Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

4.Medida e xeometría

CEIP San Tomé

Created on November 23, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Learning Unit

Akihabara Learning Unit

Genial learning unit

History Learning Unit

Primary Unit Plan

Vibrant Learning Unit

Art learning unit

Transcript

Sentido espacial e da medida nas

Matemáticas

Fernando Eijo Manuel Felpeto

DIDÁCTICA DA MEDIDA

Ed. Primaria

Fernando Eijo Manuel Felpeto

A DIDÁCTICA DA MEDIDA

A COMPETENCIA MÉTRICA Permite ó alumnado comprender, dominar e integrarse na contorna diaria na que vive.

A DIDÁCTICA DA MEDIDA

Decroly convertía a medida no eixe transversal de aprendizaxe de todas as matemáticas, convencido de que traballalas era unha ocasión privilexiada e insustituíble para traballar todas as matemáticas.

O NOSO CURRÍCULO

O USO DA MEDIDA NO TEMPO

Ata os nosos días, as medidas estaban intrínsecas no que facer diario das persoas. Coa tecnoloxía ó alcance de calquera, perdemos moitísima competencia métrica. A día de hoxe, a cidadanía carece de capacidade de percepción métrica e estimación das diferentes magnitudes. Os mestres simplemente lles pedimos que simplemente saiban calcular. Iso non é traballar a medida, iso é traballar cálculo.

Diagnóstico // Test

MEDIR, É CONTROLAR A TÚA CONTORNA!

TI...CONTROLAS A TÚA CONTORNA?

Cantos minutos necesito andando para percorrer un Km ?

Canto tempo teño que ter un grifo aberto para encher un metro cúbico?

Canta auga necesitas para ducharte?

Aspectos didácticos a ter e conta co tratamento da medida

  • Debemos comezar sempre da vivenciación
  • Para controlar a nosa contorna é imprescindible traballar a estimación.
  • Axudarlles a relacionar diferentes unidades de medida.
  • Axudarlles a relacionar diferentes magnitudes (lonxitude/tempo/capacidade...)
  • A medida é unha fantástica opotunidade para traballar as fraccións coas subunidades.

A importancia da vivencición e manipuilación na didáctica medida

  • O traballo vivencial e manipulativo fai que as aprendizaxes se produzan a partires da realidade.
  • Evita a aprendizaxe mecánica sen entendelas.
  • Facilita as correccións de forma directa e rápida. Tamén de xeito cooperativo.
  • A aprendizaxe é inicialmente máis lenta, pero acaba sendo moi completa e competente.
  • Esixen do alumnado moitas máis habilidades e actitudes proactivas.
  • A motivación do alumnado é incrible.
  • Son parte indispensable para un bo dominio dos contidos traballados e aplicación na vida real.

FASES DIDÁCTICAS NA APRENDIZAXE DA COMPETENCIA MÉTRICA

VIVENCIACIÓN

DOMINIO ABSTRACCIÓN (Xeralización)

DOMINIO SENSORIAL (Manipulación)

DOMINIO SIMBÓLICO (Simbolización)

Confilto cognitivo, motivación e utilización do propio corpo para resolver a situación problemática

Aprendizaxe sensorial e manipulación con diferentes materiais

Integración perceptual, contraste de sistemas e equivalencias

Xeralizacións e aplicación da competencia métrica.

Josep Callís

Consejos

Antes de empezar a crear tu secuencia

Josep Callís

A LONXITUDE

ASPECTOS DIDÁCTICOS A TER EN CONTA

Temos que comezar traballando mediante a propia vivenciación.

É imprescindible traballar previamente a estimación.

Teñen que descubrir por eles mesmos aspectos clave como a variación segundo a unidade de medida que utilices (nenos, profe, …)

Teñen que atopar referencias para poder ser quen de facer medicións (utilizar ladrillos, baldosas,...)

Ter as medidas clave no propio corpo.

Teñen que saber utilizar diferentes ferramentas para cada situación (como medir en altura, propiedades transportar as medidas…).

EXEMPLO DE PROGRESIÓN DIDÁCTICA

VIVENCIACIÓN

- Cantos alumnos tumbados entran nesta clase? - E cantos mestres?

MANIPULACIÓN

- Cantas laranxas entrarían no ancho da clase?- Cantas varas de metro entran no corredor?

SIMBOLIZACIÓN

- Cantos metros mide o perímetro do cole?- Canto tempo tardarías en chegar do cole á lonxa? - Cales son as proporcións do corpo humano estudando a Vitrubio?

A SUPERFICIE

ASPECTOS DIDÁCTICOS A TER EN CONTA

Temos que comezar traballando mediante a propia vivenciación.

É imprescindible traballar previamente a estimación.

Para coñecer o que é unha unidade cadrada é un bo recurso o xeoplano.

Para iniciarnos no cm cadrado é bo recurso utilizar o material multibase, regretas, ou as caixas de María Antonia Canals.

Teñen que saber utilizar diferentes ferramentas para cada situación (como medir en altura, propiedades transportar as medidas…).

