Bo
Samaín!
Polo alumnado de 3º de primaria
historias de samaín
Presentación
Esta recompilación de historias e lendas de Samaín foi creado por nós, as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria do CEIP A Escardia, durante o curso 2024/2025. Agardamos que as desfrutedes, porque en cada unha delas vai un pedaciño de nós!
A lenda de teo
Hoxe hai unha festa no cámping. É un día de verán e fai moita calor. Cando chega a noite, miro para os brazos e... teño pelos. Estoume volvendo un lobo!
Diríxome á miña casa porque teño medo, chamo ao médico por teléfono e dime que vaia por alí. Chego ao Hospital do Salnés e o doutor é un zombie.
Doulle unha apócema e volve a ser o doutor. Bebo eu tamén da apócema e convértome de novo en humano.
A lenda de teo
Autor/a: Teo
Buscadores de monstros
Contan os campesiños dunha aldea que cando tiraban unha cabaza a unha leira de millo saia o Milloneitor, que botaba millo pola boca de tal xeito que parecían perdigóns.
Para calmalo tíñanlle que dar castañas asadas e contarlle un chiste. Se non o facían morrían.
Buscadores de monstros
Autor/a: Gorka
A casa das mil ventás
Era unha casa abandonada ás doce da noite. Escoitábanse ruídos de mortos.
Os donos cando intentaban durmir non eran capaces.
Foron a ver quen era. Tratábase do Chupacabras, así que correron o mais que puideron. Colleron o coche e pisaron a fondo ata a canteira e cruzáronse unha serpe. Era xa a unha da noite, polo que volveron a casa e atopáronse unha velutina. O irmá maior colle un vaso transparente e atrapouna, pero aínda foi peor. Finalmente chamaron 119 para que os axudase.
A casa das mil ventás
Autor/a: Aldara
A sombra
O 31 de outubro dous nenos, Leo e eu, e dúas nenas, Sofía e Nacha, foron ao cole. Eles sempre se preguntaban por que había unha mancha negra na entrada.
Cando xa estaban dentro do recinto viron na estación o tren cun pasaxeiro. Era moi raro porque había alerta laranxa.
Despois viuse ao pasaxeiro escuro achegándose á entrada do cole. Cando chegou escoitouse gritar a Loli. Eu nese momento contei un dos meus chistes malos.
Escoitáronse os pasos da sombra subindo. Eles tres metéronse debaixo das mesas e eu dentro duna caixa. A sombra levantou a caixa e eu dixen: “Non estou debaixo da caixa”. Si, tonto de remate. Pero entón chegou un raio de sol e a sombra esfumouse.
A sombra
Autor/a: Christian
A bolboreta máxica
Había unha vez unha bolboreta que vivía nunha casa embruxada. Ela quería saír da casa. Entón púxose a pensar e ocorréuselle unha idea. Colleu aire e pasou polas reixas, pero viuna un home enmascarado, atrapouna e ameazouna con que se volvía escapar encerraríana de por vida.
Ela era tan valente que cando o home quedou durmindo colleulle as chaves da ventá, abriuna e empezou a voar e díxolles ``chao ´’ aos seus compañeiros.
A BOLBORETA MÁXICA
Autor/a: Daniela C.
O xeti ruidoso
Érase unha vez un xeti moi ruidoso que polas noites facía moito ruído. Os cidadáns non podían durmir e queixábanse.
Un día unha nena dixo que os podía axudar, chamábase Rubi. Os cidadáns ríronse dela e marcharon as súas casas, todos menos Rubi e un neno que se chamaba Max.
Max preguntou á nena: “Como te chamas?
- “Ola , chámome Rubi! E ti?
- Ola! Eu son Max .
Rubi e Max fixéronse amigos. Xuntos atoparon ao xeti e craváronlle unha frecha no pe, outra na cabeza e outra no peito. O xeti morreu e os dous nenos gañaron todo o respecto dos cidadáns.
E todos comeron perdices e durmiron felices.
o xeti ruidoso
Autor/a: Daniela R.
O trasno de samaín
Conta unha antiga lenda que nun colexio de Vilagarcía de Arousa todas as noites de Samaín escoitábanse ruídos arrepiantes. Dise que era por un Trasno moi traveso que collía as libretas dos nenos e poñíase a estudar.
