Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

A Ilustración en España_PAU

Ambassador

Created on September 29, 2024

Tema: A Ilustración en España_PAU_2024-2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

pregunta tema 8

A Ilustración en España

Coñecementos

Rúbrica

-Facer referencia ás ideas básicas da Ilustración. -Indicar as características propias da Ilustración española (figuras destacadas e mecanismos de difusión). -Facer referencia ao Despotismo Ilustrado en España (Carlos III).

comezar

A Ilustración

A ilustración foi un movemento intelectual heteroxéneo xurdido en Europa no século XVIII. Se ben xurdiu en Inglaterra e nas Provincias Unidas a finais do século XVII, foi Francia o seu centro difusor, desde onde as súas ideas se estenderon polo resto de Europa así coma por América durante o século XVIII. A ilustración poría en cuestión as bases e estruturas do Antigo Réxime a partir da súa confianza na razón para acadar a verdade e o coñecemento (racionalismo) e desentrañar ás leis da natureza a través da experimentación (empirismo) e, polo tanto, o cuestionamento da tradición e dos textos sagrados (é dicir, fomenta o espírito crítico) así coma un forte afán didáctico e pedagóxico como medio para espallar os seus ideais. As ideas da Ilustración proceden das achegas de diferentes autores coma Locke, Rousseau, Voltaire ou Montesquieu.

Seguinte

A Ilustración

Progeso

A razón

Regalismo

Estado

Sociedade

Laicismo

Educación

Seguinte

Voltar

Ilustración Española

A Ilustración en España tivo as súas peculiaridades, propias do seu contexto histórico, político, social e cultural. Á resistencia dende os poderes tradicionais nobreza e Igrexa temerosos da perda dos seus privilexios, tamén se sumaba a das clases populares que non crían nun novo modelo que desmontaba o seu tradicional modo de vida. A iso engadíase unha burguesía máis ocupada en ennobrecerse e vivir de rendas que en prosperar mediante a innovación das actividades económicas. Por este motivo a Ilustración en España tería a tendencia de se afastar dos ideais revolucionarios doutros países como Francia.

Os ilustrados

Consecuencias

Precursores

Etapas

Seguinte

Etapas

Ilustración Española

Voltar

Seguinte

Os ilustrados

Ilustración Española

Joseph Cornide

Benito Feijoo

Campomanes

Floridablanca

José Cadalso

Matín Sarmiento

Ensenada

Jovellanos

Voltar

Seguinte

TExto histórico

Regulamento e dignificación do traballo. Carlos III. O traballo dignifica ao home] "Real Cedula de S. M. pola qual declárase, que non só o Oficio de Curtidor, senón tamén as demas Artes e Oficios de Herrero, Zapatero, Carpinteiro e outros a este modo, son honestos e honrados; e que o uso deles non envilece a familia, nin a persoa do que os exerce, nin a inhabilita para obter os empregos municipais da república en que esten avecindados os Artesáns ou Menestrales que os exercen, co demais que se expresa. Dada no Pardo ao 18 de marzo de 1783"

seguinte

Voltar

TExto histórico

Gaspar Melchor de Jovellanos. Discurso sobre la necesidad de cultivar en el Principado el estudio de las ciencias naturales (1782): Eu non me deterei en asegurar á Sociedade [Económica de Amigos do País de Asturias] que estas luces e coñecementos só poden derivarse do estudo das ciencias matemáticas, da boa física, da química e da mineraloxía; facultades que ensinaron aos homes moitas verdades útiles, que desterraron do mundo moitas preocupacións perniciosas e a quen a agricultura, as artes e o comercio de Europa deben os rápidos progresos que fixeron neste século. E en efecto, como será posible, sen o estudo das matemáticas, adiantar a arte do debuxo, que é a única fonte onde as artes poden tomar a perfección e o bo gusto? Nin como se alcanzará o coñecemento dun número incrible de instrumentos e máquinas, absolutamente necesarias para asegurar a solidez, a fermosura e o cómodo prezo das cousas? como sen a química, poderá adiantarse a arte de tinguir e estampar as fábricas de louza e porcelana, nin as manufacturas traballadas sobre varios metais?»

