Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

INVISIBILIZADOS - Carla Gil Crestar e Alba Costas Serodio

Alba C.S

Created on November 25, 2024

Presentación da reportaxe fotográfica feita por Alba Costas Serodio e por Carla Gil Crestar para reivindicar os dereitos das persoas con diversidade funcional polo Día da discapacidade deste ano (3 de decembro de 2024)

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Akihabara Microsite

Essential Microsite

Essential CV

Practical Microsite

Akihabara Resume

Tourism Guide Microsite

Online Product Catalog

Transcript

invisibilizados

UNHA EXPOSICIÓN FOTOGrÁFICA DE Carla Gil e Alba CosTas

COMEzar

Invisiilizados: A VEnDA QUE PORTAMOS como sociedade

Qué fotografía queres ver?

RETO 1: o enfoque

RETO 5: gran plano

RETO 2: historia

RETO 3: opostas

RETO 4: detalle

fai click na imaxen nAiE e no e para ver todo!

reto 1: O enfoque

Invisibilizados: A VEnDA QUE PORTAMOS como sociedade
O propósito desta foto como cartel da exposición, é transmitir e facer ver á sociedade que (na gran maioría das ocasións) a nosa mirada, e polo tanto os nosos actos vulneran os dereitos das persoas con diversidade funcional sen darnos conta (ou si). Desta maneira, o obxectivo é poñer o foco nesta problemática co fin de mudala.

fai click na imaxe, nAiE e no e para ver todo!

“Tan só parei 5 minutos… ademais sobran prazas, que nunca as vin todas ocupadas"
Esta imaxe en plano detalle representa como malia que dende un punto lexislativo se instauran certas normativas para facilitar a equidade e responder ante as necesidades das persoas con diversidade funcional, o resto da poboación obstaculiza dito cometido non dándose conta (ou si) da realidade das súas accións (o que está representado coa visión borrosa a través da venda) e o impacto que teñen os seus actos na vida autónoma das persoas con discapacidade

reto 4: detalle

fai click na imaxe, nAiE e no e para ver todo!

“CHOURIZO DE OFERTA!, *BOOM*, POLBO DA RÍA!, *CRACK*, PATACAS DA LIMIA!, *PLOF*..."O noso mercado xa é accesible, temos ramplas en tódalas entradas …" MÁIS AlÓ DAS RAMPLAS:
Esta imaxe gran plano pretende visibilizar como a miúdo, en situacións cotiás, se xa existe descoñecemento e unha actitude ignorante frente as persoas con discapacidade, estes comportamentos son máis desconsiderados aínda cando a discapacidade é menos “evidente” a ollos da sociedade (discapacidade sensorial, enfermidade mental…). Neste caso trátase dunha persoa TEA que é hipersensible e lle molesta o son do mercado (o que está representado coa visión distorsionada do lugar).

reto 5: gran plano

fai click nas imaxes, nAiE e no e para ver todo!

Nestas dúas imaxes pretendemos amosar como a sociedade obvia moitas veces que actos tan cotiás para moita xente (como é o de ler) non resultan tan doados de realizar en calquera lugar para persoas con algún tipo de discapacidade debido a que, por desgraza, en moitos sitios (tristemente na maioría) a accesibilidade non é unha carácterística na que se repare. Por este motivo, imaxes como a segunda, que deberían reflectir unha realidade na que todo o mundo independientemente das súas circunstancias está desfrutando dunha actividade en conxunto non son tan doadas de atopar.

Espazos DE todxs vs. Espazos PARA todxs

reto 3: OPOSTAS

fai click nas imaxes, nAiE e no e para ver todo!

Nesta secuencia teñen cabida distintas interpretacións dependendo da óptica persoal da persoa que esté a mirar a exposición. Con todo, dende a visión do proceso creativo co cal foi concebida a historia hai dúas interpretacións chave: unha máis literal na que se destacan as barreiras arquitectónicas do barrio (neste caso unha rampla cunha inclinación tan pronunciada que imposibilita o desprazamento autónomo dunha persoa con movilidade reducida) o que para unha persoa sen discapacidade pasaría totalmente inadvertido (de aí a venda nos ollos que tan só cae cando se da conta da situación) e outra mensaxe máis metafórica onde a costa representa todas as trabas e vulneracións dos dereitos das persoas con diversidade funcional que só se poden superar coa concienciación da sociedadade (caída da venda) e camiñando en conxunto cara un mundo mellor (5º e 6º foto).
O principio da fin: as vendas van caendo e os camiños comenzan a cruzarse, a unión e o cambio están máis preto

r eto 4: h i s t o r i a

fin

da exposición,

COMEZA A LOITA!

para que caian todas as vendas...

é precisa a túa colaboración