Isto todo ocorreu porque non o aceptan nos colexios. E iso aféctalle moito.Os nenos sentábanse nas cadeiras todos asustados.
Cada noite de Samaín o Trasno volvía ao colexio e cada ano os nenos estaban máis asustados. Ata que un dia o trasno despistouse de hora e estivo tempo xogando no baño e un neno entrou e levou un bo susto, pero foi con coidado de non asustalo e lle preguntou: “Que fas aquí ?”. E o Trasno díxolle:
- Ai! Despisteime da hora. Síntoo.
- Non pasa nada - respondeulle o neno.- Pero que fas aquí a xogar e estudar?
- Como non me aceptan en ningún colexio...- respondeulle o Trasno.
E o neno díxolle: “Aquí aceptámosche!”.
O trasno de samaín
Autor/a: Nacha
a PANTASMA E A CABAZA
Fai miles de anos vivían nunha montaña unha pantasma e un lobo.
Un dia unha vella bruxa secuestrounos. Eles querían escapar, así que cando a bruxa durmía sacaban unha pota dun agocho.
Moitas noites fixeron conxuros para poder fuxir. Moitos conxuros saíron mal e o lobo converteuse en morcego, en bruxo e por ultimo en cabaza. E o pantasma transformouse a propósito en lume para meterse na cabaza e darlle un
susto á bruxa. Foi así como puideron fuxir.
A pantasma e a cabaza
Autor/a: Ferrán
A praia encantada dos amigos da cabaza
Érase unha vez no 2222 ás 3:00 da mañá, un esqueleto que ía á praia e atopouse ao seu peor inimigo, a cabaza.
Os dous pelexaron e a cabaza matou ao esqueleto, pero o seu irmá díxolle que a coñecía e quería pelexar. No momento no que ían comezar a pelexa déronse unha aperta e convertéronse en amigos. Ao final o esqueleto espertou e deuse conta de que era un soño.
A praia encantada dos amigos da cabaza
Autor/a: Hugo
O día da lúa chea
Érase unha vez unha meiga que a noite do 31 de outubro ía aos cuartos dos nenos pequenos e alí facía sons de pantasmas. Entón os nenos tiñan medo de noite.
Un día un neno quedou esperto e pola mañá contoulles aos outros nenos que non eran pantasmas o que escoitaban pola noite, era unha meiga boa que so quería facer amigos. Así que os nenos quedáronse espertos e cando a meiga chegou, preguntáronlle se quería ser a súa amiga. A meiga dixo que si e non volveu facer eses sons nunca mais.
O día de lúa chea
Autor/a: Inés
o cole da escardia embruxado
Conta unha antiga lenda que na rúa López Ballesteros os días 1 de xaneiro, unha meiga pola noite facía un embruxo no cole da Escardia para ver como estudaban os nenos. E por iso os nenos pola maña vían os cadernos e todo diferente á mañá anterior.
Entón un neno, por curiosidade, quedouse esperto. Quixo romper o embruxo e fixo unha apócema que lle ensinou o seu pai para romper todos os maleficios. Conseguiu rompelo. A meiga deuse conta de que o rompeu e como esqueceu a receita non puido facer nunca máis embruxo. Entón os nenos estiveron felices para sempre.
o cole da escardia embruxado
Autor/a: Isabel
A viaxe salvaxe aterradora
Fai moitos anos e no deserto en 1026, un home valente estaba facendo unha viaxe salvaxe porque chegaba o Samaín.
Neste momento do ano hai: zombis, bruxas, vampiros e os esqueletos brillan na escuridade.
O home sacou a súa espada e empezou a pelexar con todos eles, pero cada vez aparecían máis e máis e el xa non podía máis. Ata que un deus apareceu. Era un dos deuses máis poderosos e fixo desaparecer a todos os malos.
A viaxe salvaxe aterradora
Autor/a: Jacinto
A cazadora de soños
Érase unha vez unha casa embruxada as tres da mañá nunha noite de Samaín, con zombis bruxas e asasinos.