seguinte

Voltar

TExto histórico

Benito Jerónimo Feijoo, Teatro crítico universal "Sempre a moda foi a moda. Quero dicir que sempre o mundo foi inclinado aos novos usos. Isto lévao de seu a mesma natureza. Todo o vello amola. O tempo todo destrúeo. Ao que non quita a vida, quita a graza... Pensan algúns que a variación das modas depende de que sucesivamente se vai refinando máis o gusto, ou a inventiva dos homes cada día é máis delicada. Notable engano! Non agrada a moda nova por mellor, senón por nova. Aínda dixen demasiado. Non agrada porque é nova, senón porque se xulga que o é, e polo común xúlgase mal. Os modos de vestir que hoxe chamamos novos, pola maior parte son antiquísimos. [...] Pero, aínda que en todos tempos reinou a moda, está sobre moi distinto pé neste que nos pasados o seu imperio. Antes o gusto mandaba na moda, agora a moda manda no gusto. Xa non se deixa un modo de vestir porque amola, nin porque o novo parece ou máis conveniente ou máis airoso. Aínda que aquel sexa e pareza mellor, déixase porque así o manda a moda. Antes atendíase á melloría, aínda que fose só imaxinada, ou, polo menos, un novo uso, por ser novo agradaba e, feito agradable, admitíase; agora, aínda cando non agrade, admítese só por ser novo. Malo sería que fose tan inconstante o gusto, pero peor é que, sen interesarse o gusto, haxa tanta inconstancia. De xeito que a moda fíxose un dono tirano e, sobre tirano, importuno, que cada día pon novas leis para sacar cada día novos tributos; pois cada novo uso que introduce é un novo imposto sobre as facendas. Non se trouxo catro días o vestido cando é preciso arrimarlle como inútil e, sen estar usado, hase de condenar como vello. Nunca menudearon tanto as modas como agora, nin con moito." Benito Jerónimo Feijoo, Teatro crítico universal. 1726-1740. Fonte: elauladelaspalabras (traducción ao galego)

seguinte

Voltar

texto histórico

"Aínda non me vexo capaz de obedecer ás novas instancias que me fas sobre que che remita as observacións que vou facendo na capital desta vasta monarquía. Sabes ti cantas cousas necesítanse para formar unha verdadeira idea do país en que se viaxa? Ben é verdade que, facendo varias viaxes por Europa, áchome máis capaz, ou por mellor dicir, con menos obstáculos que outros africanos; pero aínda así, achei tanta diferenza entre os europeos que non basta o coñecemento dun dos países desta parte do mundo para xulgar doutros estados da mesma. Os europeos non parecen veciños: aínda que a exterioridade háxaos uniformado en mesas, teatros e paseos, exército e luxo, non obstante as leis, vicios, virtudes e goberno son sumamente diversos e, por conseguinte, os costumes propios de cada nación. Aínda dentro da española, hai variedade incrible no carácter das súas provincias. Un andaluz en nada se parece a un biscaíño; un catalán é totalmente distinto dun galego; e o mesmo sucede entre un valenciano e un montañés. Esta península, dividida tantos séculos en diferentes reinos, tivo sempre variedade de traxes, leis, idiomas e moeda. Disto inferirás o que che dixen na miña última sobre a lixeireza dos que por curtas observacións propias, ou talvez sen facer algunha, e só pola relación de viaxeiros pouco especulativos, falaron de España. Déixame decatar ben na súa historia, ler os seus autores políticos, facer moitas preguntas, moitas reflexións, apuntalas, repasalas con madurez, tomar tempo para confirmarme no xuízo que formei de cada cousa, e entón prometo compracerche. Mentres tanto non falarei nas miñas cartas senón da miña saúde, que che ofrezo, e da túa que desexo completa, para ensino meu, educación dos teus netos, goberno da túa familia e ben de todos os que che coñezan e traten." Cartas Marruecas. José Cadalso (traducción ao galego)

