Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

De re bibliothecaria

xmlores

Created on October 19, 2024

Breve selección textual

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Visual Thinking Checklist

Choice Board Flipcards

Team Retrospective

Fill in the Blanks

Museum Flipcards

Image Comparison Slider

Microcourse: Key Skills for the Professional Environment

Transcript

De re bibliothecaria

La casa de los veinte mil libros

Sasha ABRAMSKY

...O consolo chegou da biblioteca de Chimen, unha extraordinaria colección de entre quince mil e vinte mil volumes. Incluso desbotando o valor, a rareza destes libros, moitos deles de centos de anos de antigüidade, a súa mera presenza física era impoñente: se cada libro pesaba, máis ou menos, medio quilo –unha estimación razoable, dado que moitos eran pequenos volumes de menos de cen gramos de peso, mentres que outros eran tomos enormes que podían facilmente pesar catro quilos–, entón, facendo un cálculo prudente, a casa contiña máis de dez toneladas de libros, o peso de polo menos cinco coches grandes. Había, ademais, varias toneladas de manuscritos, cartas e xornais amontoados pola casa. Eu detíñame diante dun andel calquera, sacaba un libro antigo, cheirábao, tocábao, comprobaba a data de publicación, reencontrábame con el como cun vello amigo;

Historias de Barbantia. 17 relatos de autoras e autores do Barbanza

Uxía CASAL

"O herdo da tía avoa Locaia"

... a biblioteca encantouche, que ben que a Locaia lle gustasen os libros e a lectura! Unha rápida ollada deixoute satisfeita: agás best-séllers deses que sempre aborreciches, había variedade e estaba ben abastecida. ... a biblioteca constituíu un mundo para descubrir aos poucos, e sentar nunha butaca á noitiña para gozar da lectura con toda a calma do mundo rodeada de libros pasou a ser un dos maiores praceres da túa vida, se cadra porque nunca tiveras ese vagar.

Una biblioteca de verano

Mary Ann CLARK BREMER

Rabuñadas tapas dun verde murchado, como o dun veludo moitas veces exposto á luz. Tapas da cor do tabaco. E o dos corais das illas Filipinas. Tapas da cor da luz do atardecer en Nova Inglaterra -os meus outros veráns-Tapas con cheiro a cobalto, a mofo doce, a vermes de seda, a madreselva, a coñac, a terra mollada. Tapas estampadas en dúas liñas en ouro esvaecido, en azul prusia, en branco sucio de neve. Os libros de tapas de cartón forradas con teas e os libros de tapas flexibles para os días de tren ou praia. Libros en miniatura (os poemas de Verlaine) e libros xigantescos (algunhas novelas de Balzac). Libros que poderían suxeitar un edificio enteiro (polo que din ou como o din). Ningún libro malo entre tantos libros.

Pel de cordeiro (I)

Ledicia COSTAS

A biblioteca abre ao público ás dez da mañá, pero eu chego sempre con tempo para organizar os libros que devolveron a última hora do día anterior. Prendo as luces, acendo os ordenadores e tomo o segundo café do día en soidade. Aprobei as oposicións hai uns anos, despois de dous intentos, e conseguín a praza. Este lugar é o máis parecido que coñezo á paz. Teño libros á miña disposición por todas as partes, sempre hai silencio e gozo de liberdade para programar actividades con público adulto e infantil, que son as que verdadeiramente me entusiasman. Se comparo a miña situación coa de compañeiras doutras localidades sei que en certo modo son unha privilexiada. Aquí ninguén recortou horarios, non nos deben salarios e non tivemos que suprimir servizos. Traballar nunha biblioteca municipal ás veces implica vivir baixo unha ameaza. Coma se detrás dos andeis se agochase alguén preparado para sacar unha soga, colocarcha arredor do pescozo e apertar ata a estrangulación.

Pel de cordeiro (II)

Ledicia COSTAS

En época de exames a biblioteca énchese de estudantes. Gústame vela así, co aforo completo, porque iso significa que está viva. Aumentan os préstamos e temos máis traballo, hai xente entrando e saíndo sen parar. En xeral todo o mundo é bastante respectuoso, é raro que haxa que chamarlle a alguén a atención por algo, cousa que detesto. Hai estudantes que pasan moitas horas aquí dentro, de súpeto este lugar convértese nunha especie de segunda casa. Por iso nesta temporada sempre teño especial coidado coa orde, pero non é fácil. Gústame pensar que as bibliotecas son algo máis que un lugar de paso. Son quizais o sitio que procuras para gorecerte. Unha cabana no bosque, unha cova erosionada na rocha, o abrigo que ofrecen as árbores cando as súas copas son moi tupidas e se entrelazan unhas coas outras creando unha capa de protección natural.

Os anos tranquilos (I)

Llerena PEROZO PORTEIRO

... Por fin, armeime de valor e enfilei a escada, cara ao segundo andar, onde se atopaban os dormitorios da familia e a amada biblioteca. Temía que os ratos, o caruncho ou a humidade me desen un desgusto, sabía da fraxilidade do papel, dos libros e da madeira con que estaban feitas as librarías onde repousaban. Os meus temores non se materializaron. A maxia da biblioteca seguía intacta. Pareceume que aquela estancia tiña, incluso, menos po e arañeiras que o resto da casa. Perdín a noción do tempo. Chegara á casa cedo na mañá e cando botei a ollada cara a unha das xanelas da biblioteca, era noite. Non comera nin apenas me movera máis aló da revisión de todos os títulos dos andeis. Estaban todos, ou iso semellaba. Algo máis de dez mil libros en cinco idiomas. Arte, novela, poesía, teatro, pensamento, contos infantís, obras de consulta. A miña querida Espasa... Sen pensalo demasiado, collín dúas novelas da zona de clásicos traducidos: Os irmáns Karamázov, de Dostoievski, e A máquina do tempo, de H. G. Wells. Por puro hábito dirixinme, cos dous volumes na man, cara á mesa do despacho na procura do caderno en que anotar o empréstito.

Os anos tranquilos (II)

Llerena PEROZO PORTEIRO

... E, como mínimo unha vez por semana, as máis delas ata tres veces, achegábame á casa dos Meroño Gutiérrez, e volvía cun botín. Ao principio eran un ou dous volumes, polo xeral de literatura universal. Aos poucos funme animando e comecei a rescatar tamén a enciclopedia, que acabei levando completa, dicionarios, obras de ensaio e pensamento. Cada libro que collía dos andeis, aínda que fose só para revisar, semellábame unha alfaia que non era quen de deixar esmorecer baixo o po da casa abandonada e non tiña maneira de deixalo de volta na libraría. Era superior a min. Mesmo me fixen cun carriño que me permitía carrexar... unha manchea de libros... En pouco tempo o meu cuarto estivo ateigado de libros amoreados de calquera xeito... Debía facer algo. Falei con Nélida... Ela,... deume permiso para contratar a construción dunha modesta libraría no meu cuarto, ocupando as dúas paredes que non tiñan nin porta nin xanela... puiden permitirme a contratación da obra... negociei cuns rapaces... o deseño, construción e montaxe dunha libraría de madeira de nogueira que ía do chan ao teito nos dos muros imitando, en versión pobre pero elegante e sobria, a biblioteca de don Fernando. Así foi como conseguín dispoñer de vinte e catro metros cadrados verticais de andeis onde, segundo calculei, podería almacenar ata dous mil libros. Iso fixen. Non parei ata que semellou que xa non cabían máis, e aínda seguín acumulando volumes, mudando a posición aliñada vertical por pías horizontais que, descubrín, eran máis eficaces no aproveitamento do espazo. Da casa dos Meroño Gutiérrez non me interesaba xa nada máis que os libros.... visitei por enésima vez a biblioteca. Aínda quedaban moitos volumes nos andeis, mais considerei que xa levara todos os que podía custodiar e ler nun tempo prudencial, e que resultaban nunha boa representación dos distintos xéneros e valores alí compilados... Ocorréuseme escribir unha breve nota... na cal lle fixen saber que fora eu quen levara os libros que faltaban e que llos devolvería encantada cando mo solicitase.

