Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
A configuración do imperio español no século XVI PAU
Ambassador
Created on September 29, 2024
Tema Carlos V e Filipe II PAU 2024-2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Higher Education Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Vintage Mosaic Presentation
View
Modern Zen Presentation
View
Newspaper Presentation
Transcript
Pregunta tema 2
A configuración do imperio español no século XVI
(a herdanza de Carlos I, os cambios en tempos de Felipe II: rebelión de Flandes, incorporación de Portugal, guerra contra Inglaterra)
Coñecementos
Rúbrica
-A herdanza de Carlos I: territorios herdados pola súa nai, Xoana (coroas de Castela e Aragón e as súas posesións), e polo seu pai, Filipe (territorios das Casas de Borgoña e de Austria e dereitos imperiais). -O fin do reinado e o reparto de posesións: abdicación no seu fillo Filipe e cesións ao seu irmán Fernando. -O imperio de Filipe II: a incorporación de Portugal e as súas posesións á Coroa de Castela. -A rebelión de Flandres. O apoio inglés aos rebeldes e a guerra contra Inglaterra.
START
Carlos I (1517 – 1555)
- Herdanza "casual"
- Política interior vs orixe estranxeiro do monarca
- Política exterior expansionista
- Paz peninsular e reparto dos dominios do emperador
FilIpe II (1556 – 1598)
- Centrado nos intereses peninsulares
- Defensa a ultranza do catolicismo
- Política exterior expansionista
- Monarquía exhausta na defensa do Imperio
Política exterior de Filipe II
Home
Filipe II
Definicións
textos
“En el nombre de la Santísima Trinidad (…) la orden que da Luis de Ortiz, Contador de Castilla de Su Majestad y vecino de la ciudad de Burgos, para que no salgan dineros de estos reinos de España, antes vengan de otros a ellos, y para que bajen las cosas de los excesivos precios en que al presente están (…). Lo primero es que se deroguen las leyes del Reino por las cuales están los oficiales manuales aniquilados y despreciados y se promulguen y hagan otras a favor de ellos dándoles honra y trabajo (…). Lo primero se ha de considerar que la principal fuente del dinero del mundo es España, así por lo que en ella nace como por lo que viene de Indias, y si se conservase en estos Reinos no podría ser menos sino que el poderosísimo Rey y Señor nuestro allanase y sujetase con ello la mayor parte del Universo que es de infieles e hiciese que los otros príncipes cristianos no teniendo con qué le hacer la guerra tuviese por bien de hacer una paz perpetua con Su Majestad, lo que redundaría en grande ensalzamiento de nuestra Santa Fe Católica (…)”. Memorial para que no salgan os dineros do reino. Valladolid, 1 de marzo de 1558. Luís Ortiz.
Memorial para que no salgan os dineros do reino. 1558
Voltar
Gran Armada
Conceptos de interese
Voltar
Seguinte
+ info
Terzos
Conceptos de interese
Voltar
+ info
GRANDE ARMADA Gran flota formada por Filipe II en 1588 para desembarcar en Inglaterra e destronar á raíña protestante Isabel I. A Grande Armada partiu do porto de Lisboa, e tras recalar na Coruña, arribou ao Canal da Mancha onde debía encontrarse e embarcar aos Terzos de Flandres para despois invadir Inglaterra. Os ataques ingleses e os temporais obrigaron ás naves a dar a volta rodeando as illas Británicas. Nesa traxectoria moitos dos barcos naufragaron. Dos 130 navíos que partiron regresaron 66 e dos 25.000 homes unicamente uns 10.000 puideron salvarse. Tras a derrota, os ingleses denominárona sarcásticamente como a armada invencible. (IES San Rosendo)
Gran Armada: tamén coñecida como Armada invencible foi enviada en 1588 polo monarca Felipe II coa intención de destronar á raíña Isabel de Inglaterra, protectora dos corsarios e dos protestantes europeos. A superioridade das técnicas inglesas determinaron < que a expedición fracasase estrepitosamente aínda que Felipe II empregou como excusa as duras condicións climatolóxicas. (IES Sánchez Cantón)
Gran frota formada en 1588 durante o reinado de Filipe II no contexto da guerra contra a Inglaterra . Co fin de destronar a raíña Sabela I debido á súa política anticatólica (execución de María Estuardo), o respaldo a actividade do corso e apoio aos rebeldes flamengos, planificouse a invasión de Inglaterra por parte dunha frota integrada por uns 130 navíos que partirían de Lisboa cara a canle da Mancha dirixidos por Alonso Pérez de Guzmán, duque de Medina Sidonia, á que se sumarían os terzos de Flandres dirixidos por Alexandre Farnesio. O ataque fracasou e as perdas provocadas pola batalla no mar e as malas condicións climatolóxicas e mariñas levaron a perder gran parte da flota. En 1589 Inglaterra levou a cabo unha expedición de contraataque, a Contraarmada, que tamén resultaría un rotundo fracaso nas costas de Galicia, ca heroica pasaxe de María Pita en A Coruña e as costas portuguesas