Definicións

Voltar

Regalismo

Definición

Seguinte

Voltar

+ info

Despotismo Ilustrado

Conceptos de interese

Seguinte

Voltar

+ info

Antigo Réxime

Conceptos de interese

Seguinte

Voltar

+ info

Motín de Esquilache

Home

Conceptos de interese

Voltar

+ info

Promover a Educación = desenvolvemento económico e social (idea de progreso). Creación de Academias e Escolas. Defensa dunha educación pública baixo o control do Estado. O proceso educativo debía ser dirixido polo Estado. Defende o emprego de instrumentos de difusión cultural: as Academias, as Sociedades Económicas, a prensa, as tertulias e os salóns.

Regalismo borbónico: conxunto de teorías xurídicas que apoian os dereitos dos monarcas no ámbito do Estado por enriba das prerrogativas papais. Están encamiñadas ao fortalecemento do poder do monarcas e como principal enfrontamento levaron a Carlos III á expulsión dos Xesuitas por deber obediencia en primeira instancia ao Papa. IES Sánchez Cantón

Motín de Esquilache: Revolta popular acontecida en Madrid en 1766 contra as medidas promulgadas polo ministro de Carlos III Esquilache, de orixe italiano, que pretendían mellorar a orde pública e a seguridade na capital. O motín tivo como como detonante a publicación dun bando que prohibía o uso da capa longa e o sombreiro de aba ancha (xa que permitían ocultar de noite a identidade e as armas). Tras as revoltas hai unhas causas profundas: crise de subsistencia (descontento social pola carestía do pan), a xenofobia ante a abundancia de ministros italianos e a oposición ás medidas reformistas da coroa por parte da nobreza e o clero. IES San Rosendo

Definicións: extensión máxima de 50 palabras (5 liñas aprox.)

Nivel de coñecementos:

Aprobado: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller todas as ideas que figuran na rúbrica correspondente. Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller as ideas básicas definidas para aprobar + 1 das aclaracións adicionais + cando menos 1 (non todas!) das precisións a maiores incluídas na rúbrica

Calidade da expresión: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe presentar una redacción correcta e estar ben exposta (debe expresar con claridade e precisión o que se quere dicir, a argumentación debe ser coherente e o vocabulario axeitado)

Capacidade de síntese: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe axustarse á extensión recomendada.

Na segunda metade do s. XVIII o impulso viu dende a propia monarquía a través da figura de Carlos III , un dos máis representativos exemplos do Despotismo Ilustrado en Europa. O seu modelo reformista tiña como obxectivos a mellora económica, científica e cultural do país pero baixo a estrutura política e social do Antigo Réxime baseada no poder absoluto do rei e unha sociedade xerarquizada de privilexiados e non privilexiados. Sería este un período de enorme actividade onde destacaron figuras como as de Melchor de Jovellanos, Floridablanca, Campomanes ou Olavide, introdutores da fisiocracia en España. Xurdiron tamén as Sociedades Económicas de Amigos do País, onde, no caso galego destacou a figura de Joseph Cornide. Promovéronse grandes expedicións como as de Jorge Juan en Perú ou a expedición filantrópica de Malaspina por América e Asia. Por outro lado leváronse a cabo reformas en infraestruturas, estradas, pontes, canalizacións así como o desenvolvemento urbano racinonalista de cidades coma Madrid onde se construíu o Paseo do Prado, a Cibeles os ou a porta de Alcalá.

A defensa do progreso asentábase en reformas económicas marcadas polas teses liberalistas, libre comercio e industria e propiedade privada como garantes do sistema económico máis eficaz, supresión dos aranceis interiores a favor do arancel único, en definitiva, saneamento das arcas e da Facenda do Estado.

