Recomendacións lectoras mes da ciencia
25 n día internacional contra a violencia de xénero
A señorita Bubble
Autora: Ledicia Costas Edicións Xerais
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada.
Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir.
Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.
Mujeres de ciencia.50 Intrépidas pioneras que cambiaron el mundo.
Autora: Rachel IgnotofskyEditorial: Nórdica Libros S.L
Un libro ilustrado e educativo que pon o foco nas contribucións de 50 mulleres notables nos campos da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e as matemáticas, dende o mundo antigo ata a actualidade. Tamén contén infografías sobre temas relevantes como equipos de laboratorio, taxas de mulleres que traballan a día de hoxe en campos relativos á ciencia e un glosario científico ilustrado. Entre as pioneiras incluídas nesta obra están figuras coñecidas como a primatóloga Jane Goodall, así como outras menos coñecidas como Katherine Johnson, a física e matemática afroamericana que calculou a traxectoria da misión Apolo XI de 1969 á Lúa.
Xela volveuse vampira
Autora: Fina Casalderrey Baía Edicións
Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivinte de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo.
Salvamos o planeta
Autor: Roser Ruíz LaguasEditorial: Xerais
Por que hai gaivotas nos vertedoiros? Que é unha marea negra? E o quentamento global? Tan malo é o plástico? "Salvemos o planeta!" é un libro para aprender... divertíndote.
O valor das ideas
A precursora do libro electrónico. Pequena biografía de Ángela Ruíz Robles
Autora: Arantxa Serantes LópezEditorial: Lela Edicións
Ángela Ruiz Robles (Villamanín, 1895 – Ferrol, 1975) foi maestra e inventora. En 1918 chegou a Galicia e aquí imaxinou cómo podería ser a ensinanza do futuro. A súa creatividade é un exemplo formidable do lonxe que pode chegar unha idea.
Artur e Clementina
Autora: Adela TurínEditorial: Tras os montes
O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfan a súa ansia de desenvolvemento persoal.
H2 Oh!!! Pingas científicas
Autora: Maria Canosa Blanco Editorial: Galaxia
Sabías que os cascos protectores os inventaron os paxaros?, ou por que hai espellismos? A que non te decataras que hai animais que nunca beben auga?, ou por que o número pi é infinito e non remata nunca? Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día. Cousas simples que temos ao noso carón, pero que teñen un funcionamento moi complexo. Todo contado dun xeito moi sinxelo por María Canosa e as fermosas ilustracións de Luz Beloso
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes
Autores: Elena Favilli e Francesca Cavallo.
Un clásico contemporáneo, Contos de boas noites para nenas rebeldes reinventa os contos de fadas e inspira as nenas coas historias de 110 mulleres extraordinarias: Cleopatra, Marie Curie, Frida Kahlo, Coco Chanel, Greta Thunberg, Taylor Swift…
Conta con ilustracións de 60 artistas femininas de tódolos rincóns do mundo.
Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño.
Autora: Anaír RodríguezEditorial: Xerais
Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.
Rosa Caramelo
Autora: Adela TurínEditorial: Kalandraka
Na manda, todas as elefantas son de cor rosa, agás Margarita. E pronto descubrirá que as do seu sexo teñen prohibido facer cousas reservadas aos machos.Ao non aceptar esa tradición, amosará ás súas compañeiras que a igualdade non é unha utopía.
Las chicas son de ciencias: 25 científicas que cambiaron el mundo.
Autores: Irene Cívico e Sergio Parra Editorial: Montena
Aínda que nos libros de historia pareza que as ciencias son cousa de homes, de iso nada: dende Agnodice, a primeira médica coñecida da historia, ata Rosalind Franklin, a química que descubriu a estrutura do ADN, pasando por Vera Rubin, a astrónoma que viu o que ninguén vía, as mulleres foron pioneiras en ciencias dende o comezo dos tempos. Neste libro tes 25 exemplos de supercientíficas que demostran que as rapazas e os laboratorios son unha boa combinación.
Monstro Rosa
Autora: Olga de Dios Editoria: Apila Edicións
Monstro Rosa é un conto sobre o valor da diferencia. Unha historia para entender a diversidade como elemento enriquecedor da nosa sociedade. É un berro de liberdade.
O libro dos porcos
Autor: Anthony Browne Editorial: Kalandraka
Un álbum orixinal, unha reflexión sobre o machismo e a discriminación de xénero chea de ironía e sentido do humor. Bule co almorzo, muller! Bule co almorzo, mamá! berrábanlle todas as mañás á señora Porcón, como ocorre en moitos fogares, antes de marchar ás súas importantísimas ocupacións. Pero, un día, cansa, despediuse cunha nota que dicía: Sodes uns porcos! A partir de entón, nada volveu ser o mesmo. “O libro dos porcos” é un álbum ilustrado que nos fará descubrir unha infinidade de divertidos indicios, detalles ocultos e metáforas visuais que dialogan cos lectores e lectoras na busca da súa complicidade.
