14 DE OUTUBRODÍA DAS ESCRITORAS
A periferia da periferia: mulleres que miraron o mundo rural
Montse Ferreira O ANO DAS MAZÁS
Elena Gallego O LEGADO DA NENA DO SAL
Carmen Granxeiro ESTRANXEIRAS
Llerena Perozo OS ANOS TRANQUILOS
Rosario Regueira COMPAÑEIRA, NON SERVA
Pura Salceda O PAXARO DE NÁCARA

Sara Vila O INCENDIO
Sonsoles Ónega AS FILLAS DA CRIADA
Laetitia Colombani A TRENZA
Carmen Laforet NADA
Carmen Martín Gaite ENTRE VISILLOS
Olga Novo FELIZ IDADE

María Reimóndez EN VÍAS DE EXTINCIÓN
Marga Cancela O CLAMOR DAS VIRXES
Ana Moreiras MADIALEVA
Adelaida é a filla de Deolinda, unha muller solteira. Vive nunha casiña dun só andar ao final do camiño. Non é das que teñen cortes abaixo; non as precisan, total non teñen vacas. Nunha esquina do eido hai un galiñeiro con unha ou dúas ducias de galiñas. Cando entras xa estás na cociña, onde teñen a almofía para lavar a cara e as mans, ademais dunha artesa cun pouco pan de millo, unha lareira coa pota para cocer as verzas, unha mesa de piñeiro, dúas banquetas e un aparador. Despois pasas unha porta e atopas dúas camas con colchóns de follato, separadas por unha cortina. E xa está. Iso é todo o que posúen... (páx. 14)
Montse Ferreira Fervenza
Quintela(Redondela) Enfermeira, actriz e escritora.
A familia do meu pai vivía da cría de cabalos. Viñan de todas as partes de España a mercar cabalos alí. Arriba, no monte, tiñan unha casa preciosa de pedra, cun muíño grande e cun gran chorro de auga. Cando eran nenos, meu pai e a súa irmá baixaban á escola a cabalo todos os días, dous ou tres quilómetros. Ataban os cabalos na porta do muíño e ían á escola. Alí viña moita xente a moer. Toda a miña familia, pola banda do meu pai, eran muiñeiros. (páx 345)
Elena Gallego Abad
Teruel, 1969 Periodista e escritora. Desenvolve a súa carreira en Galicia.
O núcleo central da aldea tiña os camiños asfaltados e a medida que te afastabas do cruceiro, arredor do cal parecía estar organizada, ías atopando cada vez máis terra e pedra substituíndo o cemento. Só os estreitos carreiros principais mantiñan o monótono ton gris, roto, iso si, pola resiliente vexetación das cunetas. O Gordo botaba nelas herbicida, polo que alá onde as herbas ficaban amarelas e esmorecidas, dun amarelo artificial que metía medo, sabíase que era terreo do gandeiro. (páx. 20)
Carmen P.G. Granxeiro
Lugo, 1985 Artista multidisciplinar e escritora. Estranxeiras II Premio Literario Pinto e Maragorta pola Diversidade Sexual e de Xénero.
A escola quedaba a tres quilómetros da casa. Había que subir ata o outeiro maior e logo seguir á beira do río ata chegar á presa, onde eu, para atallar, gapeaba por un pequeno muro de pedra e chimpaba ata o prado contiguo ao colexio unitario republicano, o cal debía atravesar sorteando as pozas xeadas, tan traizoeiras...
Puiden asistir tan só os tres meses máis crus daquel inverno e nin sequera a diario. Dentro da casa tamén había traballo, alén de ir á feira para trocar o noso leite, o millo, as patacas, as castañas, ás veces un xato ou un leitón, por teas, café, aceite ou azucre...(páx 16)
Llerena Perozo Porteiro
Vigo, 1974 Escritora e comunicadora.
