Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
LECTURAS POLA IGUALDADE 2024
osonosnagaiola
Created on November 17, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
"A educación é a vacina contra a violencia". (Mafalda)
Biblioteca "Os Soños na Gaiola" CEIP Juan Fernández Latorre
EN NOVEMBRO, LECTURAS POLA IGUALDADE DE XÉNERO
Biblioteca "Os Soños na Gaiola"
ADIANTE
29
30
EN NOVEMBRO LECTURAS POLA IGUALDADE
25
26
24
23
22
21
18
19
20
17
16
15
14
11
12
13
10
27
28
Biblioteca "Os Soños na Gaiola"
ADIANTE
Volver
Autora: MARION MEBES Editorial: XUNTA DE GALICIA Recomendado: a partires de 4 anos Sinopse: Os bicos poden ser moi diferentes duns lugares a outros.Poden ser moi agradables ou poden ser todo o contrario.Porque os bicos están ben cando queren ser dados e recibidos polas dúas persoas.
Volver
Autora: ADELA TURÍN Editorial: KALANDRAKA Recomendado: a partires de 4 anos Sinopse: Artur dicía que quería moito a Clementina. Queríaa tanto, tanto, que facía todo por ela e iso fixo que Clementina se sentise bastante mal.Sentíase prisioneira e decidiu ser libre.
Volver
Autor: PERE TOBARUELA Editorial: XERAIS Recomendado: a partires de 6 anos Sinopse: Mariña é unha nena que quere xogar ao fútbol pero hai algúns compañeiros que pensan que non pode facelo.Ela e as súas amigas demostraranlles o errados que están.
Volver
Autora: EVA MEJUTO Editorial: OQO Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: Maruxa facía todo o traballo: cosía, cociñaba, varría e labraba, mentres que Pepiño, o seu home, folgaba, durmía e cantaba. Un día, Maruxa decide darlle unha lección para que entenda que o traballo está moi mal repartido.
Volver
Autor: XOSÉ A. PEROZO Editorial: AUGA EDITORA Recomendado: a partires de 6 anos Sinopse: Cando nace Vanesa, súa nai chama ás fadas para pedirlles que sexa unha princesa. Pero unha fada vella dille que Vanesa será o que queira ser, que ela debe decidir.
Volver
Autora: CRISTINA FERREIRÓS SÁNCHEZ Editorial: BAÍA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: A Alfombriña non lle gusta nada que lle digan o que ten que facer. Quere decidir por ela mesma. Deixaranlle?
Volver
Autora: ANA TORRES JACK Editorial: GALAXIA Recomendado: nais, pais, adultos/as Sinopse: A pesares de que se avanzou moito na igualdade entre homes e mulleres, aínda queda moito camiño por diante. Non hai máis que ver como tratan moitas veces os medios de comunicación, o cine, a publicidade, os videoxogos, etc, a figura da muller.Este libro pode axudarnos a previr esa desigualdade e a violencia machista dende a familia, porque dende o fogar podemos facer moito.
Volver
Autor: PABLO NOGUEIRA Editorial: BAÍA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: Nube Branca quere ser astronauta, devece por ver as estrelas de preto e coñecer a Lúa e os planetas.Como non consegue fabricar un foguete espacial, pídelle axuda a uns amigos.Conseguirao?
Volver
Autora: ADELA TURÍN Editorial: KALANDRAKA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: Na manda na que vive Margarita, todas as elefantas son de cor rosa, (... todas menos ela). Non entende que as elefantas teñan prohibido facer cousas como fan os elefantes.Un día, Margarita, decide demostrar que a igualdade é posible.
Volver
Autoras: PALOMA RODRÍGUEZ E CRISTINA JUSTO Editorial: EMBORA Recomendado: a partires de 6 anos Sinopse: No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra de casa.Esas normas son inxustas e deben cambiarse!
Volver
Autor: ANTHONY BROWNE Editorial: KALANDRAKA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: «Bule co almorzo, muller», «Bule co almorzo, mamá», dicíanlle o seu home e os seus fillos. Todos os días facían o mesmo e a pobre señora Porcón tiña que traballar sen descanso. Un día, fartouse e marchou.Entón...
Volver
Autora: ADELA TURÍN Editorial: KALANDRAKA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: Bonobos e bonobas vivían de maneira moi diferente. Eles podían estudar, viaxar, aprender e modernizarse pero elas non podían facer nada diso: só traballar e atender ás súas crías.Os bonobos non aceptaban que as bonobas avanzasen e burlábanse delas.Pero un día, as bonobas fartáronse e decidiron cambiar aquela situación.
Volver
Autora: ANA PILLADO Editorial: A NOSA TERRA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: A Roi, como a Sabela, tamén lle gusta xogar coas bonecas e coidalas. Como o seu papá non sabe, Roi decide que el quere ser mamá.
Volver
Autora: SUSANA ISSERN Editorial: NUBEOCHO Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: Daniela soña con ser pirata no Caimán Negro, pero Orellacortada e os demais piratas, non queren rapazas no seu barco. Terá que pasar probas moi difíciles para conseguilo. Pero... e se os piratas non lle deixan?
