Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

A literatura do séc. XX BACH

iagosantiso

Created on October 10, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Interactive Event Microsite

January School Calendar

Genial Calendar 2026

Annual calendar 2026

School Calendar 2026

2026 calendar

January Higher Education Academic Calendar

Transcript

A literatura do séc. XX

Lingua Galega e LiteraturaProf. Iago Santiso Fernández

1. A literatura do primeiro terzo

2. A literatura de 1936 a 1975

3. A literatura actual

4. O comentario literario

A literatura do primeiro terzo do século XX

1. Contexto histórico

2. A poesía

ÍNDICE

3. A prosa

4. O teatro

1. Galiza no primeiro terzo do século XX

- Realidade económica: atraso económico motivado por unha economía primaria agraria minifundista e de pesca de baixura, o comercio de materias primas e un frouxo inicio da industrialización (conserveira, metalurxia e electricidade). A consecuencia desta situación é o aumento exponencial da emigración cara a América.-Realidade política: O sistema político pasa por 3 etapas:1. Monarquía de Alfonso XIII cun sistema parlamentario turnista entre liberais e conservadores. Desenvólvese un sistema caciquil que goberna de forma abusiva a pequena escala.2. Ditadura de Primo de Rivera (1923)3. 2ª República (1931-1936)O Rexionalismo do século anterior evolúe cara o nacionalismo galego da man das Irmandades da Fala, asociación de corte sociocultural fundada en 1916. As súas accións céntranse na normalización da lingua:• A demanda da cooficialización dos idiomas galego e castelán. • A introdución do galego no ensino secundario e universitario.• O estudo da riqueza lingüística e cultural.A creación de editoriais dedicadas en exclusiva á potenciación do libro en galego (Lar, Céltiga ou Nós).

Coa chegada da 2ª República o nacionalismo toma forma política fundándose o Partido Galeguista, que centra o seu traballo en lograr un Estatuto de Autonomía no que se plasmen os obxectivos anteriores e que se aprobará en 1936.- Realidade social: composta maioritariamente por campesiños e mariñeiros, destaca o seu labor reivindicativo (agrarismo: Liga Agrario de Acción Gallega) cuxa principal reivindicación foi a redención dos foros. O novo contexto económico provoca a desaparición da fidalguía e aparición da burguesía vinculada ao nacemento da industria. A poboación é maiortiriamente rural, pero comeza un proceso de urbanización cara as grandes cidades actuais. -Realidade lingüística: o galego é o idioma maioritario da poboación, o castelán só se falaba nas cidades e vilas por parte das clases altas con maior poder económico e político. Isto motiva que o galego careza de prestixio, estea falto dun rexistro culto para os usos escritos e intelectuais e que xurdan numerosos prexuízos cara o seu uso. En 1906 créase a Real Academia Galega, co obxectivo de depurar o idioma e elaborar unha norma estándar para a lingua galega, publícanse gramáticas e dicionarios con este obxectivo.

-Realidade cultural: xorden agrupacións e organismos moi relevantes, á marxe das Irmandades da Fala, destacar:O Seminario de Estudos Galegos (SEG), fundado en 1923 por mozos da Universidade de Santiago de Compostela, e que se adica a estudar con rigor e disciplina científica os máis variados aspectos de Galicia, a divulgar o seu patrimonio cultural e a formar investigadores. Chegou a contar cunha gran variedade de seccións que ían desde a historia de Galicia, xeografía, folclore e etnografía, ciencias naturais, xurídicas e económicas, filoloxía, arte, etc.Grupo NósO Grupo Nós, que funda en 1920 a revista Nós co propósito de europeizar e poñer ao día a cultura galega (ata entón excesivamente marcada pola lírica e o ruralismo e costumismo), sempre a partir das raíces culturais propias. Demostran na práctica a validez do galego para todo tipo de temas e contribuíu enormemente á creación da prosa galega moderna, tanto literaria como científica.

2. A poesía do primeiro terzo do século XX

No inicio do século XX, a poesía é o xénero máis cultivado. Destacariamos dous movementos ben diferenciados na lírica galega da época: a poesía das Irmandades e a poesía das vangardas. Ao redor da actividade das Irmandades da Fala, o panorama cultural galego experimenta un gran desenvolvemento. Estes poetas comprométense coa lingua e os presupostos nacionalistas, destacando as figuras de Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas. a) ANTONIO NORIEGA VARELA (Mondoñedo, 1869 - Viveiro, 1947): formado no seminario de Mondoñedo, adicou a súa vida á ensinanza. Na súa obra distínguense dúas liñas básicas:- A poesía costumista e ruralista: esta poesía caracterízase tematicamente por unha exaltación da vida rural (o día a día na montaña e os costumes e tradicións propios). A nivel formal caracterízase polo uso da poesía popular (versos simples) - A poesía lírica pura: canta aos aspectos máis humildes da paisaxe (o orballo, unha raiola de sol, a flor do toxo...) a través dun ton íntimo e emotivo (franciscanismo).É autor dunha única obra, publicada inicialmente como Montañesas (1904), a cal modifica en sucesivas edicións corrixindo, suprimindo e ampliando poemas; e incluso modificando o seu nome definitivo por Do ermo (1920).

2.1. A poesía das irmandades

b) RAMÓN CABANILLAS (Cambados, 1876 - 1959): formado no seminario en Compostela, exerceu ao longo da súas vida a carreira de funcionario. En 1910 decide emigar a Cuba e entra en contacto co galeguismo emigrante, asumindo o ideario agrarista e converténdose na voz literaria do movemento. Regresa a Galicia en 1915, incorpórase ás Irmandades de forma inmediata, converténdose agora no poeta do novo nacionalismo. Participa de forma activa na vida política da época, o que o leva por etapas a residir en Madrid. Alí é onde se encontraba no momento do golpe de Estado, regresa a Galicia e asume un silencio poético froito do medo cara a posibles represalias por parte do goberno franquista. Agora ben, xogará un papel simbólico na recuperación poética a partir dos 50, pois publica a primeira obra poética de posguerra, A antífona da cantiga (1951). Morre no seu Cambados natal, nun enterro que destacou como afronta galeguista en pleno réxime, e cumprindo o seu epitafio a encomenda á súa muller que escribira no seu soneto "Sono dourado". Hoxe en día, os seus restos atópanse no Panteón dos galegos ilustres.

Podemos distinguir na súa produción poética catro etapas, moi marcadas polas vivencias antes mencionadas:- Etapa de formación (1910-1915): na emigración cubana Cabanillas publica o seu primeiro libro, No desterro. Visión gallegas (1913). O movemento agrarista quixo ver na obra a voz dun poeta social, que denuncia con versos rabiosos e incendiarios os males do foro e a miseria dos labregos e propaga as ansias de redención do campo galego. Pero apenas 4 dos 50 poemas que compoñen a 1ª edición poden ser considerados pertencentes á poesía civil. Os poemas intimistas que expresan a nostalxia do desterrado ou as estampas descritivas da paisaxe son os temas predominantes na obra. Tamén en Cuba publica en 1915 Vento mareiro. A temática da obra é moi similar á anterior, mais cun número un pouco superior de poemas de alento civil e agrario que compoñen a sección “Da terra asoballada”, que logo aparecerá como libro propio en 1917. - Etapa galeguista (1916-1920): prodúcese coa súa chegada ao galeguismo e tamén ás Irmandades da Fala. A esta época corresponde a obra Da terra asoballada (1917). Transmite as ideas centrais que caracterizan o discurso político das Irmandades: o papel fundamental do idioma na conformación da nacionalidade, o celtismo, Portugal como prolongación cultural de Galiza, etc. Adopta unha actitude didáctica cun discurso menos combativo ca o da anterior etapa, de cara a lograr unha aproximación do pobo ao galeguismo. Poema En pé! comentado

- Etapa mitolóxica (1921-1930): estamos nesta década nunha etapa de investigación do noso pasado, promovida polo sector culturalista das Irmandades da Fala. Ramón Cabanillas centra a súa atención na lírica das grandes lendas e fazañas., levando a cabo unha reconstrución mitificadora do pasado nacional fronte á historía fría real, un espazo mítico que servise para reforzar a identidade galega.A este intento correspóndense Na noite estrelecida (1926), composta por tres longos poemas narrativos: “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do Sant-Grial” e “O sono do rei Artur”, como indican os nomes, emprende unha actualización da materia de Bretaña adaptándoa a unha mensaxe patriótica. O cáliz sagrado identifícase co escudo de Galicia representando a nosa identidade, os cabaleiros da Táboa Redonda coas Irmandades da Fala e a procura do Grial coa loita pola liberdade da nosa terra.- Etapa de posguerra (1931-1959): a partir de 1931 Cabanillas enmudece como poeta. Agora a modernidade na poesía é ocupada polos poetas vangardistas, e, como xa dixemos, na posguerra opta polo silencio. Xoga un papel simbólico fundamental na recuperación cultural galega de posguerra coa publicación de Antífona da cantiga (1951) que mostra o seu labor como estudoso da literatura popular; pero, sobre todo, coa publicación de dous poemarios, Da miña zanfona (1954) e Samos (1958), libros que se caracterizan pola instrospección, a contemplación, asi como, a diminución da carga ideolóxica. O poeta refírese con voz amarga e ton moralizante á tristeza, á mocidade perdida, á vida e á morte. Presenta un quietismo contemplativo en que manifesta o seu desexo de paz e comuñón coa natureza nun locus amoenus que restabeleza o seu equilibrio interior.

Durante o 1º terzo do séc. XX prodúcense importantes transformacións sociais, económicas e políticas en toda Europa, que provocaron que as artes se sumasen a este proceso de renovación, rompendo coas bases da creación artística predominante ate a época: - Ruptura cos elementos básicos do romanticimo: os sentimentos, o eu individual, a natureza, etc. - A búsqueda da arte pura, afastándose da realidade e a humanización da arte. - Innovación da lingua poética: ruptura da orde sintáctica, das estruturas métricas ou de rima, das figuras poéticas tradicionais, etc. Os movementos vangardistas coñécense como ismos, destacan: - Cubismo: ruptura coa perspectiva tradicional, na poesía destaca por orixinais disposicións tipográficas (caligramas). - Futurismo: enxalza a vida contemporánea, con temas recurrentes como a máquina, a cidade, etc. Intenta transmitir a velocidade da vida moderna, polo que destaca o seu dinamismo na sintaxe e linguaxe. - Surrealismo: busca a creación a partir do mundo do inconsciente, os soños, afastándose da realidade, a lóxica e o racionalismo.

2.2. As vangardas galegas

A xeración de poetas galegos nados arredor de 1900 beberon nas súas creacións desta renovación poética, asumindo aspectos orixinais, pero mantendo sempre unha liña próxima á realidade galega, facendo patente o espírito nacionalista herdado das Irmandades da Fala; mantendo o sentimentalismo e paisaxismo propio dos poetas anteriormente analizados, agora influenciados polo Saudosismo portugués; ou recuperando a tradición lírica medieval. É por iso que moitos estudosos consideran que en realidade en Galicia non se produciu unha ruptura coa poesía anterior, polo que non podemos falar de literatura vangardista; ou, como moito, unicamente a poesía de Manuel Antonio podería ser considerada como tal. a) CREACIONISMO:Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930):Manuel Antonio é o principal representante desta corrente na lírica galega. Na súa obra destaca a influencia creacionista, ismo creado da man do chileno Vicente Huidobro, que postulou unha arte que non imitase a realidade: o poema debía ser un obxecto autónomo, unha creación absoluta converténdose o poeta nun pequeno Deus (en palabras de Huidobro «facer un poema como a natureza fai unha árbore»). O obxectivo do poeta era que o texto fascinase. O feito de ser natural de Rianxo, vila de nacemento doutros autores galegos como Castelao ou Rafael Dieste, e a súa formación secundaria en Compostela fixo xurdir nel o espírito galeguista e o compromiso coa nosa literatura. Igualmente, Rianxo tamén influíu na súa profesión de mariñeiro. Coñecedor da realidade vangardista europea, asinou en 1922 o único manifesto vangardista en galego, o manifesto Máis alá! (1922), escrito tamén en francés e inglés e difundido por revistas de toda Europa, no que fai un chamamento á innovación á ruptura coa tradición.

