Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Situacións de aprendizaxe

CEIP San Tomé

Created on November 10, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Learning Unit

Akihabara Learning Unit

Genial learning unit

History Learning Unit

Primary Unit Plan

Vibrant Learning Unit

Art learning unit

Transcript

Situacións de aprendizaxe

Como e para que

Empezar

guía para non tolear

Siglas e definicións por todas partes

Avaliación das SDA

Que son as situacións de aprendizaxe.

Diferenza de UD, ABP, tarefas integradas.

Situacións de aprendizaxe internivelares

Deseño formal dunha situación de aprendizaxe.

Ferramentas para axudar: Ignite Copilot

Ferramentas para axudar: ChatGPT

Deseño máis informal: talento docente, interpretación e improvisación.

Situacións e actividades que implican o despregamento por parte do alumnado de actuacións asociadas a competencias clave e competencias específicas, e que contribúen á adquisición e desenvolvemento das mesmas.

Que son

Ferramenta para integrar elementos curriculares

Situacións da vida cotiá.

Actividades significativas e relevantes

Transferencia nas aprendizaxes

Avaliables

Enfoque competencial

diferenza con...

Unidade didáctica

LOXSE: Unidade de programación e actuación docente configurada por un conxunto de actividades que se desenvolven nun tempo determinado, para a consecución duns obxectivos didácticos.

Concepto máis amplo

Cada UD pode conter SDA

A Ud centra máis atención nos contidos

diferenza con...

Unidade didáctica iNTEGRADA

Evolución do concepto anterior debido á LOMCE, pasan a ser unha ferramenta para desenvolver obxectivos e competencias clave.

Varía un pouco o produto final

As SdA dan un paso máis en inclusión

Nas SdA faise máis fincapé en que sexan situacións da vida cotiá

diferenza con...

abp

A aprendizaxe baseada en proxectos é unha metodoloxía que permite aos alumnos adquirir os coñecementos e competencias clave no século XXI mediante a elaboración de proxectos que dan resposta a problemas da vida real. A aprendizaxe e o ensino baseados en proxectos forman parte do ámbito da "aprendizaxe activa"

Concepto máis amplo ca os anteriores.

As SdA poden formar parte desa metodoloxía

Aparece o concepto SABP

Situacións de aprendizaxe

Elementos que a compoñen

situacións de aprendizaxe

Deseño formal

Título e xustificación
Secuencia didáctica
Contextualización
Atención á diversidade
Concreción curricular
Avaliación do alumnado
Metodoloxía
Recursos

título

  • Directo e concreto
  • Sen necesidade de florituras
*Idea que expresa claramente o que se vai traballar

xustificación

  • Breve descrición da motivación de abordar este tema
  • Que nos fixo pensar que temos que tratar esta temática?

contextualización

  • É o apartado que lle dá sentido á SdA.
  • Relata a situación cotiá problemática á que nos debemos enfrontar.
  • Sitúa ao alumnado ante o reto.

Concreción curricular

  • Competencias clave
  • Obxectivos de área
  • Contidos

Metodoloxía

  • Desenvolvemento
  • Agrupamentos

Secuencia didáctica

  • Pasos a dar para levar a cabo a SdA
  • Sesións estimadas
  • Presentación de contidos e materiais

atención á diversidade

  • Medidas xerais (ter en conta os principios DUA)
  • Medidas específicas en función do alumnado

avaliación do alumnado

  • Selección de criterios
  • Instrumentos empregados

Situacións de aprendizaxe

Deseño informal

idea inicial -final imprevisible

Ás veces non é necesario facer unha planificación tan exhaustiva, é suficiente con ter claro o obxectivo principal. Existe a posibilidade de crear unha situación de aprendizaxe a partir de "momentos" de aula. A experiencia e talento do profesorado son claves para estas propostas

Perlas ensangrentadas:Aquí hai unha historia (Laura Goldar)

Signos de puntuación. Completar.Completamos a historia. ¿que puido haber pasado?: móbil, asasinos, o final. Podemos elixir contar o principio ( causas) o nó ou o final. Tamén podemos intercalar a letra da canción polo medio dunha historia.

Pedro Navajadescrición

Elementos imprescindibles. El impresionismo.Clasificación de los elementos: forma de andar, un elemento diferenciador, una parte del vestuario, un secreto. Una descripción en muy pocas palabras de un personaje con los elementos anteriores.

