Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Nuria P. Calvo BlancoPortafolio docente EOI A CoruñaDimensión Global

Calvo Blanco, Nuria P. Incluídas. Portafolios docente.

Empezar

.

Índice

1 imaxe, 100 palabras

Punto de partida

Mostra Contexto

MostraDeseño

Reflexión final

Punto de partida

Como profesora de Escolas Oficiais de Idiomas, entendo a inclusión como un proceso co que responder á diversidade dun alumnado interxeneracional. Para iso, debemos garantir o seu dereito á educación, a súa participación e ás súas posibilidades de aprendizaxe permanente.

SEGUINTE

Sobre as representacións e crenzas iniciais

Punto de partida

Para min, unha experiencia positiva é establecer un ambiente inclusivo na aula. Como reto, diría que hai unha diversidade visible (máis doada de atender con metodoloxía e medios) e outra invisible, a de certo sector do alumnado de EOI que non comunica as súas necesidades.

SEGUINTE

Sobre as necesidades de formación

Espero poder comprender mellor a diversidade e ser quen de adaptar a miña práctica docente ás necesidades individuais do alumnado co obxecto de garantir a igualdade de oportunidades e contribuír dalgunha maneira nunha sociedade máis igualitaria.

Punto de partida

Sobre as expectativas de formación

Unha imaxe, 100 palabras

Nas Escolas Oficiais de Idiomas (ensinanza de réxime especial, non obrigatoria) cada vez máis poñemos a mirada na diversidade que conforma a sociedade: desde a colaboración coa ONCE para incluír o alumnado cego, ou as adaptación das probas para alumnado con problemas auditivos ou alumnado autista.

SEGUINTE

Unha imaxe, 100 palabras

Pero queda moito por facer: a eliminación de barreiras arquitectónicas para as persoas con mobilidade reducida, máis formación continua do profesorado en metodoloxías inclusivas ou ter equipos de orientación específicos nas EOIs.

SEGUINTE

Unha imaxe, 100 palabras

A educación é un dereito irrenunciable: Debemos construír unha escolaigualitaria e proporcionar un entorno inclusivo e acolledor para o todo oalumnado.

Unha imaxe, outras miradas

.

Unha imaxe, outras miradas: reflexión

.

As miradas dos e das compañeiras coinciden coa idea orixinal de ver a educación como unha colmea onde cada quen ten a súa función, agás unha persoa quen non apreciou a referencia ao traballo colaborativo das abellas.Destaco o comentario sobre o elemento integrador da información, a abella raíña, que debe velar porque todo funcione.

Licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela en 1994, M.A. pola Universidade de Kansas e profesora de EOI a tempo completo desde 1996 en tres escolas diferentes.

SEGUINTE

Traxectoria profesional e formación

Mostra : Contexto

Nestes 28 anos de profesión funme formando en diferentes eidos como metodoloxía, TIC, bibliotecas e xestión de centros ou a modalidade semipresencial nas EE.OO.II. de Galicia.

Profesora de español na Universidade de Kansas (EE.UU.)

1994-96

1996-97

1997-2004

2004-

Funcionaria en prácticasEOI Vigo

EOI Ferrol

EOI A Coruña

Filosofía educativa

O alumnado no centro

Aprendizaxe para toda a vida

Docente-guía na aprendizaxe

Respecto e confianza mutuos na aula

Sementando coñecemento

SEGUINTE

O meu contexto profesional é a Escola Oficial de Idiomas da Coruña onde imparto clases de inglés de nivel intermedio B2.2.O alumnado é moi heteroxéneo: un grupo de xente pre-xubilada, outro de formación do profesorado, e dous máis cunha mestura do anterior con alumnado máis novo (19-30 anos).

Mostra : Contexto

A inclusión educativa adoita atenderse cunha adaptación das probas finais para o alumnado con dificultades auditivas ou de visión, con axuda da ONCE para adaptar os materiais de aula. A miña concepción de inclusión vai máis aló das probas: nas aulas debe haber un espazo de calidade e calidez, ademais para os anteriores, para o alumnado de maior idade (coas súas necesidades nas TIC, por exemplo), o alumnado autista e alumnado LGTBI+. O reto? Que moito alumnado non informa da súa condición, polo que debemos basearnos na observación.