Na casa tres nenos estaban contando historias e a nai preparoulles galletas. Déronse conta que a nai era a cazadora porque a nai rouboulle o soño ao pai. Tiveron que fuxir porque os zombis atacaron a casa e mataron a nai.
Ao final durmiron tranquilos sen cazadora e sen medo.
A cazadora de soños
Autor/a: Leo
O CHUPACABRAS
Di unha vella historia que había un monstro solto pola cidade, o Chupacabras. Pero había un home valente que o quería matar, chamábase Hugo.
Un día Hugo atopouno, pero o Chupacabras subiu a un tren e o tren estaba en marcha. Ao chegar a estación saíu do tren e... Zas! Atrapouno cunha rede e así foi como Hugo detivo ao Chupacabras e salvou a cidade.
O chupacabras
Autor/a: Lois
o vampiro e o lobishome
Un dia un vampiro mordeu a un lobishome. O vampiro tivo unha maldición, converteu en lobishome e o lobishome converteuse en persoa.
O vampiro atopou unha casa embruxada e entrou e investigar. Fíxose de noite e apareceu unha pantasma. Co medo, púxose a correr pola casa con tan mala sorte que chocou cun cadro, deuse na cabeza e morreu.
Autor/a: Lucas G.
mortos viventes
Franquito e o seu amigo Jose foron en Samaín a comprar disfraces, pero non lles gustou nada. Entón fixéronse uns disfraces e logo foron pedir caramelos.Moitas persoas ían de zombie, iso pensaron eles, pero non eran disfraces. Miles de persoas convertéranse en zombies.
Correron e correron, agocháronse e pensaron como crear unha arma arma que os axudase.
Tras moito tempo, fixeron unha pistola que non os mataba, senón que os volvía humanos.
Logo foron a disparar e tras moito tempo lograron volver a todos á normalidade.
MORTOS VIVENTES
Autor/a: Lucas P.
POSEIDÓN
Había unha casa lonxe dunha cidade. Os cazadores querían cazar ao monstro porque a recompensa era de 20.998 dólares.
Foron ata alí e case o cazan, pero o monstro fixo un gran ruxido. Os cazadores preguntáronlle que lle pasaba e o monstro dixo que quería ir ao mar. Levárono ao mar e converteuse no rei do mar. Toda a xente ía a velo e o chamaron Poseidón.
poseidón
Autor/a: Paulo
O chupacabras
En Mexico pola noite desapareceron as ovellas. E se non hai ovellas non ai la. Saíu o sol e o Chupacabras, que teme a luz, marchou e volveu a noite seguinte con mais forza.
Os cidadáns conseguiron cazalo, pero había unha praga, mudáronse.
Un cidadán foi protestar onde o rei. O rei non fixo nada. Ninguén os axudou. Soltaron ao Chupacabras e todos tiveron que marchar.
O chupacabras
Autor/a: Samuel
A ESCOLA TERRORÍFICA
Érase unha vez unha nena que se chamaba Sofía. De camiño ao cole ía con tres amigas, chamábanse Inés, Nacha e Isabel.
Un día chegaron ao cole e todo foi ben. Pero cando remataron as clases non chegaban os seus pais.
Achegouse unha amiga e preguntoulles: “Non chegaron os vosos pais?”. Elas contestaron que non e que a profe lles dixera que se tiña que ir e que quedaban con Loli.
Máis tarde, Loli tamén tivo que marchar e díxolles que lles deixaba as portas abertas por se querían saír fóra a xogar.
Un rato despois de que se fora Loli escoitouse un ruído e non pararon de soar mais e mais ruídos. A nenas foron correndo dentro do cole para esconderse.
Cando se fixo de noite déronse conta de que o ruído era un moucho, así que saíron do cole e nese momento os seus pais apareceron. O moucho marchou e elas tamén foron para a casa.
A escola terrorífica
Autor/a: Sofía
o monstro do lidl
Unha familia foi ao Lidl a comprar algunhas cousas. De súpeto, viron unha pizza que tiña un raio verde. Foron preguntar á caixeira por que tiña debuxada esa figura, pero cando chegaron xunto a ela, xa non o tiña. Así que seguiron comprando.
