REVISTA HORTOCOLIÑA
Novembro- decembro 24
MAGOSTO
O día 11 de novembro celebramos o Magosto no C.E.I.P.P de Sigüeiro, veu un castañeiro a facer castañas, tamén había zumos e augas.Despois de acabar de comer as castañas @s nen@s de 6º ensinámoslle a bailar o trompo/peón aos nen@s de2º. Foi moi divertido, aínda que botamos en falta os xogos tradicionais.
Nerea Rec. e Mia 6ºA
EXPERIMENTO A INFANTIL
O luns 25 de Novembro os nenos /as de 6º que van ao club de Ciencias fixéronlle un experimento aos nenos /as de infantil de 6 anos polo mes da ciencia. Fixéronlle un experimento con: auga, xabón e pementa. 1º Botamos auga nun prato e botámoslle un chisco de pementa, logo metemos o dedo dentro e comprobamos que non pasaba nada. 2º Logo fixemos o mesmo só que cubrindo o dedo con xabón e cando meteron o dedo a pementa fuxía. Con este experimento a pementa son como os microbios e co xabón os microbios marchan das nosas mans, por iso é importante lavarse as mans con auga e xabón. Elisa e Ana
25 N NAS ESCOLAS
O día 25 de novembro celébrase o Día da Violencia Contra a Muller. No CEIPP de Sigüeiro non podíamos deixar de lembrar este día tan importante. O alumnado de 5º e 6º fixo diferentes actividades sobre este tema como: obras de teatro, regueifas e cancións. Alumnado e profesorado viñemos todos de cor negra para mostrar o noso rechazo a violencia contra a muller e entre todos os cursos, desde Infantil a Primaria, cubrimos toda a reixa que rodea o cole con lazos violetas con palabras e frases referidas ao 25N . Os colexios tamén queren que se acabe a Violencia! O CEIPP de Sigüeiro quere que termine a violencia contra a muller!
Candela e Martín 6ºA
APARECEU UNHA LESMA PASEANDO POLA ALFOMBRA DA NOSA AULA!
O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL DESCUBRIU UNHA LESMA E INTENTAMOS DESCUBRIR ALGÚNS ASPECTOS IMPORTANTES RELACIONADOS CON ESTE MOLUSCO.
VISITA DE PABLO SEOANE E MARÍA
O día 14 de novembro o alumnado de 5º E.I. tiveron un obradoiro, na biblioteca, no que Pablo Seoane e María lles ensinaron a facer pandereitas. Fixeron a pandeireta con pel de cabra, madeira enrolada e ferreñas . Tamén tocaron unha peza de gaita e pandeireta, cantaron unha cantiga e contáronlles un conto. O que máis lle gustou a maioría foron: O conto e a cantiga.
Emma e Candela 6º A
Este curso tocounos investigar sobre a orfebrería. Sabedes o que é?
Pois, navegando polas redes, descubrimos que a orfebrería foi unha das primeiras manifestacións artísticas da historia da humanidade.
A súa historia é bastante antiga pois existen probas de que a técnica da orfebrería se practicaba mesmo na Prehistoria, xa que se atoparon pezas de cobre, bronce e ouro daquela época.
O termo orfebrería provén de dúas palabras latinas: “aurum” (= ouro) e “faber” (= artesán).
É un traballo que se realiza de forma completamente manual. Podemos dicir que é a arte de crear pezas tales como xoias, obxectos, adornos e accesorios de maneira artesanal e a partir de metais preciosos ou das súas aleacións.
Entre os materiais máis utilizados polos orfebres están o ouro, a prata, os metais preciosos e tódalas aleacións que se poidan obter deles.
Para poder realizar estas pezas, os orfebres necesitan unha serie de ferramentas básicas como: alicates, selos de metal, limas de todo tipo de espesor, martelos de diferentes tamaños, un banco de traballo, cortadores de arames, regras de metal e calibradores. Tamén é necesario ter un bo líquido para soldar as pezas e pinceis pequenos para decoralas.
E cal é o proceso para a fabricación dunha xoia?
En primeiro lugar os orfebres teñen que facer o seu deseño. Unha vez que teñen o deseño rematado, crean un molde de cera ou un prototipo en 3D. A continuación, fúndese o metal a alta temperatura e colócase no molde. Cando o metal arrefría, vólvese sólido e xa se pode eliminar o molde para que quede só a peza de metal.
A continuación, golpéase o metal cun martelo para darlle forma e pásase por unha especie de rodillos para reducir o seu espesor. A peza pode cortarse, perforarse e darlle a forma que teñamos deseñada. En moitos casos, adórnase con algunha pedra preciosa ou con perlas.
O último paso é pulir a peza para que teña brillo.
E como en 4º C nos gusta moito debuxar, atrevémonos a deseñar algunhas xoias. Aquí tedes o resultado.
E os máis futboleiros optaron por deseñar outro tipo de “xoias”.
