Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

2º EP PRESENTACIÓN REUNIÓN FAMILIAS

Lucía

Created on September 20, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

ceip plurilingüe manuel murguía 2024-2025

2º primaria

profesorado

Rubén Annicchiarico Ramos Educación Física

Ana Mª Astray IglesiasAudición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica

José Mª Dorado Reboredo Música e Danza

Irene Villar Pombo Pedagoxía Terapéutica

María Barca Gómez Lingua Estranxeira: Inglés

Titora: Lucía Yáñez Santos
  • Matemáticas
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Lingua Galega e Literatura
  • Ciencias da Natureza
  • Ciencias Sociais
  • Educación Plástica e Visual
  • Proxecto Competencial

Mª Nieves Ana Fdez RubialesRelixión Católica

Elizabeth Marín RetamalRelixión Evanxélica

Horario

APRENDIZAXES do curso

Algúns contidos do 2º curso de Primaria establecidos no Decreto 155/2022 son:

Matemáticas

Linguas Castelá e Galega

  • Números ata o 999.
  • Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións.
  • Lectura da hora en punto, e media e cuartos.
  • Sumas e restas con números de 3 cifras.
  • Iniciación á multiplicación.
  • Resolución de problemas sinxelos.
  • Ler e comprender globalmente textos sinxelos.
  • Elaborar con axuda textos escritos sinxelos.
  • Iniciación ás regras ortográficas básicas: punto, maiúscula.

Ciencias Sociais

  • A Terra e os seus movementos: o día e a noite, as estacións...
  • O coidado do planeta e os seus recursos.
  • Vida en sociedade: o concello, os transportes e a seguridade viaria...
  • O paso do tempo e o coidado do patrimonio cultural e natural.

Ciencias da Natureza

  • O corpo humano e os hábitos saudables.
  • Características de animais e plantas.
  • Materia e enerxía. Propiedades dos materiais, comportamento da luz e o son...

DÍA A DÍA NA AULA

  • ClassDojo sistema de recompensas por puntos para regular a motivación e convivencia.
  • Rutinas diarias: Encargad@ e asemblea.
  • Actividades de ensino/aprendizaxe:
    • Individuais, en pequeno grupo e en gran grupo.
    • Materiais manipulativos (regretas, dados, cartas...)
    • Fichas.
    • Caderno.
    • Recursos TIC (iPads, ordenadores e panel dixital interactivo, Aula Virtual).
    • Xogos de mesa, de construción, de dramatización...
    • Libro de comprensión lectora.
  • Actividades complementarias: concertos, visitas a museos, institucións ou paraxes naturais, Día da Ciencia na Rúa...

AVALIACIÓN

  • Nas áreas impartidas pola titora basearase na observación directa do desempeño do alumnado en diferentes tarefas do día a día na aula: producións orais ou escritas, actitudes, demostracións prácticas, etc. e será rexistrada e cuantificada mediante rúbricas e listas de control.
  • Cualificacións: Os resultados da avaliación expresaranse trimestralmente nos termos insuficiente (1, 2, 3, 4) e suficiente (5), ben (6), notable (7, 8) e sobresaliente (9, 10).

plans e proxectos de centro

  • EcoEscola: horto escolar, planta de interior...
  • Proxecto Vida Activa e Deportiva: pasaporte saudable, mochila deportiva, milla diaria...
  • Plan de Benestar e Convivencia: Dinamizar a convivencia no centro e mellorar a resolución de conflitos traballando, mediante diferentes accións que involucran á comunidade educativa, as habilidades sociais e a educación emocional.

CANLES DE COMUNICACIÓN FAMILIA - ESCOLA

  • Mensaxería AbalarMóbil: Importante ter a aplicación instalada e actualizada.
  • Titorías: Os luns de 17h a 18h.
  • Correo electrónico da titora: lucia.yanez.santos@edu.xunta.gal
  • Axenda escolar d@ nen@.
Agás no caso de precisarse autorización escrita, a maioría das comunicacións do centro faranse mediante mensaxes de AbalarMóbil, en lugar das circulares en papel que adoitaban enviarse a casa. Importante informar sobre feitos relevantes na vida do alumnado: alerxias, lesións, custodia, novas persoas autorizadas para a recollida, uso de comedor ou transporte, etc.

OUTRAS INFORMACIÓNS

  • Aula Virtual para algunhas actividades de aula ou de centro e recursos de repaso: sintonía semanal da Radio Murguía, enquisas, xogos, foros, vídeos, cancións...
  • Xustificación de faltas de asistencia e de puntualidade por escrito: ben sexa en papel ou mediante a funcionalidade de AbalarMóbil.
  • Traer unha muda de roupa limpa debidamente identificada para gardar na aula por se @ nen@ a precisara durante a mañá.
  • Recoméndase botarlle unha ollada ao instagram do cole @ceip_manuel_murguia para estar ao día das actividades que se fan no centro e algunhas das que se fan na aula.

Grazas pola vosa atención.