Na evolución da súa obra podemos distinguir 3 etapas:- Etapa de formación: O seu primeiro poemario está formado por poemas escritos entre 1918 e 1920, 18 poemas baixo o título Con anacos do meu interior. É un libro de transición cara ao vangardismo, con rupturas sintácticas, certos aspectos de puntuación e disposición tipográfica; mais mantendo elementos tradicionais como a rima. E xa no seu segundo libro, Foulas, 28 poemas datados entre 1922 e 1925, afiánzase o paso cara ao vangardismo de forma decidida. Hai un achegamento na obra ao cubismo e ao caligrama con disposicións gráficas dos versos que simulan, por exemplo, a luz dun faro no poema “Poemas d’o Faro II” ou a Rosa dos Ventos políglota do famoso poema “Excelsior”. - Etapa vangardista plena:manifestada na súa obra De catro a catro, editada por Nós en 1928 con ilustracións de Carlos Maside. Componse de 19 poemas seguramente escritos durante 1926 e 1927, no transcurso das primeiras navegacións do poeta a bordo do pailebote Constantino Candeira, en calidade de piloto. Leva por subtítulo «Follas sin data dun diario de abordo», o que, tradicionalmente, fixo que se estruturase a obra con base a unha viaxe marítima real. É a crónica dunha viaxe que vai desde a ilusión do comezo á saudade do final, pasando pola vida cotiá no mar que pode resumirse: monotonía e soidade. Por iso, a viaxe leva á reflexión, á introspección do poeta. É unha viaxe espiritual entendida como a saída do coñecido para recibir novas experiencias e regresar á terra de orixe agora renovada. - Etapa final: observamos un retroceso na audacia vangardista, pois no poemario inacabado Viladomar (1928), de tan só 6 poemas, obsérvase un regreso á rima final, unha ausencia de experimentacións tipográficas, un retorno á lóxica do discurso, etc. Mantén un ton desesperanzado, rematada a viaxe, agora o punto de vista está instalado en terra. Parece este libro o final dun proceso: o paso do tempo, a presenza da morte dan ao libro un ton de desesperanza, pois Manuel Antonio escribe estes poemas sabedor da proximidade da súa morte debido á tuberculose, que se produciu cando tan só tiña 30 anos de idade.

b) HILOZOÍSMO: o elemento fundamental é a paisaxe, mais é unha paisaxe humanizada: os elementos da natureza aparecerán personificados. É habitual a sucesión de imaxes visuais e auditivas ao longo de todo o poema. Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927) Na súa formación académica en Maxisterio e Dereito destaca unha estadía en Madrid onde entra en contacto cos persoeiros máis destacados da literatura e a arte do momento, o que achega as tendencias vangardistas á súa poesía. Na súa curta vida, publicou unha única obra Proel (1927) e tras a súa morte publicouse a súa segunda obra O galo (1928). A súa obra poética foi moi ben acollida, pois a escola hilozoísta ou imaxinista que el crea é unha renovación da lírica paisaxística anterior, mantendo a métrica e rima tradicional, pero incorporando a humanización da paisaxe. c) NEOTROBADORISMO: a difusión da lírica medieval galega, ata aquela esquecida, fai aparecer unha nova tendencia poética que pretende ser unha continuación da nosa tradición medieval. Así, toman das nosas cantigas o tema amoroso; personaxes medievais (cabaleiros, damas, etc.); ambientes habituais nas cantigas coma as fontes, os ríos, o mar, etc.; e recursos formais coma o paralelismo, o leixaprén ou o refrán. Fermín Bouza Brey Estudante de Filosofía e letras e mais Dereito en Compostela, é membro fundador do Seminario de Estudos Galegos (SEG). Ao longo de toda a súa carreira é autor de importantes investigacións etnográficas, arqueolóxicas, históricas e literarias.

Coa súa obra Nao senlleira (1933) inicia a liña neotrobadoresca, á que se unirán numerosos autores ata os nosos días. Na temática da obra amósase unha profunda influencia mariñeira, tanto a nivel poético, influenciado pola poesía e os cantares mariñeiros populares, como a nivel temático. Álvaro Cunqueiro Se ben a súa principal achega á literatura galega se producirá na narrativa de posguerra, os seus inicios literarios son no ámbito da poesía. Podemos distinguir as dúas tendencias nas vangardas galegas mencionadas ao inicio do tema: nos seus inicios poderiamos consideralo un poeta plenamente vangardista, distinguimos na súa primeira obra Mar ao norde (1932) a influencia da poesía creacionista de Manuel Antonio; ou na súa segunda obra Poemas do si e do non (1933) as influencias do surrealismo. E será con Cantiga nova que se chama riveira (1933) onde vexamos as pegadas do Neotrobadorismo.

3. A prosa do primeiro terzo do século XX

1. A XERACIÓN NÓS:Se ben a recuperación da nosa poesía se dá cos autores do Rexurdimento, a recuperación da prosa non podemos considerar que se produza realmente ata esta nova etapa da nosa literatura da man da chamada Xeración Nós. Podemos distinguir 3 etapas na evolución desta xeración:a) Pregaleguismo: o núcleo da xeración xurdiu na cidade de Ourense cara o ano 1914 no coñecido como Cenáculo Ourensán a través da súa revista La Centuria: Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Arturo Noguerol. Son mozos de clase acomodada, cunha boa educación e formación cultural profunda. Isto failles amosar unha postura elitista intelectual sobre o resto da sociedade, afastada ademais da nosa cultura e do movemento nacionalista, pois estaban máis interesados na búsqueda do exótico (principalmente, a cultura oriental fronte á decadencia de occidente) e universal. b) Galeguista: entran en contacto coas Irmandades da Fala e principalmente con Losada Diéguez e Castelao, producíndose unha adhesión inmediata ao galeguismo pois comprenden que a búsqueda da universalidade parte do coñecemento primeiro da realidade propia, así como, no seu interese polo distinto o galeguismo preséntase como o máis exótico do momento. A revista ou boletín Nós, fundado en outubro de 1920, é o proxecto emblemático do Grupo. Márrcanse como principal obxectivo europeizar e universalizar a cultura galega. Así, ademais dos temas literarios, ocúpanse de estudos etnográficos, da Xeografía e da Historia de Galicia, temas de arte, etc.

c) Posguerra: o estalido da guerra supuxo a ruptura da unidade do grupo: Risco renuncia ás súas conviccións galeguistas, Pedrayo e Cuevillas víronse obrigados ao silencio intelctual e político, Castelao toma o camiño do exilio e, por último, Arturo Noguerol ou Ánxel Casal foron executados.A prosa en lingua galega acada agora a súa plenitude literaria. Se ben, centraremos a nosa atención na prosa novelística e no conto, é destacable como a lingua galega pasa a ser idioma das obras ensaísticas nas que o grupo abrangue todas as áreas do saber, algo ata daquela reducido ao castelán.1.VICENTE RISCO: é o líder intelectual da época, consultor por parte dos seus contemporáneos das novas tendencias da arte europea, por exemplo, o vangardismo; e político, ideólogo do nacionalismo galego na súa Teoría do nacionalismo galego (1917) . O seu tránsito cara ao galeguismo amósase na súa obra ensaística Nós, os inadaptados (1933). Rompe os tópicos da narrativa tradicional e incorpora á nosa literatura o esoterismo ou o mundo fantástico. A súa primeira obra Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919) sitúase no mundo de ultratumba e está entrelazada coa mitoloxía exipcia, está pois moi vinculada coa etapa pregaleguista de Risco; e nas súas obras O lobo da xente (1925) e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925), incorpora as lendas populares como os lobishomes ou as mouras; pois está centrado no momento no estudo etnográfico de Galicia. Mais a súa gran obra narrativa é O porco de pé (1928), unha das novelas máis innovadoras no panorama literario da súa época, onde fai un retrato grotesco dos personaxes e grupos sociais característicos do mundo urbano galego do primeiro terzo do século XX.

O porco de pé narra a inexplicábel ascensión de don Celidonio, que de mozo de tenda chega a propietario, de alí a concelleiro e alcalde, para ser finalmente consagrado como heroe local. Don Celidonio é caracterizado como un home vulgar e inculto, cun sistema de valores baseado no culto ao diñeiro. Fronte a el sitúase nun comezo o seu opoñente, o doutor Bieito Alveiros, representante da intelectualidade, encarnación da cultura, a sensibilidade e o espírito. Mais ao longo da narración incluso o doutor Alveiros acaba contaminado pola vulgaridade e a incultura, déixase levar por móbiles materiais e remata uníndose á multitude que honra a don Celidonio na apoteose final. A obra é, polo tanto, uha crítica da degradación á que leva a sociedade vilega burguesa, que substituíu a intelixencia polo diñeiro e polo azar. Unha sociedade mercantilista, deshumanizada e sen valores, moi lonxe da fidalguía e da ruralidade tradicional galegas.A modernidade da novela aséntase en varios elementos a ter en consideración: - Narrador omnisciente e omnipresente, verdadeiro organizador do relato. - Presenza manifesta dun lector implícito ao que o narrador fai a miúdo indicacións. - Escasa presenza de diálogos: é o propio narrador a través do estilo indirecto libre quen transmite as palabras dos personaxes, que non logran ter autonomía na novela. - Pormenorizadas descricións de personaxes e espazos. - Uso da burla, ás veces grotesca, para caracterizar aos personaxes. - Urbanidade: a presenza dun escenario urbano, a cidade de Oria (Ourense), fronte ao predominio do rural na narrativa da época. - Gran número de referencias culturais: Revista de Occidente, Marx, Einstein, Poe, Marinetti, Joyce, etc.

