Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
MEMORIA QUÉROTE + SE TE QUERO BEN
MARÍA CASTELLANO
Created on October 31, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Learning Unit
View
Akihabara Learning Unit
View
Genial learning unit
View
History Learning Unit
View
Primary Unit Plan
View
Vibrant Learning Unit
View
Art learning unit
Transcript
MEMORIA "QUÉROTE +, SE TE QUERO BEN"
ProgrAMA QUÉROTE +
I.E.S. de VILALONGA Curso 2024/2025
Empezar
1. Introdución
3. Tarefas e evidencias de execución
2. Materiais
ÍNDICE
5. Impacto e conclusión
6. Difusión e merchandising
7. Webgrafía
4. Avaliación
01
INTRODUCIÓN
O PROXECTO
OBXECTIVOS
INTRODUCIÓN
+ info
No I.E.S. de Vilalonga levouse a cabo durante este curso escolar (2024-2025), o proxecto QUÉROTE+, SE TE QUERO BEN, incluído no Plan Proxecta+, no que participaron os departamentos de Orientación, Bioloxía e Lingua Inglesa.
+ inf
O PROXECTO
O proxecto consistiu na posta en marcha dunha serie de actividades elaboradas polos diferentes departamentos. Asemade, usáronse as fichas do Plan Proxecta 2024-25. As actividades leváronse a cabo usando diferentes ferramentas dixitais, o que contribuiu ao desenvolvemento da competencia dixital, pero tamén a cívica e social do alumnado.
QUÉROTE +
FICHAS PLAN PROXECTA
OBXECTIVOS
OBXECTIVO 2
OBXECTIVO 1
OBXECTIVO 3
OBXECTIVO 4
Crear conciencia da diversidade sexual e promover respecto cara ao diferente
Promover a reflexión e o pensamento crítico do alumnado e o autocoñecemento
Contribuír á implementación de melloras no uso das TIC e concienciar sobre os perigos en liña e a pegada dixital
Prever e previr a violencia en calquera das súas formas e promover relacións afectivas saudables
+ ino
02
Materiais
Materiais
O alumnado contou con ordenadores, o que permitiu o uso de diferentes ferramentas dixitais: canva, plotagon, book creator, bitmoji, padlet... Ademais usáronse diversos materiais funxibles como cartulinas, rotuladores, papel, goma eva... Tamén se creou un curso en moodle. Para acceder ao curso de moodle como persoa convidada, usar o contrasinal QUEROTE+
acceso á aula virtual
03
TAREFAS E EVIDENCIAS DE EXECUCIÓN
PRESENTACIÓN
FICHA 5
FICHA 1
FICHA 6
FICHA 7
FICHA 2
FICHA 8
FICHA 3
PECHE
FICHA 4
FICHA 1.-PRESENTACIÓN (I) INGLÉS
PARTICIPANTES
INTRODUCE YOURSELF
O alumnado a través da app bitmoji elaborou un avatar que o representara e fixo unha pequena presentación en inglés coa que deixou constacia da súa participación no proxecto noutra app, padlet.
Bitmoji
Premer NA IMAXE PARA COÑECER AO ALUMNADO
FICHA 1.- PRESENTACIÓN (iI) INGLÉS
ACTIVIDADE 1.- QUÉROTE +, ADVICE
O alumnado entrou na web https://querote.org/preguntanos/formulario.php?lg=gal e realizou unha busca . Tamén foi informado da anonimidade das buscas e das diferentes opcións que ofrece QUÉROTE +.
FICHA 2.- EDUCACIÓN SEXUAL (I) OBRADOIRO
ACTIVIDADE 1.- OBRADOIRO DE EDUCACIÓN SEXUAL
O alumnado tivo a oportunidade de asistir a un obradoiro de educación sexual, no que sen dúbida aprendeu moito e debeu de gustarlle porque moitos e moitas preguntaron se habería máis.
FICHA 2.- EDUCACIÓN SEXUAL (II) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 2- Brainstorming sobre o sexo
O alumnado elaborou un collage con diferentes termos relacionados co sexo.