Moitos veciños de Mourelos, os que tiñan castañas, mazás, cuxos, cebotes, ovos, queixos, manteiga ou calquera outra mercadoría para vender, levantáronse de madrugada. Era preciso facelo así para chegar a boa hora á feira de Santos que había unha boa andaina e precisábase chegar cedo para topar un bo sitio no que acomodar os produtos e vender o mellor posible, porque feiras de Santos só había unha no ano e cumpría sacarlle rendemento. (páx 85)
Mª Rosario Regueira Cereijo
Taboada(Lugo) Escritora, activista politica e social.
Tras a nevada, a aldea semellaba un gran pastel de nata estendéndose ante os seus ollos... A aldea, presentábase, pois, ante os seus ollos, doce e comestible, e Neli, hiperbolicamente antropófaga, imaxinaba que era capaz de comela enteira, coma se deglutila lle servise de alimento catártico aos vivos e aos mortos e a todos os que algunha vez a habitaron. Neste acto faría súas cada conversa, cada envexa, cada sinal de amor, cada ausencia, para fundirse despois con ela, gorxa abaixo, nunha comuñón estraña e deliciosa. (páx
Pura Salceda
Cidade de México, 1961 Escritora.
Neboeiro é un lugar coma outro calquera, pero baleiro. Un carreiro flanqueado por eucaliptos leva á
casa da miña avoa, no fondo do camiño, xusto antes de chegar ao río.
Alí concéntranse varias vivendas, todas do lado dereito da pista, e ningunha está habitada. Diante
delas, nun prado enorme chamado O Campiño, crecía a broza sen impedimento ningún. As silvas
chegaron a tapar os postes das viñas e tamén os restos da maceira brava que contra o final do verán
daba unhas mazás pequeniñas que perfumaban toda a aldea. Por suposto da horta que plantaba miña
avoa non queda nada. Xa antes do lume, as uvas das videiras mesturábanse coas amoras das silveira
que inzara poño Campiño todo (pax 9)
Sara Vila Alonso
As Neves, 1989 Xornalista e escritora galega. O incendio, Premio Blanco Amor de narrativa.
(...)Porque foi daquela e foi polo sal que os Valdés orixinarios lles mercaron o pazo da Punta do Bico a uns fidalgos arruinados aos que don Jerónimo non lles releou nin un real porque bastante tiveran con perdelo todo.
Todos o coñecían como o pazo do lugar do Espírito Santo porque se alzaba sobre a lomba que levaba ese nome. Accedíase por un camiño de xabre, sombreado por castiñeiros que lle outorgaban unha luminosa maxestade. Don Jerónimo quedou fascinado polos seus impoñentes va- lados de granito labrado nas canteiras de Vincios. Co paso dos invernos o musgo foi salpicando as zonas sombrías onde o sol raramente chegaba a acariñalo. (páx 29)
Sonsóles Ónega
Madrid 1977 Periodista, presentadora y escritora.
No patio de detrás da choza, Smita axuda a Lalita a lavarse. A nena déixase, dócil, nin sequera protesta cando a auga se lle mete nos ollos. Smita desenrédalle o pelo, que lle chega ata a cintura. Nunca llo cortou, é a tradición alí, as mulleres conservan o cabelo de nacemento moito tempo, ás veces toda a vida. Divídelle a melena en tres guechos, que entrelaza con man experta para facer unha trenza. Logo téndelle o sari que lle coseu, polas noites. A tea regaloulla unha veciña. Non ten cartos para comprar o uniforme que levan alí os escolares, pero tanto ten. A súa filla irá guapa o primeiro día de escola, dise.(pax 37)
Laetitia Colombani
Burdeos, 1976 Novelista, directora de cine, actriz e guionista.
Pasaron unos minutos largos, llenos de sol. Yo es taba apoyada contra los hierros de la gran verja del jardín. Olia intensamente a rosas y sobre mi cabeza voló un abejorro, produciendo un profundísimo eco de paz. No me atrevía a llamar al timbre (páx 210)
Carmen Laforet
Barcelona, 1921 Escritora. Nada Premio Nadal de 1944.