LEITE NO RECREO
O día 19 de Novembro chegou o leite aos recreos do C. E. I. P. P de Sigüeiro. Grazas ao proxecto FOGGA,que busca fomentar o consumo de leite no alumnado dos centros escolares. Os nenos e nenas do cole están encantados con este plan. Hai leite sen lactosa para os nenos intolerantes. Esta merenda complétase coa froita tamén do mesmo proxecto.
O mércores 4 de decembro alumnado e profesorado desprazáronse a Aldea Nova, no Concello de Ames, para participar no CAMPIONATO COMARCAL ESCOLAR DE CROS, no que obtiveron moi bos resultados. Premios individuais a: Celia Arosa Suárez Erea López Neira Antón Gonzalez Moar Tiago Suárez Iglesias Claudia Dono Duro Bárbara Carolina dos Santos Costa Martín Raña Couselo Noelia Souto Seoane Por equipos: Benxamín feminino: 1º Benxamín masculino:1º Alevín feminino: 1º Alevín masculino: 1º Infantil feminino: 3º Infantil masculino: 1º Parabéns a todos eles! 👏🏼👏🏼👏🏼 Para o profesorado que os acompañou.
OBRADOIRO COIRO E ZOCOS
O mércores 11 de decembro visitounos Elena Ferro para facer un obradoiro de zocos para 5º e 6º. Este obradoiro entra dento das actividades do proxecto anual de centro "Unha viaxe pola cultura galega". Elena mostrou os seus diseños, contounos como foi cambiando a fabricación dos zocos desde que inaugurou o taller o seu avó, no ano 1915, ata agora. Rematou elaborando un zoco para que viramos todo o proceso de fabricación e montaxe. Foi unha xornada moi interesante e creativa.
CANTIGAS DE COSTUREIRAS
Como xa vos contamos na pasada edición de hortocoliña, en relación ao Proxecto de Centro deste curso, estivemos investigando sobre o oficio tradicional das costureiras. Descubrimos que é un tema apasionante. Despois de contarvos que as costureiras ían andando de casa en casa coa máquina na cabeza, xa que eran imprescindibles para remendar e facer pezas de roupa, porque non había tendas coma hoxe ao alcance de calquera; centrámonoa agora nas cantigas que se inventaban sobre elas. Hai tantas cancións que falan das costureiras que dan mostra do popular que era este oficio. Algunhas destas cantigas referíanse a elas negativamente, xa que o resto de mozas tiñan que facer os traballos duros da terra e elas non, había certa envexa. Outras simplemente nos narran o seu día a día, e outras son para gabalas polo seu bo facer. Algunha destas cantigas son: Costureiriña bonita ¿ti que fas polo verán? Eu sachando no millo e ti coa agulla na man. Mala morte matadora veña polas costureiras que comeron as amoras e secaron as silveiras.
Nós aprendemos unha destas cantigas , cantámosvola para que a escoitedes:
Costureiriña bonita que a aquel pazo foi coser e no medio da escaleira xa lle deron que facer. Tódalas costureiras eu direi quen elas son; apretadiñas da cintura e grandes de corazón.
Costureiriña bonita, onde tes os teus vestidos? Téñoos na hucha gardados, ai si, ai non, para poñer os domingos. Costureiriña bonita, dime onde tes a cama. No poleiro das galiñas, ai si, ai non, nunha presiña de pallas.
ALUMNADO DE TERCEIRO DE PRIMARIA
VISITA FOGAR RESIDENCIAL DE PORTO-AVIEIRA
O Martes 17 de Decembro, o alumnado de sexto visitou o Fogar Residencial de Porto-Avieira. Onde lles fixemos unha obra de teatro relacionada co 25N, unha regueifa e varias panxoliñas, ao rematar as actuacións animáronse a cantar eles tamén e despois entregámoslle unhas postais de Nadal coas que lle desexamos moi boas festas. Para repoñer forzas convidáronnos a uns magníficos churros con chocolate antes de voltar camiñando ao colexio. Pasámolo de marabilla, como sempre. Xa nos tarda volver!
Alba, Samuel, Garet, Oliver
PAKOLAS NO CEIP DE SIGÜEIRO!
O xoves 19 de decembro tivemos o concerto de Pakolas (Paco Cerdeira). Pasámolo xenial coas súas cancións: -O Furafollas. - MC Pac. - Baldomero o mero. - A máquina da Ramona. - Manolo cavernario.
CHOCOLATE CON CHURROS, LOTERÍA E BADALADAS.
O 20, foi un día moi especial, comezamos coa visita de Melgasar e entrega de larpeiradas aos nenos e nenas de infantil. Seguimos cunha chocolatada acompañada de churros, lotería e badaladas con gusanitos. E para terminar baile. Foi todo un éxito gracias á colaboración de toda a comunidade educativa. Non podemos esquecernos de agradecer a Anpa "A nosa escola" pola aportación e colaboración.
BO NADAL!