Grande e Felicísima Armada: Gran frota formada en 1588 durante o reinado de Filipe II no contexto da guerra contra Inglaterra . Co fin de destronar a raíña Sabela I debido á súa política anticatólica (execución de María Estuardo), o respaldo a actividade do corso e apoio aos rebeldes flamengos, planificouse a invasión de Inglaterra por parte dunha frota integrada por uns 130 navíos que partirían de Lisboa cara a canle da Mancha dirixidos por Alonso Pérez de Guzmán, duque de Medina Sidonia, á que se sumarían os terzos de Flandres dirixidos por Alexandre Farnesio. O ataque fracasou e as perdas provocadas pola batalla no mar e as malas condicións climatolóxicas e mariñas levaron a perder gran parte da flota. En 1589 Inglaterra levou a cabo unha expedición de contraataque, a Contraarmada, que tamén resultaría un rotundo fracaso nas costas de Galicia, ca heroica pasaxe de María Pita en A Coruña e as costas portuguesas. pfr ddoval
Definicións: extensión máxima de 50 palabras (5 liñas aprox.)
Nivel de coñecementos:
Aprobado: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller todas as ideas que figuran na rúbrica correspondente. Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller as ideas básicas definidas para aprobar + 1 das aclaracións adicionais + cando menos 1 (non todas!) das precisións a maiores incluídas na rúbrica
Calidade da expresión: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe presentar una redacción correcta e estar ben exposta (debe expresar con claridade e precisión o que se quere dicir, a argumentación debe ser coherente e o vocabulario axeitado)
Capacidade de síntese: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe axustarse á extensión recomendada.
Terzos: foi unha unidade militar de infantería xurdida na campaña de Granada durante os reis católicos e convertida nunha das máis temibles e poderosas en Europa entre os s. XVI e XVII. Estaba conformada por soldados profesionais e veteranos de guerra, voluntarios e de recrutamento que baseaban a súa estratexia de batalla na combinación de armas longas, as picas, e curtas espadas e artillería lixeira (mosquetes, arcabuces e mosquetóns basicamente). Foron particularmente célebres nas campañas da guerra de Flandres formando parte do imaxinario do mito fundador dos Países Baixos (Guerra dos 80 anos) pfr ddoval
Terzos. Unidade militar de infantería, de ataque e defensa, formada por soldados profesionais, voluntarios o de recrutamento, creada e sostida por los Habsburgo españois durante os séculos XVI e XVII. Loitaban combinando as armas brancas (picas, espadas) e as de fogo (arcabuces, mosquetes). Estaban distribuídos polos distintos reinos e provincias da Monarquía Hispánica, destacando, polo seu número e fama, os Terzos de Flandres (IES San Rosendo)
Terzos: tropas do exército de infantería da Monarquía Hispánica dos Austrias, formadas por arcabuceiros, piqueiros e espadachíns. Creados por Carlos I, ainda que xa perfilados polos Reis Católicos, podemos considerar a estas formacións coma os primeiros exércitos profesionais á marxe dos exércitos señoriais. Tiveron un papel moi relevante nos campos de batalla durante o século XVI. Podemos destacar os terzos dos Paises Baixos (“os terzos de Flandes”). (IES Sánchez Cantón)
Política interior 1 Endureceu a presión sobre o protestantismo polo que a través da Inquisición aumentaría os autos de fé en Sevilla e Valladolid. 2 A guerra de Granada, provocada por o levantamento dos mouriscos granadinos que acabarían sendo deportados. 3 Asunto de Antonio Pérez, secretario de Filipe II quen aproveitou o seus coñecementos da Coroa para sacar beneficio ao paso de información aos inimigos do reino. Por esta razón sería condenado ao exilio. 4 Príncipe Carlos, fillo do rei e María de Portugal, será este caso un motivo mais de preocupación de rei debido á demencia do seu fillo, aos seus comportamentos violentos e aos excesos de todo tipo, incluído a conspiración contra o rei seu pai.