Organización Societaria e Depuración do Maxisterio. A Casa del Maestro de Pontevedra (1934-1936)

Anxo Serafín PORTO UCHA et Raquel VÁZQUEZ RAMIL

No basta construir escuelas para que se cumpla plenamente el desenvolvimiento cultural que España necesita. Urge, entre otras misiones pedagógicas que se irán articulando y cumpliendo, divulgar y extender el libro. Una escuela no es completa si no tiene la cantina y el ropero que el alumno necesita; no es completa tampoco si carece de la biblioteca para el niño, y aun para el adulto, y aun para el hombre necesitado de leer. Empieza a tener España las escuelas que le faltaban; las tendrá todas en breve. De lo que carece casi en absoluto es de bibliotecas, de pequeñas bibliotecas rurales que despierten, viéndolas, el amor y el afán del libro; que hicieran el libro asequible y deseable; que lo lleven fácilmente a todas las manos. Una biblioteca atendida, cuidada, puede ser un instrumento de cultura tan eficaz o más eficaz que la escuela. Y en los medios rurales puede y debe contribuir a esta labor, que realizará la República, de acercar la ciudad al campo con objeto de alegrar, humanizar y civilizar el campo, evitando que se despueble en este anhelo angustioso de buscar en la ciudad todo lo que el campo no ha tenido hasta hoy.(introdución ao decreto de 7 de agosto de 1931, Gaceta do 8/8, polo que se establecen bibliotecas nas Escolas Nacionais)

Libre te quiero

Jorge M. REVERTE

… Manolo fue creando una biblioteca propia, que pronto se convertiría en la mejor, quizá por ser la única, de todas las prisiones asturianas, hasta el punto de que, al parecer, su existencia llegó a oídos de la mismísima Victoria Kent. Pronto hubo allí libros de Alejandro Dumas, de Julio Verne, de Honorato de Balzac, de Fiodor Dostoievski, de Emilio Zola, de Óscar Wilde, de Erich María Remarque y de H. G. Wells. Y no faltaban las obras galantes de Artemio Precioso ni los trabajos siempre actuales de El Caballero Audaz, que había llegado a entrevistar al mismísimo León Trosky cuando estaba en la cima de su poder. La dirección de la cárcel instaló unas estanterías para que los volúmenes reposaran tras pasar y ser devueltos por las manos de violadores, asesinos, pederastas, parricidas, secuestradores o estafadores de poca monta. Según las doctrinas más en boga de la época, todos ellos eran mejores personas cuando devolvían un libro que cuando lo habían cogido. Manolo había expresado su deseo de construir una biblioteca cuando Avelino le sorprendió leyendo por undécima vez su libro ilustrado de Julio Verne. El más astuto “rey de la galería” encargó a sus agentes en el exterior de la cárcel que adquirieran los libros que más pudieran gustar a quien se había convertido en su maestro particular…

Bibliotecas imaginarias

Mario SATZ

… [Quevedo] decidió que mandaría imprimir una docena de libritos parecidos a misales, del tamaño del dedo corazón de su hermosa mano de escritor, con los que siempre viajaría... La biblioteca ambulante era uno de sus más preciados tesoros, no pesaba mucho y, no obstante, tenía la densidad y concentración del mundo antiguo. ... El saber no quiere extinguirse, pero tampoco permanecer para siempre allí donde se formulan sus ideas. Las bibliotecas, como las piedras talladas para la construcción, van de la vieja a la nueva casa entre manos que se interrogan menos sobre su origen que acerca del milagro de su continuidad. La inmortalidad de un libro radica en su escritura, y la inmortalidad de la escritura en la voz humana que, transcribiéndose a sí misma, se zafa de las fauces del tiempo para asombro de quien todavía la puede leer.

Antimanual de sexo

Valérie TASSO

Internet, unha verdadeira revolución social chea de logros e altruísmos, é tamén unha biblioteca infinita sen bibliotecario na que as verdades e as mentiras difúndense sen máis canon que o número de visitas, sen máis éxito que o número de veces que algo se repite, facendo que o valor da información resida no seu volume e non no seu contido.

O mergullador das verbas

Majo VILLAR FERREIRO

El medrara curtíndose e illándose nos libros, sendo consciente de que o salvaran do desastre, dun dominio que o desposuía da súa identidade e do seu carácter. Ceibárono a razón que atopara nos libros, a súa filosofía, os milleiros de historias, os contidos que lle abriran a mente a pasaxes insospeitadas, a veredictos que solidificaron os cernes da súa vida. Os libros, eles foron os sabedores dos seus segredos, das súas afrontas, do xugo que o apresaba coma unha lousa. Eles, os seus amigos, e, sobre todo, os que presidían o andel da casa dos socalcos sobre o río, o seu refuxio, a súa pequena gran mansión.