Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

TEXTOS -LINGUA GALEGA

Silvia TT

Created on September 22, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Piñata Challenge

Teaching Challenge: Transform Your Classroom

Frayer Model

Math Calculations

Interactive QR Code Generator

Interactive Scoreboard

Interactive Bingo

Transcript

Taller de escritura Lingua Galega

CÓMIC

SOLICITUDE

INFORME

CARTA FORMAL

DIARIO

RECEITA

CARTA INFORMAL

A REDACCIÓN

NOTICIAS

CORREO ELECTRÓNICO

PUBLICIDADE

FORMULARIO

O informe

Un informe é un texto expositivo no que se describen de forma ordenada as características dun tema ou proceso. O informe é o resultado dunha investigación ou estudo.
Hai dous tipos: - informes científicos - Informes técnicos
Partes do informe: - Título - Exposición dos datos (pode empregarse táboas, gráficos...) - Conclusións

O diario

Requisitos: - Entre 100 e 150 palabras. - Escrita a man Recorda: - Presentación (marxes, caligrafía, título, data...) - Ortografía - Vocabulario - Entrega en tempo.
Un diario é un caderno no que unha persoa antoa cada día os acontecementos máis interesentaes que lle ocurriron. Tamén pode engadir os seus pensamentos, ideas e sentimentos. Para escribir unha folla de diario, sigue estes pasos e recomendacións: - Planifica: Elixe un acontecemento importante para ti. - Escribe: Pon a data e organiza cada idea. en parrafos diferentes. - Revisa: Comproba a ortografía e que a estructura do escrito.

Noticia

A noticia é un relato sobre un tema de actualidade ou de interese público, no que se busca proporcionar a máixma información.
Escribe unha noticia sobre un tema real ou inventado, que che interese. Requisitos: - Terá que ter a estructura dunha noticia. - Mínimo terá 100 palabras - Comprobarás a ortografía e a presentación. - Poderás empregar algún soporte dixital para a súa elaboración. - Entregarás na data indicada.
Pasos a seguir:
- Infórmate ben sobre o sucedido e se pode ser, pregunta as persoas que visen o sucedido ou estiveran involucradas na noticia. - Escribe un titular que recolla nunha sola liña o tema da noticia e que, ademais, sexa actractivo. - Redacta unha entradiña na que resumas a principal información, de modo que o lector poda saber que ocorreu sen necesidade de ler toda a noticia Esta entradiña debería responder as seguintes preguntas: Quen? Que? Cando? Onde? Como? - Organiza todos os detalles que vaias a explicar no corpo da noticia de modo que empeces narrando o máis importante e acabes dando os detalles de menos importancia. - Repasa a ortografía e asegúrate que se entenda cada un dos parpárrafos.

Anuncio publicitario

Á hora de elaborar un anuncio publicitario debemos coñecer cales son os compoñentes que temos que ter en conta. Dise que a anatomía perfecta está composta polos seguintes elementos: - O eslogan - O texto - O deseño (ou ilustración) - O pé - O logotipo
Crea o teu propio anuncio publicitario. Requisitos: - Que recolla os elementos máis importantes. - Engade unha ilustración relacionada. - Revisa a ortografía e a presentación. - Entrega en data. - Podes empregar o ordenador.

Eslogan

texto

ilustración

logotipo

marca

Cómic

Elabora un cómic sinxelo, elexindo o tema que prefiras. Requisitos:-Minimo terá 10 viñetas -Historia interesante -Presentación coidada - Orixinalidade -Entrega en data. -Pódese empregar Pixton

O cómic é un conxunto de viñetas que conteñen unha historia. O que din ou pensan as personaxes aparecen en globos de diálogo ou de pensamento. No cómico emprégase con frecuencia onomatopeas, que son representacións dun son ou ruído.

Carta informal

Partes da carta informal

Nas cartas informais facemos uso dun rexistro informal, que é a forma en que se emprega a lingua en situacións espontáneas. Dentro deste rexistro destaca a linguaxe coloquial, que se utiliza cando hai proximidade e confianza entre os interlocutores ou cando se fala de temas en que non é preciso usar formalismos.

