Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

2024 - Gañadoras Secundaria - web

Ronsel

Created on September 25, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Discover Your AI Assistant

Vision Board

SWOT Challenge: Classify Key Factors

Explainer Video: Keys to Effective Communication

Explainer Video: AI for Companies

Corporate CV

Flow Presentation

Transcript

Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundário

Preme en cada foto para coñecer as premiadas

1º Premio Ainoa González Cañestro – 2º ESO IES Número 1 de Ribeira.

Rogelio, meu tataravó palangreiro. Nesta fotografía, tomada no ano 1957, aparece o meu tataravó materno, Rogelio Lijó Martínez, que naceu no ano 1906 e morreu no ano 1974, aos 67 anos de idade. Rogelio leva unhas boias de madeira e uns palangres (unha arte de pesca artesanal) para pescar congros. Estes peixes eran capturados en dornas. A fotografía foi tomada para o artigo dun xornal sobre esta arte de pesca artesanal, no porto de Castiñeiras (Ribeira).

As meninas não são bonecas. Nesta fotografia, tirada em Lamego, em 1956, é possível observar um concurso de vestidos de bonecas. Entre muitas crianças, encontram-se a minha avó (Maria Helena Duarte), a minha tia-avó (Maria Estrela Duarte) e a minha tia-bisavó (Maria de Lurdes Carminé). Naquela altura, esperava-se que as mulheres se encarregassem dos trabalhos domésticos, como cozinhar, tratar dos filhos ou fazer as limpezas. Também era muito valorizada a capacidade de uma mulher costurar. Por isso, várias famílias de Lamego organizaram um concurso para jovens meninas costurarem roupas para bonecas de forma a desenvolverem e mostrarem as suas capacidades de futuras "fadas do lar" (como eram chamadas as mulheres que ficavam em casa naquela altura). Esta fotografia questiona-nos sobre o quanto a nossa sociedade evoluiu nos últimos cerca de setenta anos, sendo que naquela época as mulheres não tinham tanta liberdade para fazer as suas escolhas, sendo apenas valorizados certos aspetos e competências que estas possuíam. As aptidões que eram esperadas uma mulher ter eram diversas, mas não muito abrangentes, pois giravam sempre à volta da ideia que a mulher tinha o dever e o propósito de ficar em casa, sem o direito de ir trabalhar ou fazer algo por que estivesse realmente interessada

2º Prêmio Catarina Marques Pinto – 3º ESO – Ano 9 Escola Secundária Clara de Resende (Porto)

3º Premio Marcos González Pazos – 2º ESO IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela)

Na imaxe podemos ver, á esquerda, ó meu avó de trece anos e, á dereita, ó seu veciño e amigo Pepe da mesma idade. A fotografía foi tomada a comezos do ano 1952 cando el comezou a traballar como aprendiz de ebanista ao igual que Pepe de albanel; daquela era moi normal aprender o oficio a esas idades. Entre moitos dos traballos que el realizou están: escaparates para varias tendas, entrenzar as cordas que suxeitan o Botafumeiro, bancos para o Hostal dos Reis Católicos ou facer os mobles para a súa propia casa.

Un día segando o trigo A foto que escollemos miña avoa e mais eu é do ano 1969. Foi sacada en San Acisclo, quizais no mes de xullo, e pareceume axeitada porque esta imaxe penso que forma parte do patrimonio cultural. Representa unha tarefa agrícola desaparecida hoxe en día, a sega. Contoume miña avoa que no mes de xullo, aproximadamente, había que segar o trigo para despois mallalo e ter pan para todo o inverno. Hoxe nesta zona xa non se sementa trigo e onde se cultiva os traballos fanse con maquinaria. Porén, antes todo se facía á man. Nesta fotografía todas as persoas levan na man un fouciño, que é unha ferramenta que se usaba para segar o trigo. A foto foi tomada no final da xornada, que era o momento no que se relaxaban, comían e divertíanse contando contos e anécdotas. Á esquerda de todo están meus bisavós e a segunda pola dereita é miña avoa paterna. Meu pai é o bebé que está no colo dunha veciña de San Acisclo, Isabel. Os demais son familiares de meu avó paterno que viñan axudar nesas tarefas desde a Terra Chá. Despois tamén ían meus avós dende a Mariña axudarlles a eles. Meus avós dixéronme que antes se axudaban entre os veciños en todas as tarefas agrícolas, que era bonito e divertido. Meu pai xa non se lembra nin da sega nin da malla.