Mostra: Deseño proposta

SEGUINTE

Mostra: Deseño proposta (reflexións)

A formación tivo unha incidencia directa na concepción da inclusión e agora son máis consciente d'

  • as dificultades dunha persoa disléxica para afrontar unha lectura.
  • os retos das persoas con TDAH, que precisan instrucións claras e moi guiadas.
  • as cores así como as fontes e tamaños de letra nas presentacións de aula.
  • o tempo asignado para que o alumnado poida desenvolver as tarefas.

SEGUINTE

Mostra: Deseño proposta. Feedback dos grupos.

Mostra: Deseño proposta despois do feedback

Reflexión final: Preguntas sobre as dinámicas

.

SEGUINTE

Reflexión final: cambiar a mirada

SEGUINTE

@nuriaeoicoruna#CAFI_incluidas

Hai moitas reflexións que facer despois deste curso incial dentro do proxecto CAFI_incluídas. Se teño que resumir, quedo coa frase "cambiar a mirada". Para min, é a que mellor resume as xornadas dos sábados, o traballo na aula virtual e sobre todo no proceso de compliación para a creación do portafolios reflexivo. Cambiamos a mirada xa desde o comezo coa dinámica de "zoom in, zoom out", onde fomos propoñendo cousas diferentes ata chegar ao reflexo da luz nunha gota de auga.

Do mesmo xeito, este curso foime abrindo os ollos non ao feito de que hai diversidade no mundo senón a como podemos atendela, tanto na planificación (ou o feito de non tela- como ocorreu no meu equipo na dinámica dos espagueti que propuxeron Vicenta e Joan Tomás) como no feito de ter máis coñecemento de diferentes neurodiversidades e como entendelas e atendelas (como nos aprendeu Rachel): quen diría que un vacíapetos pode ser un amortiguador de son e tranquilizar a algunhas persoas? Outra vez cambiamos a mirada!

Reflexión final

Desde os primeiros pasos nesta formación percorrín un longo treito na concepción da inclusión e agora son máis consciente das necesidades do alumnado e das accións que podo levar a cabo para acompañalo na súa aprendizaxe. Isto é válido tanto para o alumnado interxeracional da EOI como para o neurodiverxente:

SEGUINTE

  • identificar as necesidades
  • proporcionar alternativas multisensoriais
  • ter paciencia e empatía

Agora podo recoñecer algunhas dificultades e tamén certos talentos do alumnado neurodiverxente.

Reflexión final

Neste punto do curso, a miña visión sobre as necesidades de formación sigue sendo crear un ambiente inclusivo na aula para favorecer o respecto ás diferenzas, proporcionar os medios precisos para que ninguén quede atrás.Tamén quero poñer o foco na observación na aula para identificar as necesidades de certo sector do alumnado que non o comunica nin ao docente nin á Xefatura de Estudos.

SEGUINTE

As dinámicas do curso axudáronme a cambiar a mirada e a reflexionar sobre como nos percibimos e percibimos ás outras persoas.

Reflexión final

As expectativas do curso cumpríronse sobradamente. Son quen de comprender mellor a diversidade e penso que poderei adaptar a miña práctica docente ás necesidades individuais do alumnado.

SEGUINTE

Gustaríame poder seguir aprendendo nos vindeiros meses co obxecto de garantir a igualdade de oportunidades e contribuír dalgunha maneira nunha sociedade máis igualitaria.

Reflexións

Traballo en grupo

Relatorios

Portafolios

Reflexión final: liña de tempo

Comezamos!

+

+

+

+

+

SEGUINTE

@nuriaeoicoruna#CAFI_incluidas

Reflexións

Traballo en grupo

Relatorios

Portafolios

Reflexión final: liña de tempo

Comezamos!

+

+

+

+

+

SEGUINTE

@nuriaeoicoruna#CAFI_incluidas

Proposta de colaboración entre o persoal docente, asesor e inspector

Desafiar estereotipos

Identificar a diversidade

Abrir unha canle de comunicación directa a través de foros ou vídeoconferencia BigBlueButton na Aula Virtual Moodle co fin de deseñar estratexias para:

Promover o respecto

Animar a participación

SEGUINTE

Elaboración conxunta dunha compilación de Boas prácticas.

O persoal inspector coñece, comparte e guía na aplicación da normativa

O persoal docente leva esas aprendizaxes á aula e reflexiona conxuntamente sobre o seu impacto.