EXEMPLO DE PROGRESIÓN DIDÁCTICA

VIVENCIACIÓN

- Cantos alumnos entran nun metro cadrado? - E cantos alumnos entran e 2 metros cadrados?

MANIPULACIÓN

- Cantas unidades cadradas ten esta figura no xeoplano?- Cantas placas de 100 necesito para cubrir a mesa?

SIMBOLIZACIÓN

- Cantos metros cadrados mide o pabillón?- Canto vou gastar en cambiar a baldosas da clase? E cantas vou necesitar?

VIVENCIACIÓN 1,5 m2 1211 cm2 0,97 dm2 2200 mm2

A CAPACIDADE e o VOLUME

ASPECTOS DIDÁCTICOS A TER EN CONTA

Cando traballamos a capacidade, debemos traballar as relacións que existen entre diferentes unidades e subunidades. É unha boa situación para traballar FPD.

Hai que traballar a relación da capacidade con outras magnitudes como o tempo, volume ou masa.

Temos que aproveitar o dominio que teñen de traballar con regretas ou multibase.

EXEMPLO DE PROGRESIÓN DIDÁCTICA

VIVENCIACIÓN

- Cantas taciñas de café entran na túa boca? - Cantas mans cheas necesitas para encher medio litro.

MANIPULACIÓN

- Cantas botellas azuis necesitas para encher unha vermella?- Cantas regretas caben dentro desa caixa?

SIMBOLIZACIÓN

- Cantos métros cúbicos temos na nosa charca?- Cantos litros de auga gastamos no cole nun ano?

VIVENCIACIÓN

  • 1125 cm3
  • 5 m3 (con 2 m. de altura)
  • 3,5 m3
  • Llenar 7,4 kilos de agua
  • Canto pesaría a porta se fora de platino? (Densidade 21,4)

OS CARTOS

ASPECTOS DIDÁCTICOS A TER EN CONTA

Temos sorte de que o noso sistema monetario (o euro) ten unha composición con parte decimal. Iso facilita moitísimo a aproximación ó concepto decimal

En 1º de primaria debemos traballar cos euros e en 2º primaria xa podemos introducir os céntimos

No 2º ciclo hai que traballar as fraccións elementais e a operatividade.

ASPECTOS DIDÁCTICOS A TER EN CONTA

O traballo con regretas facilita a comprensión do funcionamento do sistema decimal.

O traballo da medida implica coñecer relacións de equivalencia e ordenación.

Sería recomendable ter caixas de regretas exclusivas de euros. Axuda moito a elexir como pagar unha cantidade con diferentes moedas.

OS CARTOS E AS REGRETAS

SUMAR CON CÉNTIMOS NO 1º CICLO

Cando sumamos con euros e céntimos, unha maneira natural de sumar é como fan manipulando coas regretas. Teñen que sumar euros con euros, e céntimos con céntimos. Posteriormente xa faremos o traspaso natural ó chegar á centena.

RESTAR CON CÉNTIMOS NO 1º CICLO

Podemos restar sumando. Esta é unha maneira que utilizamos os adultos no día a día. É boa opción mellor para mellorar o cálculo mental. Necesitan un bo dominio do uso da recta numérica.

RESTAR CON CÉNTIMOS NO 1º CICLO

Tamén podemos operar quitando o número por fases. Outra opción é operar con céntimos e non con euros, para evitar as comas, e despois facer a transformación a euros.

RELACIÓNS NUMÉRICAS

Importancia das relacións de equivalencia

Imaxes de Marcos Marrero

RELACIÓNS NUMÉRICAS II (FPD)

O PESO

ASPECTOS DIDÁCTICOS A TER EN CONTA

Dende moi novos os nenos e nenas son quen de recoñecer que un obxecto pesa máis que outro.

Realizar unha balanza é un bo inicio para comezar a facer diferentes medicións.

Deben facer moitas pesadas antes de comezar co número, traballando a estimación e ordeación

Debemos comenzar a traballar co Kg, postriormente cos gramos e por último recurrir ó mundo decimal.

EXEMPLO DE PROGRESIÓN DIDÁCTICA

VIVENCIACIÓN

- Utilizando o balancín do cole, poderiades ordearvos?

MANIPULACIÓN

- Poderías ordear estas botellas segundo o seu peso?

SIMBOLIZACIÓN

- Canto pesaría a porta se fose de uranio?- Con que instrumento para pesar pesarías estes obxectos?

O TEMPO

ASPECTOS DIDÁCTICOS A TER EN CONTA

A comprensión do concepto de tempo é difícil para os nenos. A súa comprensión vai depender moito do momento evolutivo no que se atope. No 1º ciclo debemos traballar coa ordenación de secuencias temporais. Debemos comezar polo día, despois polas horas e a semana. Deberiamos comezar a traballar o reloxo en 2º ou 3º de primaria.

Temos que vivenciar o tempo con outras magnitudes.

É importante a manipulación de aspectos temporais (reloxo con regretas, rodas, fíos como liñas do tempo, tiki toki,...)

ASPECTOS DIDÁCTICOS A TER EN CONTA

A importancia de relacionar magnitudes