Dirixíronse a outro corredor, colleron todo o que precisaban, pagaron e volveron mirar a pizza. Pensaron que era mellor levala, pois así non lle ocorrería o mesmo a outra persoas. Cando chegaron a casa, xa era tarde e foron durmir.
Ao día seguinte viron que a pizza non estaba onde a deixaran. Foron ao salón e alí descubriron un monstro con forma de pizza que tiña un adhesivo do Lidl sobre o lombo.
O monstro escapou á rúa e púxose a comer dos vertedoiros de lixo. A familia chamou á policía, pero esta non sabía que facer. Intentaron que todos os aldeáns foran ao aeroporto. Os avións máis grandes trataron de transportar a todas as persoas. Houbo unha persoa que non podía subir porque xa non quedaba espazo.
O avión aterrou noutro país, deixou a todas as persoas do avión alí e volveu para rescatar a última persoa que quedaba e non collera no avión. Collérona e deixárona no novo país co resto das persoas.
Así o monstro quedou só, comendo o lixo dos vertedoiro e roubando toda a comida que quería.
o monstro do lidl
Autor/a: Mariña
AS LUCES PRENDIDAS áS 10 NA ESCARDIA
Conta unha antiga lenda do 2023 que unha meiga chamada Sobrina soñaba dende moi pequena con ir á Terra.
Aos 21 atreveuse a vir ao noso planeta. Era unha viaxe longa.
Desde o lonxe víase algo, era a Escardia. Entrou cunha apócema de pantasma e atravesou a parede do colexio. Asustouse ao ver dentro do edificio un montón de criaturas.
Chamou aos seus amigos e estes dixéronlle que se divertira.
Ía facerse un selfie de recordo para Instagram cos seus novos amigos. Pantasma e todos os monstros posaron para a foto.
Ela deixou un cartel que poñía “Grazas pola diversión!”
Á mañá seguinte estaba todo feito un desastre.
AS LUCES PRENDIDAS áS 10 NA ESCARDIA
Autor/a: Lara
GRAZAS!
3º EP. Historias de Samaín (Curso 2024/2025)
monicavieitesageitos
Created on October 29, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Map
View
Akihabara Map
View
Discover Your AI Assistant
View
Match the Verbs in Spanish: Present and Past
View
Syllabus Organizer for Higher Education
View
Hand-Drawn Infographic
View
Visual Thinking Infographic
Explore all templates
Transcript
Bo
Samaín!
Polo alumnado de 3º de primaria
historias de samaín
Presentación
Esta recompilación de historias e lendas de Samaín foi creado por nós, as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria do CEIP A Escardia, durante o curso 2024/2025. Agardamos que as desfrutedes, porque en cada unha delas vai un pedaciño de nós!
A lenda de teo
Hoxe hai unha festa no cámping. É un día de verán e fai moita calor. Cando chega a noite, miro para os brazos e... teño pelos. Estoume volvendo un lobo! Diríxome á miña casa porque teño medo, chamo ao médico por teléfono e dime que vaia por alí. Chego ao Hospital do Salnés e o doutor é un zombie. Doulle unha apócema e volve a ser o doutor. Bebo eu tamén da apócema e convértome de novo en humano.
A lenda de teo
Autor/a: Teo
Buscadores de monstros
Contan os campesiños dunha aldea que cando tiraban unha cabaza a unha leira de millo saia o Milloneitor, que botaba millo pola boca de tal xeito que parecían perdigóns. Para calmalo tíñanlle que dar castañas asadas e contarlle un chiste. Se non o facían morrían.
Buscadores de monstros
Autor/a: Gorka
A casa das mil ventás
Era unha casa abandonada ás doce da noite. Escoitábanse ruídos de mortos. Os donos cando intentaban durmir non eran capaces. Foron a ver quen era. Tratábase do Chupacabras, así que correron o mais que puideron. Colleron o coche e pisaron a fondo ata a canteira e cruzáronse unha serpe. Era xa a unha da noite, polo que volveron a casa e atopáronse unha velutina. O irmá maior colle un vaso transparente e atrapouna, pero aínda foi peor. Finalmente chamaron 119 para que os axudase.
