Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

2. Revolución Industrial

Rubén López

Created on November 10, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Happy Holidays Mobile Card

Christmas Magic: Discover Your Character!

Christmas Spirit Test

Branching Scenario: Save Christmas

Correct Concepts

Microcourse: Artificial Intelligence in Education

Puzzle Game

Transcript

Tema 2

A Revolución Industrial e a Sociedade de Clases

Historia do Mundo Contemporáneo

Índice de contidos...

Cuestión 1 e 2

Introdución conceptual

Para ampliar ...

Recursos

Cuestión 3

Revolucións antecedentes

Cuestión 4

Fases da Industrialización

Cuestión 5

Sociedade de clases

Cuestión 6

Movemento obreiro

Cuestión 1 e 2

O proceso de Industrialización e a sociedade preindustrial

Introdución conceptual

A Industrialización

O termo "Industrialización" emprégase para referir o proceso de innovación tecnolóxica que ten lugar entre os anos 1760 e 1914 o cal provocou un cambio a nivel económico e social sen precedentes. Cabe resaltar que:

  • Non foi unha "revolución". É máis axeitado falar dun proceso extendido no tempo.
  • As diferentes "revolucións" non se sucederon, senón que ocorreron en paralelo.

A Sociedade Preindustrial

  • Estancamento demográfico.
  • Sociedade rural estamental.
  • Economía focalizada na agricultura de subsistencia.
  • Industria artesanal e comercio limitado.

CARACTERÍSTICAS...

SABÍAS QUE...

Nalgunhas áreas do planeta aínda perviven sociedades de marcado carácter preindustrial

Cuestión 3

As Revolucións Antecedentes

Revolución Agrícola e Demográfica

A Revolución Agrícola

QUE SUPUXO?

  • Cambios no réxime de propiedade das terras (enclousures).
  • Eliminación da rotación trienal en favor da cuadrienal (sistema Norfolk).

A Revolución Agrícola

QUE SUPUXO?

  • Introdución de novas sementes (destacando o millo e a pataca).
  • Mecanización das tarefas agrícolas.

A Revolución Demográfica

FASES DO PROCESO

Réxime demográfico antigo: -Natalidade alta. -Mortalidade alta (episodios periódicos de sobremortandade). -Crecemento vexetativo nulo.

Fase 1 da transición: -Natalidade alta. -Mortalidade en redución. -Crecemento vexetativo alto.

Fase 2 da transición: -Natalidade decrecente. -Mortalidade que toca solo. -Crecemento vexetativo en caída.

Teoría da Transición Demográfica
Réxime Demográfico Antigo
Réxime Demográfico Moderno

Consecuencias das revolucións antecedentes

A REVOLUCIÓN AGRÍCOLA...

  • A mellora na alimentación reduciu as crises de subsistencia, permitindo o incremento demográfico.
  • A mecanización reduciu a necesidade de traballadores no campo, posibilitando un éxodo rural masivo deica ás cidades, na procura de traballo.
  • A riqueza obtida polos novos "empresarios agrarios" foi reinvestida na industria.

A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA...

  • Incrementou a man de obra dispoñible para a industria.
  • O aumento da poboación viu acompañado dun crecemento da demanda de produtos industriais de todo tipo.

Cuestión 4

As Fases "históricas" da Revolución Industrial

Primeira e Segunda Revolución Industrial

A Primeira Revolución Industrial

CONCEPTO: proceso paulatino polo cal a humanidade pasou de formas de vida e produción tradicionais a un sistema de produción baseado na mecanización e a un modelo social de clases. Exténdese de 1760 a 1870, se ben ata 1830 non se expande dende Gran Bretaña (lugar no que ten o seu inicio) ao resto do continente europeo.

POR QUE COMEZA EN GRAN BRETAÑA?

  • Condición insular que facilita o comercio por mar.
  • Mercado interno ben artellado por camiños e canles fluviais.
  • Presencia de materias primas na illa (ferro e carbón) ou nas súas colonias (algodón).
  • Financiación endóxena (potente burguesía).
  • Goberno de signo liberal.
  • Poboación en expansión.

O sector téxtil algodoeiro

Mecanización do proceso de fiado e tecido

O principal sector durante a Primeira Revolución Industrial foi a industria téxtil do algodón, que subsituíu ao liño como principal material.

Gráfica: evolución das importación de algodón inglesas
Esquema: máquina de vapor

James Watt

O sector siderúrxico

Carbón de coque

Carbón vexetal

A Revolución dos transportes

CONSECUENCIAS

  • Rápida comercialización dos excenetes agrarios e dos produtos industriais.
  • A construción do ferrocarril estimulou á industria pesada.
  • Facilitáronse os traslados de poboación entre rexións e nos movementos campo-cidade.