Ayer vino Gertru. No la veía desde antes del verano. Salimos a dar un paseo. Me dijo que no creyera que porque ahora está tan contenta ya no se acuerda de mí, que estaba deseando poder tener un día para contarme cosas. Fuimos por la chopera del río paralela a la carretera de Madrid. Yo me acordaba del verano pasado, cuando veníamos a buscar bichos para la colección con nuestros frasquitos de boca ancha llenos de serrín empapado de gasolina (páx 49)
Carmen Martín Gaite
Valladolid, 1885 Escritora, profesora de universidad e tradutora. Entre visillos Premio Nadal 1957.
Valkiria fermosísima roubada á beleza por un cancro
se Wagner te vira enriba dun tractor de 250 cabalos..... Esta noite soñei que estabas viva. Atopámonos no medio do campo onde ti poñías cordóns azuis pra que non pasaran as vacas cara ao agro Valkiria loira imposible munguindo sesenta bovinos con tanto amor desde o outro mundo. (páx 104)
Olga Novo
Vilarmao, Lugo, 1975 poeta, ensaísta e doutora en Filoloxía Galega
Gústalle baixar ao parque de Castrelos onde ve a xente correr pero sobre todo onde pode observar os cans e experimentar as árbores, as pingas que caen no outono e a fronde da primavera vanlle marcando o paso dos días. Senta ao pé dos grandes eucaliptos e do resto de flora, soñando con trepar por eles enriba, gabeando como tantas veces fixo ao longo da súa vida pola cortiza rexa dos castiñeiros. Mais contrólase, non é cuestión de deixarse ir de tal maneira. Ademais, non coñece aquelas árbores, primeiro cómpre observalas antes de poñerlles enriba a man ou o pé, que xa ten a experiencia de ter que deixar de agatuñar polas bidueiras, algo que facía de pequena e que tivo que abandonar ao crecer, son árbores demasiado flexibles para soster un peso grande e non cambear. (pp 25-26)
María Reimóndez
Lugo, 1975 Escritora, doutora en tradución e interpretación española
Abriu a ventá que daba ó patio e sentiu a brisa que movía os amentos do castiñeiro. O aire estaba cargado de pole. Observou os dous carballos, as maceiras e as cerdeiras en plena floración. E estaba Abril. Tanta beleza levouno á súa lúa de mel no Xapón. Era época da sakura, aquela festa das cerdeiras que fixo que se estremecesen. Quixo prolongar aquel momento de bos recordos que o poñan triste. Envexou a forma que ten a natureza de abandonar o letargo. Cando espertaría el? A brisa converteusse en vento, as pólas do castiñeiro repenicaban contra os cristais e tivo que pechar a ventá, pero quedou a contemplar o baile dos últimos pétalos das camelias do veciño. Xuraria que Abril tamén desfrutaba do mesmo espectáculo(pax 18-20)
Marga Cancela
Ordoeste, 1948 Escritora e profesora.
Ana Moreiras
Trabada, 1976 Licenciada en Física de Partículas e profesora de secundaria.
Día das escritoras
Biblio San Paio
Created on October 10, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Basic Shapes Microsite
View
Basic Interactive Microsite
View
Beauty catalog mobile
View
3D Corporate Reporting
View
Higher Education Microsite
View
Microsite Vibrant Travel Guide
View
Tourism Guide Microsite
Explore all templates
Transcript
14 DE OUTUBRODÍA DAS ESCRITORAS
A periferia da periferia: mulleres que miraron o mundo rural
Montse Ferreira O ANO DAS MAZÁS
Elena Gallego O LEGADO DA NENA DO SAL
Carmen Granxeiro ESTRANXEIRAS
Llerena Perozo OS ANOS TRANQUILOS
Rosario Regueira COMPAÑEIRA, NON SERVA
Pura Salceda O PAXARO DE NÁCARA
14 DE OUTUBRODÍA DAS ESCRITORAS
A periferia da periferia: mulleres que miraron o mundo rural
Sara Vila O INCENDIO
Sonsoles Ónega AS FILLAS DA CRIADA
Laetitia Colombani A TRENZA
Carmen Laforet NADA
Carmen Martín Gaite ENTRE VISILLOS
Olga Novo FELIZ IDADE
14 DE OUTUBRODÍA DAS ESCRITORAS
A periferia da periferia: mulleres que miraron o mundo rural
María Reimóndez EN VÍAS DE EXTINCIÓN
Marga Cancela O CLAMOR DAS VIRXES
Ana Moreiras MADIALEVA
Adelaida é a filla de Deolinda, unha muller solteira. Vive nunha casiña dun só andar ao final do camiño. Non é das que teñen cortes abaixo; non as precisan, total non teñen vacas. Nunha esquina do eido hai un galiñeiro con unha ou dúas ducias de galiñas. Cando entras xa estás na cociña, onde teñen a almofía para lavar a cara e as mans, ademais dunha artesa cun pouco pan de millo, unha lareira coa pota para cocer as verzas, unha mesa de piñeiro, dúas banquetas e un aparador. Despois pasas unha porta e atopas dúas camas con colchóns de follato, separadas por unha cortina. E xa está. Iso é todo o que posúen... (páx. 14)
Montse Ferreira Fervenza
Quintela(Redondela) Enfermeira, actriz e escritora.
A familia do meu pai vivía da cría de cabalos. Viñan de todas as partes de España a mercar cabalos alí. Arriba, no monte, tiñan unha casa preciosa de pedra, cun muíño grande e cun gran chorro de auga. Cando eran nenos, meu pai e a súa irmá baixaban á escola a cabalo todos os días, dous ou tres quilómetros. Ataban os cabalos na porta do muíño e ían á escola. Alí viña moita xente a moer. Toda a miña familia, pola banda do meu pai, eran muiñeiros. (páx 345)
Elena Gallego Abad
Teruel, 1969 Periodista e escritora. Desenvolve a súa carreira en Galicia.
O núcleo central da aldea tiña os camiños asfaltados e a medida que te afastabas do cruceiro, arredor do cal parecía estar organizada, ías atopando cada vez máis terra e pedra substituíndo o cemento. Só os estreitos carreiros principais mantiñan o monótono ton gris, roto, iso si, pola resiliente vexetación das cunetas. O Gordo botaba nelas herbicida, polo que alá onde as herbas ficaban amarelas e esmorecidas, dun amarelo artificial que metía medo, sabíase que era terreo do gandeiro. (páx. 20)
Carmen P.G. Granxeiro
Lugo, 1985 Artista multidisciplinar e escritora. Estranxeiras II Premio Literario Pinto e Maragorta pola Diversidade Sexual e de Xénero.
A escola quedaba a tres quilómetros da casa. Había que subir ata o outeiro maior e logo seguir á beira do río ata chegar á presa, onde eu, para atallar, gapeaba por un pequeno muro de pedra e chimpaba ata o prado contiguo ao colexio unitario republicano, o cal debía atravesar sorteando as pozas xeadas, tan traizoeiras... Puiden asistir tan só os tres meses máis crus daquel inverno e nin sequera a diario. Dentro da casa tamén había traballo, alén de ir á feira para trocar o noso leite, o millo, as patacas, as castañas, ás veces un xato ou un leitón, por teas, café, aceite ou azucre...(páx 16)
Llerena Perozo Porteiro
Vigo, 1974 Escritora e comunicadora.
Moitos veciños de Mourelos, os que tiñan castañas, mazás, cuxos, cebotes, ovos, queixos, manteiga ou calquera outra mercadoría para vender, levantáronse de madrugada. Era preciso facelo así para chegar a boa hora á feira de Santos que había unha boa andaina e precisábase chegar cedo para topar un bo sitio no que acomodar os produtos e vender o mellor posible, porque feiras de Santos só había unha no ano e cumpría sacarlle rendemento. (páx 85)
Mª Rosario Regueira Cereijo
Taboada(Lugo) Escritora, activista politica e social.
Tras a nevada, a aldea semellaba un gran pastel de nata estendéndose ante os seus ollos... A aldea, presentábase, pois, ante os seus ollos, doce e comestible, e Neli, hiperbolicamente antropófaga, imaxinaba que era capaz de comela enteira, coma se deglutila lle servise de alimento catártico aos vivos e aos mortos e a todos os que algunha vez a habitaron. Neste acto faría súas cada conversa, cada envexa, cada sinal de amor, cada ausencia, para fundirse despois con ela, gorxa abaixo, nunha comuñón estraña e deliciosa. (páx
Pura Salceda
Cidade de México, 1961 Escritora.
Neboeiro é un lugar coma outro calquera, pero baleiro. Un carreiro flanqueado por eucaliptos leva á casa da miña avoa, no fondo do camiño, xusto antes de chegar ao río. Alí concéntranse varias vivendas, todas do lado dereito da pista, e ningunha está habitada. Diante delas, nun prado enorme chamado O Campiño, crecía a broza sen impedimento ningún. As silvas chegaron a tapar os postes das viñas e tamén os restos da maceira brava que contra o final do verán daba unhas mazás pequeniñas que perfumaban toda a aldea. Por suposto da horta que plantaba miña avoa non queda nada. Xa antes do lume, as uvas das videiras mesturábanse coas amoras das silveira que inzara poño Campiño todo (pax 9)
Sara Vila Alonso
As Neves, 1989 Xornalista e escritora galega. O incendio, Premio Blanco Amor de narrativa.
(...)Porque foi daquela e foi polo sal que os Valdés orixinarios lles mercaron o pazo da Punta do Bico a uns fidalgos arruinados aos que don Jerónimo non lles releou nin un real porque bastante tiveran con perdelo todo. Todos o coñecían como o pazo do lugar do Espírito Santo porque se alzaba sobre a lomba que levaba ese nome. Accedíase por un camiño de xabre, sombreado por castiñeiros que lle outorgaban unha luminosa maxestade. Don Jerónimo quedou fascinado polos seus impoñentes va- lados de granito labrado nas canteiras de Vincios. Co paso dos invernos o musgo foi salpicando as zonas sombrías onde o sol raramente chegaba a acariñalo. (páx 29)
Sonsóles Ónega
Madrid 1977 Periodista, presentadora y escritora.
No patio de detrás da choza, Smita axuda a Lalita a lavarse. A nena déixase, dócil, nin sequera protesta cando a auga se lle mete nos ollos. Smita desenrédalle o pelo, que lle chega ata a cintura. Nunca llo cortou, é a tradición alí, as mulleres conservan o cabelo de nacemento moito tempo, ás veces toda a vida. Divídelle a melena en tres guechos, que entrelaza con man experta para facer unha trenza. Logo téndelle o sari que lle coseu, polas noites. A tea regaloulla unha veciña. Non ten cartos para comprar o uniforme que levan alí os escolares, pero tanto ten. A súa filla irá guapa o primeiro día de escola, dise.(pax 37)
Laetitia Colombani
Burdeos, 1976 Novelista, directora de cine, actriz e guionista.
Pasaron unos minutos largos, llenos de sol. Yo es taba apoyada contra los hierros de la gran verja del jardín. Olia intensamente a rosas y sobre mi cabeza voló un abejorro, produciendo un profundísimo eco de paz. No me atrevía a llamar al timbre (páx 210)
Carmen Laforet
Barcelona, 1921 Escritora. Nada Premio Nadal de 1944.
Ayer vino Gertru. No la veía desde antes del verano. Salimos a dar un paseo. Me dijo que no creyera que porque ahora está tan contenta ya no se acuerda de mí, que estaba deseando poder tener un día para contarme cosas. Fuimos por la chopera del río paralela a la carretera de Madrid. Yo me acordaba del verano pasado, cuando veníamos a buscar bichos para la colección con nuestros frasquitos de boca ancha llenos de serrín empapado de gasolina (páx 49)
Carmen Martín Gaite
Valladolid, 1885 Escritora, profesora de universidad e tradutora. Entre visillos Premio Nadal 1957.
Valkiria fermosísima roubada á beleza por un cancro se Wagner te vira enriba dun tractor de 250 cabalos..... Esta noite soñei que estabas viva. Atopámonos no medio do campo onde ti poñías cordóns azuis pra que non pasaran as vacas cara ao agro Valkiria loira imposible munguindo sesenta bovinos con tanto amor desde o outro mundo. (páx 104)