2. OTERO PEDRAYO: nace no seo dunha familia ligada á vella fidalguía rural, o cal terá un enorme peso no seu ideario e obra. É, sen lugar a dúbidas, o noso escritor máis prolífico e plural. A súa obra é moi extensa e revela un saber humanístico enciclopédico e extraordinario. Exemplo de escritor integral, cultivou con maior ou menor acerto todos os xéneros literarios. Denominado Patriarca das Letras Galegas, convértese en símbolo de galeguismo na posguerra, pois, logo dunha certa apertura do réxime, participará activamente na recuperación cultural que se iniciará a partir dos anos 50, facendo de ponte entre a xeración de preguerra e a nova xeración que ía xurdindo cara aos anos 50. Retomará a súa labor literaria e nos ofrecerá nestes anos as súas últimas obras, ata a súa morte en abril de 1976.Podemos clasificar a súa obra en tres grupos:a) Novelas realistas, teñen como marco a Galiza rural dos anos centrais do século XIX e o período de transición ao século XX e tentan interpretar o proceso de decadencia da fidalguía e os bruscos cambios que experimenta a sociedade tradicional. Nesta etapa destacaría Os camiños da vida (1928). É a primeira gran novela de Pedrayo e consta de tres partes: “Os señores da terra”, “A maorazga” e “O estudante”. Narra a historia dunha familia fidalga ourensá, a dos Puga, a través de tres xeracións. A primeira parte, “Os señores da terra”, preséntanos a decadencia das grandes familias fidalgas do Antigo Réxime, cuxa posición dependía da posesión da terra, incapaces de se adaptaren aos cambios que se estaban a producir na sociedade da época. A novela formula na súa segunda e terceira partes un modelo de fidalguía futura, adherida ao galeguismo, que exerza sobre o pobo un paternalismo protector. O exemplo desta nova fidalguía sería Paio Soutelo, protagonista de “O estudante”, que experimenta unha intensa crise interior ao ter que escoller entre un futuro prometedor como médico fóra de Galiza ou volver ao pazo materno para facerse cargo da herdanza recibida dos seus maiores.

b) Novelas culturais, están ambientadas na Idade Media galega e no Romanticismo europeo e nelas predomina claramente o historicismo, interesan máis as referencias culturais clave para a creación da imaxe de Galicia, que o argumento e a evolución dos personaxes. Destacar a obra A romeiría de Xelmírez (1934). Ambientada no ano 1104, narra a viaxe que o primeiro arcebispo compostelán, Xelmírez, fai desde Santiago a Roma, co fin de obter do Papa a dignidade arcebispal para a cidade, convertíndoa así nun dos lugares destacados para a cristiandade, unha nova Roma. Este feito sérvelle para recrear a época medieval, un dos momentos de esplendor cultural de Galiza. c) Novelas psicolóxicas: historias que se articulan arredor do conflito interior dos seus protagonistas na búsqueda da súa identidade persoal. Están ambientadas nos últimos anos do século XIX e primeiras décadas do XX, son, polo tanto, unha crónica da contemporaneidade do autor, mesmo con elementos autobiográficos. Arredor de si (1930) é a máis lograda e significativa, o protagonista é Adrián Solovio, por medio deste personaxe o autor reflexiona sobre a súa propia conversión ao galeguismo. Adrián, xa maduro, acabados os estudos e tras unha mocidade despreocupada e bohemia, sente a necesidade de buscarlle un sentido á súa existencia. Abandona o pazo, onde a súa nai loita por manter en pé o patrimonio familiar, para procurar primeiro en España e máis tarde en distintas cidades europeas (París, Berlín...) a súa identidade. Mais tampouco aí ve colmada a súa procura. Estando en Antuerpen (Bélxica), os cantares duns mariñeiros galegos provócanlle unha súbita revelación. Entende que a súa identidade é a mesma que a daqueles mariñeiros. Galiza preséntaselle entón como unha descuberta que enche definitivamente de sentido a súa vida: dedicará os seus días a comprendela e a loitar pola súa liberación. O método empregado para a narración é un caderno de viaxes en 3º persoa, e non o uso da 1ª persoa e o monólogo interior, como sería agardado.

3. CASTELAO: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é a figura central da historia de Galiza no século XX. Non comparte os trazos característicos dos seus compañeiros de xeración, pois pertence a unha familia humilde, que incluso se ve obrigada a emigrar á Arxentina, e o seu compromiso galeguista iníciase na súa xuventude como estudante en Compostela de Medicina, carreira que iniciará pero abandonará profesionalmente de forma prematura. Ao longo de toda a súa vida destaca o seu loable labor político. Coa proclamación da Segunda República é elixido deputado. Participa na fundación do Partido Galeguista en 1931 e participa intensamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía. O estoupido da guerra civil sorpréndeo en Madrid. Pasa logo a Valencia e a Barcelona e participa en xiras propagandísticas a prol da causa republicana por diversos países, como a URSS e EE.UU. A partir de 1940 instálase en Bos Aires, onde exerce un importante papel como dirixente carismático do galeguismo no exilio, presidindo o Consello de Galicia, o goberno galego no exilio. A súa formulación política chéganos a través da súa obra ensaística Sempre en Galiza, publicada en Bos Aires en 1944, mais elaborada ao longo de 10 anos. É, polo tanto, un ensaio composto por materiais moi heteroxéneos, escrito en épocas diversas e en diferentes circunstancias, marcadas sempre pola condición de desterrado ou exiliado. No entanto, hai un elemento que dota de unidade e sentido esta obra: o feito de ser un tratado de patriotismo galego.

O primeiro que individualiza a Castelao fronte a outros membros da súa xeración, é o manexo dunha enciclopedia popular: un conxunto de saberes e claves perfectamente asumibles polo lector común, que non precisa dunha formación previa antes de enfrontarse co texto literario, circunstancia que non se produce en textos de Otero , no que as referencias literarias, artísticas, históricas, etc., son moi notables e obrigan ao lector a coñecelas para entender o desenvolvemento da obra.A esa temática une Castelao unha técnica narrativa sinxela, que foxe do ornato e tende á simplificación e á precisión. E, relacionado directamente con isto, obsérvase unha preferencia pola extensión reducida. Outra característica peculiar é a interrelación entre texto e debuxo, procedemento moi notable en certas obras, principalmente en Cousas, onde os dous elementos son inseparables, xa que se cumprimentan. A estes efectos, cómpre lembrar que Castelao era tamén debuxante e pintor, o que o leva a amosar unha preocupación especial polo aspecto visual da obra. Finalmente, outra característica notable é o humorismo, un humorismo crítico, no que a través da parodia e da sátira quedan contempladas todas as eivas e desgrazas do país e das súas xentes.

A obra de Castelao é certamente plural. Debemos entendela como un todo inseparábel, na medida en que comparte unha mesma concepción estética. Esta estreita vinculación deu lugar a creacións orixinais máis vinculadas á súa obra plástica, como son a serie Cousas da vida que publicou como viñetas na prensa diaria, e que incorporan pés de alta calidade literaria. Por amplificación destes pés xorden despois os relatos de Cousas (1926-1929), neles existe unha interrelación entre texto narrativo e deseño, de forma que as lagoas que aparecen nun dos dous elementos en xogo compleméntase co outro. Os textos narrativos son eminentemente curtos, sintéticos, e neles ten unha importancia decisiva o final, que actúa a sorte de resumo ou conclusión. O apoio plástico aforra palabras e as particularidades descritivas poden ser obviadas. En definitiva, estamos diante dun novo esquema narrativo na literatura galega, xa que até agora non tiñamos ningún caso semellante de perfecta asociación de xéneros. Mais a produción narrativa de Castelao comezaría coa obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922). A obra garda unha directa e clara relación con outras obras de temática de ultratumba publicadas por membros da Xeración Nós, por exemplo, Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros (1919) de V. Risco. O núcleo da narración recolle as “Memorias dun esquelete”, historias narradas en primeira persoa por un esqueleto que observa os seus veciños a través dun ollo de vidro. Así, a través dun humorismo crítico e irónico, móstranos a base de anécdotas unha galería de personaxes que constitúen un retrato global da Galiza de comezos do século XX: a clara defensa do mundo rural fronte ao urbano; o fracasado na emigración; a necesidade de que os galegos defendan o seu idioma; a carraxe contra o caciquismo; e incluso novidosos como, o tributo á muller traballadora e a crítica á muller burguesa.

Cousas (PDF)

En 1934 publica a obra Retrincos, composta por cinco contos pretendidamente autobiográficos e transmitidos por un narrador en primeira persoa, protagonista principal ou testemuña directa dos feitos narrados: “O segredo” e “O inglés” ambiéntanse na infancia de Castelao na Pampa arxentina; “Peito de lobo” recrea andanzas do mozo estudante, burleiro e con vocación de artista, que se divirte no ambiente das festas de Rianxo; “O retrato” ten relación coa estadía de Castelao en Pontevedra, cidade na que é coñecido como médico e sobre todo como debuxante de sona; e, finalmente, “Sabela” sitúase en dous tempos, a mocidade festeira e a madurez en que se dedica á política, para poñer de relevo o rápido deterioro físico que sofren as mulleres das clases populares. O mesmo ano 1934 culmina con Os dous de sempre a produción narrativa de Castelao. É esta a única novela do autor. A obra preséntanos a vida dos dous amigos, Pedriño e Rañolas, desde a infancia ata o destino final de cada un deles. O primeiro protagonista, Pedriño, críase baixo a protección da tía Ádega. Móvese só por necesidades primarias, sen disposición ao pensamento, sen vontade de cambiar as circunstancias que o rodean. Carece de proxecto na vida e mantense infantilizado. Rañolas, o seu contrapunto, tolleito das pernas, de orixe miserábel, orfo e desamparado, representa o espírito da superación. Logra elevarse social e fisicamente tras emigrar a París, converterse en reloxeiro e supera a súa deficiencia implantándose unhas pernas ortopédicas. Malia todo, Rañolas non é feliz. As lecturas anarquistas que realiza revélanlle a súa condición de ser alienado e acaba suicidándose. Os remates irónicos de Pedriño e Rañolas deixan na ambigüidade o sentido moral da historia: se ambos son dous modelos de conduta humana opostos, ante estas solucións inesperadas, que modelo adoptar? Castelao non ofrece respostas, só pregunta ao lector.

2. A PROSA DAS VANGARDAS:Os autores da coñecida como Xeración das vangardas son esencialmente na preguerra poetas, con todo, unha das obras máis destacadas nesta etapa é elabora por un destes autores, Rafael Dieste. Dos arquivos do trasno (1926) na súa 1ª edición apenas consta de oito contos, na 2ª edición en 1962 a obra presenta o seu corpus definitivo con vinte contos. O vangardismo da obra amósase en diferentes aspectos, a nivel temático mantén relación coa literatura oral popular na preferencia por temas que teñan misterio ou algún matiz extraordinario, próximos ás lendas e supersticións. O propio título da obra xa nos sitúa nun ámbito fantástico: son historias que un trasno garda no seu arquivo. Dieste eleva moitas das súas situacións ao marabilloso, pero non deixa que estas crucen a fronteira cara o fantástico. Sempre deixa un camiño para explicar a situación creada. E a nivel formal en que, se ben emprega unha estrutura bastante liñal e pechada do conto (exposición inicial / nó / desenlace), o conto presenta unha unidade emotiva directamente relacionada co final, que debe estar presente (de forma oculta) en todos os recantos do relato. O final sempre debe ser o instante de máxima tensión emotiva, e debe concluír todos os temas tratados. Destaca tamén en canto ao narrador como o autor bota man de recursos propios do relato oral como as apelacións ao lector ou autoxustificacións do narrador, nun desexo de implicar activamente ao lector na decodificación do texto. O nivel de participación do lector é ata tal punto clave que se non se realiza a lectura á maneira concibida por Dieste non conseguiremos concluír o relato, pois Dieste non desvela a clave dos misterios que el mesmo crea, é o lector quen debe interpretar unha historia que fica aberta.