A Segunda Revolución Industrial

A EXPANSIÓN DA INDUSTRIALIZACIÓN

Dende 1830, o proceso de Industrialización espállase dende Gran Bretaña ao resto do continente, distinguindo entre: -First comers (primeiros países en sumarse a dito proceso). -Late comers (países de industrialización tardía e, xeralmente, precaria). Con todo, será a partir de 1870 que podamos falar dunha segunda fase no proceso de Industrialización por dous motivos: -Gran Bretaña deixa de ser a principal potencia europea en favor de Prusia (Zollverein). .-Súmanse países doutros continentes, destacando EEUU e mais Xapón.

A electricidade

A ELECTRICIDADE TROUXO GRANDES MELLORAS...

Empezando pola iluminación por medio de bombillas eléctricas, aparello inventado por Thomas Alva Edison en 1879.

O petróleo

Novos sectores industriais

OS CAMBIOS NA INDUSTRIA...

-Sobresae a metalurxia do aceiro, que se converte no novo metal predominante tras ser posible a súa produción masiva grazas á invención do convertedor de Bessemer (1856). -Aparecen novas industrias, que se van a convertir en sectores estratéxicos para os Estados: química, eléctrica, automobilística, aviación...

Evolución do sistema de produción

A produción en cadea

O TAYLORISMO E O FORDISMO: a produción en cadea.

O método de produción en cadea, popularizado por Taylor (taylorismo) consiste en que cada traballador cumpre un proceso específico na cadea de montaxe, o cal permite que se ultraespecialice no mesmo, acelerando exponencialmente a produción. Esta práctica foi perfeccionada por Ford nas súas empresas de montaxe de automóbiles (fordismo).

O TOYOTISMO: o método de produción do just in time.

Na década de 1970s, vinculado á crise do petróleo, xorde un novo modelo de produción que, dende entón, será paralelo á cadea de montaxe (hoxe en día robotizada). Trátase do toyotismo ou sistema just in time. Este consiste en producir baixo demanda (co obxectivo de evitar gastos derivados da acumulación de stocks, procurando que os elementos necesarios na cadea produtiva non se almacenen, se non que cheguen no preciso momento en que se requiren). Ademais, busca traballadores versátiles e maquinaria multiuso.

A Concentración empresarial

SOCIEDADES POR ACCIÓNS

O crecemento da inversión en empresas industriais e o aumento dos beneficios producidos por estas levaron a que se crease o modelo das Sociedades por Accións (Sociedades Anónimas, S.A.). Nestas, os inversores obtiñan un número de participacións (accións) equivalente ó capital investido, que lles daba dereito a recibir parte dos beneficios obtidos pola empresa.

MODELOS DE CONCENTRACIÓN EMPRESARIAL

-Trust: fusión de diferentes empresas nunha nova. -Cártel: asociación de empresas do mesmo eido co obxectivo de acordar prezos, cotas de produción e de mercado. -Holding: sociedade financeira que controla as actividades e o capital de varias empresas, xeralmente dedicadas a actividades diversas.

O Capitalismo

UN CAMBIO DE MODELO

O proceso de Industrialización tomou como base os principios do liberalismo económico, dando lugar a un novo sistema económico coñecido como capitalismo.

Cuestión 5

As consecuencias sociais da Industrialización

A nova sociedade de clases

A nova sociedade de clases

Alta Burguesía Nobreza
Militares Profesionais liberais Funcionarios estatais Pequena burguesía
Campesiñado Proletariado industrial Grupos marxinais

A clase alta

O ocio burgués

A clase media

A clase baixa

O crecemento das cidades

O ensanche de Barcelona

O ensanche de Madrid

Cuestión 6

En defensa dos dereitos dos traballadores

O movemento obreiro

Socialismo utópico

PRIMEIROS INTENTOS DE COLECTIVIZACIÓN.

Na primeira metade do século XIX, unha serie de pensadores buscaron denunciar as inxustizas ás que estaba sometida a sociedade industrial, especialmente, as malas condicións nas que vivían os obreiros. Criticaban: -A propiedade privada dos medios de produción. -A explotación laboral sufrida polos traballadores. -A concentración da riqueza en mans da burguesía. Os pensadores máis importantes desta corrente foron: -Charles fourier: creación de falansterios, agrupacións comunitarias onde a propiedade era compartida. -Étienne Cabet: defende un modelo de país (Icaria) onde existiría unha igualdade social completa. -Robert Owen: promoveu a creación de cooperativas xestionadas polos traballadores.

