Economía e sociedade na Galicia dos Austrias PAU
Ambassador
Created on September 29, 2024
Tema: Economía e sociedade na Galicia dos Austrias PAU 2024-2025
More creations to inspire you
WATER PRESERVATION
Presentation
BIDEN’S CABINET
Presentation
YURI GAGARIN IN DENMARK
Presentation
C2C VOLUNTEER ORIENTATION
Presentation
TALK ABOUT DYS WITH TEACHER
Presentation
CIRQUE DU SOLEIL
Presentation
LAYOUT ORGANIZATION
Presentation
Transcript
Economía e sociedade na Galicia dos Austrias
pregunta tema 4
Coñecementos
comezar
-Sinalar os trazos máis salientables da agricultura galega e os cambios experimentados no s. XVII. -Comentar as principais características da actividade pesqueira. -Referenciar os trazos básicos da sociedade galega salientado o papel desenvolvido pola fidalguía.
Rúbrica
- Séculos escuros. Galicia baixo sitema feudal de base agrícola
- Comportamento demográfico
- Principais actividades económicas
- Estrutura social
Economía
Voltar
Economía
Voltar
Resposta de Carlos I ás peticións da Asamblea de Melide1. Primeiramente, aos primeiros capítulos que fala de obedecer e cumprir o que debedes e estade obrigados ao noso servizo real e a vosa fidelidade en non consentir nin permitir que nese reuni haxa alborotos nin escándalos (...) todo elo pareceume a min moi ben e fago coma vós da vosa grande e antiga fidelidade. Eu confieino sempre e así vos rogo e encargo moito coma eu espero de vós. (...)2. Canto ao que suplicades que ese reino teña voz e voto nas cortes e que non haxa de estar polo que fose outorgado pola cidade de Zamora (...), como agora non se han de facer Cortes e a miña ida e eses reinos será breve, eu rógovos que nesto polo de agora non sufrades para neste non se faga mudanza, que indo eu alá, verei e proveerei o que toca a ben dese reino como e razón e el o merece. (...)4. A o que suplicades que a especiería que se trouxese de aquí en adiante das illas descubertas se descargue na cidade de A Coruña, e que alí haxa Casa de Contratación como hai en Sevilla da Contratación das Indias, ata agora non determinei o que será máis conveniente facer nisto por ser nova (...)9. Canto ao que suplicades que hai moita falta de armas nese reino, mando que se leven de Flandres catro ou cinco mil coseletes e picas para repartilos nese reino. (...)10. Ao que suplicades da licencia para traer pan a ese reino, porque habería necesidade delo, (...)pola presente mándovos enviar unha cédula miña para que poidan traer de Andalucía a ese reino dom mil "cahizes" de pan. Carlos I. Céduloa real (ao gobernador e alcaldes maiores do reino de Galicia. 1521
texto histórico
Seguir
Voltar
Estrutura social galega s. XVI - XVII
sociedade
Conceptos de interese
+ info
Voltar
Xuntas do Reino de Galicia
Xuntas do Reino de Galicia. Institución creada no século XVI que actuaba como portavoz das sete provincias de Galicia e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia. Estaban formadas polos delegados (procuradores) dos concellos das cidades capitais das provincias e actuaban como un organismo intermediario entre o Reino de Galicia e a Coroa de España transmitindo por un lado as peticións da monarquía e poroutro as demandas da sociedade galega, principalmente das élites urbanas. Non tiñan funcións de goberno pero podían conceder diñeiros ao monarca, ordenar levas militares, distribuír cargas fiscais ou enviar informes e peticións ao rei. As Xuntas eran convocadas polo monarca, normalmente cando necesitaba aumentar impostos ou facer levas de soldados, e estaban presididas polo Capitán Xeral de Galicia. Un dos asuntos máis discutidos foi a demanda do voto de Galicia nas cortes de Castela, que non se conseguiuAta 1623 (IES San Rosendo)
Xunta do Reino de Galicia: creada no século XV, foi a representación política do denominado Reino de Galicia. Dito reino formou parte da Coroa de Castela ata a reforma liberal do Estado en 1833. A Xunta estaba formada por un conxunto de deputados que representaban ás sete provincias galegas, e se reunían para debatir asuntos relacionados fundamentalmente cos tributos e levas militares esixidos polo rei de turno. Na práctica, esta institución non tiña capacidade decisoria. (IES Sánchez Cantón)
O modelo de sociedade era o dunha sociedade estamental moi xerarquizada e con escasas oportunidades de ascenso social, baseade na desigualdade ante a lei e liderada por sectores privilexiados rendistas como eran a nobreza e o clero organizados en señoríos territoriais e xurisdicionais sobre os seus feudos onde viven fundamentalmente do cobro de rendas -fundamentalmente o foro- aos campesiños que as traballaban as terras dos señores.