AUTOR: DANIEL MONEDERO. ILUSTR.:PAULA ALENDA. EDIT.: TÁNDEM

Actividade escrita

Números pares, impares e idiotas Autor: Juan José Millás Ilustrador: Forges

As emocións: como te sintes?Algunha vez te sentiches un cero á esquerda? REalmente non vale nada o cero? Anticipar a historia. Cada capítulo é unha historia independente que se presta para un enfoque diferente

Ojo de nube Autor: Ricardo Gómez Ilustrador: Jesús Gabán

Traballemos outras áreas. - Ámbito de coñecemento do medio - matemáticas Novela para todo un trimestre ou un curso

Desencuentros:Un final para despois do final

Poesía

Conversión a prosa

A mariñeira

Producir un texto narrativo que conte a historia sobre a que escribiu Cabanillas. Posibilidades: Cabanillas escoitou o relato nun bar de Cambados, leu no xornal unha nova sobre un naufraxio... Abrir novas vías de estudo: biografía do autor, naufraxios no nosa costa, oficios do mar...

Situacións de aprendizaxe

Avaliación

avaliación da sDa

Que avaliar da sda?

  • Metodoloxía
    • Agrupamentos axeitados?
    • Erros no desenvolvemento?
  • Temporalización apropiada?
  • Produto final e/ou tarefas adecuados?
  • Instrumentos de avaliación efectivos?

Situacións de aprendizaxe

Internivel

situacións de centro

contexto común... mesma interpretación?

Un mesmo concepto pode ser interpretado de formas distintas en función do nivel educativo e do enfoque de que área que se pretenda dar. Exemplo: O MAGOSTO

Situacións de aprendizaxe

Ignite Copilot

Situacións de aprendizaxe

ChatGPT

creamos Situacións de aprendizaxe

  • O magosto:
    • O noso dicionario
    • Receitas
    • Organización da xornada

creamos Situacións de aprendizaxe

  • Ruta turística pola vila:
    • Para adultos
    • Para nenas/os
    • Para...

creamos Situacións de aprendizaxe

  • As novas da escola:
    • Podcast
    • Prensa escrita

creamos Situacións de aprendizaxe

  • Lista de material escolar:
    • Inventario
    • Proposta
    • Orzamentos

creamos Situacións de aprendizaxe

  • Rediseñamos a nosa aula
    • Medimos
    • Buscamos mobiliario
    • Orzamentos
    • Solicitude formal

creamos Situacións de aprendizaxe

    • Os cambios na paisaxe da miña localidade nos últimos cen anos

creamos Situacións de aprendizaxe

    • Os movementos migratorios nos últimos cen anos na miña localidade

O Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA) é un enfoque educativo que busca garantir que todos os estudantes, independentemente das súas capacidades, estilos de aprendizaxe ou necesidades, teñan acceso equitativo ao ensino. O seu obxectivo é proporcionar múltiples vías para a aprendizaxe, facilitando a inclusión e a participación de todo o alumnado. 1. Principios do DUA O DUA baséase en tres principios fundamentais: 1.1. Múltiples formas de representación Os estudantes procesan a información de maneiras diferentes. Para garantir que todo o alumnado poida comprender os contidos, é fundamental ofrecer diversas formas de representación: Empregar distintos formatos: texto, imaxes, vídeos, gráficos, esquemas. Utilizar exemplos variados e contextos diversos para facilitar a comprensión. Favorecer a accesibilidade con ferramentas como subtítulos, audiolibros ou lectores de pantalla. Permitir a personalización do contido (axuste de cores, tamaños de letra, velocidade de lectura, etc.). 1.2. Múltiples formas de acción e expresión Non todos os estudantes teñen as mesmas habilidades para expresar o que aprenderon. O obxectivo deste principio é proporcionar diferentes opcións para que o alumnado poida demostrar o seu coñecemento: Ofrecer diversas vías de expresión: oral, escrita, visual, corporal ou dixital. Permitir o uso de tecnoloxía e ferramentas de apoio (teclados adaptados, software de voz a texto, aplicacións interactivas, etc.). Dar opcións de traballo individual e cooperativo. Fomentar estratexias de autorregulación e planificación para que os estudantes xestionen o seu propio proceso de aprendizaxe. 1.3. Múltiples formas de implicación A motivación e o compromiso son esenciais para unha aprendizaxe efectiva. Este principio céntrase en adaptar os contidos para que o alumnado se sinta implicado activamente: Relacionar a aprendizaxe cos intereses e experiencias do alumnado. Ofrecer opcións de elección (temas de investigación, formatos de traballo, ritmo de aprendizaxe, etc.). Empregar metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en proxectos, retos ou xogos. Crear un ambiente seguro e flexible onde todos os estudantes se sintan cómodos participando. 2. Aplicación práctica do DUA na aula Para integrar o DUA na planificación didáctica, pódense seguir os seguintes pasos: Analizar as necesidades do alumnado e prever barreiras na aprendizaxe. Deseñar actividades flexibles, asegurando diferentes vías de acceso, expresión e motivación. Utilizar recursos variados e accesibles, adaptados á diversidade do alumnado. Facilitar a autorregulación da aprendizaxe, axudando a que os estudantes xestionen o seu progreso. Avaliación diversificada, permitindo que cada estudante demostre os seus coñecementos da maneira máis axeitada para el.