4. O teatro do primeiro terzo do século XX

O teatro, ao igual que no xénero poético, sitúase nesta etapa a medio camiño entra a continuidade do teatro costumista do XIX e o teatro nacionalista das Irmandades. Un elemento fundamental no asentamento do teatro foi a creación de coros populares por toda Galicia que acompañabas as súas interpretacións musicais e de baile tradicional, con breves representacións teatrais. Cántigas da Terra (A Coruña), Cantigas e agarimos (Santiago), Toxos e flores (Ferrol), De Ruada (Ourense), etc. Da man das Irmandades da Fala recuperarase a capacidade de representación nos ambientes urbanos fundando o Conservatorio Nazonal de Arte Galego (1919) . 2. O TEATRO DAS IRMANDADES: Ramón Cabanillas amais da súa obra lírica achega á nosa literatura un conxunto de textos dramáticos que teñen unha importancia decisiva para o paso dunha dramática rexionalista a unha dramática nacional, un teatro dirixido ao público urbano e no que o galego sexa a única lingua vehicular e se demostre que non desmerece. A obra dramática do autor comeza en 1921 cando escribiu e cedeu ao Conservatorio Nazonal de Arte Galego para a súa estrea a comedia A man de Santiña (1919), que marcou o inicio dunha etapa nova. A obra é unha comedia de tema amoroso que se desenvolve nun pazo, protagonizada por personaxes fidalgos. O obxectivo na perspectiva nacionalista é a defensa das clases fidalgas e da Galiza rural fronte á burguesía e o mundo urbano. Encadrariamos esta obra dentro da etapa galeguista do autor.

Tamén é co-autor Cabanillas, xunto con Villar Ponte, do drama O Mariscal (1926), obra cumio do teatro galego desa época. Trátase dunha peza en verso en que eleva a figura do nobre Pardo de Cela, axustizado en Mondoñedo por opoñer resistencia á raíña castelá Isabel a Católica, á categoría de mártir das liberdades galegas. O mariscal xorde como defensor da liberdade, independencia e soberanía nacional fronte ao soño imperial de Castela. Esta segunda obra encadraríase na liña mítica do autor no intento de construír un espazo mítico de identificación galega.

3. O TEATRO DA XERACIÓN NÓS:Os membros da Xeración Nós, principalmente animados por Castelao, crían que a modernización das nosas letras pasaba tamén pola actualización do teatro. Así, Vicente Risco contribuíu ao xénero coa peza O bufón d-El Rei (1926). Trátase dunha obra moi breve de carácter simbolista, ambientada na época medieval nun país sen nome, na que o protagonista, o bufón, é un personaxe cohibido, envexoso, prisioneiro nun corpo deforme, pero convencido da súa superioridade intelectual sobre os membros da Corte. Na trama preséntasenos a disputa amorosa entre o bufón e o cabaleiro Guindamor, namorados os dous da raíña Iolanda. O asunto do drama é o misterio da deformidade física e moral do bufón, o cal para acadar os seus obxectivos emprega os medios máis viles, simboliza o bufón a sociedade. Otero Pedrayo publica A lagarada en 1928. O seu argumento xira arredor dun drama rural: o señor Vences é un labrego acomodado enfrontado cos fillos e os criados obsesionado por exercer o control e nunca satisfeito co traballo dos outros. Vences desexa a Basilisa, criada súa. Para acadar o seu interés, acorda cederlle as súas propiedades e isto provocará un enfrontamento cos fillos que rematará coa morte do señor. Por último, xa no exilio, en 1941, se ben a obra comeza a escribila antes da guerra, Castelao elaborará a última das súas obras literarias, a obra de teatro Os vellos non deben de namorarse. Como artista que era, a idea do teatro de Castelao é un espectáculo estilizado e integral, que reúne texto, escenografía, música e danza, onde coida con igual detalle o texto que o vestiario, os decorados, a luz ou as caretas dos actores para a súa representación. A obra preséntanos tres versións dun mesmo esquema dramático: o vello que se namora dunha moza e a imposibilidade deses amores, que acaban inevitabelmente coa morte do vello. A unidade da obra dáse no epílogo, pois nel reúnense no outro mundo os tres protagonistas.

4. O TEATRO DAS VANGARDAS:BRecolleremos neste apartado ao autor Rafael Dieste, o cal sen formar parte da Xeración Nós comparte con eles a concepción do teatro como unha "arte total", á vez que asume nas súas obras as tendencias das vangardas europeas do momento. A gran obra teatral que Rafael Dieste concedeu á nosa literatura foi a súa peza A fiestra valdeira (1927). Está ambientada a principios do século XX, a acción transcorre nunha pequena vila mariñeira, concretamente nunha sala do interior da casa do indiano Don Miguel, cunha fiestra por onde se ve a ribeira, as lanchas e o peirao. Don Miguel encarga un cadro no que se plasme o seu verdadeiro ser e así o pintor a través da fiestra conéctao coas súas humildes orixes mariñeiras. Mais plantéxase o conflito cando a muller e filla do protagonista non están de acordo coa presencia dos elementos mar e ribeira no cadro e solicitan a D. Miguel a substitución da fiestra por un xardín fidalgo, máis propio do seu novo estado. O pintor négase á modificación do cadro, contando co apoio dos mariñeiros da vila, que se senten aldraxados. Para evitar a transformación, os mariñeiros rematan cortando a fiestra do cadro defendendo así a súa condición (A fiestra valdeira). O desenlace será a reposición do anaco roubado tras convencer á familia e mariñeiros, preservando así todos eles a súa identidade. Desde un inicio a obra foi aplaudida unanimemente pola súa novidade formal e temática, que se afasta por igual do costumismo e da propaganda ideolóxica predominante no teatro das Irmandades. Se ben, A fiestra valdeira non presenta unha actitude illada da realidade galega, senón que a obra constitúe unha defensa da fidelidade identitaria: cómpre valorar e aprezar aquilo que nos caracteriza, que nos identifica, e en ningún caso rexeitalo, senón ao contrario preservalo e recuperalo.

A literatura dE 1936 a 1975

1. Contexto histórico

2. A poesía

ÍNDICE

3. A prosa

4. O teatro

1. Galiza de 1936 a 1975

-Realidade política: Guerra civil (1936 - 39)Ditadura franquista (1939 - 1975). inicialmente establece unha forte política de represión cara a lingua galega que é permitida exclusivamente en usos informais. O uso da lingua galega trasládase ao exterior da man dos autores galegos exiliados. Cara a 1950 prodúcese un aperturismo no réxime que permite a recuperación de certos usos do galego, entre eles o literario, sempre baixo a supervisión da censura. Xurden así editorias como a Editorial Galaxia, para a publicación das obras dos nosos autores; asociacións culturais que promoven a música e a creación teatral en galego e incluso organizan curso para a aprendizaxe do idioma; revistas e xornais, etc. Xurdirá tamén a aparición de partidos políticos na clandestinidade de carácter nacionalista e de esquerdas, como son a Unión do Povo Galego. - Realidade económica: prodúcese un aumento da pobreza motivado pola destrución da guerra e as insuficientes políticas económicas autárquicas levadas a cabo polo réxime. Isto provoca unha continuidade da emigración que neste caso tamén se produce cara a outros países de Europa. En torno a 1950 prodúcese unha recuperación industrial centralizadas nas cidades e grandes vilas que recupera a economía da comunidade e inicia un tránsito da poboación cara á cidades e a despoboación do rural.

2. A poesía dE 1936 a 1975

Se ben a ditadura franquista provoca un silenciamento dos autores galegos afincados en Galicia, a produción literaria mantense da man dos autores exiliados por medo a ser encarcerados ou asasinados no caso de permanecer en Galicia.A poesía destes autores é principalmente de denuncia social, centrada principalmente nos temas: - Traxedia da guerra civil - Denuncia do exilio e a emigración - Saudade da terra Entre os autores a destacar estarían: - Luís Seoane, Fardel de eisilado (1952) - Lorenzo Varela, Lonxe (1954) - Emilio Pita, Jacobusland (1942)

1.1. A poesía NO EXILIO

2. A poesía dE 1936 a 1975

O silencio literario obrigado rómpese coa publicación da obra Cómaros verdes (1947) de Aquilino Iglesia Alvariño, autor de preguerra que destaca por ser un continuador da poesía paisaxística de Noriega Varela.15 anos de ausencia absoluta de libros en galego provoca que conflúan neste momento tres promocións poéticas: - A xeración do 36: nacidos entre 1910 e 1920 - A promoción de enlace: nacidos entre 1920 e 1930 - A xeración das Festas Minervais: nacidos entre 1930 e 1940 Destacaremos tamén certa continuidade, aínda que renovada, das temáticas anteriores á guerra: - O socialrealismo de Celso Emilio Ferreiro ou Manuel María, que bebería da poesía social de Ramón Cabanillas. - O intimismo existencial de Antón Tovar, moi influenciado pola Rosalía de Follas Novas. - O ruralismo de Aquilino Iglesia Alvariño ou Uxío Novoneyra, debedor do paisaxismo de Noriega Varela e o hilozoísmo de Amado Carballo.

1.2. A poesía a partir de 1950

2. A poesía dE 1936 a 1975

Destacaremos entre os membros desta xeración a dous autores, Aquilino Iglesia Alvariño e Celso Emilio Ferreiro. Nados entre 1910 e 1920, comparten a súa formación baixo o influxo dos autores da xeración Nós e a vangarda, a publicación de obras poéticas antes da guerra e que a súa vida se viu fortemente marcada pola mesma.a) Aquilino Iglesia Alvariño, nado nunha aldea de Lugo e formado no Seminario de Mondoñedo, estes dous aspectos influirán enormemente na súa poesía. Así as súas primeiras obras, Señardá (1930) e Corazón ao vento (1933) pertencen á poesía paisaxística de preguerra, a primeira con forte influencia de Noriega Varela, con quen entra en contacto no Seminario de Mondoñedo, e a segunda con pegadas vangardistas influenciadas polo hilozoísmo de Amado Carballo. A guerra civil súmeo nun clima de ostracismo e escuridade, diante de tanta barbarie, de tanta morte. Mesmo un irmán seu, Xaime, morrerá na fronte. Será en 1947 con Cómaros verdes, cando regrese a publicar a súa obra. É un dos primeiros libros de calidade da posguerra e ademais tivo moi boa acollida. O feito de que pasasen 14 anos desde a súa anterior publicación fai que sexa un libro que recolle material poético de distintos anos, se ben na súa maioría mantendo a temática paisaxística.

1.1.1. A xeración do 36

2. A poesía dE 1936 a 1975

b) Celso Emilio Ferreiro, nado en Celanova, na súa etapa estudantil en Ourense entrará en contacto coa intelectualidade da cidade: Risco, Otero Pedrayo, etc.; que o incorporan ao galeguismo activo, chegando a crear as Mocedades Galeguistas en 1932. En 1936 é mobilizado polo exército franquista e enviado á fronte. Con ocasión dun permiso en Celanova é denunciado por unha veciña por criticar o bando sublevado, polo que é encarcerado durante tres días, barallándose mesmo a posibilidade dun fusilamento, que foi evitado pola intercesión de familiares e amigos. Rematada a guerra, regresa a Celanova e posteriormente trasládase a Pontevedra, traballando como funcionario. En 1966 decide marchar a Caracas, onde coordina as actividades culturais da Hermandad Gallega de Caracas, buscando unha a Galiza libre e creadora do exilio, pero encontrará unha colectividade dividida, desgaleguizada, insolidaria e controlada politicamente por axentes do franquismo, polo que regresará de forma definitiva en 1973.