A casa das mil ventás
Autor/a: Aldara
A sombra
O 31 de outubro dous nenos, Leo e eu, e dúas nenas, Sofía e Nacha, foron ao cole. Eles sempre se preguntaban por que había unha mancha negra na entrada. Cando xa estaban dentro do recinto viron na estación o tren cun pasaxeiro. Era moi raro porque había alerta laranxa. Despois viuse ao pasaxeiro escuro achegándose á entrada do cole. Cando chegou escoitouse gritar a Loli. Eu nese momento contei un dos meus chistes malos. Escoitáronse os pasos da sombra subindo. Eles tres metéronse debaixo das mesas e eu dentro duna caixa. A sombra levantou a caixa e eu dixen: “Non estou debaixo da caixa”. Si, tonto de remate. Pero entón chegou un raio de sol e a sombra esfumouse.
A sombra
Autor/a: Christian
A bolboreta máxica
Había unha vez unha bolboreta que vivía nunha casa embruxada. Ela quería saír da casa. Entón púxose a pensar e ocorréuselle unha idea. Colleu aire e pasou polas reixas, pero viuna un home enmascarado, atrapouna e ameazouna con que se volvía escapar encerraríana de por vida. Ela era tan valente que cando o home quedou durmindo colleulle as chaves da ventá, abriuna e empezou a voar e díxolles ``chao ´’ aos seus compañeiros.
A BOLBORETA MÁXICA
Autor/a: Daniela C.
O xeti ruidoso
Érase unha vez un xeti moi ruidoso que polas noites facía moito ruído. Os cidadáns non podían durmir e queixábanse. Un día unha nena dixo que os podía axudar, chamábase Rubi. Os cidadáns ríronse dela e marcharon as súas casas, todos menos Rubi e un neno que se chamaba Max. Max preguntou á nena: “Como te chamas? - “Ola , chámome Rubi! E ti? - Ola! Eu son Max . Rubi e Max fixéronse amigos. Xuntos atoparon ao xeti e craváronlle unha frecha no pe, outra na cabeza e outra no peito. O xeti morreu e os dous nenos gañaron todo o respecto dos cidadáns. E todos comeron perdices e durmiron felices.
o xeti ruidoso
Autor/a: Daniela R.
O trasno de samaín
Conta unha antiga lenda que nun colexio de Vilagarcía de Arousa todas as noites de Samaín escoitábanse ruídos arrepiantes. Dise que era por un Trasno moi traveso que collía as libretas dos nenos e poñíase a estudar. Isto todo ocorreu porque non o aceptan nos colexios. E iso aféctalle moito.Os nenos sentábanse nas cadeiras todos asustados. Cada noite de Samaín o Trasno volvía ao colexio e cada ano os nenos estaban máis asustados. Ata que un dia o trasno despistouse de hora e estivo tempo xogando no baño e un neno entrou e levou un bo susto, pero foi con coidado de non asustalo e lle preguntou: “Que fas aquí ?”. E o Trasno díxolle: - Ai! Despisteime da hora. Síntoo. - Non pasa nada - respondeulle o neno.- Pero que fas aquí a xogar e estudar? - Como non me aceptan en ningún colexio...- respondeulle o Trasno. E o neno díxolle: “Aquí aceptámosche!”.
O trasno de samaín
Autor/a: Nacha
a PANTASMA E A CABAZA
Fai miles de anos vivían nunha montaña unha pantasma e un lobo. Un dia unha vella bruxa secuestrounos. Eles querían escapar, así que cando a bruxa durmía sacaban unha pota dun agocho. Moitas noites fixeron conxuros para poder fuxir. Moitos conxuros saíron mal e o lobo converteuse en morcego, en bruxo e por ultimo en cabaza. E o pantasma transformouse a propósito en lume para meterse na cabaza e darlle un susto á bruxa. Foi así como puideron fuxir.
A pantasma e a cabaza
Autor/a: Ferrán
A praia encantada dos amigos da cabaza
Érase unha vez no 2222 ás 3:00 da mañá, un esqueleto que ía á praia e atopouse ao seu peor inimigo, a cabaza. Os dous pelexaron e a cabaza matou ao esqueleto, pero o seu irmá díxolle que a coñecía e quería pelexar. No momento no que ían comezar a pelexa déronse unha aperta e convertéronse en amigos. Ao final o esqueleto espertou e deuse conta de que era un soño.