Crítica aos privilexios da igrexa e da nobreza e da súa resistencia aos cambios así como ao desprestixio que estas facían das actividades artesanais e mercantís e á súa defensa á mala distribución da terra e dos privilexios de institucións medievais como os gremios ou a Mesta en España

REGALISMO BORBÓNICO: política de control e limitación do poder da Igrexa católica levada a cabo polos Borbóns en España no século XVIII no marco da potenciación do absolutismo real. Afirmaba a superioridade da autoridade dos reis sobre a Igrexa do territorio sobre o que reinaban. Entre outras medidas impuxeron “o padroado rexio” ou dereito do rei de presentar ou nomear candidatos para ocupar sedes eclesiásticas vacantes e o “placet” ou dereito do rei a autorizar a publicación e divulgación dos escritos papais no propio reino. A medida regalista máis radical foi a expulsión dos xesuítas e a confiscación de todos os seus bens en 1767, durante o reinado de Carlos III, polo seu voto de obediencia ao Papa e baseándose na acusación de que promoveran conspiracións políticas instigando o motín de Esquilache. IES A Guía

Regalismo borbónico: Política de control e limitación do poder da igrexa católica levada a cabo polos Borbóns en España no século XVIII no marco da potenciación do absolutismo real. Afirmaba a superioridade da autoridade dos reis sobre a Igrexa do territorio sobre o que reinaban. Entre outras medidas impuxeron o padroado rexio ou dereito do rei de presentar ou nomear candidatos para ocupar sedes eclesiásticas vacantes (recoñecido polo Concordato de 1753) e o placet ou dereito do rei a autorizar a publicación e divulgación dos escritos papais no propio reino. A medida regalista máis radical foi a expulsión dos xesuítas e a confiscación de todos os seus bens en 1767, durante o reinado de Carlos III, polo seu voto de obediencia ao Papa e baseándose na acusación de que promoveran conspiracións políticas instigando o motín de Esquilache. IES San Rosendo

Antigo Réxime: Sistema político, económico e social que se iniciou en Europa no século XVI e que acadou a súa plenitude no século XVIII. Caracterizouse por unha economía de base agraria, a pervivencia das estruturas feudais, a sociedade estamental baseada nos privilexios dunha minoría e a monarquía absoluta como forma de goberno. Estes trazos foron desaparecendo como consecuencia dos cambios introducidos pola Revolución Francesa. IES San Rosendo

Despotismo ilustrado: forma de goberno propia das monarquías absolutas da segunda metade do século de XVIII que implica a adopción do ideario ilustrado. Os monarcas esforzáronse por elevar o nivel cultural e técnico dos seus reinos. En España destaca Carlos III coa súa promoción cultural e científica. IES Sánchez Cantón

Pese a todo, o impacto da Ilustración foi bastante limitado e o impacto de reformismo viuse truncado polo brote da Revolución francesa e o medo a difusión das ideas do liberalismo por parte de Carlos IV, limitando de maneira moi significativa, incluso reaccionando contra os ilustrados de finais de século provocando o abandono da Corte de colaboradores como Campomanes ou Jovellanos. Por outra banda a Ilustración en Galicia e a obra de Benito Feijóo poñendo o acento no atraso económico e na necesidade de modernizar Galicia potenciando a industria, a pesca e a agricultura e gandería e ofrecendo unha análise do atraso económico levou a toma de conciencia por partes destes ilustrados da excentralización de Galicia respecto ao conxunto do Reino dando lugar a unhas das primeiras tomas de conciencia da realidade diferencial de Galicia e a defensa da súa lingua e dos seus particularismos. Con todo, da Ilustración nacerá o foco de pensamento liberal español que será protagonista a partir de 1808 e apostará pola ruptura co Antigo Réxime.