2. A poesía dE 1936 a 1975

No conxunto da súa obra son dúas as liñas máis sobresaíntes: a) Poesía social: É a liña temática máis coñecida do autor. En Celso Emilio aparecen mesturados os conceptos de poesía social, en canto poesía humana colectiva, e poesía política, enfocada desde unha ideoloxía concreta baseada no comunismo. Elementos que confirman esta liña son: - Referencias á guerra civil española. - Relato de represión fascista Estas dúas son o centro da súa obra Longa noite de pedra (1962). A prisión padecida polo autor no ano 1937 no mosteiro de Celanova é o referente autobiográfico concreto que serve de punto de partida para este poema. - Cuestión crítica da emigración. - Exposición de solidariedade co proletariado. - Vontade de loita política. - Internacionalidade con ataques ao capitalismo, ao imperalismo norteamericano ou ao progreso ameazador, por exemplo, contra o poder destrutivo das bombas nucleares. Viaxe ao país dos ananos (1968) na súa primeira parte desmitifica o mundo da emigración como símbolo de liberdade e ataca os grupos dirixentes da colectividade galega. E na segunda podemos observas poemas máis universais, poemas soltos nos que hai un compromiso global notable.

2. A poesía dE 1936 a 1975

b) Liña intimista: Aproxima ao autor á liña poética existencial que identificaremos na poesía galega como Escola das Tebras. Son temáticas representantes desta liña poética: o desacougo existencial, o paso do tempo, o tópico do Ubi sunt?, a fugacidade da vida, a busca do paraíso perdido, e, en consonancia, xorde a morte como elemento liberador das cargas que soporta a existencia. O soño sulagado (1955) é a mostra principal deste tipo de poesía. Dentro desta liña intimista, aínda podemos identificar a presenza do elemento amoroso, simbolizado na figura da súa muller, Moraima. Esta liña amorosa faise especialmente manifesta na segunda parte de Onde o mundo se chama Celanova. Longa noite de pedra (1962) é o seu libro máis celebrado, marcado pola estética social-realista e por un ton belixerante sen disimulos. En canto ao estilo, é común caracterizar xeralmente a poesía social cos seguintes trazos: - Linguaxe directa favorecendo a comunicación co lector. - Inclusión do receptor, a miúdo a través do nós incursivo. - Estilo discursivo non metafórico que facilite a comprensión da mensaxe. - Liña coloquial, buscando unha proximidade coa lingua habitual do lector. - Presenza do ritmo e a musicalidade.

2. A poesía dE 1936 a 1975

Estas características motivan unha certa pobreza de recursos, unha simplificación, e reducen o resultado estético. En todo caso, estes procedementos aparecen en Celso Emilio combinados con recursos simbólicos persoais e dinámicos con especial relevancia da dicotomía: opresión/liberdade. Simbolizando a opresión aparécennos paredes, muros, cadeas, ferros, chumbo, vento pútrido… Fronte aos símbolos representativos da liberdade: estrelas, albas, paxaros, aire puro da mañá, etc.

2. A poesía dE 1936 a 1975

Destacaremos entre os membros desta xeración a dous autores, Antón Tovar e Luz Pozo Garza. Non conforman un grupo como tal, pero si teñen certos puntos comúns: nacen entre 1920 e 1930, a súa formación produciuse nunhas circunstancias moi negativas como son os inicios da guerra civil e posterior inicio da ditadura, isto inflúe enormemente en que sexan inicialmente autores bilingües e, por último, se ben a súa poesía amosa un compromiso social, realmente destacaremos na súa poesía unha visión exsitencial da vida.a) Antón Tovar: reside case toda a súa vida en Ourense, mais, en 1942, animado por un fondo sentimento relixioso, ingresa en Salamanca no noviciado dos Xesuítas. Esta experiencia será frustrante para o autor, o que deixará nos seus versos unha fonda pegada anticlerical, marcada por unha desconfianza absoluta diante dun Deus inhumano e vingador e unha crítica constante á hipocrisía cristiá. Opositará á Facenda pública, obtendo destino definitivo en Ourense. En 1967, logo dunha enfermidade nerviosa, é presionado para que se xubile anticipadamente. Así o fai, pero este feito vaino ferir notablemente, pois, en realidade, considérano un enfermo, un refugallo, un inútil. Atopará certo consolo no amor, coñecendo a Tucha, coa que casa en 1968 e a quen dedicará o seu terceiro libro en galego, O vento no teu colo. Poemas a Tucha (1980).

1.1.2. A promoción de enlace

2. A poesía dE 1936 a 1975

Na súa poesía existencialista o eu poético manifesta unha clara angustia ante un actitude interrogativa para a que non hai resposta a nada, nada ten sentido, todo sucede sen explicación. Isto leva a unha actitude vital marcada pola soidade e o afastamento, pois todos os elementos o conducen a a esa soidade: a infancia foi un tempo ideal, pero xa pasado e destruído; Deus é un mito; a vida é unha constante pregunta sen resposta; polo que a morte é a única escapatoria liberadora. Este último elemento, xunto coa natureza, son os únicos connotados positivamente, a natureza como o medio co que o poeta se funde, e co cal se comunica a miúdo. Haberá na súa terceira obra, O vento no teu colo, un momento de acougo. Neste poemario dedicado á súa muller, Tucha, o amor é un elemento máis, connotado tamén positivamente. Empregará nos seus poemas tópicos amorosos como o carpe diem, instando á amada a aproveitar o presente e vivir o amor.

2. A poesía dE 1936 a 1975

b) Luz Pozo Garza: nacida en Ribadeo en 1922 e falecida recetemente no ano 2020. O paxaro na boca (1952) é a súa obra inicial no noso idioma, na que se observa unha lírica intimista, pero con predominio do elemento vitalista que proclama a perfección da vida, o optimismo perante a existencia e a vivencia gozosa do amor. Contrastando de forma totalmente oposta coas tendencias existencialistas antes vistas. Neste aspecto tense valorada á autora como unha adiantada ao seu tempo.

2. A poesía dE 1936 a 1975

A Xeración dos 50 ou Xeración das Festas Minervais, como a denomina X. L. Méndez Ferrín (integrante da mesma) son unha serie de escritores que protagonizan unha profunda renovación, tanto formal como temática. Nacidos na década dos 30 e comezos dos 40, conforman a primeira xeración de posguerra, pois non experimentan a guerra civil, aínda que, obviamente, si padeceron as súas consecuencias. Descoñecerán inicialmente a actividade galeguista e literaria desenvolvida durante as décadas anteriores e terán que facer redescuberta de Galiza a través do contacto con figuras como Otero Pedrayo. Os feitos colectivos que xuntan aos membros desta xeración e nos que participan maioritariamente son: - As Festas Minervais: Festas poéticas anuais que se celebraban en Compostela desde 1536, perdidas e logo restauradas en 1953 pola Universidade de Santiago até 1964 competiron nela e obtiveron premio a maior parte dos membros da xeración. - Colaboracións no diario La Noche, que acolle moitos escritos dos integrantes desta xeración e que para algúns deles é o comezo da súa carreira literaria. - Creación da colección Illa Nova que a Editorial Galaxia ofrece aos novos escritores abrirlles claramente as vías de publicación. - Participación activa na actividade política clandestina.

1.1.3. A xeración das festas minervais

2. A poesía dE 1936 a 1975

Na súa caracterización temática, distinguiriamos: - Existencialismo: iníciase nos anos 50 con Muiñeiro de brétemas de Manuel María, nestas obras domina unha visión pesimista e angustiada da vida: dor existencial, desarraigo, versolibrismo, influencia surrealista e emprego de imaxes oníricas son algúns trazos identificativos destes poemarios. O seu éxito fai que se lle outorgue aos autores que se adscribiron a esta temática o nome de Escola da Tebra. Se ben cómpre indicar que a liña galega non é unha liña allea ao seu tempo, particularmente na literatura francesa, inzada de exemplos como Sartre ou Camus. - Realismo coloquial, a través do cal se intenta reproducir na linguaxe poética elementos que proceden do cotián. Volve ser pioneiro Manuel María en 1953 con Documentos persoaes. - Poesía de protesta ou denuncia social: tralo impacto provocado pola publicación de Longa noite de pedra. Obsérvase como o seu compromiso esquerdista e nacionalista se traslada á súa literatura. Dada o elevado número de autores, seleccionaremos aqueles considerados pola crítica literaria galega como principais poetas da xeración dos 50.

2. A poesía dE 1936 a 1975

a) Manuel María: destacar o seu carácter de iniciador ou precursor da poética da xeración. en En 1950 publica o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, de marcado carácter intimista e existencialista.. Prodúcese unha variación na súa poesía en 1954 coa publicación de Terra Chá, lugar de nacemento do poeta, onde inicia unha corrente paisaxística. A partir de 1958 podemos observar unha nova vía poética, o realismo coloquial. A publicación de Documentos persoaes supón un compromiso co home, coa terra, coas clases populares. Este compromiso acentuarase na súa poesía socialrealista con títulos como Versos para un país de minifundios (1969). Outras das características a destacar de Manuel María é o marcado compromiso político que mantivo ao longo de toda a súa vida. Plasmarase na súa poesía patriótica, que chega ao seu cumio probablemente co poemario de 1977 Poemas para construír unha patria. b) Uxío Novoneyra: coa publicación de Terra Cha, Manuel María convértese en instigador de Uxío Novoneyra, quen, a seguir, publicaría Os Eidos. Nado na serra do Courel, debido a unha enfermidade, vese obrigado a regresar á casa de 1952 a 1962, tempo no que comporá a obra. Tematicamente hai unha visión animista da natureza e do cosmos, identificando na natureza a súa inmensidade, e na que o home é apenas un elemento máis na totalidade, un ser insignificante. O seu diálogo co contorno natural realízase desde unha perspectiva telúrica, existencial, coherente coa súa xeración.

2. A poesía dE 1936 a 1975

Novoneyra destaca no seu labor como recitador de poemas, non só propios. Este pode ser un dos motivos polos que na súa obra un dos elementos formais máis excepcionais é sen dúbida o fonosimbolismo: a evocación de distintas sensacións (visuais, táctiles, olfactivas, anímicas...) a través de medios auditivos aproveitando os recursos fónicos da lingua: - A sensación de escuridade, nocturnidade e medo aparecen intuídas a través da repetición das vogais pechadas o e u, por exemplo “O lobo! Os ollos, / o lombo do lobo” transmitindo a aparición do lobo e o medo que suscita. - Fronte ao campo semántica da escuridade aparécenos a claridade relacionada coa vogal central a, coa que nos recrea, por exemplo, a brancura da alba: “Iba ca alba calada”. - O i leva emparellado connotacións afectivas e empequenecedoras en relación co sufixo -iño. Así é empregado, por exemplo, para expresar o leve chío dos paxaros na natureza: “No bicarelo do bico do brelo / canta o paxariño / no mesmiño / bicarelo do bico do brelo”. - No ámbito consonántico, a series consonánticas oclusivas xordas (p/t/k) descríbennos accións de forza, de bater e petar. Ou os sons fluíntes e suaves como o ruído da auga, o vento ou a choiva, son expresados a través de fonemas fricativos (s/x/f). Desde os anos 60, sen abandonar o seu peculiar paisaxismo, Novoneyra ensaiará novos camiños que o levan simultaneamente á poesía social, antibelicista e patriótica; ou ao experimentalismo tipográfico mediante o o poema caligramático, Poemas caligráficos (1979), libro que combina a poesía e a peculiar caligrafía de Novoneyra.