FICHA 2.- EDUCACIÓN SEXUAL (III) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 3- QUE É O SEXO?
O alumnado leu diferentes definicións de sexo e visionou os vídeos coa mesma temática. Finalmente houbo un debate sobre o concepto do termo. Clicar nas imaxes para visionar vídeos.
FICHA 3.-A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL (I) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 1- TERMOS NON DESEXADOS
O alumnado foi nomeando termos non desexados que se escribiron no taboleiro. Posteriormente visionouse o vídeo seguinte:
FICHA 3.-A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL (I) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 2- VERDADEIRO OU FALSO?
O alumnado tivo que discriminar se as afirmacións mencionadas eran certos ou falsas. Este xogo serviu para desmitificar algunhas asuncións destes colectivos que nada teñen que ver coa realidade. Logo leuse un testimonio para un debate e reflexión posterior.
FICHA 3.-A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL (III) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 3- ELABORACIÓN DE CARTELERÍA DE SENSIBILIZACIÓN
Despois de traballar a sensibilización cara os diferentes colectivos e formas de entender a identidade sexual, o almnado elaborou cartelería de sensibilización para expoñer no centro.
FICHA 3.-A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL (IV) BIOLOXÍA
ACTIVIDADE 4.- QUEREMOS UN MUNDO DIVERSO
Deseño dun cartel cun lema que promova a diversidade afectivo-sexual a través do respecto, a inclusión e a liberdade de ser.
FICHA 4.- O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO (I) INGLÉS
ACTIVIDADE 1.- ROMANTIC RELATIONSHIPS
Elaborouse un power point con contidos sobre o amor idealizado. O alumnado debateu na aula sobre o que significan as ideas preconcebidas do amor e mesmo coñeceu síndromes como o de Cinderella ou o Prince Charming effect. Moita controversia...
FICHA 4.- O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO (II) INGLÉS
ACTIVIDADE 2- WHAT IS LOVE FOR YOU?
Logo de ter máis claro o que é o amor, o alumnado elaborou un libro usando a app book creator con definicións de amor en inglés. O libro publicouse en liña.
Premer na icona para ver o traballo do alumnado
FICHA 4.- O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO (III) INGLÉS
ACTIVIDADE 3- TOXIC RELATIONSHIPS
Tralo visionado das curtometraxes https://educagenero.org/encuentra-el-verdadero-amor-cortos, pedíuselle ao alumnado que elaborara uns vídeos de animación de relacións tóxicas. Para tal fin usaron a app plotagon.Os temas máis recurrentes foron o control, ciumes e a violencia. Pemer no play para ver os vídeos.
Premer nas iconas para ver o traballo do alumnado
FICHA 4.- O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO (IV) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 4- UNHA HISTORIA DE VIOLENCIA
O alumnado fixo a lectura dunha noticia de violencia de xénero e reflexionou sobre o concepto e mitos da violencia de xénero. Asemade visionáronse as curtometraxes de violencia de xénero.
FICHA 4.- O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO (V) BIOLOXÍA
ACTIVIDADE 5.- De que vai o amor romántico?
O alumnado elaborou unha presentación na que analizou os aspectos positivos e negativos do amor romántico representado en diversas fontes como series, cancións, libros, películas, publicacións en redes sociais...reflexionando sobre a súa influencia na nosa visión das relacións:
FICHA 5.- A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA(I) INGLÉS
ACTIVIDADE 1- THE RISKS OF ONLINE RELATIONSHIPS
Premer NA ICONA para ver o traballo do alumnado
Usando a app canva, o alumnado elaborou uns folletos informativos sobre os perigos das relacións en liña: cyberstalking, sexting, grooming, ghosting and sextortion.
FICHA 5.- A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA(II) INGLÉS
SONGS
ACTIVIDADE 2- WHAT IS THE RISK?
Nesta tarefa o profesorado elaborou un documento con cancións en inglés nas que o alumnado tiña que recoñecer os perigos das relacións en liña, que xa definiran previamente.
LYRICS
FICHA 5.- A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA(III) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 3- CUESTIONARIO FICHAS
O alumnado realizou o cuestionario da ficha 5 que aparece nas fichas do plan proxecta .
