O PRONOME PERSOAL
Comezar
Lingua Galega e literatura1º BaCH Prof. Iago Santiso Fernández
ÍNDICE
1. Definición
7. Dativos
2. Formas tónicas
3. Formas átonas
4. Colocación
5. Reflexividade
6. Valores de se
1. Definición
Os pronomes persoais son deícticos, xa que sinalan os participantes no acto comunicativo:- EMISOR = SUXEITO (EU / NÓS) - RECEPTOR = COMPLEMENTO INDIRECTO (Ti / VÓS) - OBXECTO DO DISCURSO = COMPLEMENTO DIRECTO (ELA / ELAS)
2. Formas tónicas
Formas tónicas = teñen acento de intensidade propio, polo que non van ligados a un verbo (formas átonas).
1. EU (SUXEITO) / MIN (TERMO FRASE PREPOSICIONAL). Excepcións:a) Preposición ENTRE:EU = VALOR INCLUSIVO ('entre os dous') Ex. Entre ti e eu fixemos o traballo. MIN = VALOR EXCLUSIVO ('entre un e outro') Ex. Sitúate entre ti e min.
b) Preposición ATÉ: EU = VALOR ENFÁTICO ('mesmo eu') Ex. Até eu o fixen. MIN = VALOR LOCATIVO ('até o meu lugar') Ex. Chegou até min.
2. NOSOUTROS / VOSOUTROSa) Uso dialectal: FORMA ÚNICA. Ex. Nosoutras somos as mellores do equipo. b) Uso estándar e dialectal: GRUPO EXCLUSIVO. Ex. Nosoutras, as coruñesas, non temos un gran equipo; pero nós, as galegas, si.
3. COMIGO / CONTIGO / CONSIGO 4. CONNOSCO / CONVOSCO. Excepción (uso de CON NÓS / CON VÓS): acompañando a certos IDENTIFICADORES E NUMERAIS:Ex. Viaxou con todos vós.Contade con nós os catro.
5. USO DA CORTESÍA = VOSTEDE / VOSTEDES + verbos e formas persoais en 3ª persoa: Ex. Ti perdiches o teu reloxo? = Vostede perdeu o seu reloxo. 6. EL, ELA, ELES, ELAS + preposicións DE e EN = CONTRACCIÓN > del, dela, deles, delas / nel, nela, neles, nelas.
7. VALORES ESPECIAIS:a) PLURAL DE MODESTIA: uso do pronome persoal de 1ª persoa plural NÓS en lugar do de 1ª persoa singular EU = 'Dar ao indicado un valor colectivo / inclusivo' Ex. Nós cremos que a lingua é un tesouro.
Ex. 1 e 2 do caderno de exercicios
3. Formas átonas
Formas átonas = son un clítico, pronúncianse no grupo acentual do verbo ao que van unidos.
1. TE / CHE. Identificación:2ª persoa 3ª persoaTE (CD) > O / LO / NOS (CD)CHE (CI) > LLE (CI)Ex. Agardámoste durante unha hora > Agardámolo durante unha hora.Regalouche un can pequeno > Regaloulle un can pequeno.
Ex. 4 do caderno de exercicios
2. ALOMORFOS O , A, OS, AS:a) LO, LA, LOS, LAS:- Verbos rematados en -R ou -S = caída da consoante:Ex. Tocar o violín > TocaloCortas o pan > Córtalo- Pronome rematado en -S = caída da consoante:Ex. Deunos un susto > Déunolo
- Adverbio interrogativo U ('onde') = adición separado con guiónEx. U-lo teu amigo? b) NO, NA, NOS, NAS: - Verbo rematado en ditongoEx. Contou unha historia > Contouna
3. NOS (1ª persoa plural) en contacto con verbos en 1ª persoa plural = caída do -S finalEx. Dixémonos (dixemos + nos) de todo 4. CONTRACCIÓN PRONOMES ÁTONOS CI / CD 3ª persoa:
- LLE (SG.) / LLES (PL.)a) Dialectal: LLO, LLA, LLOS, LLAS como forma única.b) Estándar e dialectal:- LLE (sg) + O, A, OS, AS = LLO, LLA, LLOS, LLAS Ex. Compreille (a el) uns zapatos > Compreillos - LLES (pl.) + O, A, OS, AS = LLELO, LLELA, LLELOS, LLELASCompreilles (a eles) uns zapatos > Compréillelos
Ex. 3 do caderno de exercicios
4. Colocación do pronome átono
a) Norma xeral = énclise > o pronome persoal átono vai posposto ao verbo.b) Excepcións = próclise > o pronome persoal átono vai anteposto ao verbo.- ENUNCIADOS NEGATIVOS se a negación vai antes do verbo (non, nada, nin, ninguén, ningún e nunca):Ex. Non te quero.