2. A poesía dE 1936 a 1975

c) Xosé Luís Méndez Ferrín: destacado como a figura que marca a renovación da poesía galega con respecto á poesía de preguerra, na súa primeira obra, Voce na néboa (1957), participa da atmósfera existencialista da sua época da Escola da Tebra, se ben co seu particular matiz imaxinativo e fabulador creando novos mundos e personaxes que serán familiares ao longo de toda a súa obra. Achégalle tamén á liña existencia unha clara vía política-social.Con pólvora e magnolias (1976) supuxo un auténtico revulsivo na poesía galega, unha clara superación do socialrealismo imperante na poesía, unha reivindicación do culturalismo e dos valores formais sen renunciar á denuncia e á reivindicación. A “pólvora” é o compromiso social e político (nacionalismo e marxismo), a poesía combativa. As “magnolias” son a liña intimista e existencial, o ton confesional: nostalxia do pasado, visión da vida e do tempo coma un río que flúe eternamente, erotismo etc. As dúas direccións están xa no título unidas pola conxunción copulativa e e así se manterán en todo o libro. d) Antón Avilés de Taramancos: nacido na aldea que leva no seu nome en 1935, trasládase moi novo á Coruña, alí estudará Náutica e entrará en contacto coa intelectualidade da cidade, cultivando unha profunda amizade co artista Urbano Lugrís. Escribirá nesta etapa as súas obras As moradías do vento (1954) e A frauta y o garamelo (1959), onde amosa unha certa influencia de Manuel Antonio nos seus poemas mariñeiros. Marchará en 1960 a Colombia, onde pasará vinte anos. En 1982 publica O tempo no espello, que se presenta como unha antoloxía dos seus poemas da emigración. Xa en 1985 edita Contos Caucanos, un canto á terra adoptiva, Colombia; e en 1989 As torres no ar.

2. A poesía dE 1936 a 1975

Por último, o seu derradeiro libro, Última fuxida a Harar (1992) é un libro balance, testamentario, no que Avilés, coñecedor da súa doenza, se enfronta coa inminencia da morte de xeito dramático.e) Bernardino Graña: o seu primeiro libro, Poema do home que quixo vivir (1958) en cadraríase na estética da Escola da Tebra. Mais centraremos a nosa mirada na súa seguinte obra, Profecía do mar (1966), na cal, de forma precursora na poesía galega, adopta un ton vitalista e positivo, poemas enormemente expresivos co mar e os mariñeiros como centro da súa mirada e confidente.

2. A poesía actual

2.2. A XERACIÓN DOS 90 e século xx

Ademais da súa coincidencia en publicacións colectivas e certames, outro trazo que os definen como grupo xeracional é o especial coidado no emprego da lingua, evitando incorreccións e deturpacións que foran frecuentes en épocas anteriores. Intenta redescubrirse a dimensión estética do idioma, a través, por exemplo, da renovación léxica ou da busca de novos procedementos técnicos. - Distinguimos tres grandes tendencias: a culturalista, a experimental e rupturista, e a chamada poesía do cotián, sobre temas da vida persoal. a) O culturalismo, con numerosos referencias musicais, pictóricas, filosóficas e literarias que supoñen unha importante transformación do discurso poético galego. Isto implica coñecemento e asimilación da tradición literaria galega e universal e un intenso labor de investigación e experimentación idiomática. - Amosan tamén unha extrema preocupación polos aspectos formais tanto métricos coma estruturais, rítmicos e retóricos. - Os temas máis frecuentemente tratados son o amor na súa dimensión erótico sensual, o existencialismo do paso do tempo e a morte, a visión cósmica da natureza.

3. A NARRATIVA dE 1936 a 1975

Se ben a ditadura franquista provoca un silenciamento dos autores galegos afincados en Galicia, a produción literaria mantense da man dos autores exiliados por medo a ser encarcerados ou asasinados no caso de permanecer en Galicia.A narrativa destes autores teñen un marcado carácter autobiográfico, amosando nas súas obras as súas vivencias na Guerra Civil e o seu posterior exilio. Entre os autores a destacar estarían: - Ramón de Valenzuela: despois da Guerra Civil fuxiu a Francia, pero alí, durante a ocupación Nazi na Segunda Guerra Mundial foi internado nun campo de concentración e logo devolto ás autoridades franquistas. Foi condenado a morte, mais élle conmutada a pena, polo que consegue marchar á Arxentina en 1949.A súa obra Non agardei por ninguén (1957) está estruturada como un diario, onde o seu personaxe principal transmite as vivencias da guerra desde o bando republicano. A súa novela Era tempo de apandar (1980) pode verse como unha continuación, pois nela o protagonista exiliaríase en Francia e sería atrapado pola Gestapo e devolto á España de Franco.

3. 1. A NARRATIVA NO EXILIO

3. A NARRATIVA dE 1936 a 1975

A primeira novela en galego publicada en Galicia foi A xente da Barreira de RIcardo Carvalho Calero en 1951, unha narrativa continuadora da elaborada anteriormente pola Xeración Nós. Distinguiremos 3 promocións de narradores neste período de 1950 a 1975: a) Os narrradores de posguerra: Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole. b) A narrativa de Xosé Neira Vilas. c) A Nova Narrativa Galega: Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares e Mª Xosé Queizán.

3. 2. A NARRATIVA a partir de 1950

3. A NARRATIVA dE 1936 a 1975

a) OS NARRADORES DE POSGUERRA:- Eduardo Blanco Amor é autor dunha das obras máis significativas de narrativa galega contemporánea, A esmorga (1959). Coa súa publicación comeza a renovación da narrativa galega, converténdose nun dos máximos representantes do realismo social: ambientación urbana (Auria = Ourense) e protagonismo das clases sociais máis desfavorecidas (a pobreza, a fame, a marxinación, a delincuencia, a violencia, ...). En A esmorga, o único supervivinte dunha violenta xornada de esmorga, Cibrán, presta testemuño ante o xuíz pois é declarado culpable da morte dos outros dous compañeiros, o Bocas e o Milhomes. A narración presenta un narrador protagonista que é o propio Cibrán, mais o característico é que a narración se sucede a modo de resposta ás preguntas do xuíz. Dáse a entender que o xuíz non é galego e falaría en castelán, polo que o autor decide manter o realismo da obra omitindo as preguntas e non realizando unha narración bilingüe.Outras obras do autor serían o libro de relatos Os biosbardos (1962), narrados en 1ª persoa por un personaxe infantil e que poden considerarse autobiográficos pois transcorren no Ourense dos anos da nenez do autor. E Xente ao lonxe (1972), de novo un retrato do Ourense da época desde a perspectiva de múltiples narradores centrando o relato nunha familia e as súas problemáticas: o ensino, a pobreza, as loitas políticas e obreiras, a condición da muller, o sexo, etc.

3. A NARRATIVA dE 1936 a 1975

- Álvaro Cunqueiro foi un dos autores estudados entre os poetas anteriores á Guerra Civil, mais na etapa de posguerra destacará como un dos principais narradores, manifestando nas súas novelas o que se adoita denominar o mundo mítico de Cunqueiro: a mestura da realidade e a fantasía, os feitos narrados de carácter fantástico son sempre acompañados de profundas descricións ou datos concretos que achegan verosimilitude. As lendas que incorpora ás súas obras teñen moi diversa procedencia: mundo artúrico, cultura grecolatina, oriental, nórdica, etc. Destacariamos neste mundo fantástico a obra Merlín e familia (1955), na cal o personaxe das lendas artúricas reside na terra de Miranda acompañado da viúva raíña Xenebra. A obra estáestruturada como un grupo de relatos contados polo paxe do mago Merlín das vivencias sucedidas na casa do mago coas visitas á casa de personaxes propios da realidade galega. Observamos así a conxunción entre lenda e realidade. Outra obra como Se o vello Sinbad volvese ás illas (1972) emprega o mito oriental das Mil e unha noites do vello mariñeiro Sinbad, narrando peripecias realistas e outras fantásticas que lle acontecen ao protagonista. Ou As crónicas do sochantre (1956) describe as peripecias dun sochantre (músico) nunha viaxe de tres anos acompañado de varios personaxes do mundo de ultratumba. Por último, os libros de relatos Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes, reflicten numerosos personaxes: menciñeiros, soñadores, etc., marcados por elementos fantásticos; así como, o que el denomina "fauna máxica", a descrición de animais fantásticos sempre acompañada de elementos que transmitan veracidade á narración.

3. A NARRATIVA dE 1936 a 1975

- Ánxel Fole: as súas obras narrativas, Á lus do candil (1953) ou Terra Brava (1955), son basicamente libros de contos baseados no realismo popular: o espazo e os protagonistas pertencen á Galicia rural, neste caso das terras lucenses do autor; tómase como base a narrativa oral popular, baseada nas lendas tradicionais (as mouras, a cova da serpe, etc.), os contos de lobos, supersticións, etc.; faise unha constante mestura de realidade e elementos fantásticos ou máxicos, así como, a presenza constante do medo, moi vinculado coa escuridade e o tenebrismo das noites do rural.

3. A NARRATIVA dE 1936 a 1975

b) A NOVA NARRATIVA GALEGA: descríbese con este nome a un grupo de autores que propiciaron unha profunda revisión das tendencias da narrativa galega ata a época, tomando como referencia os grandes narradores americanos e europeos do momento: Joyce, Faulkner, Kafka, Tolkien, etc. Entre as características comúns das súas obras poderiamos destacar:- domina o espazo urbano, polo xeral indeterminado, se ben cunha forte carga simbólica.- emprégase amplamente o narrador en 1ª persoa, sobre todo, desde a perspectiva do monólogo interior, o que se traduce nunha narración en certa medida caótica á maneira dos nosos pensamento; ou incluso o multiperspectivismo, é dicir, a narración dos mesmos feitos desde a visión de varios narradores.- os protagonistas son identificados como seres atormentados, ben polas súas vivencias nos suburbios das cidades ou por circuntancias persoais.- hai unha ruptura da liñalidade do discurso, con continuos saltos temporais (flashback, flasforward, ralentización do tempo, etc.).- a temática é moito máis intimista a nivel das angustias propias do home contemporáneo, se ben non son desatendidas a rebeldía e a loita pola liberdade e a xustiza colectiva.- predominio da técnica experimental sobre o interese argumental.

3. A NARRATIVA dE 1936 a 1975

- Xosé Luís Méndez Ferrín, xa foi analizado na poesía da época por ser un dos seus renovadores e ese carácter innovador tamén o aplica á súa narrativa. Podemos distinguir tres tendencias na súa obra narrativa: > Materia de Bretaña: recreación de personaxes e ambientes relacionados co rei Artur, o mago Merlín ou os cabaleiros da mesa redonda. Pertencería a esta temática Percival e outras historias (1958). > Narrativa sociopolítica na que explora a angustia humana e mesmo a violencia destrutiva como consecuencia do sometemento a un poder opresivo que se impón a todo. Serían mostras O crepúsculo e as formigas (1961) ou Arrabaldo do norte (1964). > Literatura fantástica na que amosa un profundo coñecemento da mitoloxía europea, se ben tamén podemos identificar a creación dunha mitoloxía propia e persoal. Nas obras trata a realidade política de forma abstracta e con certos elementos autobiográficos. Destacarían obras como Retorno a Tagen Ata (1971), Antón e os inocentes (1976) ou No ventre do silencio (1999).