Accésit Iago Rodríguez Edrosa – 1º ESO IES de Foz

Voda multicultural en 1957 Nesta imaxe, tomada en Río de Xaneiro, o 23 de marzo de 1957, amais dun día de celebración nupcial entre a miña avoa, Nely Machado Baranauskas e o meu avó José Seijas González, agóchase a historia dos movementos migratorios de Europa a Sudamérica na primeira metade do Século XX. As outras dúas persoas que acompañan os noivos son os meus bisavós, Ilsa Machado e Antanas Baranauskas. Esta voda non tería acontecido sen a emigración de parte da familia Baranauskas dende Kaunas (Lituania) a São Paulo (Brasil), onde se instalou unha muller cos seus tres fillos, fuxindo da inestabilidade política, consecuencia do golpe de estado nese país en 1926. Logo de adaptarse a unha nova lingua e unha nova cultura, o maior dos fillos trasladouse a Río de Xaneiro como xerente dunha fábrica de xoguetes. Alí coñeceu o amor da súa vida, unha moza brasileira con orixes na escravitude, coa que casa a finais da década dos 30. Dese matrimonio naceu en 1940 a súa filla Nely, quen medrou nunha familia acomodada da sociedade carioca. En 1955, con 14 anos, Nely coñece un emigrante galego que chegara a Brasil buscando facer fortuna e fuxindo da miseria do Franquismo. Dous anos máis tarde casan, e ese evento, que recolle a fotografía, é o comezo dunha nova historia familiar que se traslada a Galicia na década dos 70, coincidindo coa recuperación da democracia en España.

Accésit Xoán Rivas Seijas – 4º ESO IES Plurilingüe de Ames

Como coñecín o voso avó Nesta fotografía, feita en 1968, aparecen á esquerda miña avoa, no medio meu avó, ambos con 19 anos, e á dereita unha amiga común que traballaba coa miña avoa. A fotografía foi feita en Trafalgar Square, en Londres, onde os meus avós se coñeceron pois, aínda que ambos son galegos, miña avoa é da Serra de Outes (A Coruña), mentres que o meu avó naceu en Salvaterra do Miño (Pontevedra). Durante a súa estancia no Reino Unido, a miña avoa tivo tres traballos: no xeriátrico de Ellesmere e nun hospital, como parte do servizo de limpeza, e no hotel Kensington Palace, realizando labores domésticas. Foi traballando no hotel cando coñeceu meu avó. Saudábanse polas fiestras, xa que el traballaba no edificio de en fronte. Pouco a pouco meu avó, segundo di a miña avoa, foi tratando de conquistala. Chamábanse polo teléfono do hotel ou, por un penique, falaban durante horas nas cabinas telefónicas. Mesmo cando tiñan que voltar para Galicia mandábanse cartas para manter o contacto. Permaneceron en Londres ata o ano 1973. Nese ano casan e regresan a Galicia, concretamente a Ponteareas (Pontevedra), onde tiveron grandes alegrías como un premio da quiniela que lles permitiu abrir o bar "As de copas" e formar unha familia numerosa de seis fillos, o segundo, meu pai.

Accésit Irene Álvarez Rodríguez – 2º Bacharelato IES Plurilingüe de Ames

Maternidade Esta fotografía foi tomada no ano 1969, na parroquia de Loeda, Piñor, Ourense. A imaxe amosa unha muller sostendo un neno, a contraluz, nunha das primeiras fotos a cor. A muller é a miña bisavoa, Rosa, e o neno é o meu avó, Valeriano, cando tiña tan só uns meses de vida. A fotografía é un exemplo íntimo e significativo da transmisión cultural entre xeracións. A bisavoa sostendo o seu fillo simboliza non só a continuidade da vida, senón tamén a transmisión de valores, historias e tradicións familiares que forman parte do noso patrimonio inmaterial. A escena capturada na imaxe ten lugar na entrada da casa familiar. Esta entrada non só servía como paso ao interior do fogar, senón tamén como un lugar onde se compartían historias, experiencias e coñecementos. A arquitectura tradicional da casa, con portas de madeira e vistas ao exterior, representa tamén un aspecto significativo do noso patrimonio cultural galego. A través desta imaxe podemos apreciar a importancia de preservar non só os grandes eventos históricos e culturais, senón tamén os pequenos momentos cotiás que, acumulados, forman a base do noso patrimonio inmaterial. Esta fotografía, que ao principio pode parecer unha simple escena familiar, é en realidade unha xanela cara ás nosas raíces culturais, ás historias persoais e aos valores que pasaron de xeración en xeración e que seguen definindo quen somos hoxe en día.

Accésit Daniela Gómez Pereira – 2º ESO CPI Virxe da Saleta (Cea)