FELIZ NAVIDAD
JOYEUX NOËL
MERRY CHRISTMAS
REVISTA NOVEMBRO -DECEMBRO 24
Hortocoliña
Created on November 21, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Higher Education Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Harmony Higher Education Thesis
View
Vaporwave presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Vintage Mosaic Presentation
View
Modern Zen Presentation
Explore all templates
Transcript
REVISTA HORTOCOLIÑA
Novembro- decembro 24
MAGOSTO
O día 11 de novembro celebramos o Magosto no C.E.I.P.P de Sigüeiro, veu un castañeiro a facer castañas, tamén había zumos e augas.Despois de acabar de comer as castañas @s nen@s de 6º ensinámoslle a bailar o trompo/peón aos nen@s de2º. Foi moi divertido, aínda que botamos en falta os xogos tradicionais.
Nerea Rec. e Mia 6ºA
EXPERIMENTO A INFANTIL
O luns 25 de Novembro os nenos /as de 6º que van ao club de Ciencias fixéronlle un experimento aos nenos /as de infantil de 6 anos polo mes da ciencia. Fixéronlle un experimento con: auga, xabón e pementa. 1º Botamos auga nun prato e botámoslle un chisco de pementa, logo metemos o dedo dentro e comprobamos que non pasaba nada. 2º Logo fixemos o mesmo só que cubrindo o dedo con xabón e cando meteron o dedo a pementa fuxía. Con este experimento a pementa son como os microbios e co xabón os microbios marchan das nosas mans, por iso é importante lavarse as mans con auga e xabón. Elisa e Ana
25 N NAS ESCOLAS
O día 25 de novembro celébrase o Día da Violencia Contra a Muller. No CEIPP de Sigüeiro non podíamos deixar de lembrar este día tan importante. O alumnado de 5º e 6º fixo diferentes actividades sobre este tema como: obras de teatro, regueifas e cancións. Alumnado e profesorado viñemos todos de cor negra para mostrar o noso rechazo a violencia contra a muller e entre todos os cursos, desde Infantil a Primaria, cubrimos toda a reixa que rodea o cole con lazos violetas con palabras e frases referidas ao 25N . Os colexios tamén queren que se acabe a Violencia! O CEIPP de Sigüeiro quere que termine a violencia contra a muller!
Candela e Martín 6ºA
APARECEU UNHA LESMA PASEANDO POLA ALFOMBRA DA NOSA AULA!
O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL DESCUBRIU UNHA LESMA E INTENTAMOS DESCUBRIR ALGÚNS ASPECTOS IMPORTANTES RELACIONADOS CON ESTE MOLUSCO.
VISITA DE PABLO SEOANE E MARÍA
O día 14 de novembro o alumnado de 5º E.I. tiveron un obradoiro, na biblioteca, no que Pablo Seoane e María lles ensinaron a facer pandereitas. Fixeron a pandeireta con pel de cabra, madeira enrolada e ferreñas . Tamén tocaron unha peza de gaita e pandeireta, cantaron unha cantiga e contáronlles un conto. O que máis lle gustou a maioría foron: O conto e a cantiga.
Emma e Candela 6º A
Este curso tocounos investigar sobre a orfebrería. Sabedes o que é? Pois, navegando polas redes, descubrimos que a orfebrería foi unha das primeiras manifestacións artísticas da historia da humanidade. A súa historia é bastante antiga pois existen probas de que a técnica da orfebrería se practicaba mesmo na Prehistoria, xa que se atoparon pezas de cobre, bronce e ouro daquela época.
O termo orfebrería provén de dúas palabras latinas: “aurum” (= ouro) e “faber” (= artesán). É un traballo que se realiza de forma completamente manual. Podemos dicir que é a arte de crear pezas tales como xoias, obxectos, adornos e accesorios de maneira artesanal e a partir de metais preciosos ou das súas aleacións. Entre os materiais máis utilizados polos orfebres están o ouro, a prata, os metais preciosos e tódalas aleacións que se poidan obter deles. Para poder realizar estas pezas, os orfebres necesitan unha serie de ferramentas básicas como: alicates, selos de metal, limas de todo tipo de espesor, martelos de diferentes tamaños, un banco de traballo, cortadores de arames, regras de metal e calibradores. Tamén é necesario ter un bo líquido para soldar as pezas e pinceis pequenos para decoralas.
E cal é o proceso para a fabricación dunha xoia? En primeiro lugar os orfebres teñen que facer o seu deseño. Unha vez que teñen o deseño rematado, crean un molde de cera ou un prototipo en 3D. A continuación, fúndese o metal a alta temperatura e colócase no molde. Cando o metal arrefría, vólvese sólido e xa se pode eliminar o molde para que quede só a peza de metal. A continuación, golpéase o metal cun martelo para darlle forma e pásase por unha especie de rodillos para reducir o seu espesor. A peza pode cortarse, perforarse e darlle a forma que teñamos deseñada. En moitos casos, adórnase con algunha pedra preciosa ou con perlas. O último paso é pulir a peza para que teña brillo. E como en 4º C nos gusta moito debuxar, atrevémonos a deseñar algunhas xoias. Aquí tedes o resultado.