Portafolios de Manu
Manu
Created on October 26, 2024
Portafolio de Manuel Miguéns realizada no marco do proxecto incluIDAS
Over 30 million people build interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
Transcript
Portafolios dixital de Manuel Miguéns Pérez
Docente enDimensión: Global
Índice
Unha imaxe, cen palabras
MostraDeseño
Punto de partida
Reflexión final
Mostra Contexto
O meu punto de partida
Nesta infografía amósanse aspectos relevantes da miña traxectoria profesional ata chegar ao momento inicial desta formación.
Podes facer clic na imaxe para ampliala
— O meu labor consiste en abrir portas. Non é tan doado como parece. Cada persoa ten a súa propia porta, e case ninguén sabe onde está a súa. Así que, normalmente, antes de abrilas teño que acompañar ás persoas para que encontren a súa. E isto é o difícil. Primeiro hai que coller confianza, porque a porta éche unha cousa moi íntima. E despois está a tentación de coller a primeira porta que se poña por diante, porque buscar pola condenada porta tamén che é cansado. E hai xente que quere que acabes nun chiscar de ollo. Seino ben, que aínda ando a buscar pola miña.
Unha imaxe, cen palabras
Contexto
Son mestre de PT (funcionario en prácticas) nun Centro Público Integrado. O centro está situado nunha contorna rural e ten potencial para prestar unha excelente atención á diversidade. Non obstante, temos moitos desafíos por diante, como a mellora da convivencia no centro, así como da integración do alumnado procedente do estranxeiro, o tratamento educativo dos discursos de odio e das condutas machistas, a incorporación plena dos principios do DUA, acometer un proceso interno e colaborativo de renovación pedagóxica, ou fomentar un aumento na motivación (tanto do alumnado coma do profesorado). Para máis información, consulta a infografía ou o audio.
Proxecto "Así somos"
Descrición:Exposición dunha colección de obras de arte multidisciplinares (escultura, pintura, fotografía, cómic, cine, performance...) creadas por cada alumna e alumno, a modo de autorretratos, a partires das conclusións obtidas nun proceso de observación e reflexión sobre a propia identidade. Este aspecto é de enorme relevancia tanto para o desenvolvemento persoal coma para o fomento daigualdade e da convivencia, especialmente na infancia e na adolescencia.Participantes:Alumnado de 3º ciclo de primaria e ESOFamilias
Deseño dunha práctica inclusiva (I)
Fase 1. Estudo de referentes.
Fase 2. Exploración persoal.
Fase 3. Probas.
Fase 4. Autorretrato.
Fase 5. Montaxe da exposición.
Fase 6. Xornadas de exhibición.
Fase 7. Reflexións finais.
Obxectivos
Deseño dunha práctica inclusiva (II)
- Potenciar o desenvolvemento emocional e social.
- Aumentar o nivel de expresividade.
- Promover a creatividade.
- Poñer en valor a diversidade.
- Integrar a todas as persoas da comunidade educativa.
Exemplo de caderno de artista traballando sobre o concepto de identidade.
Alumnado con NEAE
Deseño dunha práctica inclusiva (III)
TEA
TDAH
dislexia
dispraxia
procedente do estranxeiro
vulnerabilidade socioeducativa
Nenos e nenas pintando os retratos nun espazo empapelado (Chus Agra).
Participación
Deseño dunha práctica inclusiva (IV)
- Alumnado.
- Profesorado.
- Familias.
- Persoas asesoras.
- Inspección.
- UACO.
- Administración local.
Outro exemplo de caderno de artista.
Fase 1. Estudo de referentes
Deseño dunha práctica inclusiva (V)
- Aproximación á arte contemporánea.
- Coñecemento da obra de múltiples artistas.
- Achegamento de diversas disciplinas artísticas.
- Apoio individualizado e andamiaxe.
Series fotográficas de Duane Michals.
Fase 2. Exploración persoal
Deseño dunha práctica inclusiva (VI)
- Apoio individualizado e andamiaxe:
- Coidado do autoconcepto e da autoestima.
- Centros de interese e gustos persoais.
- Formas de expresión preferidas.
- Diálogos entre o alumnado.
- Probas de concepto: caderno de artista / equipo.
The Model (Palle Nielsen, 1968)
Fase 3. Probas
Deseño dunha práctica inclusiva (VII)
- Probas con diferentes materiais e soportes.
- Apoio individualizado e andamiaxe:
- Acompañamento e retroalimentación.
- Traballo en pequenos grupos.
- Titoría entre iguais.
- Documentación en caderno de artista.
Traballando sobre a identidade (Chus Agra)
Deseño dunha práctica inclusiva (VIII)
Fase 4. Autorretrato
- Realización do autorretrato na disciplina seleccionada.
- Apoio individualizado e andamiaxe:
- Acompañamento e retroalimentación.
- Axuda entre iguais.
- Documentación en caderno de artista.
Esther Ferrer. Autorretrato no tempo.
Deseño dunha práctica inclusiva (IX)
Fase 5. Autorretrato
Montaxe da exposición:
- Traballo colaborativo .
- Diálogos - Intercambios - Retroalimentación - Acordos.
- Participación de toda a comunidade educativa.
- Documentación en caderno de artista.
The Model (Palle Nielsen, 1968)
Deseño dunha práctica inclusiva (X)
Fase 6. Exhibición das obras
- Participación de toda a comunidade educativa.
- Explicacións a cargo de autoras e autores.
- Mostra de cadernos de artistas.
Exposición de María Teresa Hincapié no Macba.
Deseño dunha práctica inclusiva (XI)
Fase 7. Reflexións finais
- Revisión e diálogos en torno aos cadernos de artista.
- Análise do vivenciado.
- Retroalimentación do proceso de creación.
- Achegas da comunidade educativa.
Fotografía que forma parte dunha serie da artista Orlan.
Deseño dunha práctica inclusiva (XII)
Feedback doutros grupos
Respecto da proposta inicial:
- Facilitouse máis contexto e apoio ao alumnado.
- Incorporouse máis andamiaxe e fórmulas de retroalimentación.
- Equilibrouse traballo individual e traballo en equipo.
- Incorporáronse máis fórmulas de apoio entre iguais.
- Mellorouse a accesibilidade da presentación (tipografía, tamaños, espazos, ALT en imaxes, audios, adecuación a lectores de pantalla...)
Algunhas reflexións finais
- Botei en falta unha visión máis ampla e profunda sobre a inclusión.
- A inclusión e a atención á diversidade son conceptos que van moito moito máis alá da atención educativa á neurodiverxencia.
- As dinámicas de grupo axudan a crear un ambiente que facilite a xeración colaborativa de coñecemento. A selección destas dinámicas debe de facerse en función do próposito e das persoas destinatarias.
- O portafolios é unha ferramenta xa clásica, moi útil para a reflexión e a avaliación de procesos educativos. O seu uso é interesante cando acompaña un proceso real (non simulado) de construción de coñecemento. Non funciona tan ben cando se converte nunha fin en lugar de ser un medio.