Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

O cambio dinástico e a guerra de Sucesión_PAU

Ambassador

Created on September 29, 2024

Tema: O cambio dinástico e a guerra de Sucesión_PAU 2024-2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Higher Education Presentation

Psychedelic Presentation

Vaporwave presentation

Geniaflix Presentation

Vintage Mosaic Presentation

Modern Zen Presentation

Newspaper Presentation

Transcript

pregunta tema 6

O cambio dinástico e a guerra de Sucesión

1700-1715

Coñecementos

Rúbrica

-A causa explicativa da guerra de Sucesión. -Configuración e apoios dos bandos enfrontados. -Os acordos de paz e as súas consecuencias máis relevantes.

comezar

  • Crise española
    • Crise económica
      • Colapso económico (bancarrota)
      • Diminución do comercio exterior (especialmente minerais de ouro e prata de América)
    • Derrotas militares
      • A batalla de Rocroi delimitou a supremacía de Francia en Europa
    • Un rei sen descendencia (Carlos II) a cuestión da Sucesión

A Guerra de sucesión 1701-1715

España entrou no s. XVIII nun contexto de crise, se ben os datos non sempre concordan co relato que tradicionalmente sinala moi negativamente o reinado de Carlos II, o certo é que durante este período houbo unha mellora respecto aos reinados dos seus predecesores. O colapso económico, con sucesivas banca rotas, a diminución do comercio exterior, e as derrotas militares puñan á monarquía hispánica nunha situación de desvantaxe respecto dos seus competidores. A falta de descendencia do rei Carlos II provocou un problema sucesorio que desencadearía nunha guerra civil e, posteriormente, internacional.

"Parid, bella flor de lis, que en aflicción tan extraña, si parís, parís a España, si no parís, a París"

Seguinte

Pretendentes

Contendentes

VS.

Causas

Seguinte

Voltar

Evolución

Nacional

Internacional

A paz de Utrecht

Paz de Utrecht

A guerra de sucesión se prolongaría no tempo en España, ate 1715/1716, entre os partidarios de Filipe V, a antiga Coroa de Castela; e a Coroa de Aragón, temerosa dos intereses de Francia, que apoiaba a Carlos de Austria.

Tratado de Utrecht

Tratado de Baden

Tratado de Rastatt

A guerra non finalizaría ate a conquista de Barcelona, en 1714, e a ocupación de Mallorca e Ibiza un ano mais tarde.

Consecuencias

consecuencias

As consecuencias do conflito civil acabarán por ter enormes efectos para a configuración do Estado español –tendo aínda o seu impacto no nosos días-. A guerra supuxo a implantación dun absolutismo centralista e uniforme que seguía o modelo castelán e francés, relegaba o poder hexemónico de España en favor de Francia se ben seguiría a ser a máis grande potencia ultramariña de Europa. Por outra banda en Cataluña este contexto segue a ser referencial para explicar as demandas do nacionalismo catalán cara máis autonomía cando non independencia.

Voltar

textos e definicións

Señor: a cidade de Valencia (...) di: que a imposibilidade de contribuír cos 104356 pesos, polo equivalente de alcabalas e demais dereitos provinciais que se pagan a Castela, prívaa a gloria de servir á V.M.Todas estas contribucións (...) acompañadas dos circunveciños saqueos, incendios de pobos, tallas de campos, roubos e mortes, inevitables en calquera guerra, esgotaron tan deplorablemente este país, xa no seu comercio, xa nas súas colleitas, que, faltándolles a moitos dos seus poboadores o alimento preciso, pasaron a buscarlle co insulto e roubo, quitándolles a vida ou nun patíbulo ou no campo, e a outros, detidos no recinto das súas casas, obrigou a fame a comer unha forma de pan (...) non sabe se diga era cinza amasada con bágoas ou outra máis rústica materia. Destes antecedentes traballos foron inevitable consecuencia as epidemias en moitos lugares do Reino que (de non ser polos médicos e o diñeiro enviado) non quedarían no Reino ollos para choralas nin corazón para as sentir. Valencia, 28 de xullo de 1716

texto histórico

Voltar

Seguinte

Home

Paz de Utrecht

Conceptos de interese

Voltar

+ info

Paz de Utrecht: serie de tratados asinados entre 1713 e 1714 entre as potencias enfrontadas na Guerra de sucesión española (1700-1714) polos que Felipe V de Borbón convertese en rei de España renunciando a Coroa e a unión con Francia e Carlos de Habsburgo renuncia os seus dereitos sucesorios. Reino Unido consegue excelentes acordos comerciais así como a praza de Xibraltar e Menorca. (IES Sánchez Cantón).