O persoal asesor atende as necesidades e ofrece cursos de formación permanente

Autocoñecemento e empatía. Work in progress

Fonte

Ejercicios de autoconocimiento y empatía. Eugeni García Grau, Adela Fusté Escolano, Gemma Balaguer Fort, José Ruiz Rodríguez y Mar Arcos Pros.

Teoría e práctica: un relatorio altamente instrutivo. Aprendizaxe con diversión e moitas reflexións 🧠.

Joan Tomás e Vicenta

A #inclusión é unha cuestión de xustiza social ⚖️ A educación é un dereito tamén para ese 1/5 da poboación que se estima é #neurodiverxente 🧠🔎

Rachel

Os relatorios

  • Chuvia de ideas
  • Planificación
  • Colaboración
  • Escoita activa
  • Realimentación construtiva

Equipo 4

EOI Dream team

Too many cooks didn't spoil the broth in the end!

Traballamos estupendamente no equipo 4 desde o primeiro momento. Como aspecto a mellorar, no momento de expoñer a actividade designamos unha portavoz, Raquel, e non repartimos os tempos.

Unha boa noticia foi ver esta boa mostra de profesoras de Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia interesadas na inclusión educativa. Estamos EOIincluídas

Comezamos con dúas actividades previas: unha imaxe e 100 palabras para a reflexión e punto de partida. Ambas serviron para reflectir sobre a nosa concepción da inclusión educativa así como as expectativas desta formación. A galería de imaxes e as reflexións serviron para coñecernos e respectarnos a través das diferentes miradas.

Incluídas

  • Un vacíapetos pode ser un amortiguador de ruído.
  • Accesibilidade e aprendizaxe multisensioral.

  • O alumnado neurodiverxente ten dificultades e tamén talentos.
  • Planificación (scaffolding), acompañamento, feedback e feedforward.

  • Empatía: sentir a frustración de non poder copiar un texto ao facelo coa man contraria.

Cambiar a mirada

  • Introdución
  • Punto de partida
  • Obxectivos
  • Mostras
  • Visión global

É un documento reflexivo sobre a actividade docente no que podo incluír as fortalezas pero tamén as necesidades e retos que teño por adiante, sempre desde unha perspectiva crítica para continuar no proceso de formación continua. Adoita estruturarse en:

O portafolios docente

Teoría e práctica: un relatorio altamente instrutivo. Aprendizaxe con diversión e moitas reflexións 🧠.

Joan Tomás e Vicenta

A #inclusión é unha cuestión de xustiza social ⚖️ A educación é un dereito tamén para ese 1/5 da poboación que se estima é #neurodiverxente 🧠🔎

Rachel

Os relatorios

  • Un vacíapetos pode ser un amortiguador de ruído.
  • Accesibilidade e aprendizaxe multisensioral.

  • O alumnado neurodiverxente ten dificultades e tamén talentos.
  • Planificación (scaffolding), acompañamento, feedback e feedforward.

  • Empatía: sentir a frustración de non poder copiar un texto ao facelo coa man contraria.

Cambiar a mirada

  • Chuvia de ideas
  • Planificación
  • Colaboración
  • Escoita activa
  • Realimentación construtiva

Equipo 4

EOI Dream team

Too many cooks didn't spoil the broth in the end!

Traballamos estupendamente no equipo 4 desde o primeiro momento. Como aspecto a mellorar, no momento de expoñer a actividade designamos unha portavoz, Raquel, e non repartimos os tempos.

Unha boa noticia foi ver esta boa mostra de profesoras de Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia interesadas na inclusión educativa. Estamos EOIincluídas

Comezamos con dúas actividades previas: unha imaxe e 100 palabras para a reflexión e punto de partida. Ambas serviron para reflectir sobre a nosa concepción da inclusión educativa así como as expectativas desta formación. A galería de imaxes e as reflexións serviron para coñecernos e respectarnos a través das diferentes miradas.

Incluídas

  • Introdución
  • Punto de partida
  • Obxectivos
  • Mostras
  • Visión global

É un documento reflexivo sobre a actividade docente no que podo incluír as fortalezas pero tamén as necesidades e retos que teño por adiante, sempre desde unha perspectiva crítica para continuar no proceso de formación continua. Adoita estruturarse en:

O portafolios docente