Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

REVISTA OUTUBRO 24

Hortocoliña

Created on October 2, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

REVISTA HORTOCOLIÑA

Outubro 24

DE VOLTA AO TRABALLO

O mércores 11 de setembro empezou oficialmente a escola, para algúns un milagre e para outros non tanto. Aos de 5º non lle gustaba moito esa idea, debido a que como empezamos un novo curso hai moitas cousas novas, como que agora xa non estamos os mesmos compañeiros. Pero tamén hai cousas boas, que agora xa estamos cos ordenadores de Edixgal, un método mais fácil para estudar e obter información das redes (observada polos profesores). Este ano temos novo director: Borja Carlos Fernández. Tamén agora desde Australia temos novo auxiliar de inglés, Jack. Deunos unha presentación de Australia cortiña que contiña información básica. Só porque comecemos un novo curso non significa iso que deixemos de estudar e esforzarnos por ese sobresaínte que todos e todas desexamos.
NICO , ALEXANDRA, AMALIA. Crumble cookies 5ºB

REFRÁNS

De San Miguel a San Martiño recóllese o pan e gárdase o viño

O frío comenzamos a ver e os animais castañas a comer.

Se o mes de agosto vén claro bo magosto e bo nabo se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

Ana, Candela 6º A

3ºAInvestigación sobre "As costureiras"

As costureiras. A costureira é unha muller que ten por oficio a confección de roupa. Antigamente percorrían vilas e aldeas con máquinas de coser sobre a cabeza na procura de pantalóns, saias ou calquera outra peza de roupa para amañar. Vestían un traxe especial de rosel negro e chaquetilla axustada e aberta por diante para lucir un pañuelo que cruzaba o peito. As costureiras facían este traballo a cambio de comida e pousada nas casas donde traballaban.
Katia de 4º A comparte con nós unha receita de biscoito de castañas. Umm que saboroso!

FURACÁN KIRk Este mércores, 9 de Outubro, chegou a Galicia o furacán KirK. Si, o furacán KirK este mércores chegou a nosa terra, provocando: derrubes, inundacións, árbores caídos, tellados levantados... Pasou pola media noite, pero polo mediodía tamén arrasou co seu forte vento e as intensas chuvias. Moitas persoas víronse afectadas polo corte de electricidade . Ademais no noso colexio caeu unha árbore. Todos estabamos abraiados. Martín R. e Lucas 6º A

SAÍDA, DE 2º, A FERVENZA AVENTURA DE SILLEDA

O día 15 de outubro, os alumnos e alumnas de 2º, foron de excursión a Fervenza Aventura de Silleda. Tiveron moita sorte porque ese día non choveu e puideron vivir un montón de aventuras: Déronlle de comer aos animais, fixeron pan nun forno de leña e despois papárono. Tamén plantaron leitugas e fixeron moitos xogos. Cando foron ver ás ovellas, os nenos correron tan rápido que as asustaron e saíron correndo. Coñeceron a porca Pepa, a burriña Macarena, coellos, galiñas, cabras, pavos reais,... tamén viron diferentes tipos de ovos. En conclusión, tiveron unha saída moi interesante.

Emma, Candela e Lucas 6ºA

SUBE E BAIXA

@s minitecedores no seu obradoiro dos fíos, elaboraron un xogo de Samaín: "sube e baixa" a araña pola súa tea. Empregaron depresores, la e unha araña que eles mesmos debuxaron; enroscando e desenroscando conseguimos que a araña suba e baixe polo fío.

4 anos A

AS CONSECUENCIAS DO FURACÁN KIRK

Os fortes ventos do Furacán kirk fixeron estragos nas árbores do noso cole.

Os nenos e nenas de 4 anos B íamos ver as pólas caídas cando vimos aos operarios do Concello coas súas máquinas, que xusto estaban alí para retiralas. E como somos moi curiosos quixemos saber como o ían facer. Primeiro cortaron cunha serra e logo subiron ao remolque os anacos coa axuda dun guindastre e remataron collendo as ramiñas pequenas coas máns.
4 anos B

Visita as Cíes.

Nas Illas Cíes choveu moito e andivemos moito. Non nos puidimos bañar porque estivo chovendo todo o día.Casi caemos ao río. Andivemos ata o faro, foron 5KM. E logo fomos comer a un restaurante, aínda que cada un levaba a súa propia comida.Vimos uns golfiños moi bonitos no catamarán de volta a Vigo. volvimos 1 hora antes do que tiñamos que volver, porque chovía moito e estabamos empapados. Os nenos fixeron un karaoke
6ºB
AS BANDEIRAS DE MARTÍN
REFRÁNS 4ºA
RECEITA 4º A

ACTIVIDADES DO RECREO

No recreo facemos actividades como: robótica , teatro, club de lectura, brilé, baile galego e let’s sing a song. Todas esas actividades teñen unha profesora e cada unha faise en días e sitios diferentes. Son moi divertidas!!!! Pero pasan nun plis plas!

UNHA RAMA CAEU NO COLEXIO

Un día pola mañá caeu unha rama no colexio C.E.I.P. Pluringüe de Sigüeiro. Ocorreu o 9 outubro do 2024. A rama caeu polo vento e a choiva. Os nenos non podían saír ao recreo e por iso veu un camión a recoller a rama e os nenos puideron saír ao recreo.

LOS CAPIBARA 5º
O TEMPORAL KIRK

O día 9 de outubro pola noite chegou o temporal Kirk a Galiza, choveron 90 litros por metro cadrado e a forza do vento chegou a 122’8 kilómetros por hora. O temporal tirou moitas árbores e obxectos, houbo inundacións por toda Galiza. En pequenas vilas marchou a luz 12 horas. Aquí no noso colexio, o día 10 de outubro de 2024 o vento tirou unha árbore das máis grandes. En Vigo caeron máis de 200 árbores por ese temporal.

O ALUMNADO DE 5º C FIXO UN TRABALLO SOBRE O UNIVERSO.

O alumnado de 5ºC fixo un traballo sobre o universo.O día 19 de outubro do 2024 o alumnado de 5ºC realizou un traballo individual sobre o universo na clase de sociais, para aprender moito máis do que nos rodea. O traballo que se tiña que realizar no ordenador, puntuaba para nota, pero aínda así algúns nenos levaron menos nota porque se esqueceron.

MENÚ DO COMEDOR

A tortilla, que fai o cociñeiro do C.E.I.P de Sigüeiro, está arrasando no comedor da escola.Ao seu alumnado encántalle a tortilla que preparan no comedor porque ten un gusto espectacular. Este mes de outubro preparárona por primeira vez neste novo curso 24/25. O alumnado da escola come unha media de 3 a 8 anacos por persoa, os seus ovos son os máis ecolóxicos e as patacas son de unha horta moi ben tratada, tamén outra das comidas estrelas é o churrasco xa que está moi ben condimentado con especias.

GALICREQUES

O alumnado de 1º, o 15 de outubro, foi a Santa Marta a ver unha obra de teatro "Os músicos de Bremen" O escenario era un bosque con animais. Algúns nenos participaron na obra e para isto puxéronlles máscaras de animais. Pasárono xenial!