FICHA 5.- A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA (IV) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 4- DOBLE CHECK
O alumnado visionou o vídeo sobre o control da parella a través da tecnoloxía e das relacións tóxicas que non se basean na confianza.
FICHA 6.- cultivando habilidades (I) INGLÉS
ACTIVIDADE 1- TEA CONSENT
TEA CONSENT
A actividade fíxose a través da aula virtual. Nesta tarefa o alumnado visionou un vídeo en inglés sobre o consentimento sexual. Logo fixeron un quiz para comprobar a súa comprensión. Clicar no quiz para ver as preguntas e resultados. Para acceder como convidado á aula virtual, usar o contrasinal QUEROTE+
preguntas pdf
online QUIZ
FICHA 6.- cultivando habilidades (II) BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ACTIVIDADE 2- DECISIÓNS PROPIAS
Deseño dun díptico coas conclusións obtidas tras reflexionar sobre as consecuencias da presión social nas súas vidas. A actividade permitiulles analizar como esta influencia pode condicionar as súas decisións en relación coa sexualidade.
FICHA 7.- ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN (I) INGLÉS
ACTIVIDADE 1- CONTRACEPTIVE METHODS AND SEXUALLY TRANSMITTED DISEASES
Premer NA ICONA para ver o traballo do alumnado
O alumnado elaborou por equipos en inglés uns folletos informativos sobre os métodos anticonceptivos e as enfermidades de transmisión sexual.
FICHA 7.- ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN (II) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 2- Relacións eróticas sen embarazo
O alumnado elaborou unha lista de formas diferentes de relacións sexuais sen posibilidade de embarazo.
FICHA 7.- ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN (III) OBRADOIRO
ACTIVIDADE 3.- OBRADOIRO DE PROMOCIÓN DO BO TRATO
No mes de maio, o alumnado tivo a oportunidade de asistir a un obradoiro de Promoción do Bo trato. De novo contamos coa visita de Bárbara.
FICHA 7.- ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN (IV) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 4- A festa
Repártese entre os alumnos unha follas (detrás das cales van anotadas as seguintes siglas: PCP, PSP e NP) con tres preguntas: -Cita 3 ITS -¿Como sei se teño unha ITS? -Cita 3 métodos anticonceptivos. Con estas preguntas, deben moverse pola clase e cada compañeiro ten que responderlle a algunha das preguntas. Ao lado, deben poñer o nome do compañeiro que lles respondeu. Unha vez que acaben, se anotan aos alumnos que na súa folla poña PSP na pizarra. Ao lado de cada nome, anótanse os nomes da xente á que lle contestaron algunha pregunta. A continuación, revélase que o que indica que alguén lles respondera e que, nunha noite de festa, mantiveron relacións sexuais con esa persoa. As siglas que tiñan escritas detrás da folla indican o tipo de práctica realizada: PSP: práctica sen preservativo PCP: práctica con preservativo NP: no practica Isto serve para ver a facilidade coa que unha ITS pode contaxiarse de levar a cabo prácticas sen preservativo.
FICHA 7.- ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN (V) ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE 5- ITS e métodos anticonceptivos
O alumnado pescudou na internet sobre os métodos anticonceptivos e as ITS. Logo fixeron unha exposición oral. Para rematar á actividade, proporcionáronselles recursos e lugares aos que poden acudir se teñen calquera dúbida ou pregunta. Déixase nas aulas un cartel informativo sobre ITS elaborado pola Xunta de Galicia.
FICHA 7.- ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN (VI) BIOLOXÍA
ACTIVIDADE 6- NON ÁS ITS
O alumnado elaborou un logo e pegatina co obxectivo de fomentar o uso do preservativo como mellor medida preventiva frente as ITS.
FICHA 8.- HOXE DAMOS A CLASE NÓS (I)
ACTIVIDADE 1- YOU'RE THE TEACHERS
O alumnado cambiou de rol para exercer o papel de guía. Por grupos acudiron ás aulas de 2º da E.S.O. para informar ao alumnado do proxecto: actividades, obradoiros, experiencias .... Fixeron unha lista do que consideraron máis importante e compartiron as súas impresións cos seus compañeiros e compañeiras.