Volver
Autor: TOMIE DEPAOLA Editorial: KALANDRAKA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: A Oliver Button chamábanlle nena porque non lle gustaba facer cousas que se supón que teñen que gustarlle aos nenos. O seu pai preferiría que fixera deportes, pero a el gustáballe máis bailar. Como non tiña "gustos de nenos" insultábano dicíndolle "Oliver Button é unha nena". Pero, realmente hai cousas de nenos e cousas de nenas?
Volver
Autora: ADELA TURÍN Editorial: KALANDRAKA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: Na familia do señor Rato, unha catástrofe pon todo patas arriba. Menos mal que a Señora Rato atopa a solución! Ás veces, algo que parece malo fai que as cousas melloren, como ocorre nesta historia.
Volver
Autor: IAGO LÓPEZ Editorial: XERAIS Recomendado: a partires de 5 anos Sinopse: Na Catedral de Santiago levaron un desgusto enorme: o botafumeiro caeu ao chan. A osa Marosa e a toupiña Mariña son as únicas que saben arranxalo. As dúas amigas prepáranse para facer o camiño a Compostela e así axudar a que a catedral estea lista para recibir as agardadas visitas
Volver
Autora: MARTA LADO Editorial: BAÍA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: Unha pequena pita pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: cambiar as normas do galiñeiro!
Volver
Autora: ANAIR RODRÍGUEZ Editorial: XERAIS Recomendado: a partires de 9 anos Sinopse:Doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.
Volver
Autora: IMELDA BARRIO Editorial: BAÍA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: Nera naceu nun momento especial. Xusto cando o Consello de fadas se reunía para outorgar un desexo á persoa que chegase ao mundo nesa noite. Pero, cal sería o mellor desexo para conceder?
Volver
Autora: MARÍA DE MATA Editorial: BAÍA Recomendado: a partires de 7 anos Sinopse:Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.
Volver
Autora: SABELA FERNÁNDEZ TRELLES Editorial: XERAIS Recomendado: a partires de 7 anos Sinopse: Que che gustaría ser de maior? A Antía moito a amola que os adultos lle fagan decote esa pregunta e, aínda máis, que sempre a respondan eles mesmos sen contar coa súa opinión: «Serás unha gran doutora, como a túa nai; ou unha gran panadeira, seguindo a tradición familiar!». Pero Antía ten moi claro a que lle gustaría dedicarse, e os oficios que imaxina non poden estar máis lonxe do que se agarda dela.
Volver
Autoras: CARMEN JUSTO E PALOMA RODRÍGUEZ Editorial: EMBORA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse: Iriña era unha bailarina; pero non unha bailarina común: vivía na máis fermosa caixa de música. Pero estaba preocupada: non podía saír da súa caixa... Conseguirá cambiar os roles?
Volver
Autora: ANTÍA YÁÑEZ Editorial: BAÍA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse:No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamete se converte nun tsunami de solidariedade.
Volver
Autora: FINA CASALDERREY Editorial: BAÍA Recomendado: a partires de 7 anos Sinopse: Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo.
Volver
Autores: BELÉN GAUDES E PABLO MACÍAS Editorial: CUATRO TUERCAS Recomendado: a partires de 6 anos Sinopse: Esta vez Bela descobre que a verdadeira beleza está no interior e decide non quedar con Besta, . Unha nova forma de reinventar os contos clásicos.
Volver
Autoras: PALOMA RODRÍGUEZ E CARMEN JUSTO Editorial: EMBORA Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse:Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar. O segredo de Flora consiste en atopar un modo de combater a violencia, explicando así a nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manifestacións.
Volver
Autor: LLAN BRENMAN Editorial: ALGAR Recomendado: a partires de 3 anos Sinopse:O pai de Laura abriu o Libro secreto das princesas e contoulle á súa filla algo que ninguén sabía. Laura ten unha dúbida: soltan peidos as princesas? Menos mal que no libro secreto o pai ten todas as respostas!
Volver
Autora: BEA GREGORES Editorial: XERAIS Recomendado: a partires de 9 anos Sinopse: Unha nai que é unha muller forte. Un pai que é un home estraño. Cando el chega a casa, todo se tingue dunha mancha escura e da súa boca saen palabras que se cravan no peito provocando dor. Unha historia conmovedora de supervivencia e esperanza.
Volver
Autoras: PALOMA RODRÍGUEZ E CARMEN JUSTO Editorial: EMBORA Recomendado: a partires de 5 anos Sinopse: Clara chámase así en honor a Clara Campoamor, unha muller valente que loitou para que as mulleres puidesen votar. Un día coa súa nai e a súa avoa aprende o que son unhas eleccións e cómo as persoas poden decidir quen vai gobernar metendo un papeliño nunha urna. Un xeito sinxelo de ensinar a nenos e nenas en qué consiste a democracia representativa e a paridade.