XUNTA DO REINO DE GALICIA: creadas a principios do s. XVI, como portavoz do reino de Galicia en Castela. Estaban formadas polos delegados dos concellos das cidades capitais das sete provincias. Eran un órgano que actuaba de intermediario entre o reino de Galicia e a Coroa, encargado de poñer en marcha as decisións tomadas polos monarcas e de tamén presentar aos reis as peticións de Galicia. Non tiñan funcións de goberno. A partir do s. XVII volven ter o dereito ao voto que perderan a favor de Zamora, coa representación do Deputado Xeral na Corte do rei. (IES A Guía)
A industria téxtil ca produción de tecidos de liño e a construción naval actuaban como principais actividades industriais en Galicia aínda que novamente a falta de innovación e de investimentos debilitaba as súas capacidades fronte a competencia.
Non privilexiados
As clases populares non privilexiadas ou terceiro estado distinguía entre diferentes grupos: • Os labregos, aproximadamente o 80% da poboación de Galicia. A maioría traballaban unhas terras que case nunca eran da súa propiedade e vivían nunhas duras condicións. • Os grupos urbanos organizábanse a través dos gremios e cofrarías como os artesáns, mariñeiros etc, mentres que os comerciantes conformaban unha burguesía que buscaba máis ennobrecerse e vivir de rendas que de emprender a través de actividades económicas.
Outra actividade relevante no territorio galego sería a pesca. Na Galicia costeira, o traballo agrícola atopaba alivio nas actividades do mar se ben os problemas eran análogos ós da agricultura (de feito, habería que esperar ao s. XVIII ca actividade dos fomentadores cataláns para atopar as innovacións relevantes a nivel técnico e organizativo no terreo da pesca ca introdución da arte do arrastre e as fábricas conserveiras). Podemos diferenciar tres aspectos salientables da pesca en Galicia na Idade Moderna:
A chegada da dinastía Trastámara á coroa de Castela, a vitoria de Sabela I e o proceso de centralización, unificación do territori – incluído o emprego do castelá coma lingua culta- e de recuperación da autoridade monárquica levarían a Galicia a unha perda constante do seu peso na Coroa. Para unha parte da historiografía e intelectualidade galega este período se correspondería cos Séculos Escuros da cultura galega. Tal foi dita marxinalidade que Galicia chegou a perder o seu voto en Cortes ou no seu defecto os seus intereses eran representados por Zamora. Neste contexto xurdía unha institución como a Xunta do Reino de Galicia, creada no s. XVI cuxo papel sería o de exercer de portavoz entre a Coroa e o territorio galego, representado polos procuradores procedentes das cidades capitais das 7 provincias: Santiago, Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui; nas que se organizaba o territorio galego.
Privilexiados
O segundo estado, o clero seguiu a ser en Galicia o grupo moi poderoso que viña sendo dende a Idade Media; percibía unha parte importante das rendas agrarias e exercía un enorme poder no seu territorio, especialmente no rural a través dos mosteiros e nas cidades catedralicias a través dos arcebispados.