PECHE DE ACTIVIDADES (I) BIOLOXÍA E INGLÉS
Escape Room
A revisión de contidos fíxose a través da gamificación. O Escape Room serviu para fixar contidos e ao tempo de diversión. Para a elaboración desta actividade o profesorado utilizou a ferramenta Genially. Nas fotos pódese ver ao alumnado por equipos facendo o escape room. Os gañadores foron agasallados cunhas mochilas co logo do proxecto. Todos os participantes recibiron cadansúa chapa co logo.
IR AO ESCAPE ROOM
04
AVALIACIÓN
AVALIACIÓN
AVALIACIÓN
Para comprobar o grao de consecución dos obxectivos, elaborouse unha rúbrica. O alumnado foi avaliado e os resultados foron que o 22,6% acadanon un grao de consecución máxima, un 60,2% un grao de consecución alto, un 17,2% un grao de consecución suficiente e o ítem de consecución insuficiente quedou no 0%.
VER RÚBRICA
IMPACTO E CONCLUSIÓN
05
IMPACTO E CONCLUSIÓN (I)
IR Á enquisa
IMPACTO
Para medir o impacto e alcance das tarefas fíxose unha enquisa na aula virtual do centro a través dun formulario de google. Os resultados, como se pode ver a continuación nás gráficas, falan por si mesmos.
IMPACTO E CONCLUSIÓN (II)
2. Os obradoiros...
1. Qué che gustou máis do proxecto?
3. Pensas que este proxecto contribuiu á túa aprendizaxe persoal e educativa?
4. Traballar en grupo c@s compañeir@s foi...
IMPACTO E CONCLUSIÓN (III)
6. Cantas das ferramentas dixitais coñecías?
5. Canto aprendiches neste proxecto?
8. Canto che gustaría participar noutro proxecto coma este?
7. Cal é a ferramenta dixital que máis che gustou?
IMPACTO E CONCLUSIÓN (III)
9. Pensas que proxectos coma estes son necesarios?
CONCLUSIÓN
Analizando os resultados das enquisas, podemos tirar como conclusión que o alumnado do noso centro fixo unha valoración positiva da experiencia.
DIFUSIÓN E MERCHANDISING
06
DIFUSIÓN E MERCHANDISING (i)
IR Á Web do centro
DIFUSIÓN EN LIÑA
A difusión do proxecto fíxose a través de varios medios. Na web do centro habilitouse unha pestana con acceso aos materiais máis relavantes. Tamén se publicitou o proxecto en YouTube, Instagram e Facebook.
DIFUSIÓN E MERCHANDISING (iI)
DIFUSIÓN FÍSICA NO CENTRO
Fíxose unha exposición-mural na que se explicaron os elementos máis relevantes do proxecto: que, quen, para que e como. Tamén se reproduciu o logo do proxecto do noso centro (a man co símbolo +, metáfora da integración e do respecto). Na man e no símbolo + aparecen todos os participantes do proxecto. Quérote+, coas cores do arco da vella, representa a bandeira da diversidade.
Contido mural
DIFUSIÓN E MERCHANDISING (iII)
MERCHANDISING
Como recordatorio do proxecto fixéronse unhas chapas conmemorativas e unhas mochilas co logo do proxecto.
Mochilas
CHAPAS
Gañadores do escape coas súas mochilas
07
WEBGRAFÍA
Webgrafía
VER
Conclusión
"Contáronmo e olvideime, vino e entendino, fíxeno e aprendino" (Confucio)
AGRADECEMENTOS!
A todo o alumnado que fixo posible esta experiencia.
COORDINADORAS
- Mª Teresa Rosón Álvarez
- Noa Tilve Cabada
PROFESORADO
- Inés Giménez Touriño (Bioloxía)
- Sara Gómez Camiña (Orientación)
- María Castellano (Lingua Inglesa)
POÑENTE OBRADOIROS
- Bárbara González García
Volver