MOTÍN DE ESQUILACHE: revolta popular acontecida en Madrid en 1766 contra as medidas promulgadas polo ministro de Carlos III, o marqués de Esquilache, de orixe italiano, que pretendían mellorar a orde pública e a seguridade na capital. O motín tivo como como detonante a publicación dunha normatica que prohibía o uso da capa longa e o sombreiro de ala ancha (xa que permitían ocultar de noite a identidade e as armas). As revoltas provocaron a dimisión do ministro. As verdadeiras causas do motín son profundas: crise de subsistencia (descontento social pola carestía do pan), a xenofobia ante a abundancia de ministros italianos e a oposición ás medidas reformistas da coroa por parte da nobreza e o clero. A consecuencia inmediata foi o decreto de expulsión dos xesuítas do país, acusados de organizar o motín IES A Guía

DESPOTISMO ILUSTRADO: termo referido a aquelas políticas levadas a cabo por unha serie de monarcas influídos polas ideas da Ilustración, realizando reformas que transformasen certos problemas da sociedade. Para lograr os cambios non se consideraba necesario contar coa opinión do pobo, xa que os consideraban demasiado ignorantes para entender que melloras necesitaban. Esta idea queda reflectida no lema “Todo para o pobo, pero sen o pobo”. A monarquía de Carlos III en España considérase o máximo expoñente desta tendencia, rodeándose dunha serie de ministros como Campomanes e Jovellanos, e realizando reformas de carácter económico, administrativo e social. IES A Guía

Dende conceptos como os de liberdade e igualdade a soberanía nacional (o pobo como lexítimo propietario do poder do estado quen de forma libre consinte ó seu goberno) defendidos por Locke ou Rousseau, ideas como a división de poderes de Montesquieu se poñía en cuestión a lexitimidade da monarquía absoluta.

Definicións: extensión máxima de 50 palabras (5 liñas aprox.)

Nivel de coñecementos:

Aprobado: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller todas as ideas que figuran na rúbrica correspondente. Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller as ideas básicas definidas para aprobar + 1 das aclaracións adicionais + cando menos 1 (non todas!) das precisións a maiores incluídas na rúbrica

Calidade da expresión: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe presentar una redacción correcta e estar ben exposta (debe expresar con claridade e precisión o que se quere dicir, a argumentación debe ser coherente e o vocabulario axeitado)

Capacidade de síntese: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe axustarse á extensión recomendada.

Motín de Esquilache: motín contra o ministro Esquilache do rei Carlos III en 1766 debido a súa imposición do bando de capas e sombreiros no que modifica as costumes españolas de vestimenta. A causa subxacente foi o progresivo incremento do prezo do pan e a depauperación das clases populares. (IES Sánchez Cantón)

Antigo réxime: sistema social, político e económico, que en España se implanta no século XVIII con Felipe V de Borbón, que se basea na existencia dunha monarquía absoluta, unha sociedade estamental e unha economía agraria baseada no modo de produción feudal. IES Sánchez Cantón

Despotismo Ilustrado: Medidas implantadas por algúns monarcas europeos durante a segunda metade do século XVIII, que pretendían reformar e racionalizar a administración, a economía do país e o desenvolvemento educativo e cultural do pobo sin alterar as bases sociais (sociedade estamental) e políticas (absolutismo) do Antigo Réxime. Pretende facer unha síntese entre o absolutismo e as novas ideas da Ilustración. O seu lema foi “todo para o pobo, pero sen o pobo”.En España o mellor expoñente do despotismo ilustrado foi Carlos III, ainda que as súas reformas foron de carácter limitado. IES San Rosendo

ANTIGO RÉXIME: termo empregado polos revolucionarios franceses para referirse ao sistema político, económico e social imperante en Europa dende o século XVII ata a Revolución Francesa. Caracterízase por un sistema político baseado na monarquía absoluta, onde o monarca tiña todo o poder. O sistema económico era eminentemente agrario de subsistencia, onde a agricultura e gandaría seguía a ser a base da economía e principal fonte de riqueza; apenas había desenvolvemento de industria artesanal, sobre todo no noso país. A sociedade era estamental, dividida en privilexiados que vivían do traballo dos non privilexiados. O reinado dos primeiros Borbóns, no século XVIII, é o máximo expoñente deste sistema no noso país. IES A Guía

A Ilustración española afonda as súas raíces a finais do século XVII, co movemento dos novatores. Un grupo de científicos, médicos e humanistas que mostraron a súa preocupación polo atraso científico español e polo predominio de escolasticismo* nas universidades. As súas proposicións difundíronse lentamente, á vez que se revitalizaba a vida intelectual española: creación da Biblioteca nacional (1711), da Academia de Historia (1735) etc.