A praia encantada dos amigos da cabaza
Autor/a: Hugo
O día da lúa chea
Érase unha vez unha meiga que a noite do 31 de outubro ía aos cuartos dos nenos pequenos e alí facía sons de pantasmas. Entón os nenos tiñan medo de noite. Un día un neno quedou esperto e pola mañá contoulles aos outros nenos que non eran pantasmas o que escoitaban pola noite, era unha meiga boa que so quería facer amigos. Así que os nenos quedáronse espertos e cando a meiga chegou, preguntáronlle se quería ser a súa amiga. A meiga dixo que si e non volveu facer eses sons nunca mais.
O día de lúa chea
Autor/a: Inés
o cole da escardia embruxado
Conta unha antiga lenda que na rúa López Ballesteros os días 1 de xaneiro, unha meiga pola noite facía un embruxo no cole da Escardia para ver como estudaban os nenos. E por iso os nenos pola maña vían os cadernos e todo diferente á mañá anterior. Entón un neno, por curiosidade, quedouse esperto. Quixo romper o embruxo e fixo unha apócema que lle ensinou o seu pai para romper todos os maleficios. Conseguiu rompelo. A meiga deuse conta de que o rompeu e como esqueceu a receita non puido facer nunca máis embruxo. Entón os nenos estiveron felices para sempre.
o cole da escardia embruxado
Autor/a: Isabel
A viaxe salvaxe aterradora
Fai moitos anos e no deserto en 1026, un home valente estaba facendo unha viaxe salvaxe porque chegaba o Samaín. Neste momento do ano hai: zombis, bruxas, vampiros e os esqueletos brillan na escuridade. O home sacou a súa espada e empezou a pelexar con todos eles, pero cada vez aparecían máis e máis e el xa non podía máis. Ata que un deus apareceu. Era un dos deuses máis poderosos e fixo desaparecer a todos os malos.
A viaxe salvaxe aterradora
Autor/a: Jacinto
A cazadora de soños
Érase unha vez unha casa embruxada as tres da mañá nunha noite de Samaín, con zombis bruxas e asasinos. Na casa tres nenos estaban contando historias e a nai preparoulles galletas. Déronse conta que a nai era a cazadora porque a nai rouboulle o soño ao pai. Tiveron que fuxir porque os zombis atacaron a casa e mataron a nai. Ao final durmiron tranquilos sen cazadora e sen medo.
A cazadora de soños
Autor/a: Leo
O CHUPACABRAS
Di unha vella historia que había un monstro solto pola cidade, o Chupacabras. Pero había un home valente que o quería matar, chamábase Hugo. Un día Hugo atopouno, pero o Chupacabras subiu a un tren e o tren estaba en marcha. Ao chegar a estación saíu do tren e... Zas! Atrapouno cunha rede e así foi como Hugo detivo ao Chupacabras e salvou a cidade.
O chupacabras
Autor/a: Lois
o vampiro e o lobishome
Un dia un vampiro mordeu a un lobishome. O vampiro tivo unha maldición, converteu en lobishome e o lobishome converteuse en persoa. O vampiro atopou unha casa embruxada e entrou e investigar. Fíxose de noite e apareceu unha pantasma. Co medo, púxose a correr pola casa con tan mala sorte que chocou cun cadro, deuse na cabeza e morreu.
Autor/a: Lucas G.
mortos viventes
Franquito e o seu amigo Jose foron en Samaín a comprar disfraces, pero non lles gustou nada. Entón fixéronse uns disfraces e logo foron pedir caramelos.Moitas persoas ían de zombie, iso pensaron eles, pero non eran disfraces. Miles de persoas convertéranse en zombies. Correron e correron, agocháronse e pensaron como crear unha arma arma que os axudase. Tras moito tempo, fixeron unha pistola que non os mataba, senón que os volvía humanos. Logo foron a disparar e tras moito tempo lograron volver a todos á normalidade.
MORTOS VIVENTES
Autor/a: Lucas P.
