Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Lista Arte Horizontal

basantaperez

Created on October 25, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Customer Profile

Movie Infographic

Interactive QR Code Generator

Advent Calendar

Tree of Wishes

Witchcraft vertical Infographic

Halloween Horizontal Infographic

Transcript

ELECCIÓN MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

composición do consello

funcións do consello escolar

renovación parcial

competencia da xunta electoral

constitución da xunta electoral

CEP LOIS TOBÍO2024/25

Nos centros de oito, ou máis unidades como é o noso caso, o consello escolar das escolas de educación infantil e colexios de educación primaria estará composto polos seguintes membros: a) O director (presidente) b) A xefa de estudos c) Un/Unha concelleiro/a do concello d) Un representante do persoal de administración e servizos e) Cinco mestres/as elixidos polo claustro f) Cinco representantes dos pais/nais dos alumnos/as g) O secretario do centro (secretario do consello, con voz, pero sen voto).

No caso do noso centro, a renovación dos membros é parcial, tendo que elixir:

pais/nais

mestres/as

A organización e supervisión do procedemento de selección dos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral integrada por:

1. O DIRECTOR2. UN PAI/NAI 3.UN MESTRE/A 4.PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

Aprobar e avaliar o Proxecto Educativo, un proxecto de xestión e as Normas de Organización e Funcionamento e Convivencia. Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro. Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos. Participar na selección do director/a do centro. Ser informado do nomeamento e cesamento dos demais membros do equipo directivo. Decidir sobre a admisión do alumnado. Impulsar a adopción e seguimento de medidas educativas que fomenten o recoñecemento e a protección dos dereitos da infancia. Propor medidas e iniciativas que favorezan os estilos de vida saudable, a convivencia no centro, a igualdade efectiva de mulleres e homes, a non discriminación... Coñecer as condutas contrarias á convivencia e a aplicación das medidas educativas, de mediación e correctoras. Promover, progresivamente, a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar para a mellora da calidade e a sustentabilidade e aprobar a obtención de recursos complementarios. Fixar as directrices para a colaboración coas administracións locais e con outros centros, entidades e organismos. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións. Elaborar propostas e informes sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión. Aprobar o proxecto de orzamento do centro. Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.

As competencias da Xunta Electoral son as seguintes: Aprobar e publicar os censos electorais. Concretar o calendario electoral. Ordenar o proceso electoral. Admitir e proclamar as candidaturas. Constituir as mesas electorais. Resolver as reclamacións presentadas contra as mesas electorais. Proclamar os/as candidatos/as elexidos/as. Remitir as actas á Delegación Provincial da Consellería de Educación.