3. A NARRATIVA dE 1936 a 1975

- Carlos Casares, poderiamos distinguir na súa obra narrativa dúas temáticas: > Aspectos biográficos da súa nenez e mocidade: Vento ferido (1967), Cambio en tres (1969) ou Xoguetes para un tempo prohibido (1975). > Literatura fantástica mesturada coa realidade, na que recrea momentos e personaxes históricos: Os escuros soños de Clío (1979), Ilustrísima (1980), Os mortos daquel verán (1987), Deus sentado nun sillón azul (1996) ou O sol do verán (2002).- Mª Xosé Queizán, na súa primeira novela A orella no buraco (1965) amosa certo carácter autobiográfico, pois a vida do protagonista desenvólvese nunha aldea, nun porto galego e en París, tal e como realizou a propia autora na década dos 60. Nas súas novelas posteriores prima o realismo e os temas sociais, sobre todo, a preocupación pola situación da muller: Amor de tango (1992).

3. A NARRATIVA dE 1936 a 1975

c) XOSÉ NEIRA VILAS: naceu no seo dunha familia campesiña e aos dezanove anos emigrou a América, a súa infancia rural e a emigración serán feitos cruciais na súa vida e marcarán a súa literatura. A diferenza da Nova Narrativa, a obra de Neira Vilas pode encadrarse na liña do realismo social, pois os conflitos dos personaxes son provocados pola guerra, a ditadura e as penurias da época. Poderiamos distinguir dous ciclos dentro da súa narrativa: > Ciclo do neno: con protagonista infantil, desenvolven a formación do neno labrego na Galicia da posguerra, nun medio hostil e marcados pola miseria. Serían exemplos as súas obras Memorias dun neno labrego (1961), Cartas a Lelo (1971) ou Aqueles anos do Moncho (1977). > Ciclo adulto: con protagonistas adultos, distinguimos aquelas que retratan o mundo rural nun ton pesimista, unha loita pola superviviencia e a problemática da emigración: Xente no rodicio (1965) ou Historias de emigrantes (1969); e as que retratan o mundo urbano contemporáneo e os seus problemas: Home de pau (1999).

A literatura actual

1. Contexto histórico

2. A poesía

ÍNDICE

3. A prosa

4. O teatro

1. Galiza de 1875 ata a actualidade

- No ano 1975, coa morte do dictador Franco, comezan unha serie de transformacións políticas e sociais que van propiciar un salta cara adiante para Galicia: a constitución da autonomía a través do Estatuto de Autornomía (1981), que lle dá oficialidade ao galego como idioma propio de Galicia, cuxa defensa e promoción se recollerá na Lei de Normalización LIngüística (1983): xeneralizase a introdución da lingua galega en todos os niveis do ensino, o que supuxo que as novas xeracións tivesen maior grao de uso e dominio da lingua culta e a conseguinte capacidade de acceder ao discurso literario. - Destaca en canto ao ámbito literario o crecemento e a transformación da industria editorial coa aparición de editoriais novas e a consolidación das xa existentes. Disto derivouse un considerable aumento dos libros editados ao ano e a aparición dunha oferta variada: novela, poesía, relato curto, ensaio... - Tamén é interesante ter en conta a aparición de numerosos premios literarios, moitos deles promovidos desde as Institucións, que serviron para dar a coñecer aos novos escritores e escritoras e para potenciar a diversificación dos xéneros literarios: Premio Blanco Amor de novela (1981); o Premio Xerais (1984); o Premio Merlín de literatura infantil (1985); o Premio Esquío de poesía (1980); etc.

2. A POESÍA ACTUAL

- Os anos que van de 1976 a 1990 caracterízanse na poesía galega por consolidar un cambio de rumbo que fundamentalmente consiste no abandono da temática cívicosocial predominante nos poetas da xeración anterior e na súa substitución por temas clásicos (amor e desamor, a morte, a soidade, o paso do tempo, o paraíso da infancia) e a aparición de temas novos marcados polo intimismo e o sentimentalismo: erotismo e desexo sexual, a influencia da cultura urbana: a drogadición ou a saúde mental: a depresión. - No ano 1976 apareceu o poemario Con pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín, libro que é considerado pola crítica como precursor destes cambios. - Son estes anos nos que xorden numerosos colectivos de expresión poética como o chamado Cravo fondo fundado en Santiago en 1977, do que forma parte Ramiro Fonte; en Madrid fórmase o grupo Loia con escritores como Manuel Rivas e Lois Pereiro; e en 1975 créase en Vigo o grupo Rompente arredor de Antón Reixa e Alberto Avendaño, que amosan a súa produción artística en numerosos recitais nos que integran imaxe, música e palabra. - Intentan achegar a poesía ao público, con numerosos recitais en pubs, concertos, librarías, bobliotecas, etc.)

2. A poesía actual

2.1. A XERACIÓN DOS 80

Ademais da súa coincidencia en publicacións colectivas e certames, outro trazo que os definen como grupo xeracional é o especial coidado no emprego da lingua, evitando incorreccións e deturpacións que foran frecuentes en épocas anteriores. Intenta redescubrirse a dimensión estética do idioma, a través, por exemplo, da renovación léxica ou da busca de novos procedementos técnicos. - Distinguimos tres grandes tendencias: a culturalista, a experimental e rupturista, e a chamada poesía do cotián, sobre temas da vida persoal. a) O culturalismo, con numerosos referencias musicais, pictóricas, filosóficas e literarias que supoñen unha importante transformación do discurso poético galego. Isto implica coñecemento e asimilación da tradición literaria galega e universal e un intenso labor de investigación e experimentación idiomática. - Amosan tamén unha extrema preocupación polos aspectos formais tanto métricos coma estruturais, rítmicos e retóricos. - Os temas máis frecuentemente tratados son o amor na súa dimensión erótico sensual, o existencialismo do paso do tempo e a morte, a visión cósmica da natureza.

2. A poesía actual

Se ben os autores non se adscriben unicamente a unha liña poética senón que poden realizar composicións en calquera das tendencias, destacariamos dentro desta primeira tendencia a: Xosé María Álvarez Cáccamo, recompiliou en 2003 no volume Ancoradoiro a quincena de obras escritas nos anos 80 e 90; Miguel Anxo Fernán-Vello, a temática paisaxística, a aparición de elementos simbólicos tomados do mundo natural e o erotismo definen poemarios como Entre água e fogo. Contos da terra posuída (1987); Luís González Tosar, activo participante nos movementos políticos e culturais da década de 1970 e que se revelou como poeta con A caneiro cheo (1981); Claudio Rodríguez Fer, con Poemas de amor sen morte (1979); Ramiro Fonte, que na súa mocidade participou activamente no labor do grupo Cravo Fondo, pero axiña destacou coa súa obra individual As cidades da nada (1979), na que elaborou un discurso poético filosófico e reflexivo;

2. A poesía actual

b) Incipiente poesía experimental na propia concepción da actividade creativa (impúlsase a interacción da lírica con outras expresións artísticas: a música, a pintura, o vídeo...) grazas á técnica da colaxe textual. Por exemplo, o Grupo Rompente intercala versos, anuncios comerciais, fotografías, debuxos... Esta poesía experimental é a máis próxima ao vangardismo poético, xa que os autores destrúen o concepto tradicional de estrofa para crearen versos sen rima con rupturas sintácticas. No aspecto visual tamén apostaron pola renovación, tanto no deseño do libro (o texto aparece arreo con disposicións non convencionais ou combinado coa colaxe, co debuxo ou co cómic). c) Poesía do cotián: onde o día a día se converte no tema central do poema. Dáse tamén neste ámbito unha integración de elementos da cultura urbana e marxinal: drogas, depresións, etc; afloran outros como o erotismo e o desexo sexual, a reivindicación feminista coa presenza maioritaria de mulleres que nos achegan unha visión feminina antes non presente na poesía galega ou a reflexión sobre a propia poesía.

2. A poesía actual

Destacariamos entre estas últimas tendencias os nomes de poetas como: Pilar Pallarés, unha das voces femininas máis representativas, no seu primeiro libro, Entre lusco e fusco (1980), combínanse poemas intimistas e poemas sociais. A partir do segundo, Sétima soidade (1984), rompe co socialrealismo para expresar un intimismo presidio pola soidade. Lois Pereiro que en 1992 publica Poemas 1981/1991 e no 1995 Poesía de amor e enfermidade, volume no que afronta con lucidez extrema a confrontación final coa morte; Manuel Rivas, recoñecido autor tanto pola súa poesía como narrativa, o seu primeiro poemario foi Libro do Entroido (1979). Ana Romaní, a autora de Palabra de mar (1987) ofrécenos unha visión intimista da existencia e unha constante reivindicación do universo feminino. Antón reixa, Cineasta, cantante do grupo Os Resentidos e animador do Grupo de Comunicación Poética Rompente, escribiu, entre outros, os poemarios Silabario da turbina (1978), composto por poemas-canción rupturistas e combativos, con gusto pola experimentación, moi influídos pola linguaxe audiovisual.

2. A poesía actual

2.2. A XERACIÓN DOS 90 e século xx

- A partir da década dos 90 prodúcese un aumento significativo da produción poética, podendo valorar que o 40% dos libros publicados na década eran do xénero poético. Isto é posible por un aumento igualmente considerable do número de poetas, significativamente de mulleres. - A amplitude de autores e publicacións permítenos valorar a poesía galega como unha poesía universal, na cal se presenta calquera tipo de temática e estilo. - Poderiamos destacar un afastamento maioritario da poesía culta, simplificando a forma do poema cun uso maioritario do versolibrismo e unha linguaxe directa, sen complexos e con menos recursos estilísticos. - Destaca o subxectivismo e o ton vivencial: todo se cuestiona desde a perspectiva individual e as vivencias de cada un, sen impoñer unha visión das cousas, senón que a poesía se converte nun medio a través do cal os poetas comparten o seu parecer. - Destacariamos autores como:

2. A poesía actual

- Destacariamos na década dos 90 autores como: Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía no ano 2023 pola súa obra Materia, e que se iniciou con obras como Elevar as pálpebras ou O libro do egoísta. Lupe Gómez, que se iniciou coa súa obra Pornografía. Luísa Villalta, homenaxeada nas Letras Galegas 2024, recoñecida violinista ademais de poeta, que se iniciou coa súa obra Música Reservada. Olga Novo, A teta sobre o sol. Antón Lopo, con Sucios e desexados.

2. A poesía actual

E xa no século XXI autores como: Ismael Ramos, Os fillos da fame. Francisco Cortegoso, Memorial e danza. Alba Cid, Atlas. Antón Blanco, A oseira. Nuria Vil, Simún. Oriana Méndez, O que precede a caída é branco.

3. A narrativa ACTUAL

- A narrativa deste período caracterízase pola aparición de numerosos escritores e escritoras novos, o que leva como consecuencia a un notable incremento da obra publicada. Obsérvase tamén unha marcada preferencia destes escritores pola novela longa. - Os narradores presentan unha vontade transgresora: renovación de temas, recursos e estilos. Levan a cabo unha superación do ruralismo mediante innovacións estilísticas: ruptura da liñalidade temporal, uso da multiperspectiva (numerosos narradores que achegan diferentes enfoques aos feitos) - E unha ampliación temática coa aparición de diversos subxéneros (policíaco, relato do oeste, ciencia ficción, terror, amor, etc.), o que responde en gran medida ao intento de popularizar a literatura galega achegándoa a todo tipo de lectores. - A introdución da literatura no ensino aumentou o número de lectores e consolídase a literatura infantil e xuvenil. - Consolídase a narrativa das mulleres, que se incorporan plenamente ao panorama literario.