O ludismo

A PRIMEIRA REACCIÓN OBREIRA

A primeira reacción encabezada propiamente polos obreiros será o ludismo. As causas que provocaron o levantamento dos traballadores foron o aumento do desemprego e os baixos salarios que se pagaban a consecuencia da mecanización do traballo. Deste xeito, a comezos do século XIX, os obreiros organizáronse e comezaron a destruír as máquinas das fábricas coa fin de que se recontratase a traballadores.

O cartismo

OS OBREIROS PÍDENO POLAS BOAS...

A persecución á que estaban sometidos os dirixentes sindicais e a negación do dereito ó voto para as clases populares, fixo que os obreiros tomasen a decisión de que debían participar en política para intentar cambiar a situación. Así en 1836 nace a Working Men’s Asociation, que publica a Carta do Pobo (1838). En 1842 transformase na Asociación Nacional da Carta, considerada como o primeiro partido político dos traballadores. No texto van reclamar: -Sufraxio universal masculino e secreto.-Suprimir a necesidade dun título de propiedade para ser parlamentario. -Idéntica división dos distritos electorais (o obxectivo era acabar co predominio dos distritos rurais, con pouca forza obreira). -Soldo para os deputados (coa fin de que os traballadores puidesen exercer ese cargo sen ter que compaxinalo con outra actividade). -Inmunidade parlamentaria (para poder expor as súas ideas sen temor a represalias). Presentaron as súas demandas perante á Cámara dos Comúns (1842), convocando á folga e a manifestacións para apoiar as medidas que pretendías aprobar. A Carta foi rexeitada, pero lográronse algunhas concesións, como a redución da xornada laboral a 10 horas (1847). Tamén se incrementou a concienciación dos obreiros en materia política.

O sindicalismo

O NACEMENTO DOS SINDICATOS OBREIROS.

Na década de 1820s, os obreiros empezaron a tomar conciencia da necesidade de agruparse, creando organizacións que defendesen os seus dereitos e procurasen a mellora das súas condicións de traballo.As primeiras reivindicacións destes nacentes sindicatos serán: -O dereito a asociarse libremente. -A redución da xornada laboral (os tres oitos). -Mellora das condicións salariais. En 1825, conséguese derrogar en Gran Bretaña a prohibición de crear asociacións obreiras. Nacen entón as Trade Unions, primeiros sindicatos, de entre os que destaca o Gran Sindicato Xeral de Fiadores (1829). En 1834, baixo a dirección de Robert Owen, varios sindicatos agrúpanse na Great Trade Union, sindicato unificado que chegou a ter máis de medio millón de traballadores afiliados. Na década dos 1840s, o sindicalismo expandíase por Europa, destacando en España o nacemento de Unión Obreira (1843) e a Asociación de Tecedores de Barcelona (1840).

As Sociedades de Socorro Mutuo

AS PRIMEIRAS "ASEGURADORAS"

As primeiras asociacións foron as Sociedades de Socorro Mutuo: a cambio dunha cota, os obreiros recibirían unha axuda en caso de enfermidade ou accidente laboral; se morríaN, sería a súa familia a beneficiaria. Tamén creaban caixas de resistencia, cuxos fondos se empregaban para dar cobertura ós obreiros en caso de folga.

O socialismo científico (marxismo)

AS TEORÍAS DE MARX E ENGELS

O marxismo defendía a necesidade de destruír a orde liberal e o sistema económico capitalista. Pretendía crear unha sociedade sen propiedade privada e sen clases, onde imperase a igualdade (sociedade comunista).Isto sería logrado por medio dun levantamento do proletariado (dos obreiros industrias), a clase explotada polos capitalistas (a burguesía industrial). En dita revolución, lograrían facerse co control dos medios de produción e do Estado, instaurando unha ditadura do proletariado, paso previo á sociedade comunista (sociedade sen clases). Para Marx, o motor do cambio histórico sería esta loita de clases entre oprimidos e opresores, o que o levou a establecer catro etapas históricas: escravismo, feudalismo, capitalismo e comunismo, sendo esta última a derradeira (ao abolir as clases xa non é precisa a loita e, por tanto, chégase a unha etapa cumio).

O socialismo libertario (anarquismo)

AS TEORÍAS DE PROUDHON E BAKUNIN

A outra gran ideoloxía revolucionaria foi o anarquismo, que defendía: -Crítica da propiedade privada e defensa da colectivización (mutualismo, cooperativismo). -Oposición á existencia do Estado, ao que consideran un instrumento de opresión. Debe ser substituído por formas comunais de libre asociación. -Defensa de posturas apolíticas. -Propaganda pola acción (terrorismo e atentados). -Promoción dun individualismo a ultranza. Non debe de existir ningunha figura de autoridade que se poda impor á vontade do individuo (policía, exército, familia...). A liberdade está, pois, por riba da igualdade.

O Internacionalismo

A I INTERNACIONAL OBREIRA (Londres, 1864).

Rexida por un Consello Xeral encabezado por Karl Marx, quen tiña redactado o manifesto da organización, o obxectivo desta asociación era levantar ós traballadores para que lograsen a súa emancipación, conquistasen o poder político e acabasen coa sociedade burguesa, implantando o socialismo. Nos primeiros congresos de Xenebra (1866), Lausana (1867) e Bruxelas (1868) decidiuse guiar as mobilización obreiras (por medio de folgas) cara a consecución de: -Redución das xornadas laborais.-Supresión do traballo infantil.-Desaparición dos exércitos permanentes.-Socialización dos medios de produción.Malia todo, comezarán a xurdir teses enfrontadas no seo da Internacional entre os partidarios de Marx (marxistas) e os de Bakunin (anarquistas). As delegacións dos países máis industrializados (Gran Bretaña e Alemaña) apoiaban ó primeiro; as dos países onde o sector agrícola seguía a ter moito peso (España e Italia), sumáronse ás teses de Bakunin. O estalido dos sucesos da Comuna de París provocou a ruptura definitiva en 1872, supoñendo o distanciamento entre ambas ideoloxías. A I Internacional tiña rematado en fracaso.

Os sindicatos de masas

OS OBREIROS MOVILÍZANSE MASIVAMENTE

O aumento do peso dos traballadores asalariados (tanto industriais como do sector terciario) no derradeiro cuarto do século XX, fixo que proliferasen os sindicatos de masas. Tratábanse de grandes agrupacións centralizadas que contaban cun número importante de afiliados; moitos deles próximos ás ideas socialistas (Asociación Xeral de Sindicatos Alemáns, 1863; Unión Xeral de Traballadores, 1888). Seguiron empregando a folga como instrumento indispensable para forzar ós empresarios á negociación e ó estado cara a regulación de dereitos laborais.

Os partidos obreiros

OS OBREIROS PARTICIPAN DA GRAN POLÍTICA

Tras a quebra da I Internacional, os grupos socialistas lanzaranse ó eido da política, fundando partidos que concorrerán ás eleccións:-SPD alemán (1875), fundado por Wilhelm Liebneck. -PSOE (1879), encabezado por Pablo Iglesias. -Partido Laborista inglés (1900), creado por unión de diferentes sindicatos. -Partido Socialista Francés (1902), de Jules Guesde e Jean Jaurès. Estes partidos van estar perseguidos polo estado nun principio, actuando na clandestinidade. Con todo, remataron por ser legalizados e van ter unha importante imbricación con determinados sindicatos (como é o caso español, entre o PSOE e a UGT).

A II Internacional

A II INTERNACIONAL (Internacional Socialista).

Para coordinar as accións das forzas socialistas, no 1889 creouse a II Internacional (Internacional Socialista), organizada como unha confederación de partidos autónomos. Esta encargábase de organizar congresos periódicos que marcaban as directrices a seguir polos distintos partidos socialistas. Chegou a agrupar a millóns de traballadores, tendo os seus debates unha repercusión social notable. De feito, lograron que o 1 de maio fose declarado día dos traballadores. Un dos símbolos deste movemento foi o Himno da Internacional.

A división do Anarquismo

QUE FOI DOS ANARQUISTAS?

Namentres o socialismo seguía promovendo o internacionalismo, o anarquismo dividiuse en dúas tendencias opostas:-O Anarcocomunismo (Piotr Kropotkin). -Opoñíase á organización sindical. -Defendía a propaganda pola acción como medio de darse a coñecer e loitar contra a sociedade burguesa. O Estado e a Igrexa, xunto cos propios burgueses, eran os seus principais inimigos, pois representaban as principais forzas de autoridade. Os seus representantes serán obxecto de atentados.-O Anarcosindicalismo:-Defendía a organización obreira en sindicatos. -Mantense na liña do apoliticismo, chamando ós obreiros a non participiar nos comicios electorais. -A folga xeral será o seu instrumento revolucionario. -As súas ideas foron recollidas na Carta de Amiens (1906). Manifestáronse na creación de sindicatos anarquistas como a Confederación Nacional do Traballo (CNT) española.

Para ampliar...

Recursos varios

Sobre o proceso de Industrialización e o Movemento Obreiro

Literatura...

Audiovisual...

Videoxogos...

Openfield (terras abertas) e bocage (terras cercadas).
Esquema do barco de vapor.
Esquema dunha locomotora e evolución da construción de liñas de ferrocarril en Europa.
Rede ferroviaria europea