ENTROIDO, ANTROIDO, ENTRUDIO, ENTRUIDO?
Comezar
CEIP PLURILINGÜE UNIÓN MUGARDESA
Pulsa nas imaxes para saber máis
PELIQUEIROS/AS
Personaxe do Entroido galego propio de Laza e Verín, que se caracteriza por levar un traxe artesanal, moi vistoso e elaborado. Destaca a carauta que se prolonga na parte superior nunha especie de mitra de lata adornada con símbolos animais ou astrais e rematada na parte posterior nunha pelella de gato ou coello. Pasea polas rúas da vila facendo ruído coas chocas que lle penduran do cinto e en actitude ameazante cun látego na man.
info: Peliqueiro - Wikipedia, a enciclopedia libre
BOTEIROS
Tradicionais de Viana do Bolo. O traxe componse dunha máscara feita sobre un armazón de ferro recuberto por papel de seda de cores. Debaixo unha máscara de madeira xeralmente negra.
O traxe está composto por unha camiseta feita con fitas cosidas pregadas en acordeón , unha camisa branca e gravata. Tamén levan luvas e a monca (pao de madeira). O cinto chámase esquila, e a parte de abaixo componse dun pantalón, unha polaina e botas negras.
info: ENTRUDIO Viana do Bolo
MADAMAS E GALÁNS
As madamas e os galáns de Cobres van coa cara descuberta, coidando con esmero o seu vestiario. As madamas levan camisa branca ancha, peitoril con cadeas e adornos metálicos, saias con encaixes, cintas, faixas e sobresaias. No pesado sombreiro, brillantes e pequenos adornos, flores, espellos, bonecos pequenos... Nos antebrazos moitos reloxos.Os galáns levan un sombreiro máis lixeiro, camisa branca con adornos, pano de seda que cubre ata os xeonllos, pantalón con liña lateral e zapato negro.
Entroido de Cobres-A FESTA
OSO DE SALCEDO
Para velo tes que ir a esta parroquia e o atoparás ataviado con peles de cordeiro, campás e máscara de oso. Vai axudado dos seus criados e persegue á multitude, inmobilizando aos máis atrasados e embadurnándoos con feluxe. Non se sabe a orixe desta tradición pero pode estar relacionada co fin da hibernación e a chegada da primavera.
info: Ribeira Sacra. Enroido en Salcedo
VOLANTES
Visten camisa branca e pantalón branco ou coa bandeira galega ou española. Por riba da camisa levan grandes panos de muller. Unhas vendas cruzadas dos nocelos aos xeonllos semellan as fitas duns zapatos de baile. Portan dous cintos con 24 campaíñas cada un. O traxe é característico polo pucho da cabeza, que pode pesar ata 15 kg. Aséntanse sobre unha estructura de madeira feita con paos de mimbre. Sobre ela colocánse cintas longas de cores, flores e bonecas.
info: POLO PAÍS ADIANTE
info: ENTROIDO RIBEIRAO
XENERAIS DA ULLA
A vestimenta dos xenerais evoca os uniformes militares decimonónicos. Na cabeza levan un rechamante “tricornio” (bicornio) rematado en plumas, frecuentemente de pavo real. Montan cabalos ricamente aparellados, destacando o espello que levan adornando a cabeza, o peito petral… O seu número pode variar segundo os anos.
info: Xenerais da Ulla
PANTALLA
A pantalla ten bigote, meixelas vermellas e barba de flocos. Cara e cornos fanse cun sombreiro de feltro. O cucurucho elabórase con cartón e engrudo. Vístese con camisa e calzón branco longo. A capa é vermella e dela penduran vistosas fitas de cores. A faixa, normalmente vermella, está suxeita por un cinto de coiro con campás e axóuxeres. Os pés van cubertos por polainas negras rematadas con fitas vermellas e zapato negro. Nas mans, cubertas por luvas brancas, levan vexigas de vaca previamente secadas e inchadas, que golpean enérxicamente.
info: ENTROIDO ILUSTRADO
CEIP PLURILINGÜE UNIÓN MUGARDESA
Entroido 2025
ceipunionmugardesa
Created on November 7, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Urban Illustrated Presentation
View
Snow Presentation
View
Corporate Christmas Presentation
View
Historical Presentation
View
Scary Eighties Presentation
View
Memories Presentation
View
Winter Presentation
Explore all templates
Transcript
ENTROIDO, ANTROIDO, ENTRUDIO, ENTRUIDO?
Comezar
CEIP PLURILINGÜE UNIÓN MUGARDESA
Pulsa nas imaxes para saber máis
PELIQUEIROS/AS
Personaxe do Entroido galego propio de Laza e Verín, que se caracteriza por levar un traxe artesanal, moi vistoso e elaborado. Destaca a carauta que se prolonga na parte superior nunha especie de mitra de lata adornada con símbolos animais ou astrais e rematada na parte posterior nunha pelella de gato ou coello. Pasea polas rúas da vila facendo ruído coas chocas que lle penduran do cinto e en actitude ameazante cun látego na man.
info: Peliqueiro - Wikipedia, a enciclopedia libre
BOTEIROS
Tradicionais de Viana do Bolo. O traxe componse dunha máscara feita sobre un armazón de ferro recuberto por papel de seda de cores. Debaixo unha máscara de madeira xeralmente negra. O traxe está composto por unha camiseta feita con fitas cosidas pregadas en acordeón , unha camisa branca e gravata. Tamén levan luvas e a monca (pao de madeira). O cinto chámase esquila, e a parte de abaixo componse dun pantalón, unha polaina e botas negras.