A chegada ao trono produciríase logo da morte, primeiro, de Xoán, único fillo varón dos RRCC, seguido da morte de Isabel e do seu fillo Miguel, herdeiro a todos os tronos peninsulares, incluído Portugal; ao que se debe engadir a “tolemia” de Xoana I de Castela, nai do futuro rei. Deste xeito, Carlos de Gante tería acceso ao maior reino occidental daquela coñecido. Por parte materna (Xoana de Castela) tomaría posesión dos territorios de Castela, incluídas as do Novo Mundo, e de Aragón, incluídas as posesións mediterráneas de Nápoles, Sicilia e así como as prazas no Norte de África. Por parte paterna (como fillo de Filipe o Fermoso) corresponderíanlle os territorios borgoñóns, Flandre, Luxemburgo e o Franco Condado. Ademais como neto do emperador Maximiliano acabaría por ser proclamado emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1519) e accedendo con elo tamén, aos territorios dos Habsburgo (Austria, Bohemia, Hungría e o Milanesado).
Terzos: unidade militar do exército español durante o período dos Austria. Son considerados os primeiros exércitos profesionais, e estaban formados por soldados voluntarios e de recrutamento, cunha gran formación. A súa orixe remóntase aos Reis Católicos, na campaña de Granada, pero serán a partir do reinado de Carlos I cando se establezan como tal e adquiran o nome de “terzos”, onde o rei divide en terzos o exército para ser enviado aos seus distintos territorios europeos, sendo os de Italia os primeiros (os chamados “terzos vellos”). Loitaban combinando as armas brancas (picas, espadas) e as de fogo (arcabuces, mosquetes).Destacan os terzos de Flandres, pola súa eficacia e Fama. (IES A Guía_Andrea Moreno)
Os Países Baixos. Tema capital de Historia Moderna de España, sangría económica e humana, devastadora para os intereses da Coroa. O autoritarismo da monarquía chocaba coa tradicional autonomía destes territorios, ademais, por ende, había que engadir o desenvolvemento do protestantismo sobre todo nos territorios mais ao Norte. O duque de Alba exercía de lugartenente a través dunha durísima represión e ao mando dun dos exércitos máis poderosos de Europa onde sobresaía a actividade dos terzos. O conflito acabaría desembocando na división en dúas áreas, As Provincias Unidas, lideradas por Holanda, e de carácter protestante e territorios católicos do Sur liderados por Flandres e que permanecería baixo soberanía española.
Definicións: extensión máxima de 50 palabras (5 liñas aprox.)
Nivel de coñecementos:
Aprobado: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller todas as ideas que figuran na rúbrica correspondente. Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller as ideas básicas definidas para aprobar + 1 das aclaracións adicionais + cando menos 1 (non todas!) das precisións a maiores incluídas na rúbrica
Calidade da expresión: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe presentar una redacción correcta e estar ben exposta (debe expresar con claridade e precisión o que se quere dicir, a argumentación debe ser coherente e o vocabulario axeitado)
Capacidade de síntese: Sobresaliente: para alcanzar esta cualificación a resposta debe axustarse á extensión recomendada.
A etapa final do reinado de Carlos I resumiríase nunha relativa paz peninsular, preocupada por a política exterior e con xestionar os beneficios obtidos do dominio Atlántico. Carlos I remata por se retirar ao descanso en Yuste, así en 1555 cedía o devir do Imperio en mans do seu fillo Filipe II, quen accedería a todos os dominios do seu pai a excepción do Imperio Xermánico que foron a parar a mans do irmán de Carlos o arquiduque Fernando, proclamado novo emperador. O rei falecía dous anos mais tarde, en 1557.