Definicións: extensión máxima de 50 palabras (5 liñas aprox.)

Nivel de coñecementos:

Aprobado: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller todas as ideas que figuran na rúbrica correspondente. Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller as ideas básicas definidas para aprobar + 1 das aclaracións adicionais + cando menos 1 (non todas!) das precisións a maiores incluídas na rúbrica

Calidade da expresión: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe presentar una redacción correcta e estar ben exposta (debe expresar con claridade e precisión o que se quere dicir, a argumentación debe ser coherente e o vocabulario axeitado)

Capacidade de síntese: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe axustarse á extensión recomendada.

Nesta pregunta o alumnado terá que sinalar as principais ideas defendidas pola Ilustración, facendo especial fincapé no uso da razón fronte á tradición e na importancia da educación como mecanismo para acceder ao progreso; comentar a crítica que esta corrente de pensamento realiza á Igrexa e aos seus privilexios, ao absolutismo monárquico e á orde social establecida. Finalmente, deberá facer algunha referencia concreta á Ilustración en España no que atinxe a un ou a varios dos seguintes aspectos: características propias da Ilustración española, principais autores, medios de difusión, o despotismo ilustrado de Carlos III, o seu impacto real…

https://grupotraballohistoriaespana.blogspot.com

Na primeira metade do s. XVIII destaca o labor do padre Feijoo e de Mayans. A súa principal achega foi a recompilación enciclopédica do saber da época, cuestionando ademais algúns valores tradicionais. Feijóo, que co seu Teatro crítico axudou a difundir as ideas do empirismo e a criticar a superstición. Se ben as universidades non lograron desprenderse do control da Igrexa e do pensamento escolástico, durante este primeiro período creáronse as principais Academias, como a Real Academia da Lingua, Medicina, das Artes de San Fernando, etc ademais doutras institucións como o Xardín Bótánico ou o Gabinete de Historia Natural.

Definicións: extensión máxima de 50 palabras (5 liñas aprox.)

Nivel de coñecementos:

Aprobado: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller todas as ideas que figuran na rúbrica correspondente. Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller as ideas básicas definidas para aprobar + 1 das aclaracións adicionais + cando menos 1 (non todas!) das precisións a maiores incluídas na rúbrica

Calidade da expresión: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe presentar una redacción correcta e estar ben exposta (debe expresar con claridade e precisión o que se quere dicir, a argumentación debe ser coherente e o vocabulario axeitado)

Capacidade de síntese: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe axustarse á extensión recomendada.

O despotismo ilustrado conciliou o absolutismo monáquico co espíritu reformista da Ilustración e en España Carlos III (1759-1788) sería o seu mellor representante. A preocupación por mellorar a economía dos seus reinos e, ao mesmo tempo, o benestar dos seus súbditos. Considerábase que o aumento da potencialidade económica engrandecía o reino. A conveniencia de mellorar a organización e a racionalización do Estado. Tendíase á centralización administrativa e á profesionalización dos servidores do Estado –funcionarios, militares, etc. A aceptación da figura do rei como “home ideal” ilustrado: racionalista, intelectual, amante das artes e das ciencias e reformista en política. Para iso recorría ao apoio de filósofos e políticos ilustrados. Promoveu o fortalecemento do Estado e do poder do rei (regalismo); as melloras no sector primario aplicando as teses fisiocráticas; fomento da produción artesanal e industrial do Estado creando ás manufacturas reais; potenciación da industria popular; defensa do valor do traballo; o desenvolvemento do comercio tanto interior como exterior e a renovación da educación como vía de consolidación e fomento destas reformas. Personaxes como o conde de Aranda, Floridablanda, Campomanes e Jovellanos déronlle un considerable impulso ao reformismo borbónico.