POSEIDÓN
Había unha casa lonxe dunha cidade. Os cazadores querían cazar ao monstro porque a recompensa era de 20.998 dólares. Foron ata alí e case o cazan, pero o monstro fixo un gran ruxido. Os cazadores preguntáronlle que lle pasaba e o monstro dixo que quería ir ao mar. Levárono ao mar e converteuse no rei do mar. Toda a xente ía a velo e o chamaron Poseidón.
poseidón
Autor/a: Paulo
O chupacabras
En Mexico pola noite desapareceron as ovellas. E se non hai ovellas non ai la. Saíu o sol e o Chupacabras, que teme a luz, marchou e volveu a noite seguinte con mais forza. Os cidadáns conseguiron cazalo, pero había unha praga, mudáronse. Un cidadán foi protestar onde o rei. O rei non fixo nada. Ninguén os axudou. Soltaron ao Chupacabras e todos tiveron que marchar.
O chupacabras
Autor/a: Samuel
A ESCOLA TERRORÍFICA
Érase unha vez unha nena que se chamaba Sofía. De camiño ao cole ía con tres amigas, chamábanse Inés, Nacha e Isabel. Un día chegaron ao cole e todo foi ben. Pero cando remataron as clases non chegaban os seus pais. Achegouse unha amiga e preguntoulles: “Non chegaron os vosos pais?”. Elas contestaron que non e que a profe lles dixera que se tiña que ir e que quedaban con Loli. Máis tarde, Loli tamén tivo que marchar e díxolles que lles deixaba as portas abertas por se querían saír fóra a xogar. Un rato despois de que se fora Loli escoitouse un ruído e non pararon de soar mais e mais ruídos. A nenas foron correndo dentro do cole para esconderse. Cando se fixo de noite déronse conta de que o ruído era un moucho, así que saíron do cole e nese momento os seus pais apareceron. O moucho marchou e elas tamén foron para a casa.
A escola terrorífica
Autor/a: Sofía
o monstro do lidl
Unha familia foi ao Lidl a comprar algunhas cousas. De súpeto, viron unha pizza que tiña un raio verde. Foron preguntar á caixeira por que tiña debuxada esa figura, pero cando chegaron xunto a ela, xa non o tiña. Así que seguiron comprando. Dirixíronse a outro corredor, colleron todo o que precisaban, pagaron e volveron mirar a pizza. Pensaron que era mellor levala, pois así non lle ocorrería o mesmo a outra persoas. Cando chegaron a casa, xa era tarde e foron durmir. Ao día seguinte viron que a pizza non estaba onde a deixaran. Foron ao salón e alí descubriron un monstro con forma de pizza que tiña un adhesivo do Lidl sobre o lombo. O monstro escapou á rúa e púxose a comer dos vertedoiros de lixo. A familia chamou á policía, pero esta non sabía que facer. Intentaron que todos os aldeáns foran ao aeroporto. Os avións máis grandes trataron de transportar a todas as persoas. Houbo unha persoa que non podía subir porque xa non quedaba espazo. O avión aterrou noutro país, deixou a todas as persoas do avión alí e volveu para rescatar a última persoa que quedaba e non collera no avión. Collérona e deixárona no novo país co resto das persoas. Así o monstro quedou só, comendo o lixo dos vertedoiro e roubando toda a comida que quería.
o monstro do lidl
Autor/a: Mariña
AS LUCES PRENDIDAS áS 10 NA ESCARDIA
Conta unha antiga lenda do 2023 que unha meiga chamada Sobrina soñaba dende moi pequena con ir á Terra. Aos 21 atreveuse a vir ao noso planeta. Era unha viaxe longa. Desde o lonxe víase algo, era a Escardia. Entrou cunha apócema de pantasma e atravesou a parede do colexio. Asustouse ao ver dentro do edificio un montón de criaturas. Chamou aos seus amigos e estes dixéronlle que se divertira. Ía facerse un selfie de recordo para Instagram cos seus novos amigos. Pantasma e todos os monstros posaron para a foto. Ela deixou un cartel que poñía “Grazas pola diversión!” Á mañá seguinte estaba todo feito un desastre.
AS LUCES PRENDIDAS áS 10 NA ESCARDIA
Autor/a: Lara
GRAZAS!