- ORACIÓNS DESIDERATIVAS:Ex. Oxalá me diga que si.- Cos PRONOMES INTERROGATIVOS , EXCLAMATIVOS E RELATIVOS:Ex. Que che dixo?Canto te quere!O rapaz que lle gusta díxolle que si.
- Nos ENUNCIADOS ENFÁTICOS:Ex. Moito me quere!- PRONOMES algo, alguén, ambos, bastante, calquera, mesmo, pouco, propio e todo.Ex. Ambos vos queredes de verdade.- ADVERBIOS:Ex. Velaí os tes, dous días xuntos e xa nos deixaron aos amigos de lado.
* Excepcións nos adverbios:> Cos adverbios agora e logo cando significan 'axiña' o pronome colócase antes do verbo.Ex. Agora che traio o agasallo.Logo cho traio.Pero non cando significa 'no momento presente' ou 'máis tarde no tempo', respectivamente. Ex. Agora dime algo doce.Logo mércoche caramelos.
> Os adverbios de lugar aquí, aí, alí, aló, acó, acá e acolá cando constitúen o foco do enunciado antepoñen o pronome persoal átono:Ex. Aí che vai un bico de agasallo.Pero non cando expresan unha información pouco relevante no enunciado:Ex. Aí déronse o seu primeiro bico.
- CONXUNCIÓNS ou LOCUCIÓNS CONXUNTIVAS SUBORDINADAS: que, porque, xa que, etc.Ex. Sei que me quere con loucura.*Excepcións:> Cando hai excesiva separación entre o nexo subordinante e o verbo subordinado.Ex. É certo que, como non sabía como facelo, pedinlle unha cita polo WhatsApp e pareceulle mal.
> Co nexo ASÍ QUE con valor consecutivo ('de modo que'):Ex. Non me acordei do aniversario, así que enfadouse comigo.Pero non co valor de 'tan pronto como, no mesmo momento en que':Ex. Así que se enfadou, sentinme parvo.
- CONXUNCIÓNS COORDINADAS: e, nin, ou, etc. Os grupos oracionais coordinados compórtanse coma oracións simples, polo que o pronome vai posposto ao verbo.*Excepción: cando ambos elementos se exclúen (ou... ou...), o pronome aparece anteposto: Ex. No aniversario, ou imos cear fóra ou me fas ti a cea; eu xa a fago todos os días.
> Co nexo POIS, que nunca provoca a anteposición do pronome:Ex. Dixo que non a chamase nunha semana, pois pareceulle moi mal.
Ex. 5 do caderno de exercicios
- Nas PERÍFRASES VERBAIS e nas FRASES PREPOSICIONAIS CON INFINITIVO , é posible colocar o pronome átono en varias posicións:Ex. Teste que declarar / Tes que declararte / Tes que te declarar. Faládeo, non se consegue nada con queixarvos / con vos queixar un ao outro.
Ex. 6 do caderno de exercicios
5. Reflexividade
A reflexividade é unha característica semántica que se produce cando o pronome persoal átono representa a mesma persoa do suxeito. Particularidades: - Non se produce se a acción só se exerce sobre unha parte do suxeito.Ex. Lavei as mans (parte) / Laveime (todo)
- Se o suxeito é o BENEFICIARIO ou INTERESADO.Ex. Mercou un coche novo.- Algúns verbos que en castelán son reflexivos en galego non o son: durmir, caer, casar, espertar, quedar, marchar, morrer, parar, recordar, acordar, romper, enfermar...- Nalgúns verbos usar a forma reflexiva implica un cambio de significado: afogar, comportar, dar, despedir, fixar, manifestar, ocorrer, parecer, ter...
- VERBOS PRONOMINAIS: pronome e verbo son inseparables, nestes casos o pronome non desempeña ningunha función sintáctica.Ex. Axeonllouse ante a noiva para pedirlle matrimonio.
Ex. 8 do caderno de exercicios
6. Valores de se
En galego hai dúas formas homónimas de SE que cómpre distinguir:a) CONXUNCIÓN:Ex. Se facedes unha boa festa eu vou.Pregúntalle se vai ir á voda.Non lle fagas caso se che di que vaias con el.
b) PRONOME PERSOAL. Neste caso distinguimos:- SE REFLEXIVO: suxeito e CD teñen o mesmo referente.Ex. Peiteouse, cousa rara. * É incorrecto o uso do pronome reflexivo cando na oración xa aparece un CD expreso: Ex. Peiteou o cabelo, cousa rara.