Privilexiados
O primeiro estado composto pola nobreza, distinguía entre a alta nobreza galega, moi activa nas campañas militares dos Austrias e que se destacou polo seu absentismo de Galicia. Estes nobres de grandes familias como os Andrade, Lemos, Sarmiento ou os Monterrei desempeñaron elevados cargos na administración (vicerreis, embaixadores) e paulatinamente enlazaron coas familias nobiliarias castelás. A fidalguía galega estaba integrada principalmente pola pequena nobreza, se ben co tempo se incluíron grupos de burgueses (escribáns, escudeiros, comerciantes) e campesiños enriquecidos, foise configurando como un grupo ben diferenciado e cada vez máis poderoso que centraba a súa actividade no cobro de rendas (foros, subforos, arrendamentos). Exerceron de intermediarios entre os propietarios e señores (nobreza e clero) e os labregos que cultivaban a terra e pagaban foros e arrendamentos. O seu éxito debeuse ao absentismo da alta nobreza que deixaba un baleiro de poder que ía ser ocupado pola fidalguía. Os pazos convertéronse na súa mellor imaxe de poder social e económico.
Nivel de coñecementos:
Capacidade de síntese: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe axustarse á extensión recomendada.
Calidade da expresión: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe presentar una redacción correcta e estar ben exposta (debe expresar con claridade e precisión o que se quere dicir, a argumentación debe ser coherente e o vocabulario axeitado)
Aprobado: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller todas as ideas que figuran na rúbrica correspondente.Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller as ideas básicas definidas para aprobar + 1 das aclaracións adicionais + cando menos 1 (non todas!) das precisións a maiores incluídas na rúbrica
Definicións: extensión máxima de 50 palabras (5 liñas aprox.)
Durante este período Galicia presentaba as características básicas do sistema feudal que se observaban no resto de España e de Europa, onde máis de tres cuartos da poboación vivía das actividades agrícolas. A distribución da poboación baseouse no desequilibrio territorial e na concentración no litoral ademais das capitais de interior de Santiago, Lugo e Ourense. A poboación era basicamente nova, cunha alta mortalidade, sobre todo infantil e unha alta natalidade, tendo un esperanza de vida baixa que rondaba os 40 anos. Os comportamentos demográficos estaban ademais suxeitos ás malas colleitas, ás crises de subsistencia e aos ciclos pestíferos (peste atlántica de 1566) e as guerras (como a de Portugal entre 1640 e 1668) que reducían a poboación como sucedeu durante o s. XVI.A situación mudaría a partires do século XVII cando se consolidan os cultivos de dous produtos americanos, o millo e a pataca, aumentando significativamente os niveis produtivos e as terras en labor. A extensión destes cultivos procedentes de América alteraron o sistema de rotacións, diminuíndo en moitas zonas o barbeito e potenciando o incremento da gandería, e con isto propiciando un crecemento da poboación que afastaba a Galicia da crise demográfica que afectou neste tempo á toda a península como tamén a Europa.
Máis de 4/5 do total vive no ámbito rural, é analfabeta (as mulleres na súa práctica totalidade) e traballa nas labores do campo, xestionando unha economía agraria de subsistencia (importancia na exigua dieta das fariñas de trigo e centeo, o viño, verduras, carne no interior, pouco consumo de carne…) traballada co útiles rudimentarios e con ausencia de fertilizantes e innovacións salientables empregando o barbeito. Estes condicionantes explican que dificilmente se xere un excedente unha vez os campesiños teñen que facer fronte á gran cantidade de tributos sobre o producido (décimo eclesiástico) e ó pago das rendas forais. Estes pagos adoitábanse facer en especie. Debido a esta insuficiencia produtiva optaron por realizar outras tarefas complementarias ás agrarias na propia casa, coma o fiado de liño, ou decidiron emigrar a Castela, Portugal ou mesmo a América por un tempo curto ou definitivo
https://grupotraballohistoriaespana.blogspot.com
Nesta pregunta o alumnado deberá explicar a evolución demográfica e económica experimentada polo territorio nos séculos XVI e XVII, poñéndoa en relación coas características da agricultura e os efectos da introdución do millo, e salientando as crecentes desigualdades existentes entre a Galicia interior e unha Galicia litoral con importante actividade pesqueira. Os caracteres da estrutura social e a conversión da fidalguía no grupo rendista máis representativo serían outras das cuestións que terían que abordar na resposta.