É guapísimo) > Sufixos APRECIATIVOS (-IÑO/-A, -ÓN/-ONA ou -ECHO/-A) (Ex. É guapiño)> Prefixos EXTRA-, SUPER-, ULTRA-, ARQUI- e HIPER- (Ex. É superguapo) > Anteposición ou posposición dun ADVERBIO ou INDEFINIDO: MOI, BEN, ABONDO/DABONDO (Ex. É guapo dabondo) > REPETICIÓN DO ADXECTIVO: (Ex. É guapo, guapo)
Adxectivos co sufixo -ÉRRIMO
2.2. A gradación do adxectivo
- Relativo: a respecto dun conxunto. A súa estrutura de formación é:O/A + MÁIS (superioridade) + ADXECTIVO + QUE (seguido de verbo)MENOS (inferioridade) + DE / ENTRE Ex. A miña filla é a máis alta que asiste.A miña filla é a máis alta da aula.A miña filla é a máis alta entre as súas compañeiras.
Exer cicios
Páx. 39: ex. 11
2.2. A gradación do adxectivo
b) Sintético: