Presentación Brujería
manubecc
Created on October 6, 2024
More creations to inspire you
WORLD WILDLIFE DAY
Presentation
FOOD AND NUTRITION
Presentation
IAU@HLPF2019
Presentation
SPRING IN THE FOREST 2
Presentation
HUMAN RIGHTS
Presentation
BLENDED PEDAGOGUE
Presentation
VALENTINE'S DAY PRESENTATION
Presentation
Transcript
DÍA DE SANMAÍN
Xuntos imos coñecer unhas personaxes galegas que dan ... medo...ou non?
Ola benqueridos nenos e nenas! Eu son Fidalgo. Xa me coñecedes. Son o responsable da nosa biblioteca. Achégase o Samaín e xuntos imos coñecer personaxes que forman parte dos contos da historia de Galicia. Son historias que seguen vivas a pesar do paso do tempo, grazas á transmisión de xeracións en xeracións e eu quero que se sigan coñecendo para que as poidades transmitir no futuro.
A bruxa dos dentes verdes
O Gatipedro
A MIÑA SELECCIÓN
A tía Xuana
O Tardo
O GATIPEDRO
O primeiro personaxe que quero presentarvos é o Gatipedro. Este ser forma parte dos seres mitolóxicos de Galicia. O escritor Álvaro Cunqueiro falou del nos seus libros: “Escola de menciñeiros “ publicado no ano 1960 e tamén nun dos relatos incluídos no libro ”Os outros feirantes” escrito en 1971.
O GATIPEDRO
O Gatipedro é un gato de cor branco cun corno do cor escuro na cabeza. Este gato entra nas habitacións dos nenos e nenas polas noites mentres están durmindo e empeza a botar auga polo seu corniño. O neno ou a nena que escoita ese ruído mentres durme soña que está mexando e ... mexa na cama. Para acabar con ese mal, tal e como marca a tradición, hai que botar unhas areas de sal diante da porta da habitación porque o Gatipedro ademais de andar sobre as súas catro patas, anda apoiándose tamén encima da súa lingua e cando proba o sabor do sal ao entrar na habitación, marcha da casa e deixa os nenos e nenas da casa tranquilos para sempre.
O TARDO
O tardo é un trasno peludo, con dentes amarelados, ollos negros e barba. Viste con roupa vella e leva posto un gorro vermello. Vive baixo a terra. Polas noites, métese nas casas por entradas invisibles. Escóndese dos gatos e dos cans porque eles poden velos mellor ca nós. Cando está nas casas séntase enriba do peito das persoas que dormen e provócalles dor, pesadelos, angustia e opresión. Así e a súa maneira de pasalo ben. Vaia a personaxe e que forma de divertirse!As persoas que dormen cun can ou cun gato xa evitan que o Tardo poida entrar nas súas habitacións; pero se non os temos, isto é o que hai que facer:Hai que deixar unha cunca de grans (millo, fabas,...) na cociña. O tardo como é moi curioso vai querer saber cantos grans hai e empeza a contalos pero como só sabe contar ata dez chega a ese número e volve a empezar e perde a conta. Así é como conseguimos que pase toda a noite na cociña e non nos moleste.
A bruxa dos dentes verdes vive no castro de Rebordelos que está situado no concello de Carballo.Polas noites sae do castro e vai polos camiños a ver se atopa algún neno ou nena. Os que atrapa xa non volven a aparecer nunca máis. Pénsase que lle serven para facer: apócemas, ungüentos, ou para comelos.
A BRUXA DOS DENTES VERDES
A tía Xuana vive no faiado das casas. É unha muller moi moi vella. Ten polo menos douscentos anos, por iso ten a cara toda engurrada. Ten o pelo branco e moi longo que lle cubre todo o lombo. Ten un só ollo e un só dente. Co dente que ten trisca todo o que atopa no faiado. Caga nunha pota vella. Dorme nunha hucha vella e tira con forza pola tapa para que ninguén a poida abrir. Se algún neno ou nena se atreve a subir ao faiado cólleos e, ata se di que os come!
A TÍA XUANA
Gustouvos coñecer estas personaxes?
ESTIVESTES ATENTOS?AGORA IMOS VER CANTO SABEDES SOBRE ELES...
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Pregunta interactiva
Xa rematamos!Bravo!!!!!
¿Sabías que Genially te permite compartir tu creación directamente, sin necesidad de descargas? Listo para que tu público pueda visualizarlo en cualquier dispositivo y darle difusión en cualquier lugar.
Aquí puedes poner un título destacado
- Somos seres visuales. Somos capaces de entender imágenes de hace millones de años, incluso de otras culturas.
- Seres narrativos. Contamos miles y miles de historias. ⅔ de nuestras conversaciones son historias.
- Seres sociales. Necesitamos interactuar unos con otros. Aprendemos deforma colaborativa.