IV CONCURSO DE MICRORRELATOS ESPANTOSOS
Relatos Gañadores
Organizado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega
CIFP PORTOVELLO
CIFP A FARIXA
EOI OURENSE
Índice
A casa dos murmurios
III
Silvia Domínguez Navarro Marketing e Publicidade CIFP A Farixa
Marisiña
Cristina Núñez Siota B2.1 Inglés EOI Ourense
II
Anduriña
Jessica Domínguex López Educación Infantil CIFP Portovello
A casa dos murmurios
Na pequena vila de Ribadavia, había unha fermosa mansión envolta en terribles lendas. Cada Samaín, os que se atrevían a entrar escoitaban voces que revelaban os seus segredos máis escuros. Un grupo de amigos decidiu desafiar o aviso das xentes e visitar a casa. Ao atravesaren a porta, a atmosfera fíxose pesada, comezou a facer moito frío e as sombras parecían cobrar vida. Mentres avanzaban, uns murmurios aterradores soaron nos seus oídos, chamándolles polo seu nome.
5%
Un a un, comezaron a experimentar visións horribles: traizóns, medos, arrepentimentos e morte. De pronto déronse conta de que as voces eran ecos das súas propias conciencias; intentaron escapar, pero as portas pecháronse cun golpe xordo para sempre.
O último amigo, paralizado polo terror, mirou arredor. As sombras achegáronse e os murmurios convertéronse en berros. De madrugada, a casa calou, agardando a chegada de novos intrusos, mentres as súas almas permanecían atrapadas na escuridade.
Anduriña
Anduriña non lembraba absolutamente nada. A súa mente vagaba polos escuros camiños dos bosques en paz, na súa querida aldea natal de Manzaneda. Pero ela non sabía por qué eses pensamentos sombríos a atormentaban a tódalas horas daquel día de defuntos.
Anduriña non lembraba nada, só xemía por aquela angustia que estremecía cada centímetro daquela pel morta. Pálida, delgada, coma se estivese a piques de finar cara o outro mundo, ese mundo no que as almas atormentadas a chamaban cada vez con máis intensidade, aquel mundo polo que camiñaba a pasada noite do 31 de outubro.
Anduriña non lembraba nada, só aquel forte cheiro a cera queimada daquelas candeas, que reflectían aqueles rostros mortos, encapuchados con túnicas brancas, aquelas candeas que miraban esas pupilas cada vez máis mortas.
Anduriña non lembraba nada, só morreu paseniño, rodeada de frío e morte. Morreu de soidade e de pena.
Marisiña
Era unha noite coma outra calquera. Marisiña baixou polo camiño de A Rieiro. Foi rosmando polo sendeiro cando, de súpeto, unha sensación estraña "atravesouna" de atrás para diante. Xa non se podía mover. Escoitou murmurar o seu nome. Un grupo de encapuchados adiantouna. Diante ía Toñito, o da taberna. Tratou de chamalo… Espertou. Levantouse suando da cama. A súa madriña tiña o don de ver a Santa Compaña. Contáballe que saía polas noites buscando un vivo que presidira o cortello e que, se a atopaba, tiña que facer un círculo de sal no chan e meterse dentro. "Contos de vellas", riu. Vestiuse e baixou almorzar. Escoitou tocar a defunto. "Apura, nena", díxolle a madriña desde o portón. "Quen morreu?" preguntou ela. "Xa sabes", respondeu a vella. Marisiña sentiu medo por un momento, colleu unha presa de sal e gardouna no peto. Crer, non cría, pero por se acaso…
Moitas grazas!
Relatos Gañadores
Sandra
Created on November 22, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Human Rights Presentation
View
Memphis Presentation
View
Blackboard Presentation
View
Florida Neon Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Historical Presentation
View
Psychedelic Presentation
Explore all templates
Transcript
IV CONCURSO DE MICRORRELATOS ESPANTOSOS
Relatos Gañadores
Organizado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega
CIFP PORTOVELLO
CIFP A FARIXA
EOI OURENSE
Índice
A casa dos murmurios
III
Silvia Domínguez Navarro Marketing e Publicidade CIFP A Farixa
Marisiña
Cristina Núñez Siota B2.1 Inglés EOI Ourense
II
Anduriña
Jessica Domínguex López Educación Infantil CIFP Portovello
A casa dos murmurios
Na pequena vila de Ribadavia, había unha fermosa mansión envolta en terribles lendas. Cada Samaín, os que se atrevían a entrar escoitaban voces que revelaban os seus segredos máis escuros. Un grupo de amigos decidiu desafiar o aviso das xentes e visitar a casa. Ao atravesaren a porta, a atmosfera fíxose pesada, comezou a facer moito frío e as sombras parecían cobrar vida. Mentres avanzaban, uns murmurios aterradores soaron nos seus oídos, chamándolles polo seu nome.
5%
Un a un, comezaron a experimentar visións horribles: traizóns, medos, arrepentimentos e morte. De pronto déronse conta de que as voces eran ecos das súas propias conciencias; intentaron escapar, pero as portas pecháronse cun golpe xordo para sempre. O último amigo, paralizado polo terror, mirou arredor. As sombras achegáronse e os murmurios convertéronse en berros. De madrugada, a casa calou, agardando a chegada de novos intrusos, mentres as súas almas permanecían atrapadas na escuridade.
Anduriña
Anduriña non lembraba absolutamente nada. A súa mente vagaba polos escuros camiños dos bosques en paz, na súa querida aldea natal de Manzaneda. Pero ela non sabía por qué eses pensamentos sombríos a atormentaban a tódalas horas daquel día de defuntos. Anduriña non lembraba nada, só xemía por aquela angustia que estremecía cada centímetro daquela pel morta. Pálida, delgada, coma se estivese a piques de finar cara o outro mundo, ese mundo no que as almas atormentadas a chamaban cada vez con máis intensidade, aquel mundo polo que camiñaba a pasada noite do 31 de outubro. Anduriña non lembraba nada, só aquel forte cheiro a cera queimada daquelas candeas, que reflectían aqueles rostros mortos, encapuchados con túnicas brancas, aquelas candeas que miraban esas pupilas cada vez máis mortas. Anduriña non lembraba nada, só morreu paseniño, rodeada de frío e morte. Morreu de soidade e de pena.