Escribe unha carta informal a un dos teus amigos/as. Requisitos. - Terá como mínimo 120 palabras. - Seguirá a estructura da carta - Antes de entregar revisarás a ortografía e a estructura. - Entregarás dentro do plazo establecido. - Poderás facelo a man ou empregando o ordenador.

Carta formal

Elementos da carta formal
Nas cartas formais, empréganse un rexistro formal, que reflicte unha variedade da lingua culta e coidada. A forma máis habitual deste rexistro é o estándar, que é propio do uso público. Podémolo atopar nos medios de comunicación, no ensino e na Administración, entre outros. Serve como modelo de referencia para as situacións formais.

Escribe unha carta formal. Requisitos. - Terá como mínimo 120 palabras. - Seguirá a estructura da carta - Antes de entregar revisarás a ortografía e a estructura. - Entregarás dentro do plazo establecido. - Poderás facelo a man ou empregando o ordenador.

Correo electrónico

Trátase dunha mensaxe escrita que unha persa lle envia a outra ou a varias persoas á vez a través de Internet. O correo ten que ter: - Asunto: do que vai tratar o correo - Adxuntos: documentos, imaxes etc que son arquivos que se envían xunto co texto do correo. TIPOS: - Formais: Coñecidos, autoridade... linguaxe formal - Informais: amigos, familia... linguaxe informal

Escribe un correo electrónico á mestra. Requisitos: - Máis de 100 palabras e que conte un acontecemento. - Revisa ortografía.

Solicitude

Unha solicitude é un documento no que se fai unha demanda ou petición a algúen. Nalgunhas ocasións, as solicitudes fanse empregando formularios. Cando non existen formularios pode redacterse unha solicitude, empregando unha linguae coidada e clara, e seguindo unha serie de pautas:
Debe escribirse a data en que se fai a solicitude. Cómpre indicar o nome e o posto da persoa á que se dirixe a solicitude. É preciso incluír os datos da persoa solicitante Hai que explicar ben o motivo polo que se fai a solicitude. Esta parte do escrito adoita comezar coa fórmula "Expón que..." A continuación, deberá indicar o que se solicita. Para iso, adóitase indicar coa expresión " Solicita que..." Para finalizar a solicitude deberá incluírse unha despedida e a firma da persoa solicitante.

Escribe unha solicitude Requisitos. - Terá como mínimo 100 palabras. - Seguirá a estructura da solicitude. - Antes de entregar revisarás a ortografía e a estructura. - Entregarás dentro do plazo establecido. - Poderás facelo a man ou empregando o ordenador.

A receita

É un texto instrutivo que proporciona as indicacións necesarias para preparar un prato de comida ou outro tipo de preparación. As receitas ten as seguintes partes:

Crea unha receita. Requisitos -Seguir a estructura das receitas - Mínimo terá 100 palabras. - Ortografía e presentación - Entrega na data indicada - Pode facerse á man ou empregando o ordenador

A redacción

Á hora de redactar un texto é fundamental organizarse para que o resultado poida comunicar o que pretendemos da mellor maneira posible. Por isto o primeiro é tomar decisións, é dicir, pensar ben como o vamos facer: que información vas recoller? en que orde a vas presentar? que tipo de linguaxe usarás?... Nunha redacción organizaremos a información en parágrafos, tratando en cada un deles unha idea. Debemos escribilas en orde e relacionalas entre sí. Isto pódese facer mediante os conectores. Algúns conectores que se poden empregar atópanse na seguinte táboa

Realiza unha redacción sobre o tema que prefiras na cal empregues alomenos 5 dos conectores que se inclúen na táboa.

Formulario

Papel impreso no que hai que cubrir algúns datos ou contestar algunha custión e que é utilizado como fórmula ou modelo para resolver un trámite administrativo. Poden ser de dous tipos: - Físico: Está impreso e pódese completar de xeito manual. - Dixital: cumpliméntase a través do ordenador.