- SE RECÍPROCO: dúas ou máis persoas ou cousas realizan a acción e recíbena mutuamente.Ex. Séguense escribindo mensaxes de amor.- Compoñente dun VERBO PRONOMINAL: Ex. Arrepentiuse do que dixo.
- SE IMPERSOAL: son oracións que carecen de suxeito, só se emprega con verbos en 3ª persoa do singular. Ex. Estase ben aquí.- Marca da PASIVA REFLEXA: o pronome SE funciona como encubridor do verdadeiro axente, o que realiza a acción verbal. Poden ter o verbo en 3ª persoa singular ou plural.Ex. Os alumnos fixeron poucos exercicios > Fixéronse poucos exercicios.
Ex. 7 do caderno de exercicios
6. Dativos
Baixo esta denominación englóbanse dous usos expletivos (que completan a frase sen seren necesarios para o seu sentido) dos pronomes átonos de CI. Estes pronomes non desempeñan ningunha función sintáctica, non realizan nin reciben a acción verbal, polo que, se se eliminan, non se altera substancialmente o significado do enunciado. Empréganse só en contextos coloquiais da fala.
a) Dativo de solidariedade: é unha forma do pronome átono de segunda persoa que se emprega cando se quere facer participar ao interlocutor do que estamos a dicir, implicándoo afectivamente. As formas son as propias da segunda persoa e as respectivas formas de cortesía:
Ex. Eu márchoche que levo présa (tratamento de ti e un interlocutor).Eu márchovos que levo présa (tratamento de ti e varios interlocutores).Eu márcholle que levo présa (tratamento de cortesía e un interlocutor).Eu márcholles que levo présa (tratamento de cortesía e varios interlocutores).
Cando nos diriximos a varios interlocutores e temos, polo tanto, que usar a forma de plural do pronome de solidariedade, pode aparecer tamén unha forma redundante singular:Ex. Está boa a comida!Estáche boa a comida! (un interlocutor).Estávos boa a comida! (varios interlocutores).Estáchevos boa a comida! (varios interlocutores).
O pronome de solidariedade singular colócase antes do pronome persoal de obxecto indirecto:Ex. Roubáronme o coche > Roubároncheme o coche. Mentres que os pronomes de solidariedade plural colócanse despois do pronome persoal obxecto indirecto:Ex. Roubáronmevos o coche.
b) Dativo de interese: indica a persoa que ten un especial interese na acción ou que está preocupada polo seu resultado, xa que pode obter proveito ou dano dende o punto de vista emocional.As formas son as mesmas que as de CI: me, che, lle, nos, vos, lles.Ex. O neno non me come nada (non expresa o significado literal 'o neno non me come a min', senón 'interésame que o neno coma ben').
Pode aparecer de maneira simultánea co pronome de solidariedade, intentando transmitir ambos valores semánticos:Ex. Morreuchenos o can: che (pronome de solidariedade) + nos (pronome de interese) > transmitiría a implicación emocional do emisor e o intento de implicar ao receptor no mesmo.A orde dos dativos cando concordan é sempre a mesma: 1º pronome de solidariedade / 2º pronome de interese.
En contacto cun pronome de CI, o pronome de interese sitúase entre o verbo e o pronome:Ex. Ao meu fillo gústanmelle moito as cenouras.De forma excepcional, nunha mesma forma verbal poden confluír varios tipos de pronomes persoais átonos:Ex. E logo que lle pasou nas gafas ao rapaz?
Rompéronchemellas: che (pronome de solidariedade) + me (pronome de interese) + lle (pronome de CI) + as (pronome de CD)
Ex. 9 e 10 do caderno de exercicios
REPASO 2º BACH Pronome persoal
iagosantiso
Created on November 5, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Animated Chalkboard Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Blackboard Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Chalkboard Presentation
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
Explore all templates
Transcript

En contacto cun pronome de CI, o pronome de interese sitúase entre o verbo e o pronome:Ex. Ao meu fillo gústanmelle moito as cenouras.De forma excepcional, nunha mesma forma verbal poden confluír varios tipos de pronomes persoais átonos:Ex. E logo que lle pasou nas gafas ao rapaz? Rompéronchemellas: che (pronome de solidariedade) + me (pronome de interese) + lle (pronome de CI) + as (pronome de CD)
Ex. 9 e 10 do caderno de exercicios