(Carlos I convértese de súpeto no rei mais poderoso de Europa. O seu proxecto político quedará reflectido na concepción humanística da “Monarquía Universal” como da “Universitas Chirstiana” (recollido por Pedro Ruiz de la Mota), concepción castelá fundamentada na idea de evanxelización do mundo por os monarcas cristiáns. Con el iníciase unha nova dinastía, a casa de Austria ou de Habsburgo e unha nova era, a da Monarquía Hispánica. O seu reinado sería unha loita por superar os problemas internos, como o dos Comuneiros ou as Xermanías, froito de ser considerado un “estranxeiro” máis ocupado polo asuntos do Imperio o cal lle levou a enfrontarse con Francia, o Papado, os protestantes ou os turcos e berberiscos así como ás tribos precolombinas no proceso de expansión e colonización do Novo Mundo.
A unión con Portugal, “a unión Ibérica”. Morto o rei Sebastiao (1578), sen descendencia, Filipe postulábase como candidato ao trono luso, como fillo de Isabel de Portugal irmá do rei Joao III de Portugal. A unión da diplomacia (garantindo a autonomía portuguesa) coa actividade político militar (toma das Azores e marcha contra Lisboa) daría como resultado a anexión de Portugal. Dita incorporación en 1581 cumpriuse baixo o criterio aeque principaliter (igual ao principal) para evitar a suposta sumisión de Portugal a España e ademais ampliou os dominios hispánicos cas posesións portuguesas de ultramar en África, Asia e América.
A grande Armada. A chamada Armada Invencible. Debido ás adversidades metereolóxicas e á mala planificación, este plan resultou un fracaso, con gran parte desta armada afundida. Foi a primeira gran derrota da monarquía hispánica, aínda que Inglaterra non obtivo ningún beneficio desta vitoria. (IES A Guía)
A cuestión do Mediterráneo. Ante o domino turco no levante Mediterráneo unha coalición xunto co Papado e Venecia levaría á vitoria de Lepanto, en 1571, o que poría freo ás accións berberiscas nas costa levantina peninsular.
Comentar os cambios que sufriu ese conglomerado territorial na segunda metade do século: o reparto de posesións tras a súa abdicación entre o seu fillo Filipe e o seu irmán Fernando; a incorporación de Portugal e das súas posesións á monarquía de Filipe II; e a rebelión de Flandres, que contou co apoio inglés e foi un dos elementos que daría lugar á guerra contra Inglaterra.
https://grupotraballohistoriaespana.blogspot.com
As guerras de relixión en Francia. A intervención en Francia na guerra dos 3 Enriques, a favor do católico Enrique de Guisa, tiña como obxectivos frear o avance dos hugonotes e garantir a paz con Francia. Á morte de Enrique III, Filipe tratou de poñer no trono á súa filla Isabel Clara Eugenia ante a oposición da nobreza francesa que optaba por a conversión de Enrique de Navarra para se proclamar Enrique IV
A guerra con Inglaterra. Se Carlos I mantivera boas relacións co seu homónimo inglés, Enrique VIII, Filipe non tivo esa sorte. A morte da súa esposa, María Tudor, parecía deixarlle optar a reinar en Inglaterra, pero para lexitimar dita posición ofreceuse a casar con Isabel, filla de Enrique VIII e herdeira ao trono inglés, que rexeitaría tal proposta. Os intereses de ambas potencias chocaron constantemente, se Inglaterra apoiaba as causas protestantes e acosaba a España a través, por exemplo das actividades corsarias, como as de F. Drake; España preparou a invasión de Inglaterra por mar en 1588, coa Grande Armada (Grande e Felicísima Armada) ou Armada Invencible como por terra a través do exército de Flandres liderado por Alexandre Farnesio. Os exércitos de Flandres non chegaría a cruzar o canal, mentres que a Armada sufriría unha estrepitosa derrota. Un intento de contraataque por parte da mariña inglesa, coñecida como a “contra armada” fracasou estrepitosamente en 1589, nas costas de Galicia (co heroico episodio de María Pita en A Coruña) e Portugal.