Internacional

Factores internacionais para a vitoria borbónica

1711, morte sen descendencia do emperador Xosé I de Austria. Carlos de Hasburgo herdaba o Imperio

Os aliados do Arquiduque opoñíanse a unha alianza de España e o Imperio

A vitoria dos tories en Inglaterra provocaría a retirada da guerra

Decretos de Nova Planta. Baixo esta denominación coñécense un conxunto de decretos promulgados entre 1707 e 1716, que provocaron a supresión do réxime foral da Coroa de Aragón, das súas institucións e leis propias e a súa substitución polo modelo de Castela. Foi unha reforma auspiciada polo monarca Felipe V de Borbón, inspirándose no modelo francés, co obxectivo de lograr maior grao de centralización territorial, mediante a unificación lexislativa e institucional. O apoio dos integrantes da Coroa de Aragón a Carlos de Austria durante a Guerra de Sucesión española motivaría e xustificaría a súa aplicación ao considerar a estes reinos rebeldes. Será unha reforma que se fará en paralelo ao dominio destes reinos durante a Guerra.

PAZ DE UTRECHT: tratado de paz entre os dous bandos participantes na Guerra de Sucesión polo trono español, asinado entre 1713 e 1714, e que porá fin á hexemonía española en Europa. Coa morte de Carlos II sen descendencia provocará o conflito entre o bando francés, que apoia a Felipe D´Anjou, e o bando austríaco, que apoia a Carlos de Austria. Con este tratado, recoñécese a Felipe V como rei de España, iniciándose así a dinastía dos Borbóns no noso país. A cambio, España perderá varios territorios que cederá a Austria (Flandres, Milanesado, Nápoles, Sicilia), a Saboia (Cerdeña) e a Gran Bretaña (Xibraltar, Menorca, máis o dereito de asento e o navío de permiso). IES A Guía

Paz de Utrecht: Tratado asinado en 1713 entre as potencias europeas que puxo fin á Guerra de Sucesión española e que foi complementado co de Rastatt de 1714. Estes acordos estableceron em Europa un novo sistema de relacións internacionais baseado no equilibrio entre as grandes potencias europeas. Nos tratados Filipe V de Borbón foi recoñecido como rei de España (tras ter renunciado aos seus dereitos ao trono francés) a cambio de concesións a Gran Bretaña (Xibraltar, Menorca e privilexios comerciais con América) e cesións territoriais a Austria (Flandres e Nápoles) e Saboia que supuxeron que España perdera as súas posesións europeas. (IES San Rosendo)

Nacional

Etapas

Conquista de Valencia e Aragón. Batalla de Almansa 1707

1713-1715. Cerco de BarcelonaConquista de Cataluña e Baleares

Nesta pregunta o alumnado deberá demostrar que coñece as razóns explicativas da Guerra de Sucesión e a súa cronoloxía; a configuración xeral dos bandos enfrontados tanto a nivel internacional como dentro dos territorios peninsulares da monarquía hispánica (dimensión interna deste conflito); a chegada da paz e as principais consecuencias políticas, territoriais e económicas da sinatura do Tratado de Utrecht.

https://grupotraballohistoriaespana.blogspot.com

Definicións: extensión máxima de 50 palabras (5 liñas aprox.)

Nivel de coñecementos:

Aprobado: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller todas as ideas que figuran na rúbrica correspondente. Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller as ideas básicas definidas para aprobar + 1 das aclaracións adicionais + cando menos 1 (non todas!) das precisións a maiores incluídas na rúbrica

Calidade da expresión: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe presentar una redacción correcta e estar ben exposta (debe expresar con claridade e precisión o que se quere dicir, a argumentación debe ser coherente e o vocabulario axeitado)

Capacidade de síntese: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe axustarse á extensión recomendada.