3. A narrativa ACTUAL

3.1. Autores dos 80 e 90

- Carlos G. Reigosa marca o inicio da novela negra galega con Crime en Compostela. - María Xosé Queizán é unha das principais expoñentes da narrativa feminina en Amor de tango. - Aparece un novo realismo, centrado na problemática da identidade galega, mestura do rural e o urbano con temas do cotián. Destacan dous dos narradores galegos máis recoñecidos e nternacionais: Suso de Toro. As primeiras obras, Polaroid e Caixón desastre, publicadas nos anos 80, son novelas experimentais, que abordan criticamente a cultura de masas e o mundo urbano, cun estilo rupturista e novidoso e un rexistro coloquial. Manuel Rivas. Nos seus primeiros libros de relatos: Un millón de vacas ou Os comedores de patacas, trata as tensións entre a Galicia urbana e a rural, entre modernidade e tradición. - Recupérase a narrativa vinculada coa Guerra Civil, en obras como O lapis do carpinteiro ou A lingua das bolboretas de Manuel Rivas ou Fábula de Xavier Alcalá.

3. A narrativa ACTUAL

3.1. Autores dos 80 e 90

- O auxe da novela de temática histórica é iniciado por Víctor Freixanes en,por exemplo, A cidade dos Césares. Mais continuará ata a actualidade en autores como Teresa Moure, Herba moura, unha novela ambientada no século XVII e protagonizada polo filósofo Descartes, a raíña de Suecia e unha meiga Ámsterdam. - A novela amorosa ten o seu referente na obra de relatos de Manuel Rivas Que me queres amor?, Premio Nacional de Literatura de 1996 - Consolídase tamén neste período unha literatura infantil e xuvenil de grande altura e resonancia interna e internacional, profusamente traducida e premiada alén das nosas fronteiras. Destacan principalmente como grande especialista e amplamente premiado a nivel galego e nacional, Agustín Fernández Paz (Contos por palabras, Cartas de inverno, O centro do labirinto…), Fina Casalderrey (O misterio dos fillos de Lúa), Suso de Toro (A sombra cazadora), Marilar Aleixandre, primeira escritora que conseguiu o Premio da Crítica Literaria para unha obra xuvenil cunha clásica novela de aventuras titulada A expedición do Pacífico e que publicou tamén con moito éxito A banda sen futuro, Manuel Rivas con A banda sen futuro;...

3. A narrativa ACTUAL

3.1. Autores do século XX

- Domingo Villar, cunha literatura máis de masas sobre o subxénero policíaco, coa súa triloxía de novelas A Praia dos afogados, Ollos de auga e O último barco. Do xénero policíaco destacar tamén a obra Infamia de Ledicia Costas. - Sechu Sende introduce o tema do conflito lingüistico en Made in Galiza. - Especial importancia ten nos últimos anos a potente eclosión da chamada “literatura de muller”,que ten como trazos comúns un marcado protagonismo feminino, a denuncia dos roles patriarcais e as relacións entre mulleres. Destacar a figura de Rosa Aneiros (Resistencia) ou María Reimóndez (O club da calceta). - Francisco Castro. Destaca por O memorial do infortunio (2003), obra histórica xunto Ás palabras da néboa (2007); Xeración perdida (2004), historia de fondo calado social ao igual que Un bosque cheo de faias (2004), ou Spam (2006), trama cunha irónica crítica ao mundo superprofesionalizado das novas tecnologías. - Diego Ameixeiras. Baixo mínimos (2004) é a súa primeira obra, de xénero policial, repite tendencia en Asasinato no Consello Nacional. Dá unha virada cara á reflexión xeracional coa obra Tres segundos de memoria (2007), .

3. A narrativa ACTUAL

3.1. Autores do século XX

- Destacar a importancia que toma na actualidade a saúde mental como temática central das obras: Non penses nun elefante rosa, Antía Yáñez; Un elefante na sala de estar, Berta Dávila. - Similar sería a narrativa autoficcional ou narrativa íntima, na que a figura da escritora e o narrador teñen unha vinculación persoal: Carrusel de Berta Dávila

4. o teatro ACTUAL

- O xénero teatral en Galicia ocupa na actualidade un lugar moito menos destacado.Por unha banda, o número de textos teatrais que publican as distintas editoriais é considerablemente escaso. - Por outra parte, dada a súa condición de espectáculo, o teatro galego enfróntase con problemas como a inexistencia dun público educado no teatro e a escaseza de infraestruturas axeitadas. - Existe en Galicia un interesante plantel de escritores teatrais e comapañías de teatro. Dáse a circunstancia de que, en non poucas ocasións, os autores tamén forman parte como actores da compañía que eles mesmos dirixen; é o caso de autores como Manuel Lourenzo, Cándido Pazó, Roberto Vidal Bolaño, etc. - Os especialistas diferencian tres xeracións de dramaturgos: o Grupo de Ribadavia,

4. o teatro ACTUAL

4.1. O grupo de ribadavia

- Por fin o teatro galego recibe un forte impulso nos 70 marcada pola celebración estable de mostras de teatro, especialmente as Mostras de Teatro Galego de Ribadavia co seu Concurso de Teatro Abrente. Trátase dunha verdadeira feira teatral que reunía compañías, dramaturgos e público de toda Galicia, unha plataforma de lanzamento para o teatro galego, onde se debatía sobre teatro e se representaban as obras. Estas mostras de teatro convertéronse nunha plataforma de lanzamento de novos autores e de numerosas compañías de teatro independendente e de afeccionados nas principais ciudades galegas: agrupacións Antroido, Troula ou Artello, O Facho, teatro Circo, Teatro de máscaras…). - Recibe o nome de Grupo de Ribadavia ou tamén Grupo Abrente, dado que comezaron a súa andadura profesional e participan activamente nas Mostra de Teatro de Ribadavia e do concurso de obras teatrais Abrente. Pertencen a este grupo autores como Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal e Roberto Vidal Bolaño. - Dos autores salientan as seguintes características: son os primeiros dramaturgos integrais, xa que non só escriben textos, senón que tamén son directores e actores; elaboran un teatro moderno, experimental, conectado coas tendencias internacionais; nas súas obras domina o compromiso social e a defensa da cultura e lingua do país e inician o teatro infantil.

4. o teatro ACTUAL

- Entre o importante número de autores destacamos tres: a) Manuel Lourenzo (autor, actor, director, fundador das principais compañías coruñesas, director de escolas de formación teatral coma Casa Hamlet, Premio Nacional de teatro…) ten unha amplísima e variada obra con diversos ciclos temáticos:- recreación de mitos clásicos ou da materia de Bretaña: Todos os fillos de Galaaz, Electra. - recreación de mitos históricos galegos: Xoana, Erros e ferros de Pedro Madruga. - ciclo da dramática urxente ou “teatro do inmediato” composto por algunhas obras de teatro experimental e outras de crítica social situadas no momento presente: Magnetismo, A estratexia do narco. b) Euloxio Rodriguez Ruibal. Foi o gañador do primeiro concurso de Ribadavia coa obra Zardigot, tanto esta primeira obra coma O Cabodano son parábolas contra a violencia e a opresión en forma de teatro experimental. As obras posteriores son satíricas: Azos de esguello e Unha macana de dote. c) Roberto Vidal Bolaño. Ademais de autor, foi tamén actor e director das súas propias compañías. Ofrecenos obras moi variadas e innovadoras, combinando elementos populares con outros vangardistas e cinematográficos. Nas primeiras obras, coma Laudamuco, señor de ningures, utiliza elementos parateatrais da tradición popular (entroido). Noutras realiza unha crítica desmitificadora dos nosos mitos, como da tumba do Apóstolo ou de Rosalía, por exemplo en Agasallo de sombras. As últimas son unha aceda crítica da sociedade actual: Saxo Tenor, Porcos ou A ópera do patacón.

4. o teatro ACTUAL

4.2. A promoción dos 80

- Trátase dun conxunto de dramaturgos nados arredor dos 50, entre os que se poden incluír Xesús Pisón (Venenos), Miguel Anxo Fernán Vello (Cuarteto para unha noite de verao), Inma A. Souto (Era nova e sabía a malvavisco), Roberto Salgueiro (Un arce no xardín) e, sobre todo, Xesús Pisón, que nas súas primeiras obras domina a crítica social: Pauto é unha farsa esperpéntica sobre o poder da Igrexa; Ei, Feldmülhe, unha sátira sobre a desfeita ecolóxica de Galicia Logo elabora pezas breves moi elaboradas formal e tecnicamente cun contido máis acedo e subxectivo sobre problemas das relacións humanas: Venenos ou Teatrominuto. Tamén fai teatro infantil: Viva Peter Pan. - Son autores que teñen pouca vinculación co mundo da representación, son creadores- escritores de textos teatrais mais non directores-actores. - Comparten as seguintes características: - A importancia do individuo, do subxectivismo e do intimismo. - A descuberta do mundo cotián e a defensa do espazo urbano. - A incorporación do humor, o onírico, o irracional e o inconsciente. - O culturalismo, a intertextualidade e a preocupación pola forma. - A importancia do metateatro, é dicir, o teatro dentro do teatro.

4. o teatro ACTUAL

4.3. A promoción dos 90

- Son persoas moi vinculadas ao mundo teatral, pois son actores, directores, creadores de textos e ata de compañías teatrais, polo que xa escriben pensando na representación e iso lévaos a empregar menos o simbolismo e a coidar a estrutura e a posta en escena. - As características que comparten son: - Intención de facilitar a conversión dos textos literarios en textos escénicos. - Maior preocupación pola dimensión formal. - Exploración de novos subxéneros e estéticas. - Vontade de xerar unha liña teatral propia e de manter a continuidade creativa - Escribiren pezas para levar directamente a escena e, polo tanto, menos experimentais e cunha estrutura sinxela. - Da abundosa nómina de dramaturgos desta promoción podemos salientar a: a) Cándido Pazó (autor, director, actor, contacontos, guionista de TV…). Elabora tramas realistas caracterizadas pola mestura de rexistros lingüísticos cultos e coloquiais, e pola procura da interacción co público. Salientan as comedias humorísticas con certo contido crítico: Ñiquiñaque ou Binomio de Newton. Noutras pezas recorre ao tema histórico para se recrear na psicoloxía dos personaxes, como en Raíñas de pedra ou en García.

4. o teatro ACTUAL

b) Gustavo Pernas, outro autor dedicado integralmente ao teatro, aborda a problemática do home contemporáneo (soidade, incomunicación, deshumanización…) con técnicas innovadoras basadas en estruturas simples, implicación do público e diálogos humorísticos: O galego, a mulata e o negro; Footing. c) A tamén actriz Inma Antonio aborda os problemas sociais actuais (a ética na ciencia, a sida, a guerra…): A ciencia dos anxos ou Músculo de sal. d) Raúl Dans incide sobre os problemas humanos actuais, o mundo urbano e o rural, a marxinalidade…: Water-look ou Matalobos.

1. indicacións ciug

Circular informativa:

Preguntas de avaliación: MODELO 1

Preguntas de avaliación: MODELO 1

MODELO 2

MODELO 2

MODELO 3

MODELO 3

1. indicacións ciug

Rúbrica de avaliación modelos 1 e 2:

1. indicacións ciug

Rúbrica de avaliación modelo 3: