Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

Jose Rodriguez González O Matemático de Bermés

Ambassador

Created on November 9, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Urban Illustrated Presentation

3D Corporate Reporting

Discover Your AI Assistant

Vision Board

SWOT Challenge: Classify Key Factors

Explainer Video: Keys to Effective Communication

Explainer Video: AI for Companies

Transcript

José Rodríguez González O matemático de Bermés

A Real Academia Galega de Ciencias nomeou ao profesor José Rodríguez González como "Científico galego do ano 2024", coincidindo co 200 aniversario do seu pasamento.

Presentación baseada nos documentos da

Este matemático e astrónomo nacido en Bermés, Lalín, foi o primeiro científico galego en acadar unha dimensión internacional. A súa vida estivo marcada por unha curiosidade infinita, un compromiso co avance da ciencia en España e unha estreita relación cos maiores expoñentes científicos da súa época.

Orixes e formación

José Rodríguez González naceu o 25 de outubro de 1770 en Santa María de Bermés, unha pequena parroquia do concello de Lalín. Fillo dunha familia labrega, estudou en Monforte de Lemos antes de trasladarse a Santiago de Compostela. Alí, foi nomeado colexial de San Xerome en 1787, onde cursou Filosofía e Teoloxía. O seu interese polas ciencias naturais levouno a estudar matemáticas de forma autodidacta e co profesor Luis Marcelino Pereira.

Orixes e formación

1770

Nacemento en Santa María de Bermés, Lalín

1787

Nomeado colexial de San Xerome en Santiago

1790

Obtén o título de bacharel en Filosofía

1795

Acada o grao de bacharel en Teoloxía

Carreira académica en Santiago

No curso 1798-99, Rodríguez foi nomeado profesor de Matemáticas Elementais na Universidade de Santiago. En 1801, conseguiu a cátedra en propiedade. Durante este período, entrou en contacto co círculo liberal compostelán, agrupado arredor da recentemente creada Sociedad Económica de Santiago. A súa relación con Julián Francisco Suárez Freire e Pedro Antonio Sánchez Vaamonde foi determinante na súa vida, pois grazas ao seu apoio económico puido viaxar a Francia en 1803 para ampliar estudos.

O liberalismo é unha corrente de pensamento filosófica e unha ideoloxía que ten a liberdade e igualdade fronte á lei como os principais valores políticos e baséase nunha fe optimista na natureza e na súa crenza da razón, ten a súa orixe na Ilustración europea e enfatiza os dereitos individuais, preconiza unha sociedade baseada na liberdade de pensamento, na limitación do poder, no goberno da lei, no libre mercado que soporte a empresa privada e nun sistema transparente de goberno no cal se protexan os dereitos de todos os cidadáns.

Carreira académica en Santiago

Profesor

Nomeado profesor de Matemáticas Elementais en 1798

Catedrático

Obtén a cátedra en propiedade en 1801

Círculo liberal

Contacto co círculo liberal compostelán

Estudos en París

En xuño de 1803, Rodríguez chegou a París para ampliar os seus estudos. Durante tres anos, estudou Astronomía no Observatorio de París e Altas Matemáticas no Colexio de Francia. Alí relacionouse cos científicos franceses máis importantes da época, como Laplace. Participou nos traballos do Bureau des Longitudes para establecer o sistema métrico decimal, baseado na medición do meridiano terrestre. Esta experiencia sería fundamental para o seu posterior traballo na medición do arco de meridiano.

Observatorio de París

Estudos de Astronomía

Colexio de Francia

Estudos de Altas Matemáticas

Bureau des Longitudes

Participación no establecemento do sistema métrico decimal

Contactos científicos

Relación con científicos como Laplace o Lagrange

Medición do arco de meridiano

En 1806, Rodríguez foi nomeado membro da comisión franco-española para realizar a medición do arco do meridiano ata Mallorca. Xunto con Arago e Biot, iniciou os traballos de campo en Barcelona. Encargouse do vértice máis comprometido no Camp Vell de Eivisa, onde pasou o inverno de 1807. A expedición enfrontouse a numerosas dificultades, incluíndo a tensión política contra os franceses. En 1808, a situación obrigou a abandonar os traballos e Arago tivo que fuxir coa axuda de Rodríguez.

Nomeamento

Membro da comisión franco-española en 1806

Eivisa

Encárgase do vértice no Camp Vell

Abandono

Tensión política obriga a suspender os traballos en 1808

Traballos de campo

Inicio en Barcelona con Arago e Biot

Medición do arco de meridiano

Esta medida de arco serviu como base para a definición orixinal do metro.

Estadía en Inglaterra

En novembro de 1809, o Goberno español comisionou a Rodríguez para examinar os establecementos astronómicos de Inglaterra. Alí colaborou co Ordnance Survey na elaboración dun mapa xeral do país. En 1812, publicou un artigo na prestixiosa Philosophical Transactions da Royal Society, no que detectou un erro na medición da latitude dos graos do meridiano feita por William Mudge. Esta publicación xerou unha gran polémica no mundo científico británico, criticándose duramente que un estranxeiro puxese en dúbida a calidade da ciencia británica.

Carl Friedrich Gauss

Etapa en Alemaña

En setembro de 1814, Rodríguez foi comisionado para viaxar a Alemaña e perfeccionarse na mineraloxía. Incorporouse á Escola de Minas de Friburgo, onde estableceu unha estreita relación con Abraham Gottlob Werner, considerado un dos fundadores da xeoloxía moderna. No verán de 1816, trasladouse a Gotinga, onde pasou un semestre no Observatorio traballando con Carl Friedrich Gauss, o "príncipe das matemáticas". Esta experiencia permitiulle establecer contactos cos maiores expoñentes científicos da época e ampliar os seus coñecementos en diversas disciplinas.

Director do Observatorio de Madrid

En xaneiro de 1819, Rodríguez foi nomeado profesor de Astronomía do Museo de Ciencias Naturais de Madrid. Chegou á capital o 29 de maio e tres días máis tarde fíxose efectivo o seu nomeamento. Desde o principio, traballou para conseguir fondos que permitisen reconstruír o Observatorio, que quedara en ruínas tras a guerra da Independencia. En xullo de 1821 foi nomeado tamén director do Observatorio, onde realizaba calendarios anuais destinados ás clases populares. Durante este período, continuou cultivando a súa afección á xeoloxía e á mineraloxía, realizando expedicións a Granada e Almería.

Fernando VII

Etapa política e derradeira viaxe

Durante o Trienio Liberal (1820-1823), Rodríguez foi elixido un dos dezaseis deputados por Galicia nas Cortes. Participou en diversas comisións, destacando a de Pesos e Medidas. En 1823, coa chegada dos "Cen Mil Fillos de San Luís", trasladouse a Santiago. En 1824 realizou a súa derradeira viaxe, visitando O Porto, Coímbra e Lisboa. Nesta última cidade encontrouse con José Mª Calatrava e Juan Antonio Yandiola, últimos membros do goberno liberal. De volta en Compostela, a súa saúde empeorou rapidamente, falecendo o 30 de setembro de 1824.

Legado científico e influencia

O legado de José Rodríguez foi fundamental para o desenvolvemento da xeodesia, as matemáticas e a astronomía en Galicia. A súa influencia foi decisiva en discípulos como Domingo Fontán, a quen inculcou a necesidade de realizar a Carta xeométrica de Galicia, o primeiro mapa exacto dentro de España. A súa contribución á consolidación da Universidad Central de Madrid foi esencial para a modernización do sistema universitario español. A colección de 1024 modelos cristalográficos que doou á Universidade de Santiago contribuíu ao interese dos científicos pola cristalografía e á creación da primeira cátedra desta ciencia en España.

Presentación baseada no follero da Exposición organizada pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC)

Referencias Bibliográficas

José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime Real Academia Galega de Ciencias, 2024

O brillante xenio de Rodríguez Real Academia Galega de Ciencias, 2024

José Rodríguez González «O Matemático de Bermés», por Manuel Molina Mera Blog - Historia de la Tierra de Deza

Catro razóns polas que o matemático Rodríguez (1770-1824), o "paseante da luz", merece recoñecemento Praza.gal