Pioneiras. Galegas que abriron camiño.

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.
La Cenicienta que no quería comer perdices
Autoras: Nulila López Salamero e Myriam Cameros Sierra. Editorial: Planeta
Un conto moderno para adultos que revisa con moito humor os papeis que nos tocaron a todos representar neste gran teatro que é a vida.
Un ronsel de ardora
Pequena biografía de Ángeles Alvariño.Autores: Carlos Roberto Álvarez Taboada e Enrique Mauricio Iglesias. Editorial: Lela Edicións.
Estrelas galegas da ciencia
Autores: Maite Vence, Manuel Vicente e Andrea Burés.
Estrelas galegas da ciencia é un libro ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que explica a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. Cando se crearon as universidades e centros galegos de investigación? Quen foron aqueles científicos e científicas, inventores e inventoras máis sobresaíntes ao longo da historia? Cales foron os achados máis fascinantes? Nesta historia da ciencia responderanse estas preguntas e moitas outras. Un libro necesario e sorprendente, para un público sempre curioso e con vontade de aprender o que non se atopa nos libros de texto.
A historia dos bonobos con lentes

Bonobos e bonobas tiñan un estatus moi desigual na fraga onde vivían todos xuntos. Eles comían o que elas recolectaban; eles viaxaban, aprendían e modernizábanse pero non aceptaban que elas tamén evolucionaran e burlábanse do seu aspecto. Tiñan a errónea teoría de que a educación e o progreso do grupo enteiro era prexudicial; ata que as bonobas cansaron de aturar ese comportamento tan egoísta.
Recomendacións mes da ciencia
sara.varrod
Created on November 11, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Create Your Story in Spanish
View
Microcourse: Key Skills for University
View
Microcourse: Learn Spanish
View
History Timeline
View
Education Timeline
View
Body Parts Game
View
Resource Bank
Explore all templates
Transcript
Recomendacións lectoras mes da ciencia
25 n día internacional contra a violencia de xénero
A señorita Bubble
Autora: Ledicia Costas Edicións Xerais
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.
Mujeres de ciencia.50 Intrépidas pioneras que cambiaron el mundo.
Autora: Rachel IgnotofskyEditorial: Nórdica Libros S.L
Un libro ilustrado e educativo que pon o foco nas contribucións de 50 mulleres notables nos campos da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e as matemáticas, dende o mundo antigo ata a actualidade. Tamén contén infografías sobre temas relevantes como equipos de laboratorio, taxas de mulleres que traballan a día de hoxe en campos relativos á ciencia e un glosario científico ilustrado. Entre as pioneiras incluídas nesta obra están figuras coñecidas como a primatóloga Jane Goodall, así como outras menos coñecidas como Katherine Johnson, a física e matemática afroamericana que calculou a traxectoria da misión Apolo XI de 1969 á Lúa.
Xela volveuse vampira
Autora: Fina Casalderrey Baía Edicións
Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivinte de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo.
Salvamos o planeta
Autor: Roser Ruíz LaguasEditorial: Xerais
Por que hai gaivotas nos vertedoiros? Que é unha marea negra? E o quentamento global? Tan malo é o plástico? "Salvemos o planeta!" é un libro para aprender... divertíndote.
O valor das ideas
A precursora do libro electrónico. Pequena biografía de Ángela Ruíz Robles
Autora: Arantxa Serantes LópezEditorial: Lela Edicións
Ángela Ruiz Robles (Villamanín, 1895 – Ferrol, 1975) foi maestra e inventora. En 1918 chegou a Galicia e aquí imaxinou cómo podería ser a ensinanza do futuro. A súa creatividade é un exemplo formidable do lonxe que pode chegar unha idea.
Artur e Clementina
Autora: Adela TurínEditorial: Tras os montes
O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfan a súa ansia de desenvolvemento persoal.
H2 Oh!!! Pingas científicas
Autora: Maria Canosa Blanco Editorial: Galaxia
Sabías que os cascos protectores os inventaron os paxaros?, ou por que hai espellismos? A que non te decataras que hai animais que nunca beben auga?, ou por que o número pi é infinito e non remata nunca? Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día. Cousas simples que temos ao noso carón, pero que teñen un funcionamento moi complexo. Todo contado dun xeito moi sinxelo por María Canosa e as fermosas ilustracións de Luz Beloso
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes
Autores: Elena Favilli e Francesca Cavallo.
Un clásico contemporáneo, Contos de boas noites para nenas rebeldes reinventa os contos de fadas e inspira as nenas coas historias de 110 mulleres extraordinarias: Cleopatra, Marie Curie, Frida Kahlo, Coco Chanel, Greta Thunberg, Taylor Swift… Conta con ilustracións de 60 artistas femininas de tódolos rincóns do mundo.