Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Locke, textos

Jose Manuel Rubal Sa

Created on October 18, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Memories Presentation

Pechakucha Presentation

Decades Presentation

Color and Shapes Presentation

Historical Presentation

To the Moon Presentation

Projection Presentation

Transcript

Textos Locke

ABAU 2025

Ensaio sobre o goberno civil, Cap. 7, § 89

§ 89. Polo tanto, onde queira que calquera número de persoas se xunten nunha sociedade dispostasa abandonar cada un o seu poder executivo da lei da natureza, e a renunciar a el a favor do poderpúblico, alí e só alí haberá unha sociedade política ou civil. E isto dáse onde queira que un númerocalquera de homes, en estado de natureza, pase a formar unha sociedade co fin de construír unhapersoa ou corpo político baixo a soberanía dun goberno supremo, ou tamén cando calquera particular se une e incorpora a un goberno xa feito. Xa que neste caso autoriza á sociedade ou, o que é o mesmo, ó poder lexislativo dela a facer leis para el, tal e como o ben público de dita sociedade requira, para a execución das cales é preciso (como para os seus propios decretos) a súa colaboración. E isto pon os homes fóra do estado de natureza e dentro daquela república [commonwealth], establecendo un xuíz na terra con autoridade para a determinación de todas as controversias de dereito que xurdan entre eles, e para reparar as inxurias que puideran ocorrer contra calquera membro da república [commonwealth], o cal será xulgado polo poder lexislativo ou polos maxistrados sinalados para tal fin. E onde queira que houbese un número de homes dalgún xeito asociados, que non tivesen tal poder decisivo ó que apelar, entón alí estarán aínda no estado de Natureza.

Ensaio sobre o goberno civil, Cap. 7, § 90

§ 90. E polo tanto, é evidente que a monarquía absoluta, a cal é considerada por algún como a única forma de goberno válida no mundo, é de feito incompatible coa sociedade civil e, polo tanto, non pode ser unha forma de goberno civil en absoluto. Dado que o fin da sociedade civil é evitar e remediar aqueles inconvenientes do estado de natureza que se derivan necesariamente do feito deque cada home sexa xuíz do seu propio caso, establecendo unha autoridade coñecida á cal calquera membro desa sociedade poida apelar en caso de ser inxuriado, ou en caso dunha controversia que poida xurdir, e á cal todos os membros de dita sociedade deban obedecer. Onde queira que haxa un grupo de persoas que non teñan tal autoridade á que apelar, e que poida decidir calquera diferenza que entre eles poida alí xurdir, esas persoas estarán aínda no estado de natureza. Nel atópase todo príncipe con respecto a aqueles que estean baixo o seu dominio. LOCKE: Ensaio sobre o goberno civil, cap. 7: Da sociedade política ou civil.

Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes

Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes Rematamos Descartes